miércoles, 30 de septiembre de 2009

O postpartido: Sigüeiro vs. Agolada

Aquí o vídeo dos penaltis errados o pasado domingo. Nos primeiros segundo obsérvase a grande penalidade marrada polos visitantes; o lanzamento dende os once metros peta no ferro dereito da porta de Álex e o rexeitamento é aproveitado por un rival para mandar a pelota ao fondo das redes. A pesar da esporádica celebración, con pinchacarneiro incluído (fixarse na parte superior do vídeo) non foi suficiente para eludir a posición de fóra de xogo que sinalou o colexiado e polo tanto non dando por válido o gol. Nos derradeiros intres do vídeo, vese a segnda grande penalidade do encontro, na cal José Ángel enviaría a pelota a escasos centímetros do pau dereito da portería defendida polo meta do Agolada.

Tamén, noutro orde de cousas, queríamos aproveitar esta entrada para pedir desculpas polos cánticos saídos dende a parte da bancada na que estabamos situados o pasado domingo, insultando a un xogador rival. Entendemos toda crítica a este patético comportamento e aseguramos que non voltará a suceder. Reiteramos o perdón e pedimos zanxar o tema.

domingo, 27 de septiembre de 2009

SIGÜEIRO 1 - AGOLADA 1


Empate nun partido complicado
-
Ambos conxuntos puidéronse levar os tres puntos. Ocasións nas dúas porterías e un penalti marrado por cada un
-
Todo apuntaba a unha nova victoria do Sigü. O/A siareiro/a estaba agardando conseguir de novo tres puntos que permitiran seguir tendo pleno no casilleiro. O clima acompañaba e unha boa entrada no Lino Balado facía unha tarde agradable para ver fútbol. Visitábanos un recén ascendido, que nin sequera goza de nome, Agolada, pero plantouse moi ben en Sigüeiro e desmostrou que ten algún xogador de certa calidade.
-
Comezou o encontro cun Agolada que sorprendeu aos nosos, varias ocasións de perigo e mesmo un balón ao pau. Co paso dos minutos o partido foise nivelando e o Sigü puídose adiantar en dúas acións moi boas, que serían neutralizadas polo porteiro e polo pau respectivamente. Nos últimos dez minutos da primeira metade, producíase un córner na parte esquerda que acabaría no fondo das redes, logo do remate no primeiro pau dun xogador rival. O Sigüeiro foise cun resultado negativo ao intermedio e Lelo mandou a Javi González facer exercicios de quecemento para sustituilo a volta do descanso por un desdebuxado Javi II.
-
Nos primeiros minutos do segundo acto, o adestrador vermello, tamén decidíu dar entrada a Toni, Óscar e Xabi, que volvía a xogar despois de levar un tempo sen facelo. O Sigü mellorou, pero non trenzaba xogadas de medio campo para arriba. O Agolada puido finiquitar o encontro a redor do minuto sesenta e cinco, cando o colexiado asubía unha pena máxima inexistente, que por sorte para o noso equipo remataría en fóra de xogo, logo de que a pelota petara no ferro. Tan só tres minutos depois, o colexiado recompensaría ao Sigü ao señalar un penalti, de dubidosa existencia, tras unha caída de Óscar na área grande. O Capitán lanzou e fallou a grande penalidade, pero remendaría o seu erro ao enviar o balón ás redes visitantes, cun golpeo na área pequena tras un fallo do meta rival, poucos minutos despois. Os últimos quince minutos traducíronse nun querer e non poder, un Sigü esgotado non lograba chegar á porta rival e mesmo puido perder o encontro, cando nos derradeiro instantes o Agolada envía un balón ao traveseiro.
-
-De penlti en penalti:
-
En tres minutos o partido puido trocar de forma radical. Primeiro no lanzamento de penalti do Agolada, no cal de transformarse perdíanse todas as esperanzas de victoria vermella. O lanzamento da pena máxima asumiríao o polémico xogador número once, que quixo lanzar o penal para acto seguido celebralo coas bancadas do Lino Balado que o tivo marcado dende os primeiro minutos de xogo. Co Sigüeiro perdendo pola mínima, encontrábase cun penalti a favor que podía significar o empate inmediato e máis tempo por diante para lograr un segundo gol que significara a remontada. Pero o fútbol é caprichoso e ningunha das dúas penalidades rematou en celebración. A partir de mañá, poderase ver o vídeo de ambas accións.
-
A vindeira cita co Sigü, dentro de sete días, no campo do tamén recén ascendido Vilatuxe.
-
-Hoxe no SFC:
-
Álex; Amancio, Manu Regueiro, Borxa e Fran; León, Paderne (substituído no minuto 50, por Xabi), José Ángel, Javi II (substituído no minuto 45, por Javi González) e Jesús Carballido (substituído no minuto 52, por Toni); Marcos Vigo (substituído no minuto 55, por Óscar).
-
Para ver as fotografías do encontro, clica aquí.

