miércoles, 26 de agosto de 2009

Calendario 2009/10

O Sigü debutará de forma oficial en Cacheiras
-
O Sigüeiro visitará Cacheiras na primeira xornada de liga. Rival complicado o que lle agarda ao noso equipo o vindeiro día seis de setembro. Os dous últimos enfrontamentos contra este equipo cóntanse por derrotas, na pasada tempada o Sigü saíu goleado fóra da casa (3-0) e no Lino Balado caeu por cero goles a dous.
-
Unha semana máis tarde, producirase o debut oficial no noso feudo, fronte ao recén ascendido San Marcos. Para ver os partidos máis esperados do ano, contra o Sta. Cruz de Montaos, teremos que agardar ata o vinte e dous de novembro (local) e ata o catorce de marzo (visitante).
-
A tempada pecharase no campo do San Mamede o día once de abril, rematando a competición case un mes antes que o pasado ano.
-
Para obter o teu calendario de peto, só tes que imprimir a imaxe.
-
Colectivo Esloveno descúlpase pola tardanza desta actualización, xa que o calendario coñécese dende o pasado día dezasete.
-
Para ver o resto do calendario da competición só tes que clicar aquí.

sábado, 22 de agosto de 2009

Reforzos?

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..."- Capítulo III -
A quén fichamos? Dende hai uns días os mentideiros locais e as conversacións taberneiras transcorren sen pena nen gloria polo descoñecemento xeral da nova plantilla do Sigu, fálase de continuidade do bloque (boa metáfora para decir que non ven ninguén) ou de fichaxes de perfil baixo para reforzar o bloque (é dicir: homes malos, que "chupen" banqueta sen problema), pero xa digo isto son faladurías de tabernas. Non sabemos, a presentación oficial ante os siareiros aínda non se dou, e o único que houbo, foi unha pachanga co Dubra B a modo de adestramento, que por certo gañamos sen problema. A falta de información é un aspecto a reclamar por este humilde socio ante o Colectivo Esloveno, que parece que se tomou agosto de vacacións... (merecidas, nunca diremos o contrario...).
-
Agardo con impaciencia a presentación do equipo nese triangular, cuadrangular ou simplemente torneo festeiro co Xuventude, veterans e Deixebre, non creo que sexa o test máis fiable para recoñecer o estado do equipo (todo o que non sexa un "chorreo", defraudaranos) pero podemos empezar a intuir por onde vai levar Lelo o equipo ó longo do ano.

viernes, 7 de agosto de 2009

Obras do campo

As obras non rematarán ata xaneiro
-
A obra de ampliación do pavillón de Sigüeiro ten previsto o seu remate en xaneiro do vindeiro ano. A construción do novo recinto deportivo, está a causar unha situación caótica non só nos aledaños do Lino Balado, senón que mesmo no propio campo, que non para de sufrir actos bandálicos debido a facilidade para acceder a el. A verdade é que dende que o pavillón e o campo, carecen dunha persoa que traballe para manter a seguridade de ámbas as dúas instalacións, estas, non paran de padecer desperfectos. O orzamento para realizar a ampliación é de 1.041.314,60 €, e según se rumorea, dita ampliación estará orientada para a práctica do "xogo" do tenis de mesa dentro da ED Xuventude de Oroso.
-
Dende o punto de vista deportivo do noso clube, o equipo comezou o traballo o pasado luns e pronto veremos os primeiros tests de pretempada.
-
Logo do "capítulo piloto" da pasada semana, chega a segunda entrega:
-
"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo I
-
Siareiros/as esta semena comezou a rodar o noso equipo. Durante un mes, os rapaces serán sometidos a un guión que xa saben de memoria e que Enrique de Budiño lles aplicou cando só eran infantís: PALIZÓN FÍSICO. Entendo perfectamente que un equipo que vai abusar da presión do xogo en longo e de levar os partidos a un aspecto físico, unha pretempada sexa destas características, non obstante gustaríame facer un leve chamamento dende estas liñas a quen corresponda para pedir que este ano coa categoría máis ou menos consolidada (ninguén pensa en apuros) o Sigü practique algo de xogo combinativo dado que os xogadores parecen estar capacitados. Simplemente é unha suxerencia dun socio, amante do clube e que ten morriña das tardes de gloria que vivíu no Lino Balado. Aínda non estou informado das novidades do plantel, pero sí que se rumorea nos mintideiros populares sobre a presenza exótica máis que efectiva dalgún africano no vestiario, se de verdade vai adiante só desexarlle sorte e esixirlle un sentimento polas cores que todos/as queremos.
-
Braulio Veiga (expresidente do Sigüeiro FC).