viernes, 31 de julio de 2009

Novo enfoque

Boas novas e nova sección
-
Dende fai un par de días coñecemos dúas novas que son beneficiosas para a liga que disputa o Sigü. A primeira afecta ao sistema de ascensos, que trocará a súa forma; este ano o segundo clasificado xogará unha promoción (ida e volta) contra ao seu homólogo doutro grupo da Segunda Rexional. A segunda boa nova é con repecto á Copa do Sar, na que o vindeiro ano só poderán participar equipos de Primeira, Segunda e Terceira Autonómica; para evitar finais tan previsibles como a deste ano (Dubra-Flavia, ambos de Preferente).
-
A partires desta semana, esta páxina-blog terá unha nova sección. Titularase: "Falta Maroño, pero hoxe non ven..." e virá firmada por Braulio Veiga. Neste espazo, o expresidente do Sigüeiro Fútbol Clube, dará a súa opinión cada certo tempo (en principio, de forma semanal) sobre a actualidade do equipo.
-
Braulio, foi e segue sendo unha das "personaxes" deste blog dende a súa creación, fonte de aplausos e asubíos, as súas intervencións neste site nunca pasaron desapercibidas, e en plena etapa de pretempada, cando as novas escasean... Colectivo Esloveno preséntalles a todos/as os/as seus lectores un novo enfoque centrado na opinión dos/as siareiros/as.
-
Ti tamén podes colaborar contactando connosco: info@colectivoesloveno.com
-
"Falta Maroño, pero hoxe non ven..."- Capítulo 0
-
Boas siareiros/as:
-
Dende hoxe colaboro cos amigos do Colectivo para analizar semana a semana a actualidade do equipo. Non quixera que as críticas ou halagos que dende aquí se poidan verter en contra ou a favor de algún, os tomen por un lado personal, cometerá un grave erro.
-
Quixera non deixar pasar a oportunidade de felicitar ó clube pola súa xestión conxunta (deportiva e económica) durante o exercicio 2008-2009. Un cordial saúdo a todos e ¡adiante Sigüeiro!

jueves, 16 de julio de 2009

Noticia do Tierras de Santiago

O grupo queda formado á falta da confirmación
-
Na última edición do Tierras de Santiago , publícanse os grupos para a tempada 2009/2010. Despois da asamblea de clubes, quedou listo o borrador, que será aprobado o vindeiro sábado na asamblea xeral da Federación Galega de Fútbol.
-
Fai un par de semanas, xa se coñecían todos os nomes dos posibles rivais do Sigu. Segundo informaba siguetuliga.com, o grupo estaría formado por dezanove equipos, algo que resultaba estraño ao ser un número impar. Daqueles conxuntos quedou fóra o Brión, que xogará no grupo cuarto da nosa mesma división. Por tanto a Segunda Autonómica G-5 queda formada por: Silleda, Villestro, San Mamede, Cacheiras, Portomouro, A Baña, SIGÜEIRO, O Pino, Santa Cruz de Montaos, Vea, Cogalrodeiro, Tabeirós, Laro, Dubra B, San Marcos, Agrupación Estudiantil, Vilatuxe e Agolada.
-
Por outra banda, a Asociación de Fútbol Afeccionado de Santiago e Comarca (AFASEC), fará varias propostas, entre as que destacan, a idea de trocar o formato da Copa do Sar (xogando só equipos de Primeira, Segunda e Terceira Autonómica) e a modificación do sistema de ascenso de Segunda a Primeira (ascendendo o campión e xogando unha promoción entre os segundos).

viernes, 3 de julio de 2009

Reunión de socios/as

O futuro do clube, nas túas mans
-
O vindeiro día dez de xullo no Centro Cultural Fernando de Casas, de Sigüeiro, ás 21:30 horas, terá lugar a asamblea anual de socios/as do Sigüeiro Fútbol Clube. É beneficioso para o clube, que acudas se eres socio/a.