jueves, 24 de septiembre de 2009

Máis Braulio (columna 7)

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo VII
-
Vexo con emoción o repaso da selección española a Serbia no Europeo de baloncesto, e durante as celebracións dos xogadores contemplo con admiración, a deportividade, o compañeirismo e sobre todo o compromiso dunha xeración de ouro. Xa sei que as comparacións son odiosas, que aínda é moi pronto e que non van máis ca tres xornadas... Pero a similitude entre o grupo de Lelo e o de Scariolo é sorprendente. Durante o partido de Tabeirós (Serbia) vin a un colosal José Ángel (Pau Gasol), a un extraordinario Javi González (Garbajosa), destellos de calidade por tódolos lados dun máxico Óscar (Rudy Fernández) etc., etc. Pero voltando á dura realidade vexo que esta é unha semana dura de traballo, na que grazas a estos mozos, os siareiros que nos desprazamos a Tabeirós esta semana foi máis agradable e un pouco máis curta.
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

domingo, 20 de septiembre de 2009

TABEIRÓS 0 - SIGÜEIRO 2


O Sigü volta a cumprir
-
Nove de nove puntos posibles. Javi II e José Ángel anotaron os goles da victoria vermella nun dos campos en peor estado da liga
-
Volvía o Sigü ao lugar onde o ano pasado comezou a ver a luz da permanencia. A tempada pasada neste mesmo terreo de xogo debutaba Lelo e o Sigü levou os tres puntos de Tabeirós grazas aos goles de Samuel, Toni e Iván.
-
Este ano a historia é moi distinta. O Sigüeiro chegaba na tarde de hoxe a Tabeirós coa intención de levarse os tres puntos que lle permitan consolidarse na parte alta da clasificación dende as primeiras xornadas para o final, quen sabe, poder optar incluso ao ascenso.
-
O partido foi, con moito, o máis aburrido dos tres que levamos oficiais. Nun campo inpracticable onde a pelota non lograba circular e fronte a un conxunto de dubidosa "profesionalidade", xa que pasaron todo o encontro recriminándolle ao árbitro accións absurdas.
-
Para ver o primeiro lanzamento a porta do partido, tivemos que esperar máis de vinte minutos. A ocasión correu a cargo de León que golpeou dende fóra da área, pero a pelota perdeuse a un par de metros do pau dereito da porta do meta local. Pouco despois o lateral esquerdo do Tabeirós (que a quixo liar durante todo o xogo) pisotea a Toni, polo que o colexiado asubiou falta entre o pico da área e o córner; Borxa puxo o centro e Javi II remataba ao fondo das redes. O Sigü dominaba, pero non chegaba con moita frecuencia. O segundo gol non tardou en chegar, obra de José Ángel, quen regatearía a varios rivais e golpearía dende fóra da área grande para marcar o 0-2, que co paso do tempo sería definitivo. Reseñar, que a mellor ocasión do conxunto de Tabeirós sería un "disparo-despexe" dende campo propio que Álex botaría a córner logo dun bote complicado.
-
Se a primeira parte foi mala, a segunda conseguíu ser peor. Agora o Sigü anulara por completo a un rival que está moi limitado para practicar este deporte. Poucas ocasións para ambas escadras: para o Tabeirós, número redondo, cero; para nós, un par delas nas botas das substitucións do segundo acto, Munitis e Marcos Vigo. Boas novas para o Sigüeiro son as reaparicións de Paderne e Óscar, xa que ambos viñan de estar no dique seco por lesión. Con este panorama chegouse ao final do partido, un Sigüeiro que voltou da aldea de Tabeirós con tres puntos no peto (e xa suma nove) e coa sensación de facer as tarefas.
-
A vindeira cita será contra un recén ascendido, o Agolada, o próximo domingo vinte e sete de setembro no Lino Balado.
-
Por último destacar que este blog chegou a cifra de 50 mil visitas en menos dun ano. Só nos queda dar as grazas e seguir agardando aos habituais lectores/as deste site.
-
-Hoxe no SFC:
-
Álex; Fran, Germán (substituído por Manu Regueiro), Borxa e Amancio; Jesús Carballido (substituífo por Munitis), Javi González, Javi II (substituído por Paderne), Jose Ángel e León (substituído por Óscar); Toni (substituído por Marcos Vigo).
-
Para ver as fotos do partido, clica aquí.

