viernes, 30 de enero de 2009

Partido suspendido

Sigüeiro-Vea, suspendido
-
Confirmado xa, o partido do Sigüeiro deste domingo, que o enfrontaba ó Vea, non se xogará nesta data. A continuación, recollemos o comunicado da Federación Galega de Fútbol:
-
"Á vista das recomendacións recibidas por parte da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e tras realizar as correspondentes consultas coas distintas Direccións Xerais de Protección Civil e o servizo 112, así como as diversas informacións publicadas a través dos distintos medios de comunicación, esta Federación Galega de Fútbol tomou a decisión de suspender todas as competicións previstas para os próximos días 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro de ámbito territorial e nacional controladas por esta Federación Territorial, a excepción de a Autonómica Preferente nos seus dous grupos e a Terceira División Nacional, deixando a criterio dos colexiados designados e dos clubs contendentes a súa disputa, conforme ás condicións climatolóxicas existentes, recomendando por parte desta Federación que se adopten as medidas oportunas para garantir o normal desenvolvemento destas competicións. Así mesmo comunicamos que a competición oficial de Primeira Nacional "B" de Fútbol Sala queda suspendida. Oportunamente será comunicado por parte desta Federación Galega de Fútbol, as novas datas para a disputa das xornadas suspendidas. Pola FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL".

jueves, 29 de enero de 2009

Alerta laranxa

O Sigüeiro podería non xogar o domingo

Ante a alerta laranxa que estamos a vivir en Galicia, as federacións galegas de baloncesto e de balonmán, decidiron suspender os encontros para este fin de semana. A Federación Galega de Fútbol aínda non se pronunciou ó respecto, pero Pepe Domingo Castaño (Cadena Ser) anunciou esta tarde que non se xogarán os partidos do fútbol base e fútbol rexional galego.
-Para ver a noticia de La Voz de Galicia pinchar no seguinte enlace: http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/01/29/00031233241676551185299.htm
-Para ver a noticia da Fundación Deporte Galego pinchar no seguinte enlace:
http://www.deportegalego.es/novas/nova.php?id=1150&lg=gal

domingo, 25 de enero de 2009

COGALRODEIRO 0 - SIGÜEIRO 1


Tres puntos de ouro

O Sigüeiro logra gañar na casa do que ata hoxe era o quinto clasificado. M. Juncal volve marcar e consigue tres puntos esenciais na loita pola permanencia. A neve case fai suspender o encontro.

O Sigüeiro logrou, esta tarde, rematar coa mala xeira de resultados e conseguíu a primeira victoria do ano 2009. Dende o catorce de decembro, contra o Tabeirós, o Sigu non lograba gañar, pero un gol de M. Juncal no último suspiro do encontro, vale os tres puntos.

As dificultades climatolóxicas marcaron o partido, ata tal punto, que o mesmo estivo a piques de suspenderse. Cando a expedición vermella chegou a Rodeiro, a neve xa se facía notar e co paso dos minutos, máis aínda.

Apesares do tempo, o partido comezou e o Sigüeiro saíu ó campo con Álex na porta; A.Raña, Amancio, Juan e Fran na liña defensiva; por diante Munitis, León, Javi González e Paderne; Jose Ángel de enganche e Óscar, como único punta.
Ó ser imposible que o balón circulara polo chan, ambos conxuntos obtaron por xogar con balóns largos e con certa altura. A primeira ocasión do encontro estivo nas botas do capitán do Sigu, Jose Ángel, que enviaría un balón ó pao da portería rival. Contragolpeou o Cogalrodeiro, pero un par de boas intervencións de Álex evitaron o tanto local. O conxunto de Rodeiro, debeu quedar con dez, logo de que un xogador local lle dera un cobadazo a Paderne e entrara cas dúas pernas a Óscar, pero só recibíu cartón amarelo por esta segunda acción.

