martes, 30 de diciembre de 2008

GALICIA 3 - IRÁN 2

A campaña "Juanito selección" levada a cabo polo Colectivo Esloveno, non quixo ser escoitada
-
Despois de que a nosa campaña para conseguir que Juanito xogara o partido Galicia-Irán, saíra publicada nos xornais: "La Voz de Galicia" e "Delunsavenres"; fora noticia na Radio Galega; Localia Televisión, entrevistara en directo a dous integrantes do Colectivo Esloveno; despregarase unha pancarta, dun tamaño considerable, no partido Galicia-Portugal, de fúbol praia disputado no Multiusos Fontes do Sar. Finalizou ca mostra da dita pancarta, de forma simbólica, no partido do pasado sábado, que se puido ver en repetidas ocasións durante a retrasmisión do encontro, por parte da Televisión de Galicia.
O que comezou sendo un desexo duns siareiros de Sigüeiro, foi crecendo ata que moitos afeccionados galegos foron respaldando a nosa plataforma. Proba disto é que; varios asistentes os encontros onde se despregou a pancarta, quixeran sacarse fotos con ela, ou que, todos os medios de comunicación os que o Colectivo Esloveno visitou mencionaran nas súas edicións a nosa intención, agás a cadea COPE, da que fomos expulsados de maneira case instantánea, decindonos de forma textual: "non imos facer publicidade do partido da selección galega".
Para a Federación Galega de Fútbol, o noso paisano non debía estar convocado para o partido do día 27 de decembro, pero recentemente publicouse o libro: "Historia da selección galega de fútbol, 1922-2007", onde é Juanito, o xogador que aparece na portada, pero cunha franxa azul tapándolle media cara.
Aínda que o obxectivo non se conseguira, non podemos considerar a campaña un fracaso total, polo que para o vindeiro ano, volverémolo intentar.

sábado, 27 de diciembre de 2008

lunes, 22 de diciembre de 2008

SIGÜEIRO 2 - VILLESTRO 3


A gran pegada do Villestro deixa sen puntuar ó Sigu

Víronse goles, pero non ocasións. O Villestro logrou tres tantos antes do descanso que acabaron coas esperanzas do Sigüeiro.

Mal encontro o visto onte no Lino Balado. Un fútbol moi parado, sen ocasións e moi aburrido por momentos. Como xa fixera Marcial contra o Grixoa, Lelo tamén pretendeu especular co marcador ante un dos "galos" deste grupo cinco da segunda autonómica.
O Sigüeiro saíu, como xa era de esperar, coas liñas moi xuntas, dando un gran peso ó centro a hora de atacar e para presionar ó Villestro. Onte o Sigüeiro non decidíu utilizar tanto as bandas e Óscar apenas apareceu. En fronte un Villestro que defraudou, non argumentou porque está nos postos máis altos da clasificación e gañou o partido como "os grandes", na primeira metade: tres ocasións, tres goles.
O partido comezou co balón sen dono, voando, na maioría do tempo, sen que ninguén o controlase. Con este ritmo de partido, o encontro estaba bastante equilibrado. O Villestro non tiraba a porta, o que xa era un mérito para o SFC, xa que os rivais de onte, son os segundos máis goleadores da liga. En torno ó ecuador do primeiro tempo, prodúcese un saque de esquina absurdo, o Villestro saca na corta, ningún xogador dos nosos esta atento e tras un primeiro disparo rexeitado por Álex, outro xogador rival empurra o balón ó fondo das redes vermellas.
Poucos minutos despois, dun balón que procede do campo visitante, no que pode considerarse un contragolpe, o dianteiro visitante gáñalles as costas ós defensas, encara a Álex e logra coarlle o esférico por entre as pernas, nun gran xesto técnico. O dous a cero durou pouco no marcador, porque na xogada seguinte chegaba o terceiro logo dun lanzamento dende o borde da área que se metía polo pau de Álex. Coa ventaxa de tres goles favorable os visitantes, o partido foise ó intermedio.
A segunda parte comezou dun xeito similar a primeira, pero cun Sigu insistindo, de menos a máis, en xerar ocasións. Despois de que a pelota batéralle a un xogador do Villestro, o árbitro decide pitar penalti, por entender que se producira unha man, de máis que dudosa existencia. Tirábao e transformábao Jose Ángel, cun bo lanzamento arriba. De aquí ó final, o Sigu collía forza, pero non lograba rematar as xogadas. Xa co tempo cumprido, era Iván quen maquillaba o resultado final, logo de recoller a pelota dentro da área e definir de forma perfecta diante do gardarredes do Villestro.
Con esta derrota, o Sigu remata o ano en décima cuarta posición e non voltará xogar ata o catro de xaneiro, diante do Cacheiras, na xornada que cerrará a primeira volta da liga.
-O Sigüeiro por liñas:
Portería: estivo Álex na meta, como xa o fixera contra o Tabeirós. A pesar de recibir tres goles, apenas tivo traballo. A súa mellor intervención, acabou co rexeite que propiciaría o primeiro gol. Quizais no terceiro gol, puido facer algo máis.
Defensa: seguramente a peor liña no encontro de onte. O segundo gol prodúcese por un fallo de marcaxe e sincronización dos centrais. Os laterais tampouco andiveron moi atinados.
Mediocampo: bastante desaparecido e movéndose dun lado para o outro. As bandas non apareceron, nin á hora de atacar, nin a de defender.
Dianteira: non apareceron, pero probablemente polo plantexamento do partido por parte de Lelo. A saída de Toni(non coma punta puro), deulle vida e máis presencía aos nosos homes arriba.