viernes, 18 de septiembre de 2009

Sexta semana de Braulio

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo VI
-
Tarde calurosa no Lino Balado, calurosa na temperatura externa e na interna do público e xogadores, partido no límite da legalidade... como me gustan!, o Colectivo Esloveno fervía nas bancadas de Sigüeiro e nun partido coma este, sempre axuda. Impresionante de novo Miroslav Djerman, só que na segunda parte estivo acompañado por Borxa, gras decubrimento como central, tipo duro, fútbol fácil... típico alemán, dende esta semana coñecereino como Borxensaker. Non me gustou o de M. Juncal, nin o de Lelo non cambiando ao pequeno de Pepe antes, parecía algo que se vía vir. Munitis estivo increible, sigue sendo o máis listo da clase. Manu Regueiro, fascinante, a este tío póñalo onde o poñas cumpre e sempre con nota, mellora co paso do tempo, como os bos viños. Toni moi loitador, batallador, peleón e pichichi. Imos ben, o resto dos xogadores nunha liña correcta e sobre todo con fe, creo que están convencidos do proxecto, e iso gústame, gústame moito. Agardo con impaciencia o viaxe a Tabeirós, coñazo de equipo e coñazo de campo, na federación non se darán conta de que este campo é moi lonxe?, por favor! que fagan dunha vez os grupos con lóxica e se deixen de favoreces aos "amiguitos". Socios: "Poñédevos as pilas!" e pasádevos por caixa que os carnés xa levan tempo á vosa disposición, o clube precisa "cash" como sempre e tampouco é tanto. Unha pequena crítica á directiva, o carné de socio deste ano é co fondo laranxa... Laranxa! a cor do Xuventude de Orroroso (ou algo así), home non creo que o carné do Real Madrid teña o fondo blaugrana na vida... Polo demais que esta fin de semana que deixemos de decir que falta Maroño, porque esta vez todo apunta a que voltará...
-
Na foto: Borxa, que debutou no Lino Balado o pasado domingo.

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Sanción de M. Juncal

M. Juncal estará cinco partidos fóra
-
Xa coñecemos a sanción a M. Juncal, serán cinco partidos alonxado dos campos da Segunda Rexional. O motivo de tal sanción é o dobre cartón amarelo máis os empurróns ao colexiado. Polo que o pequeno dos irmáns Juncal, perderase os partidos fronte: Tabeirós, Agolada, Vilatuxe, Dubra B e Laro. Para ver a sanción na páxina web da Federación Galega de Fútbol, clica aquí.

