jueves, 29 de octubre de 2009

Undécima columna de Braulio

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo XI
-
Ás 14:00 do domingo acerqueime a xantar ó restaurante Mirás de Sigüeiro para degustar unhas troitas cos meus amigos Miguel, Manolo e cía. de Rodeiro, bo viño na mesa (o nunca ben ponderado Tarsus rva. 1999), boa conversación, anécdotas, “batallitas” e un sinfín de recordos da dureza dunha directiva de equipos humildes de fútbol afeccionado con recursos moi limitados, que si este ano queren pelexar por estar arriba… que que xogadorazo era “Estrella”, (actual adestrador do Cogalrodeiro, irmán do meta de Osasuna, Roberto Fernández)…, que hai anos perderan por catro no Lino Balado…, que se anulara un partido pola neve…, un pracer poder quedarse con amigos do paso por unha directiva, para a volta prometeron un cocido, daremos conta del sen ningún tipo de dúbida.
-
O partido na súa liña, xogamos mal, empezamos gañando e cando xa firmamos o resultado pois sorpréndennos, ou empatando, ou gañando (Laro por exemplo).Podería dicir mil cousas do xogo, pero deixo esa labor para o Colectivo, eu só quero destacar que nos partidos do Sigüeiro abúrrome, abúrrome moito, de non ser por unha promesa ó Colectivo de asistir e escribir esta columna, comezaría a pensar en algo que facer os domingos pola tarde… creo que é unha oportunidade única para crear unha afección, ata o de agora fixo bo tempo, non coincidiron partidos bos na tele, e os resultados acomapañaron… todo isto pouco a pouco vai caendo, os resultados colócannos na dura realidade unha vez máis, no medio da táboa, cando non se xoga ben é imposible ter tanta sorte como ata agora, o cambio de hora fará que os días duren menos e se aproveiten máis as horas de luz para outros labores, e non todas as xornadas hai Champions para que o Madrid e o Barça non sexan os domingos. Aviso a navegantes, o xogo co que cada tarde de domingo nos presentamos no Lino Balado só sería digno se o obxectivo da tempada fose a permanencia, se isto é así, non teño nada que dicir.
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

lunes, 26 de octubre de 2009

SIGÜEIRO 1 - COGALRODEIRO 1

O Sigüeiro, por segunda xornada consecutiva, non puido conseguir os tres puntos. Desta vez, o Cogalrodeiro logrouse ir con vida ao descanso e empataría o encontro no segundo acto.
-
O resultado ao intermedio era dun gol a cero, logo de que Toni rematara de forma acrobática para abrir o marcador. Os nosos tiveron ocasións, pero o mesmo Toni erraría un man a man e Germán e Munitis quedáronse ás portas do tanto. Despois dos corenta e cinco minutos inicias, tras un erro defensivo de Amancio, empatáronos o partido (posiblemente en fóra de xogo) e mesmo o Cogalrodeiro puídolle dar a volta ao encontro, un minuto despois de poñer as táboas no marcador.
-
En liñas xerais, o partido foi aburrido, aínda que durante a primeira metade o Sigü gozou de máis ocasións das que normalmente xenera. Logo de non conseguir a victoria fronte ao que ata onte era terceiro clasificado, o Sigüeiro deixa de ser segundo e descende un posto. Para a vindeira semana, tócanos visitar ao líder, o Villestro.
-
-O SFC fronte ao Cogalrodeiro: Álex, Amancio (substituído por Manu Regueiro no minuto 59), Germán, Juan, Borxa, Munitis, Javi González (substituído por León no minuto 62), Xabi, José Ángel, Óscar (substituído por Jesús Carballido no minuto 73) e Toni (substituído por Marcos Vigo no minuto 73).
-
*Desculpas pola tardanza e a resumidísma crónica.
-
Para ver as fotos do encontro clica aquí.