A volta do descanso, chegaban novas ocasións para o Sigu: Juan, logo dunha falta case lograba marcar, Paderne erraba sen porteiro, despois de que este último non atinase na saída e M.Juncal tamén se quedaba ás portas do gol, cun lanzamento que se perdería por pouco. O Cogalrodeiro non se quedou de brazos cruzados e atacou, pero unhas íanse por fóra e outras topábanse con Álex. A falla de dous minutos para ó fin do tempo regulamentario, Jose Ángel entregáballe un balón na banda a M. Juncal, que regateaba a un defensa e tiraba cruzado, para inagurar o marcador. De aquí ó final, só un córner dos locais que non lograrían aproveitar.

Destacar a lesión de Amancio, que presumiblemente o alonxará un mes e medio, aproximadamente, dos terreos de xogo.

viernes, 23 de enero de 2009

Ti opinas:

Debe permitir o SFC, que os seus futbolistas xoguen na liga de Oroso?
-
Ante o inmediato inicio do campionato de fútbol salón no concello de Oroso, saltou a polémica na casa do veciño, a ED Xuventude de Oroso, que radicalizou a situación, non permitindo xogar a oito rapaces esta competición. O SFC debe facer o mesmo e prohibir xogar ós seus futbolistas?
-
Deixa a túa opinión, só tes que ir a "Comentarios", escribila e poñer un nick en "Nombre URL".

martes, 20 de enero de 2009

VÍDEO-RESUMO: SFC-TORDOIA

Xa se poden ver as xogadas máis perigosas(goles incluídos) do partido do Sigu fronte o Tordoia. Son dous vídeo-resumos: primeira parte e segunda, que están dispoñibles na canle de videos de Colectivo esloveno en Youtube. É recomendable pinchar en "ver con alta calidad" e agardar que o vídeo cargue. Os enlaces:
-Primeira parte:
-Segunda parte:

sábado, 17 de enero de 2009

SIGÜEIRO 2 - TORDOIA 2

Empate que sabe a derrota

O Sigüeiro non puido pasar do empate contra o Tordoia, que a pesar de ser o penúltimo, demostrou non ter menos que outros conxuntos mellor clasificados. Dous goles a balón parado contrarrestaron os de M. Juncal.
-
Os siareiros e os xogadores estaban convencidos de que hoxe remataría a mala xeira de resultados do Sigu, pero unha vez máis a sorte non foi a mellor aliada do conxunto vermello.
Como xa sucedera fai sete días en Santa Cruz de Montaos, onde o Sigu recibira tres goles de cabeza, onte o SFC encaixou os dous tantos dunha forma similar, de saque de curruncho.

Comezou o encontro con moi pouca xente nas bancadas, aínda que según ían pasando os minutos chegaban algúns afeccionados. No campo, non existía un dono fixo do partido e ningún dos dous equipos achegábase á porta rival. Ós dez minutos de encontro aproximadamente, o porteiro visitante mancábase nun brazo e tivo que ser substituído por un veterano gardarredes, que acabaría agasallando ó Sigu con dous goles. Rondando o ecuador da primeira metade producíase un córner, que propiciaría o primeiro tanto visitante. A reacción do SFC, logo de recibir o gol, foi maior ca vista en Montaos, e os poucos minutos dun centro de Amancio, que baixa Samuel, M. Juncal aproveita para reestablecer o empate. Coas táboas no marcador iríamos ó descanso.
O intermedio sentoulle ben ó Sigüeiro, e á volta do mesmo, chegaban os mellores minutos do noso equipo. Nestes intres o Sigu xeraba ocasións; un xogador rival salvaría na mesma liña de gol un remate, e Javi González mandaría ó traveseiro un libre directo. Pouco a pouco, o acoso local cesaba, pero o porteiro do Tordoia botaríanos unha man ó non atallar un balón aparentemente sinxelo, que aproveitaría novamente para empurrar ó fondo das redes aurinegras. A partir de aquí o partido comezou a dormir, ningún dos dous equipos chegaba, pero o Tordoia volvía a marcar aproveitando outro saque de curruncho. De aquí ó final, o Sigu buscaba o gol, aínda que sen xerar ocasións perigosas. Subliñar a última xogada do encontro, onde Paderne caeu dentro da área e os xogadores locais reclameron ó colexiado penalti.