lunes, 14 de septiembre de 2009

SIGÜEIRO 2 - SAN MARCOS 1


Remontada a base de fe
-
Os goles de Toni e José Ángel evitaron que os tres puntos se escapasen de Sigüeiro. O esforzo sobrenatural do equipo obtivo recompensa no minuto oitenta e cinco
-
O encontro pometía e non defraudou. Boa entrada no Lino Balado e no terreo de xogo, enfrontábanse dous conxuntos que contaban por victorias os seus correspondentes debúts; o Sigü gañara por dous a cero a domicilio, mentres que o San Marcos goleou ao O Pino na casa (3-0).
-
Saíu un Sigüeiro disposto a todo fronte a un rival que se deixaba facer. A realidade é que non mostraron interese ningún en levarse os tres puntos; confomábanse co empate, e iso notouno o noso equipo que xogaba os primeiros compases en campo rival. Pero ao Sigü faltoulle algo de "chispa" que nin León por unha, nin Jesús Carballido pola outra, soubéronlle dar as bandas. Co paso dos minutos o San Marcos víñase máis arriba e Álex, onte na porta, tivo que intervir de forma meritoria para evitar o gol. Os visitantes "apretaban" e á media hora de partido atoparían petróleo cando o colexiado asubiaría un penalti máis que discutible, por un suposto agarrón dentro da área á saída dun saque de curruncho. Logo de que o capitán do San Marcos tranformara a grande penalidade (clica aquí para ver o gol), chegarían os minutos onde o Sigü o pasaría peor e puido encaixar algún gol rival. De aquí ata o descanso, o Sigüeiro só gozaría dunha ocasión na cabeza de Toni. E de destacar que M. Juncal, se marcharía para os vestiarios con cartón amarelo e un bo enfado.
-
No intermedio, Lelo dou entrada a Munitis no lugar de Jesús Carballido; e este troco resultaría importantísimo no transcurso do encontro. A volta do descanso o Sigü pelexou polo partido ante os ánimos dos/as siareiros/as locais. Con máis corazón que xogo, os nosos pelexaban cada balón dividido, baixaban canto balón aéreo había e facían todo desmarque posible. Gozaríamos de dúas boas ocasión para empatar o partido, unha de Toni e outra de José Ángel. Cada vez máis, o Sigü atacaba con máis forza e sería o killer Toni no minuto sesenta e cinco quen recibiría un balón longo escorado na parte esquerda; empregaría o control para desfacerse dun defensor, recortaría cara ao centro e engancharía un sensacional disparo á cepa do poste contrario. O díficil estaba feito, aínda que dous minutos despois as cousas complicábanse, cando o árbitro amosáballe o segundo cartón amarelo e como lle pasara contra ao Lamela, M. Juncal perdería os papeis e empurraría ao trencilla... Xogando con dez, os nosos fixeron un esforzo aínda maior e continuaban a ser superiores a un equipo que "rabuñaba" segundos ao reloxo cando podía. Xa nos últimos cinco minutos nace dende a parte dereita unha "semi-contra" que se culminaría co centro de Munitis e o remate coa testa do Capi no primeiro pao, que firmaría a remontada. O 2-1 lucía no Lino Balado e xa só faltaba defendelo, ante un San Marcos ao que lle entraran as prisas: que xa non perdía tempo, que xa non desprazaba de forma ilegal o balón e que xa non provocaba como o estaba a facer. Buscaban coma tolos o gol (tras non facelo nos oitenta e cinco minutos anteriores) que non chegou, porque as veces no fútbol tamén se fai xustiza...
-
A vindeira estación é o campo do Tabeirós, que perdeu os dous partidos que leva disputados. O domingo pasado fronte ao Portomouro e onte contra O Pino.
-
-O SFC, un por un:
-
Álex - non tivo demasiado traballo. Non puido facer nada no gol ao ser de penalti e intervíu de boa maneria na primeira parte evitando que os visitantes se adiantaran.
-
Borxa - non se lle contabilizou nin un só erro en todo o encontro. Non se prodigou en ataque, pero en defensa é un baluarte.
-
Germán - estupendo partido no que só cometeu un erro de comunicacíon con Álex, que remataría nun libre indirecto por cesión. O Kaiser, é un auténtico seguro que ademais sabe como sacar a pelota, tanto en longo, como en curto.
-
Manu Regueiro - partidazo de Manu, que comezou no centro da defensa e rematou moito máis adiantado. Está consolidándose como central e isto é unha moi boa nova, trala baixa de Xabi.
-
Amancio - cumpríu sobradamente. Sen lucirse, pero sen erros. Contundente no despexe e sen complicacións.
-
Javi González - desaparecido en ataque, pero ben en defensa. Onte non foi o seu partido e mostrouse lonxe do que normalmente fai.
-
José Ángel - o capitán comandou ao equipo durante todo o partido. Clave sobretodo na segunda metade, incluso chegou a porta en varias ocasións.
-
Jesús Carballido - debutaba no Lino Balado coa camisola do verdadeiro clube da vila, intentouno, pero as cousas non lle sairon. Pode dar moito máis de si e demostrouno fai oito días en Cacheiras.
-
León - ao igual que Jesús, non logrou meterse no partido durante a hora que estivo no campo.
-
M. Juncal - dende o ecuador do primeiro acto estivo fóra do encontro. Os roces cos rivais acabarían por derivar en expulsión. Ademais todo apunta que estará varios partidos sancionados...
-
Toni - inmenso. Na primeira parte foi o máis metido no encontro e na segunda parte realizou un esforzo físico brutal. As bancadas recoñeceron o seu labor cando foi substituido.
-
Munitis - entrou á volta do descanso en lugar de Jesús Carballido. Foi o auténtico revulsivo pelexando todos os balóns e levando peso no ataque.
-
Fran - substituído por Javi González aos sesenta minutos. Cumpríu á perfección e non puxo problemas á hora de poñer a pelota no ar, para despexar o perigo.
-
Javi II - cambiado por León aos sesenta e cinco minutos de xogo. Nótase que sabe tocar a pelota, pero onte non logrou coller o ritmo do encontro.
-
Marcos Vigo - trocado por Toni no minuto oitenta. Non encontrou a pelota e non estivo no campo o tempo suficiente como para gozar dalgunha ocasión.
-
Para ver as fotos do partido, clica aquí.