martes, 16 de diciembre de 2008

CE92 na Voz


O xornal "La voz de Galicia", faise eco da campaña do Colectivo
-
O xornal máis vendido en Galicia, publica na súa web o comezo da campaña "JUANITO SELECCIÓN", iniciada polo Colectivo esloveno. Hoxe día 16 de decembro a Federación Galega de Fútbol deu a lista de convocados para o encontro contra Chile, e como era de esperar, o noso paisano, non está nela. O Colectivo xa se puxo en contacto co coseleccionador, Fernando Vázquez.
Para ver a noticia de "La Voz de Galicia", pincha no enlace do final da noticia.
Por outra banda, o Colectivo esloveno xa conta co seu propio dominio en Intenet, aínda que este blog seguirá activo:
Enlace Juanito selección, "La Voz de Galicia":

lunes, 15 de diciembre de 2008

JUANITO SELECCIÓN

Colectivo esloveno pide a convocatoria de Juanito
-
O día 27 de decembro celebrarase na Coruña o encontro Galicia-Chile. A convocatoria para dito partido sairá nos vindeiros días e presumiblemente o noso paisano, Juanito, non estará nela. Sería un gran erro, xa que Juanito, agora no Narón Balompé, estalle a chegar o momento da súa retirada e o día do fútbol galego, sería unha máis que boa ocasión para rendirlle unha homenaxe a unha das lendas en activo do noso fútbol.
Juan Luís Amigo Ferreiro xogou sendo xuvenil varios anos no Sigüeiro FC, demostrando así o potencial que tiña a nosa canteira. Tamén militou en grandes equipos como: Deportivo da Coruña, Betis Balompé, SD Compostela e Racing de Ferrol, entre outros. Xa estivo presente o 29 de decembro de 2005 no Galicia-Uruguai, pero pouco tempo estivo no terreo de xogo, xa que se lesionou, aínda así tempo suficiente para dar a asistencia no segundo gol a Deus.
Colectivo esloveno xa se puxo en contacto ca Federación Galega de Fútbol e nos próximos días farao co coselecciondor, Fernando Vázquez(tamén exmilitante do SFC), para facerlle chegar o desexo da nosa aldea.
No video, podemos ver o gol de Juanito que enmudeceu o Camp Nou e eliminou ó Barça da Copa do Rei de 1994.