Con esta, xa son catro xornadas sen gañar. Para o vindeiro domingo, o SFC, visitará ó Cogalrodeiro. Dicir, que en ambos partidos contra o Tordoia, o Sigüeiro non puido pasar do empate(na ida, 1-1) e que onte, ó igual que na primeira volta, non se gañou un punto, senón que se perderon dous.

-O SFC por liñas:
Portería- Estivo Diego, que apenas tivo traballo, pero o pouco que tivo soubo solventalo con seguridade. En ambos goles non se lle pode pedir nada máis e resarciuse do partido da semana pasada.
Defensa- De centrais estiveron Juan e Xabi, A. Raña polo lateral dereito e Amancio polo esquerdo. Este último debutaba como titular e viuselle cun mellor ritmo que contra o Sta. Cruz de Montaos. Como a semana pasada, logo do descanso, Lelo trocou os laterais, e entraron Fran e Mejuto.
Mediocampo- No medio quizais os dous mellores xogadores do encontro, Paderne e Javi González, os cales estiveron moi presentes no ataque e axudaron na tarefa defensiva. Pola esquerda Óscar e pola dereita Munitis(nalgunha ocasión, trocaron de banda). Óscar, demasiado individualista e mereceu ver o cartón vermello logo de darlle unha patada, sen sentido, a un rival, o árbitro amosoulle amarelo por esta acción.
Dianteira- En punta, novamente Samuel, que só lle faltou marcar e por detrás M. Juncal, que deixando a un lado os seus dous goles, firmou un dos seus mellores partidos da tempada e quizais dende que está nos modestos. O primeiro foi substituído por Marcos Vigo e o segundo por Iván.

*Nos vindeiros días poderase disfrutar do vídeo-resumo do partido.

jueves, 15 de enero de 2009

Ti opinas:

Cal cres que sería a mellor alineación fronte ó Tordoia?
-
Ante a visita do décimo sétimo clasificado, o Tordoia, este sábado ás 16.00h, no Lino Balado. Que once xogadores debería poñer Lelo de inicio?

Deixa a túa opinión, só tes que ir a "Comentarios", escribila e poñer un nick en "Nombre URL".

domingo, 11 de enero de 2009

MONTAOS 3 - SIGÜEIRO 1


O balón aéreo mata ó Sigu

Tres goles de cabeza do ex do Sigu, Juan Liñares, producen unha nova derrota, nun partido que non foi inferior ó seu rival.

O problema do Sigüeiro comeza xa a ser grave, aparte de estar colocado nos últimos postos da clasificación, novamente cae derrotado nun partido no que apenas lle tiraron a portería. En encontros como: contra o Grixoa ou contra o Villestro, podiamos atribuír a victoria a gran pegada do rival, pero hoxe estaba en fronte o Montaos, o cuarto equipo da categoría que menos goles marca, só superado neste aspecto por: Sp. Estrada, Tordoia e Tabeirós.