viernes, 11 de septiembre de 2009

Nova columna do "ex-presi"

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo V
-
Saio ilusionado para Cacheiras, sen sector africano, pero ilusionado igualmente. A primeira xa ma dan na frente, 4 euros pola entrada, e sen consumición...; polo demais ben: mediáticos nas bancadas, os "tontos" de sempre meténdose co árbitro... dis que o do fenómeno do seu lateral non é expulsión?!... en fin, cero a dous en Cacheiras e andando. Un favorito ao que nos impuxemos con claridade (digo no resultado), porque na cancha foron algo superiores, sobre todo no inicio da segunda metade, pero grazas (en gran parte) ao Kaiser de Porto Avieira mantivemos a porta a cero. Dende hoxe para min xa non é Germán, chamareille Miroslav Djerman, que tivo un debut oficial impresionante. O resto do equipo ben, máis ou menos na liña do ano pasado, salvo dúas excepcións, que por ser excepcións, non as mencionaremos, pero si lembramos as palabras do máxico adestrador paraguaio "Chino Villalba": -Fulano, tu ayer estuviste follando, ¿no?... Sí es así nada que decir, pero sino.... ¿a que viene estar así de mamado?- pois o dito, seguiremos con atención as evolucións do xogo do equipo de Lelo. As fichaxes pódense acomplar con garantías ao once... Ah! e todavía falta Maroño, pero logo ven...
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

domingo, 6 de septiembre de 2009

CACHEIRAS 0 - SIGÜEIRO 2


Doblete de Toni dá a victoria
-
A sorte alíase co Sigü, para conseguir un debut de ensoño. Toni anotou os dous goles na recta final do encontro
-
O ano 2009 comezaba cun Sigüeiro que saía goleado de Cacheiras (3-0). Entón o equipo entablábase nos últimos postos da táboa clasificatoria e ninguén podía afirmar que o Sigü participaría en Segunda esta tempada. Oito meses despois as cousas trocaron moito; volviamos a Cacheiras, desta vez na primeira xornada de liga e aínda que non merecemos a victoria, o Sigü "sacou" tres puntos dun dos campos máis complicados do grupo e presenta a súa candidatura a loitar polo ascenso.
-
Estrenábase en partido oficial o novo céspede artificial do campo de Cacheiras e o sol acompañou durante todo o xogo. Boa entrada e mesmo a presenza do "mediático" Rubén ("futbolista" do Maiorca) que acudíu a ver ao seu irmán que voltou a facer das súas e remataría expulsado.
-
No primeiro acto, o partido disputouse no medio do campo e ambos equipos tiveron contadas ocasións; as poucas do Sigü foron de escaso perigo e pasaron polas botas do pequeno dos Juncal. O ritmo do partido foi cada vez a menos ata o descanso e só nos derradeiros minutos desta primeira metade o Cacheiras crearía incertidume de cara a porta de Diego.
-
Á volta do intermedio o guión cambiou: se antes non había un dominador claro da pelota, agora era o rival quen controlaba os tempos do partido. Os locais gozaron de dúas ocasións moi claras (das que é máis dificil errar que marcar) creadas por fallos dun irrecoñecible Diego, que normalmente non ten problemas para resolver accións deste tipo: un mal entendemento coa defensa e un erro na blocaxe, case lle costa ao Sigü o partido, pero hoxe a sorte sorríunos e a pelota non quixo entrar. Cando o Cacheiras mostraba máis superioriedade, Juan saca un balón largo dende o noso campo, Toni controla, métese na área, cruza o esférico diante do meta local e a pelota bate no pau antes de colarse no fondo das redes. Corría o minuto oitenta e sete e o Sigü adiantábase no marcador, parecía que de aquí ao fin a pelota non ía saír da área dos nosos, non obstante saíu ata en dúas ocasións: a primeira pola parte dereita nunha galopada de Toni que sería placada polo dorsal número tres (o irmán do xa mencionadao Rubén), que vería o cartón vermello directo; e a segunda noutra carreira de Toni pola mesma banda, cando xa pasaban dous minutos do tempo regulamentario, que acabaría co nove do Sigü celebrando o seu doblete, ao transformar o man a man.
-
Victoria pois, nun dos campos máis difíciles desta Segunda Autonómica G-5. A próxima cita, o domingo no Lino Balado fronte ao recén ascendido San Marcos.
-
-Hoxe no SFC: Diego; Fran, Germán, Manu Regueiro e Amancio (substituído por León); Munitis (susbtituído por Juan), José Ángel, Javi González (substituído por Javi II) e Borxa; Jesús Carballido (substituído por Toni) e Marcos Juncal.
-
Para ver o álbum de fotografías do encontro só tes que clicar aquí.