lunes, 19 de octubre de 2009

LARO 2 - SIGÜEIRO 1

Tropezón inesperado
-
A pesar do golazo de Germán, o Sigü non puido evitar a derrota. Os nosos continúan segundos, xa que o San Mamede tamén "pinchou" en San Marcos

Perder nunca gusta, pero non resulta tan molesto cando ves na táboa clasificatoria que o Sigü aínda permanece en postos que lle permitan loitar polo ascenso e que só o Villestro continúa invicto. O ano pasado a estas alturas, os nosos non lograban gañar e sumaban unha xeira de moi malos resultados; entón visitounos o Laro e despois de 203 días sen gañar, conseguiríamolo (como o recollera Maldini ao día seguinte). Ata onte, os resultados eran á inversa aos do comezo do pasado curso futbolístico, dende maio sen perder en partido oficial, e como fai un ano, foi o Laro quen cortou a nosa xeira. Sabiamos que este momento tiña que chegar algún día. A amarga primeira derrota, sempre doe máis cas outras, pero nesta ocasión prolongouse ata a sétima xornada e quizais non nos resulte tan dura.
-
A anécdota do encontro estivo nas equipaxes dos nosos. O Sigüeiro non saltou ao campo de Laro vestido de vermello, senón de branco. Estreouse a segunda equipación, pensando que os locais seguirían vestindo coma nós, pero o Laro xa non viste de vermello, agora faino de negro. O novo traxe reserva do Sigü é o mesmo modelo que o primeiro, e decidíuse voltar ao branco na segunda equipación deixando de lado o azul celeste das últimas tempadas.
-
O primeiro gol do encontro non se fixo agardar. Antes dos dez minutos, Germán anotaría un dos que vai ser dos goles da tempada. O Kaiser, arrancaba co balón controlado dende máis atrás do medio do campo e dende a frontal da área, golpearía coa súa perna menos habitual un balón que remataría colándose pola escadra esquerda da porta local. Miroslav Djerman (que diría Braulio) firmou da mellor forma posible o primeiro gol dende que está no Sigü. A partir de aquí, a tónica de sempre: querer menos o balón e decidir pecharse cada vez máis. Desta vez non funcionou, marcamos cedo e o Laro (ao contrario do que lle sucedera ao San Marcos e Dubra B) tiña moito tempo por diante para intentar darlle a volta ao marcador. Os rivais chegaban, e cada vez con máis frecuencia e forza e como era de esperar "tanto vai o cántaro á fonte...", así foi, logo de que un rival lograra enviar ao fondo da porta de Álex unha pelota que procedía de varios rebotes previos. Un par de minutos antes de que nos empataran, un Óscar reconvertido en punta, puido trocar o guión do partido, senón fallara un man a man co meta local. Destacar que Juan tivo que entrar en substitución dun mancado Fran que non logrou continuar.
-
Á volta do descanso, o Laro baixaría a fecuencia de chegadas a nosa porta, pero aínda así gozaría dunha moi clara á saída dun córner tras o fallo nas marcas. Pouco despois chegaría o segundo tanto local, logo dun "globo" enviado dende a banda esquerda que se colaría na porta do Sigü, despois de pasar por enriba da testa de Álex. Os nosos atopábanse fóra de lugar e non creaban oportunidades; o perigo que xerou o Sigüeiro veu das botas de Munitis, que voltou a saír dende o banco. Desta vez non nos asubiaron penalti a favor, pero quizais por erro arbitral, xa que Óscar foi empurrado dentro da área, o colexiado interpretou como unha caída do Número Dez sen consecuencias para ningún dos dous bandos (nin penalti, nin cartón por simular).
-
Para a vindeira semana, agárdanos un verdadeiro partidazo. A visita do Cogalrodeiro produce un enfrontamento entre segundo e terceiro clasificado. A pesar da derrota de onte, todos e todas esperamos que non nos pase factura e que o equipo logre reencontrarse coa victoria o antes posible.
-
-O SFC fronte ao Laro: Álex; Amancio, Borxa, Germán e Fran (substituído por Juan); León (substituído por Munitis), Xabi, Javi II (substituído por Javi González) e Óscar; José Ángel e Marcos Vigo (substituído por Toni).
-
Para ver as fotografías do encontro clica aquí.