Boa entrada no campo de Santa Cruz de Montaos, onde a mala educación da afección local e a pésima arbitraxe, marcaron o partido. No campo un Sigüeiro distinto e con máis iniciativa, ó visto en Cacheiras. O xogo sen un dono claro, pero sí un Sigu mellor plantado co seu rival. Ós dez minutos de partido, sacaba o Santa Cruz unha falta cara o corazón da área, Diego e a defensa non se entenden e a pelota acaba no fondo da portería, sen explicarse moi ben como. Logo deste primeiro tanto local, o Montaos olvidábase cada vez máis do balón e chegaban bos minutos do Sigu, onde lograba trenzar xogadas e chegar algunha vez á porta local. Dun saque de banda, caía o segundo, despois dun gran erro de Diego, á hora de atallar o balón, que aproveita Juan Liñares para marcar. Os xogadores do Sigu non podían explicar o que estaba a pasar e máis despois de que novamente Juan Liñares cabeceara á rede un bo centro, firmando deste xeito o seu hat-trick de cabeza, a pesares da súa corta estatura. De aquí ó final da primeira metade era o SFC quen manexaba o encontro ante unha leve presión do Montaos, que se quedaría con dez, logo de que un xogador local vira o seu segundo cartón amarelo. Co tres a cero no marcador e cun xogador máis, o Sigu podería recortar distancias cunha boa oportunidade de Samuel, pero non lograría aproveitala.

Á volta do descanso, producíanse trocos nos laterais: entraba A. Raña e marchábase Victor, e saía Mejuto por Amancio. Este último volvía hoxe a vestir a camisola vermella, logo dun período de tempo sen facelo. O partido vía como ía perdendo ritmo pouco a pouco, ata que no ecuador deste segundo período, producíase un penalti a favor do Sigu. O porteiro rival non vía o cartón vermello, aínda despois de agarrarlle as pernas e derribar a Óscar. Neste momento o árbitro demostrou a pouca valentía que tiña ó só amosarlle amarela. Tiraba e transformaba Jose Ángel. Precisamente o noso capitán tivo que retirarse do terreo de xogo, logo de mancarse.
Con esta derrota, a oitaba da tempada, o Sigüeiro achegase, máis aínda, ó fondo da táboa clasificatoria. O domingo que ven, visitará o Lino Balado, o Tordoia, un dos peores conxuntos da categoría.

-O SFC: un por un.
Diego- estivo moi mal, fallou en dous dos tres goles. Non é o mesmo Diego que enamorou á afección coas súas paradas o ano pasado. Aínda que estamos seguros de que voltará a render o seu máximo nivel.
Víctor- amosou moita seguridade e sencillez á hora de sacar a pelota. Dos seus mellores encontros esta tempada.
Xabi- estivo a un nivel bo durante todo o partido, pero non foi "o home de toque" que ven sendo habitual.
Juan- quizais debería ter máis presencia nas xogadas a balón parado en contra. Fixo unha segunda parte destacable, cortando en varias ocasións o ataque rival cando xa se cheiraba o perigo. En momentos determinados, fixo tarefa de atacante.
Mejuto- vai collendo ritmo pouco a pouco.
Paderne- voluntarioso e recuperador. Do mellor desta tempada.
J. Ángel- loitador, pero sen opter resultados.
Óscar- estivo individualista. A maioría dos seus regates saíron, pero xogou moi lonxe da potería rival.
León- ó igual que Óscar, xogou moi lonxe da zona de perigo e polo tanto, non "sacou" case ningún centro
M. Juncal- de máis a menos. Recibindo, aguantando e abrindo a banda, cando lle empezaron a chegar menos balóns, foise apagando.
Samuel- case sen ocasións. Cando gozou de posesión, non encarou.
-------------------------------------------------------------------------
Amancio- ben atrás, pero non doblou ó interior en ningunha ocasión.
A. Raña- non se empregou na tarefa defensiva, porque non tivo ocasións para facelo. Estivo correcto á hora de dar saída ó balón
Toni- loitou durante o tempo que estivo no campo, aínda que non logrou rematar a porta
Iván- sen tempo.

miércoles, 7 de enero de 2009

Ti opinas:


Cal é a túa valoración do equipo, ó ecuador da tempada?

Coa derrota fronte o Cacheiras, rematou a primeira volta da Segunda autonómica grupo cinco. O Sigüeiro FC, ascendido a pasada tempada, está situado décimo cuarto clasificado, con: tres victorias, sete empates e seis derrotas. Como valoras isto?