jueves, 3 de septiembre de 2009

"Máxico" Deco e máis Braulio

Deco está co Sigüeiro
-
O internacional portugués, ex-xogador do Porto e Barça, agora militando no Chealsea, quíxose sumar ao Sigu posando cunha camisola do Colectivo Esloveno.
-
"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo IV
-
Tal e como se puido ver no Torneo do Concello as cousas pintan moi ben de cara á nova tempada; falando do encontro contra o Deixebre, claro está que o rival non ten e nunca terá entidade suficiente como para que nos poidamos analizar en profundidade o estado do plantel. Non obstante, analicei tres puntos que me pareceron moi interesantes:
-
1. A fichaxe de Javi, apuntala o medio campo e fai que Jose Ángel se achegue máis ao dianteiro e para min mellora. Alí é onde formará un bo enganche co punta que presumiblemente será Óscar Maroño.
-
2. Borxa apurará a Amancio para que este non se relaxe e teña unha dura competencia polo lateral esquerdo.
-
3. Temos un fondo de armario bastante xeitoso, Lelo cun plantel máis longo e iso paréceme moi interesante. Na tempada hai moitos partido e todos fan falla. Con todo, aínda é cedo para analizar como imos estar este ano na táboa, pero a cousa apunta boas maneiras.
-
Por certo deixo unha pregunta no aire:
-
Onde está o sector africano que tanto ilusionaba?
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

miércoles, 2 de septiembre de 2009

Mención na web do Concello

A páxina web do Concello de Oroso faise eco dos encontros disputados o pasado domingo no Lino Balado. Nela fálase da disputa do VII Torneo do Concello de Oroso e non do torneo do Sacramento, como dixéramos neste blog. Ademais recalcar que o encontro que disputou e goleou o Sigüeiro fronte ao Deixebre fai dous fins de semana, era válido para esta competición.
-
Outro detalle a destacar, é que dende o máximo órgano municipal non lle coñecen o nome ao equipo máis grande do Concello, xa que se fala dun tal FC Sigüeiro en lugar de Sigüeiro FC...
-
Para enlazar ca nova, clica aquí.

martes, 1 de septiembre de 2009

Torneo do Sacramento 2009

O Sigü faise co torneo do Sacramento
-
Un ano máis e como ven sendo habitual, o Sigüeiro fíxose co torneo que organiza o Concello de Oroso.
-
Ante a falta do Deixebre, completaron o cadro de equipos: o xuvenil do Xuventude de Oroso, os veteranos do Sigüeiro e os do Deixebre.
-
A primeira semifinal disputárona os dous equipos de veteranos, con victoria dos nosos por un a cero. Despois, chegou a victoria do Sigü na outra semifinal por 2-1. Na final disputada entre os dous equipos do mesmo clube, gañaron os máis xóvenes por tres a cero.