jueves, 15 de octubre de 2009

Décima semana de Braulio

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo X
-
Se a semana pasada reclamaba un mellor xogo por parte do noso equipo e a resposta foi xogar peor e gañar, pois que queredes que vos diga vexo moitas dúbidas no xogo, as cales me fan pensar na dificultade do ascenso, aínda que non nas de poder estar arriba ó final da liga. Non obstante quedareime mil veces antes coa actitude do clube,dos xogadores e mister, antes que o meu equipo se convirta nunha panda de mercenarios con mal perder coma o famoso Estudiantil, co seu polémico presidente á cabeza. Polo demais nada novo, só que esta vez non houbo inventos no medio do campo, que Amancio xogou no seu lado e que volveu a maxia de Budiño con Munitis, (incriblemente segue sen ser titular). O que cada vez me gusta máis e o chungo que o vai tendo Lelo para facer un once, posto que a xente está implicada, pero son cousas de adestradores, seguro que a el tamén lle gusta esa preocupación. Sae Marcos Vigo e marca un golazo, Munitis mellora o de León, Javi II, iguala o de Javier González, Álex cumple coma Diego, nunca se nota o cambio, e se se nota neste caso ata o de agora é para mellor. Por certo, para cando o debut do mediático Gil?. Esta semana toca o Laro, outra vez ó "quinto carallo" a xogar ó futbol, cando haberá unha liga de equipos da zona do Deza?,se son unha boa porrada deles, e cada día peores se cabe. O que quixera saber eu, é que foi do noso Maroño (10)?, éste non é igual, é que o cambiaron...
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

O Pino-Laro (2-4)

O rival do domingo, acusado de aliñación indebida
-
O Laro, rival do Sigüeiro este fin de semana, foi acusado de utilizar unha aliñación con irregulariedades. O Pino, que caeu derrotado por dous goles a catro, presentou unha reclamación diante da Federación Galega de Fútbol, alegando unha ilegalidade de todas as fichas presentadas polo Clube Laro e en particular a de Ignacio Mosquera Rial (dorsal catorce), que remataría o encontro nos vestiarios logo de ser expulsado. O Laro terá cinco días (dende o pasado martes) para presentar as oportunas alegacións.

domingo, 11 de octubre de 2009

SIGÜEIRO 2 - DUBRA B 1


O Sigü volta a remontar
-
Por terceira vez nesta tempada, o Sigüeiro comezou abaixo no marcador. Marco Vigo empatou o encontro e José Ángel, novamente de penalti, culminou a remontada
-