Deixa a túa opinión, só tes que ir a "Comentarios", escribila e poñer un nick en "Nombre URL".

domingo, 4 de enero de 2009

CACHEIRAS 3 - SIGÜEIRO 0


Pésimo inicio
-
O Sigüeiro caeu derrotado no primeiro partido do ano. O Cacheiras non foi superior, pero aproveitou as súas ocasións, os nosos non tiveron case ningunha.
-
Comezaba o curso futbolístico 2009 para o Sigüeiro. Hoxe en fronte, o terceiro clasificado, cunha soa derrota en toda a primeira volta. Un equipo que a pesar de estar terceiro clasificado e golear hoxe ó Sigu, non deixa sensación de ser moi superior ao noso.

O partido comezou como xa ven sendo habitual esta tempada: o balón sen dono e sen que ningún dos dous equipos lograra xerar perigo. Non se mostraba superiorioridade por parte do Cacheiras, pero sobre o minuto quince chegaba o primeiro gol da tarde, logo dun centro dende a banda. Este primeiro tanto local producíu unha discusión entre varios xogadores da zaga do SFC, que Lelo finalizou de inmediato. Poucos minutos despois, chegaba o segundo tanto do equipo rival, dun lanzamento dende a frontal que "botaría mal" dentro da área pequena, o que faría inútil a estirada do noso gardameta, Diego. A ventaxe de dous goles duroulle pouco ó Cacheiras, porque pronto a incrementaría. O interior dereito do Cacheiras logra poñer un centro, e Juan, ó intentar sacar o balón da zona de périgo, acabaa metendoa no fondo da porta de Diego.

Durante toda a primeira parte, o Sigüeiro só logrou achegarse con perigo unha vez á portería rival. Esta ocasión tivoa Toni, que logo dun moi bo control acabaría fallando á hora de intentar "picarlla" ó gardarredes local.

A segunda parte seguiu cun guión parecido ó do final da primeira metade: un Cacheiras sen buscar xerar perigo, que foi aproveitando o Sigu para intentar controlar o encontro, pero sen logralo. O SFC non dispuxo nin de unha soa ocasión para rebaixar o marcador. Xa nos últimos minutos do partido, Fran, recibíu o segundo cartón amarelo, despois de dar unha patada imnecesaria a un atacante rival nas inmediacións da área grande.
Con esta séptima derrota da tempada, o SFC remata a primeira volta da liga nos últimos postos da clasificación. Para a vindeira xornada o noso equipo xogará fronte ó Santa Cruz de Montaos, novamente como visitante, sendo así o cuarto desprazamento nos últimos partidos e demostrando desta xeito o mal feito que está o calendario da liga.
-
-O SFC por liñas:
Portería: aínda que Diego recibiu hoxe tres goles, non tivo excesivo traballo. Recalcar a mala sorte que tivo no segundo gol local, que un bote do balón fixoo posible.
Defensa: precipitada, dando sensación de nerviosismo en ocasións. Non saíu ó campo a parella habitual de centrais, Juan e Xabi, senón Fran e Juan, con Víctor pola banda esquerda e Mejuto, pola dereita.
Mediocampo: parecía que se ía optar por unha forma de xogo, de toque, con Xabi e Jose Ángel no medio, pero non. Ambos estiveron desaparecidos. Pola banda dereita, Óscar, e pola esqueda, León. Ningún dos dous dispuxo de ocasións.
Dianteira: saíu cun Toni eléctrico e pelexón (quizais o mellor do Sigu hoxe) e con Juncal por detrás del. Na segunda metede, Lelo intentou gañar presencia arriba, coas entradas ó campo de Samuel e Marcos Vigo, pero non o conseguíu. Ademais o primeiro, recibíu un cartón amarelo por protestar unha dubidosa situación de fóra de xogo propia.
*Para ver a foto con calidade, pinchar nela.