domingo, 14 de diciembre de 2008

TABEIRÓS 1 - SIGÜEIRO 3

Cumpriuse a máxima
-
Os goles de Samuel, Toni e Iván firmaron a victoria no debut de Lelo no banco. Con esta, o Sigüeiro suma tres victorias en liga e adianta ó Tabeirós, rival hoxe.
-
Unha vez máis cumpriuse unha das máximas máis famosas do fútbol: "adestrador novo, victoria segura". Debutaba Lelo e o Sigu conseguiu os tres puntos.
Un SFC moi metido atrás ó inicio do encontro, provocou que o mediocampo do Tabeirós puidera mover o balón de forma fluída. Ainda así, o Sigu chegou en bastantes ocasións a xerar perigo, sobre todo pola banda de Óscar, aproveitando deste xeito a lentitude do lateral rival. Nunha destas internadas producese unha oportunidade clara para abrir o marcador, na que o balón paseouse por diante da portería sen que Samuel nin Munitis a aproveitaran. Por esta mesma banda, Toni facía unha boa xogada e pegáballe, o porteiro rexeitaba a pelota hacia o pao, pero dentro da área pequena, onde Samuel empurraba o fondo das redes rivais. Minutos despois empataba o Tabeiros, logo dun centro despois dunha falta inexistente. Coas táboas no marcador, iríase ó descanso.
Na segunda parte máis do mesmo, un Sigüeiro repregado e un Tabeirós intentando tocar, pero nesta parte viuse máis "garra" que na primeira; e cortouse o fútbol que quería facer o conxunto rival. Dunha recuperación de Jose Ángel chegaba o segundo do Sigu, logo de que Toni non errara no man a man. De aquí ó final, o SFC repregouse aínda máis e exerceu unha forte presión sobre o intento de xogo dos locais, que aínda así gozaron dalgunha oportunidade para empatar. Nos últimos intres de encontro, xa co tempo regramentario cumprido, Toni golpea á porta, o veterano gardaredes do Tabeirós non atalla e a pelota caelle a Iván, que poñía o tres a un definitivo.
O DATO:
Despois de catro xorandas consecutivas, Óscar, rematou hoxe ca súa xeira goleadora.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Ti opinas:

Mellorará o Sigüeiro coa chegada de Lelo ó banco?


Unha semana máis o tema adestrador está presente neste foro. Marcial deixa o banco despois de cinco encontros(dúas victorias, dúas derrotas e un empate) e chega Lelo; será beneficiosa este novo troco?


Deixa a túa opinión. Escribe o teu comentario e pon un "nick" en "Nombre URL"

martes, 9 de diciembre de 2008

Xa temos novo mister:


Lelo faise cargo do equipo.
Un adestrador que pode devolver ó Sigu o lugar que merece.

domingo, 7 de diciembre de 2008

O PINO 2 - SIGÜEIRO 2


Falla de fortuna

Un Sigüeiro superior ó seu adversario non logra conseguir os tres puntos. O Sigu controlou o partido, pero a gran pegada do Pino fixo que os nosos tiveran que ir por detrás no marcador case todo o encontro.

O SFC saíu máis organizado, mellor posicionado e con menos presión ca semana pasada, o que posibilitou un xogo máis fluído e con máis calidade que o encontro contra o Grixoa. Hoxe, en fronte, un Pino mediocre, sen ideas e sen organización, pero increiblemente invicto en catorce xornadas de liga.

Os nosos saíron a dominar, tendo o balón, pero non gozando de ocasións. O Sigu era superior, ata que, rondando o minuto 25, chegaba o gol do Pino, logo dun bo control do xogador referencia dos locais que lle deixaba a un compañeiro a pelota no frontal da área que, cun golpeo por riba de Diego, poñía o primeiro. De aquí ó remate da primeira metade, pouco. O ritmo de xogo do SFC foi a menos, aínda que puido empatar cun disparo de León ó traveseiro despois dunha gran parada do porteiro local.