Seis partidos, cinco victorias; este é o balance do Sigüeiro 09/10, de momento, tan só o Agolada logrou rabuñarlle dous puntos aos nosos. Logo das victorias fronte ao Cacheiras, San Marcos, Tabeirós e Vilatuxe, onte era o turno para gañar diante do filial do Dubra e o equipo conseguíuno, polo que xa suma dezaseis puntos e é o segundo clasificado.
-
Reseñar que onte todos os nosos xogadores saíron ao campo cunha banda negra no brazo e gardouse un minuto de silencio antes de iniciarse o encontro en lembranza ao falecido socio 43, Pedro Mirás Gómez (D.E.P.) e o ex-xogador, José Liñares Nouche (D.E.P.).
-
Tamén é de comentar que o cambio de horario do encontro (16.30 H, en lugar de 17 H ou 18 H, como nas dúas xornadas xogadas no Lino Balado) trouxo consigo a peor entrada no que vai de ano a pesar de estar o liderato en xogo. Esta tempada os/as siareiros/as están acudindo máis ao campo que o pasado ano, en consecuencia (supostamente) polos bos números que o equipo está a facer neste comezo de campionato.
-
No tocante ao que o fútbol se refire, o Sigüeiro iniciou da forma máis prometedora: pasando a pelota preto da frontal da área e golpeando con perigo nun par de ocasións. Aos cinco minutos, Toni tivo a primeira oportunidade para adiantarnos, pero a pelota perdeuse preto do ferro esquerdo. Dunha triangulación nacería un golpeo de Xabi, que se perdería cerca da escadra dereita da porta visitante. O fol dos primeiros compases de encontro estábase a perder e o rival comezaba a aparecer no campo. Despois de media hora practicamente sen oportunidades, prodúcese unha falta favorable ao Dubra na fronte da área vermella, que o dorsal número once non desaproveitaría para lanzala por riba da barreira e colala no fondo das redes de Álex. Co un a cero chegaríase ao descanso.
-
Á volta do intermedio, era o Dubra B quen controlaba os tempos do partido e no primeiro minuto de segundo acto puido incrementar a diferenza, de non ser que a pelota se marchara preto da porta de Álex. Lelo, atinaría unha vez máis á hora de poñer un revulsivo no terreo de xogo, desta foi Marcos Vigo que substitíu a Javi González e colocouse na punta de lanza xunto a Toni. Aos oito minutos de estar no campo, o de Berdía; controlaba, xirábase e tiraba dende a frontal da área para empatar o encontro (minuto 65). Deste xeito Marcos Vigo, remataba cunha longa xeira sen marcar, que estamos seguros que non se repetirá. Quince minutos despois, Óscar intérnase na área, gaña a liña de fondo e dá un pase atrás para Toni, que é derrubado polo gardameta. O árbitro sinalou o punto de penalti (dubidosa existencia) e José Ángel convertíu a pena máxima (minuto 80) (clica aquí, para ver o lanzamento). Con este, O Capitán suma cinco goles, dous deles dende os once metros (de tres penaltis que lanzou). Tanto antes como despois do lanzamento penal, os xogadores do Dubra non pararon de incriminar ao árbitro, aínda que este non amosou ningún cartón máis que o vermello ao delegado visitante. O Sigü rematou o encontro sen sufrir e mesmo puido "matar" o partido á contra. Xa cos xogadores nos vestiarios, dende as bancadas escoitáronse ruídos provintes de alí e aínda que non se víu nada parecíase ouvir unha pequena tángana.
-
O vindeiro domingo, o Sigüeiro terá un longo desprazamento ata Laro para enfrontarse ao noveno clasificado que hoxe gañou en O Pino por dous goles a catro.
-
- O SFC fronte ao Dubra B:
-
- Álex: víuselle bastante seguro e cómodo. En xeral un bo partido, sobrio, como se lle debe pedir a un porteiro, pero temos a dúbida de se no gol podería facer algo máis. Bo partido.

- Fran: víuse superado en algunhas fases do partido polos homes do Dubra B, que tiñan certa calidade individual. De todas formas, sempre está concentrado ao cen por cen e pelexa ata o final, así que non podemos facer máis que darlle as grazas. En xeral, a defensa estivo bastante ben.
-
- Germán: non sobresaíu como noutros partidos, pero dende logo é un seguro por tódalas cualidades que atesora. A defensa semella entenderse moi ben, e iso fai que a aportación de todos suba.
-
- Borxa: ao igual que Germán, Fran e Amancio, forma parte dunha defensa compenetrada, que non deixa ocos nin permite que lle gañen as costas. Moi seguro.
-
- Amancio: a todo o dito hai que engadirlle unha dose de pundonor que fai que teña certo favor das bancadas. Tivo un "pique" cun adversario na segunda parte que ben puido significar "algo máis" para ambos. Un sobresaínte para toda a defensa. Aínda así hai que mirar o tema do considerable desborde que sofren ás veces os nosos laterais.

- Xabi: como se viña dicindo nos últimos tempos, a súa presenza no medio campo é un alivio para José Ángel, O Capitán, ao que xa non se lle ve tanto correndo detrás do esférico, máis preocupado de tarefas ofensivas. Xabi estivo francamente ben na faceta defensiva, sobre todo tácticamente, xa que non deixou ocos e soubo meterse entre os centrais, dando aínda máis estabilidade á nosa defensa. Ofensivamente, desapercibido, pero é que tampouco é a súa área de acción.
-
- Javi González: con Xabi no medio defensivo, segue actuando como "home enganche" entre a defensa e a mediapunta, pero ocasionándolle esta tarefa menos desgaste. Moita forza e empeño, agradécese, aínda que non tivo un partido especialmente sobresaínte.
-
- José Ángel: baixou un pouco o nivel respeto as últimas xornadas no que a participación no xogo se refire, e iso traducíuse en que nalgúns intres de encontro, o partido foi un "correrrúas". Volveu marcar de penalti e xa son cinco os partidos consecutivos nos que o noso capitán consegue facerse un oco no marcador.
-
- León: sen facer un partido brillante, desta vez sí que tivo incidencia no xogo e deu osíxeno por banda. Puxo un par de bos balóns na área rival. Vai en liña ascendente.
-
- Óscar: algo anubrado por momentos, non lle saíron de todo as cousas. Aínda así tivo tempo de facer un par de boas internadas por banda, na segunda parte, que ben puideron darnos vantaxe. Nunha delas, puxo "a bola" ao primeiro pau para que Toni provocara penalti. Vai collendo tono e espérase máis del.
-
- Toni: moi illado arriba, conseguíu crear perigo en varias ocasións. Algún bo tiro e un penalti provocado, son a súa bagaxe da tarde de hoxe, que se pode calificar de positiva.

- Marcos Vigo (substituíndo a Javi González no minuto 57): desta vez as cousas saíronlle e púidose ver a un Marcos enchufado, que entraba en contacto cas xogadas e que levaría perigo ás inmediacións da área. Meteu un bo gol, nun disparo seco dende a frontal da área grande. Tivo algunha boa oportunidade máis e pódese dicir que fixo un gran partido, do mellor dos nosos.
-
- Munitis (sunstituíndo a León no minuto 60): non foi o revulsivo doutros días, pero este rapaz é todo coraxe e pundonor. Pelexando canto balón ve, incluso desborda e mete centros. É fantástico neste rol, pero tamén está pedindo a gritos a titularidade. Se o puxesen de meta, cumpliría seguro.
-
- Juan (substituíndo a Óscar no minuto 82): Lelo voltou a poñelo lonxe da súa zona de acción, desta vez de interior dereito. Xoga onde o poñan, pero na defensa ou incluso no medio defensivo.
-
- Javi II (substituíndo a Toni no minuto 85): sen tempo de ter incidencia no encontro. Entrou co partido rachado e co Dubra buscando o empate.
-
Para ver o álbum de fotografías do encontro, clica aquí.