A volta do intermedio o Sigu volveu xogar. As ocasións comezaban a chegar con máis frecuencia e hoxe as oportunidades non pasaban por Toni, senón que a maioría por Óscar que non andivo entonado. Aínda así, foi el quen poñía o empate despois de canear a varios rivais e pegarlle case dende fóra da área. A ledicia durounos pouco porque, na xogada seguinte, prudúcese un saque de esquina favorable ós locais, que aproveitaron para adiantarse de novo. Despois deste gol O Pino meteuse nunha guerra co árbitro que rematou con dous xogadores e o adestrador expulsados. Cada vez máis chegadas dos nosos ata que, na recta final do encontro, Toni non perdoaba diante do gardaredes rival e empataba de novo o encontro. Nos últimos minutos, o partido quentouse e producironse varias entradas fortes, a destaca unha, sobre Óscar, que foi sancionada cun escaso cartón amarelo. Ó remate do encontro: un punto, que era o mínimo que podía sacar o Sigu despois dun gran esforzo.
-Valoracións:
Diego-Pouco traballo, pero ben solucionado. Quizáis no primeiro gol estaba un pouco adiantado.
Victor e Mejuto-Os dous laterais ben en defensa, pero con contadas subidas pola banda.
A. Raña e Fran-Moi concentrados os irmáns Raña e sen contemplacións á hora de sacar a pelota dende atrás. En xeral, a defensa non cometeu erros como os da semana pasada.
Jose Ángel-Entrou en xogo máis que contra o Grixoa. Foi o primeiro home na organización do equipo en ataque.
Paderne-Hoxe titular e aínda que pouco balón moveu, ofreceuse.
Óscar-Máis individualista do habitual. Non estivo tan fino no regate coma sempre, pero non se rendiu.
Munitis-Xogou un partido máis que respetable. Levou gran parte do ataque do Sigu na primeira metade.
León-O mellor no ataque. Encarou, sempre que puido, e as cousas sainronlle.
Toni-Curioso, o día que non goza de tantas oportunidades, marca. Reencontrouse co tan ansiado gol xa que dende a terceira xornada, contra o Cogalrodeiro, non marcaba o nove do SFC.
--------------------------------------------
Samuel e Marcos Vigo-Ambos saíron para intentar o empate, pero non tiveron ocasións.
Iván-Foi o que menos minutos tivo e un pase del supuxo o segundo gol do Sigu.



viernes, 5 de diciembre de 2008

Comunicado SFC-EDXO

Chegou o correo do Colectivo esloveno(colectivoesloveno@hotmail.com) un comunicado procedente do SFC e das Escolas Deportivas Xuventude de Oroso, pedindo que se publicara. O comunicado é o seguinte:
COMUNICADO

SIGÜEIRO F.C. - E.D. XUVENTUDE OROSO


Despois dos comentarios e opinións que se publicaron no “BLOG DO COLECTIVO ESLOVENO”, ambas directivas acordan enviar un comunicado conxunto e manifestan o seguinte:


1. Agradecemos os autores de dito blog a labor que están facendo, xa que sabemos de antemán que o obxectivo do blog é apoiar o Sigüeiro F.C. fomentando a paixón polo fútbol no ámbito deportivo.

2. Ambas directivas non están de acordo en que se fagan comentarios onde se menosprece, falte o respecto ou incluso se insulte, a persoas, directivas ou entidades deportivas. De todos xeitos non nos facemos responsables, de que alguén siga na liña do que se viña dando, o cal non leva mais que a confusión e a facer dano.

3. Polo tanto pedimos dende aquí, a xente que ama o fútbol en Sigüeiro, que se limite a opinar, comentar ou debater sobre os temas que teñan que ver co deporte, axudando a crear afición, que é o que realmente nos importa a todos/as.

4. Queremos tamén informar, aos que participades neste blog, que as relacións entre as directivas e xogadores, Sigüeiro–Xuventude, son moi boas. Temos acordos conxuntos para traballar polo deporte en Sigüeiro, compartimos instalacións, material e temos colaboración entre adestradores.

5. Estas directivas teñen claro que o fin para o que se creou a Escola é unicamente para que todos os nenos da zoa poidan xogar e formarse aquí. Nunca houbo intención de facer rivalidades ou querer desbancar a ninguén, se non todo o contrario, apoiar e axudar ó Sigüeiro para que estea onde merece estar. Co apoio de todos/as o conseguiremos.

Sen mais, unha gran aperta e desexámosvos un Feliz Nadal a todos/as...


Sigüeiro a 4 de decembro de 2008


Asinado:
Directivas, Sigüeiro F.C. // E.D. Xuventude Oroso

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Ti opinas:

Que cambios notas no SFC dende que non está Ibán no banco?


Dende hai catro xornadas Ibán xa non está a dirixir ó Sigu. Nestos catro partidos o SFC conseguiu os mesmos puntos co resto da tempada e ademáis, o equipo parece xogar mellor. Por que?


Deixa a túa opinión, pinchando en comentarios, escribindo o que pensas e poñendo un "Nick" en "Nombre URL".