sábado, 10 de octubre de 2009

Braulio na súa novena semana

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo IX
-
Só me perdín unha vez para chegar ao campo do Vilatuxe; recordo que no 96 visitei ese campo coas finadas Brigadas Vermellas nunha eliminatoria de copa, da Copa do Sar na que fatídicamente caímos en semifinais contra o San Mamede con roubo arbitral incluído
e posterior xuízo do árbitro e linieres contra o clube. O domingo, volvimos a gañar como hai 13 anos.
-
Na grada sentei ao lado de dous históricos, dous heroes do 97, que reciclados a outros deportes non se despistan do que nos ocorre cada domingo. A loita, poderío físico, entrega e sacrificio de Enrique Fandiño, e ao seu carón o home con máis partidos oficiais na historia do Sigu, José Antonio Veiga “Biurrun”… Os dous comentan o partido, alaban a claridade nas liñas do equipo, o bo posicionamento, o exquisito terreo de xogo de Vilatuxe, o mal trato que algúns lle dan á pelota, a sorprendente posta de Amancio no lateral dereito, a cantidade de balóns polos que ten que pelexar un Toni moi illado na dianteira, ou a boa acción do adestrador do Vilatuxe quitando ao porteiro local tras a agresión ao noso Capi. Bravo por eles, gústame ver aos nosos históricos ligados ao clube, cada semana no Lino Balado vexo ao mencionado Biurrun, a Maikel, a Carlos Rico, a Castro, a Nicolás, a Balsa, a Suso…
-
No tocante ao partido… buffff… que queredes que vos diga amigos, que me aburro moito na grada, que o xogo non é o mellor que poderiamos practicar, que a suposta “seguridade defensiva” non é tal, que cando nos poñemos por diante no marcador parece que acaba o partido … todo isto vai valendo mentres gañemos, pero o día que as cousas non saian … non sei que pode pasar. O domingo, mesmo estivemos tempo cun home máis ca o Vilatuxe e parecía que a superioridade tíñaa o equipo da comarca do Deza. Entendo o tema de defender ben, de manter a portería a cero, de que unha oportunidade sempre se ten…, de que no fútbol de hoxe trunfan homes coma Capello, Benítez, Mourinho…, ou incluso o de que tres puntos son tres puntos e non importa como, só me gustaría deixar para os blogueiros unha reflexión de colleita propia: “Supoñendo que técnicamente somos dos mellores da liga (Germán, Borja, José Angel, Tony, Javi, Paderne…), que fisicamente estamos coma motos (ver segunda parte partido contra San Marcos), que tácticamente plantamonos no campo ben. Por qué xogamos tan mal?.
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

miércoles, 7 de octubre de 2009

Outro penalti máis

José Ángel anota de penalti, aínda que logo o colexiado móstralle cartón amarelo por recibir unha agresión. Ver para crer.

domingo, 4 de octubre de 2009

VILATUXE 0 - SIGÜEIRO 1


Victoria dende os once metros
-
José Ángel anotou de penalti o único gol dun partido soso e sen ocasións. O Sigü sitúase terceiro empatado a puntos co segundo clasificado
-
Non foi un bo partido, nin o equipo xogou ben, pero volvéronse a conseguir os tres puntos e o Sigü, está a marcar o mellor comezo ligueiro dos últimos anos. O Sigüeiro non gozou de ocasións, pero aprobeitou un penalti para gañar contra un rival que nos complicou a vida aínda con dez xogadores.
-
Iniciou o encontro cun xogo moi trabado, onde só lograban chegar os locais mediante balóns aéreos en golpeos de faltas arredor do medio do campo. No minuto vinte, aproximadamente, prodúcese un claro penalti na área do Vilatuxe que o árbitro non se equivoca ao sinalalo; José Ángel, asumíu a responsabilidade a pesar de marrar unha pena máxima a pasada semana fronte ao Agolada. O Capitán transformou a gran penalidade e deseguido sufríu unha agresión do gardameta local, aínda que o colexiado non expulsou ao porteiro local e observou a xogada á perfección. Cando solucionemos uns problemas co servidor da canle de vídeos, Youtube, poderemos ver esta clara agresión e o posterior erro arbitral.
-
Aínda que o colexiado non, o adestrador local si que se dou conta da loucura do seu cancerbeiro e decidíu trocalo no intermedio. O recén entrado meta local, mostrou nos primeiros momentos do segundo acto, debilidades á hora de agarrar a pelota; a pena foi que o Sigüeiro non o lograse probar, xa que decidíu amarrar a mínima diferenza. Cando restaban vinte minutos para o fin do encontro, o Vilatuxe quedaríase cun xogador menos, logo da dubidosa expulsión dun local por unha entrada a un dos nosos xogadores. Con un máis, o Sigü non se botou adiante, pero sí saíu a contra con máis frecuencia aínda que con pouca efectividade. Destacar que Juan, xogou os derradeiros minutos de dianteiro centro, xa que foi substituído por Óscar e o troco tiña como obxectivo perder tempo e non atopar novas aportacións.
-
A vindeira cita co noso equipo, será o próximo domingo. En fronte, o Dubra B, que onte gañoulle ao O Pino e está situado como noveno clasificado.
-
-O SFC fronte ao Vilatuxe: Diego, Amancio, Manu Regueiro, Germán e Borxa; León, Javi González (substituído por Javi II), Xabi e José Ángel; Óscar (substituído por Juan) e Toni (substituído por Marcos Vigo).
-
Para ver as fotografías do encontro, clica aquí.

viernes, 2 de octubre de 2009

Braulio número 8

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo VIII
-
O pasado domingo paseino ben na grada do Lino Balado vendo como a afección (maioritariamente o Colectivo Esloveno) vacilaban a un "guaperillas" e a moza del rebotábase na grada toda crecha cara os "colectivos". Sen embargo, paseino mal vendo o xogo do equipo, imos a ver, non se espera que xoguemos coma o Dream Team ou a Quinta do Buitre, pero xa de entrada sorprendeume a aliñación, decoñezo os motivos de Lelo para plantexar o partido desa forma, pero como dende que chegou ao clube é un "tipo" serio e correcto, voulle conceder o beneficio da dúbida.
-
Bojensaker (Borxa) volveu a completar un bo partido e José Ángel nunha liña máis que correcta, que comeza a ser moi habitual, preocúpame a Sigü-dependecia depositada no capitán, teño medo a unha lesión ou a unha sanción... Manu Regueiro máis que correcto e Toni e Óscar, aínda que sen tempo, mostraron cousas interesantes, Álex sobrio e acertado e Amancio segue nervoso, pero ben. En liñas xerais todo o equipo ben, salvo os mediocentros Javi II e Paderne que semellaban non dar entrado no partido.
-
Destacar tamén que coa a inminete xornada de Champions, non había partidos interesantes de Primeira á mesma hora que no Lino Balado. Loitabamos polo liderato e iso favoreceu a afluencia de público unha xornada máis; esperemos que o frío e a choiva non estropeen a fermosura dunha bancada chea. Atención especial ao gran número de "femias" que move o Agolada. Para o vindeiro domingo, imos a Vilatuxe, outra vez ao "quinto carallo", polo que me informaron teñen bo campo, pero son uns homes anti-fútbol e incluso violentos, coidado non vaia a ser que agora que voveu Maroño, nolo "escarallen"...
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

O eterno penalti...

Voltando a ver a xogada invalidada ao Agolada o pasado domingo e grazas aos comentarios da última entrada, dámonos conta que o colexiado non asubía fóra de xogo, senón que non da por bo o gol, porque hai un atacante (que terminará sendo o rematador) dentro da área cando é lanzada a pena máxima.
-
Ademais, o colexiado acerta de cheo, xa que a grande penalidade non se debe repetir, aplicando as normas do fútbol, o Sigü tiña (e así o fixo) botar un libre indirecto.
-
Rastreando pola rede, atopamos na páxina http://www.elfutbolin.com/, o seguinte:
-
"Un compañeiro do executor do tiro penetra na área penal ou colócase diante do punto de penalti ou a menos de 9, 15 m: o árbitro permitirá que continue a xogada. Se o balón entra na meta, repetirase o tiro; se o balón non entra na meta, o árbitro parará o xogo e reanudará o encontro cun tiro libre indirecto a favor do equipo defensor; se o balón bate no gardameta, no traveseiro ou nun dos postes e é tocado por este xogador, o colexiado parará o partido e voltarase a xogar cun tiro libre indirecto favorable ao conxunto que defende".
-
-Os fotogramas da xogada:
-

-
1- No momento do golpeo, o xogador que rematará está claramente dentro da área.
2- O rematador empuxa o balón ao fondo das redes, case na área pequena.
3- O colexiado non levanta o brazo sinalando fóra de xogo, senón que asubía e indica o sucedido.