martes, 30 de diciembre de 2008

GALICIA 3 - IRÁN 2

A campaña "Juanito selección" levada a cabo polo Colectivo Esloveno, non quixo ser escoitada
-
Despois de que a nosa campaña para conseguir que Juanito xogara o partido Galicia-Irán, saíra publicada nos xornais: "La Voz de Galicia" e "Delunsavenres"; fora noticia na Radio Galega; Localia Televisión, entrevistara en directo a dous integrantes do Colectivo Esloveno; despregarase unha pancarta, dun tamaño considerable, no partido Galicia-Portugal, de fúbol praia disputado no Multiusos Fontes do Sar. Finalizou ca mostra da dita pancarta, de forma simbólica, no partido do pasado sábado, que se puido ver en repetidas ocasións durante a retrasmisión do encontro, por parte da Televisión de Galicia.
O que comezou sendo un desexo duns siareiros de Sigüeiro, foi crecendo ata que moitos afeccionados galegos foron respaldando a nosa plataforma. Proba disto é que; varios asistentes os encontros onde se despregou a pancarta, quixeran sacarse fotos con ela, ou que, todos os medios de comunicación os que o Colectivo Esloveno visitou mencionaran nas súas edicións a nosa intención, agás a cadea COPE, da que fomos expulsados de maneira case instantánea, decindonos de forma textual: "non imos facer publicidade do partido da selección galega".
Para a Federación Galega de Fútbol, o noso paisano non debía estar convocado para o partido do día 27 de decembro, pero recentemente publicouse o libro: "Historia da selección galega de fútbol, 1922-2007", onde é Juanito, o xogador que aparece na portada, pero cunha franxa azul tapándolle media cara.
Aínda que o obxectivo non se conseguira, non podemos considerar a campaña un fracaso total, polo que para o vindeiro ano, volverémolo intentar.

sábado, 27 de diciembre de 2008

lunes, 22 de diciembre de 2008

SIGÜEIRO 2 - VILLESTRO 3


A gran pegada do Villestro deixa sen puntuar ó Sigu

Víronse goles, pero non ocasións. O Villestro logrou tres tantos antes do descanso que acabaron coas esperanzas do Sigüeiro.

Mal encontro o visto onte no Lino Balado. Un fútbol moi parado, sen ocasións e moi aburrido por momentos. Como xa fixera Marcial contra o Grixoa, Lelo tamén pretendeu especular co marcador ante un dos "galos" deste grupo cinco da segunda autonómica.
O Sigüeiro saíu, como xa era de esperar, coas liñas moi xuntas, dando un gran peso ó centro a hora de atacar e para presionar ó Villestro. Onte o Sigüeiro non decidíu utilizar tanto as bandas e Óscar apenas apareceu. En fronte un Villestro que defraudou, non argumentou porque está nos postos máis altos da clasificación e gañou o partido como "os grandes", na primeira metade: tres ocasións, tres goles.
O partido comezou co balón sen dono, voando, na maioría do tempo, sen que ninguén o controlase. Con este ritmo de partido, o encontro estaba bastante equilibrado. O Villestro non tiraba a porta, o que xa era un mérito para o SFC, xa que os rivais de onte, son os segundos máis goleadores da liga. En torno ó ecuador do primeiro tempo, prodúcese un saque de esquina absurdo, o Villestro saca na corta, ningún xogador dos nosos esta atento e tras un primeiro disparo rexeitado por Álex, outro xogador rival empurra o balón ó fondo das redes vermellas.
Poucos minutos despois, dun balón que procede do campo visitante, no que pode considerarse un contragolpe, o dianteiro visitante gáñalles as costas ós defensas, encara a Álex e logra coarlle o esférico por entre as pernas, nun gran xesto técnico. O dous a cero durou pouco no marcador, porque na xogada seguinte chegaba o terceiro logo dun lanzamento dende o borde da área que se metía polo pau de Álex. Coa ventaxa de tres goles favorable os visitantes, o partido foise ó intermedio.
A segunda parte comezou dun xeito similar a primeira, pero cun Sigu insistindo, de menos a máis, en xerar ocasións. Despois de que a pelota batéralle a un xogador do Villestro, o árbitro decide pitar penalti, por entender que se producira unha man, de máis que dudosa existencia. Tirábao e transformábao Jose Ángel, cun bo lanzamento arriba. De aquí ó final, o Sigu collía forza, pero non lograba rematar as xogadas. Xa co tempo cumprido, era Iván quen maquillaba o resultado final, logo de recoller a pelota dentro da área e definir de forma perfecta diante do gardarredes do Villestro.
Con esta derrota, o Sigu remata o ano en décima cuarta posición e non voltará xogar ata o catro de xaneiro, diante do Cacheiras, na xornada que cerrará a primeira volta da liga.
-O Sigüeiro por liñas:
Portería: estivo Álex na meta, como xa o fixera contra o Tabeirós. A pesar de recibir tres goles, apenas tivo traballo. A súa mellor intervención, acabou co rexeite que propiciaría o primeiro gol. Quizais no terceiro gol, puido facer algo máis.
Defensa: seguramente a peor liña no encontro de onte. O segundo gol prodúcese por un fallo de marcaxe e sincronización dos centrais. Os laterais tampouco andiveron moi atinados.
Mediocampo: bastante desaparecido e movéndose dun lado para o outro. As bandas non apareceron, nin á hora de atacar, nin a de defender.
Dianteira: non apareceron, pero probablemente polo plantexamento do partido por parte de Lelo. A saída de Toni(non coma punta puro), deulle vida e máis presencía aos nosos homes arriba.

martes, 16 de diciembre de 2008

CE92 na Voz


O xornal "La voz de Galicia", faise eco da campaña do Colectivo
-
O xornal máis vendido en Galicia, publica na súa web o comezo da campaña "JUANITO SELECCIÓN", iniciada polo Colectivo esloveno. Hoxe día 16 de decembro a Federación Galega de Fútbol deu a lista de convocados para o encontro contra Chile, e como era de esperar, o noso paisano, non está nela. O Colectivo xa se puxo en contacto co coseleccionador, Fernando Vázquez.
Para ver a noticia de "La Voz de Galicia", pincha no enlace do final da noticia.
Por outra banda, o Colectivo esloveno xa conta co seu propio dominio en Intenet, aínda que este blog seguirá activo:
Enlace Juanito selección, "La Voz de Galicia":

lunes, 15 de diciembre de 2008

JUANITO SELECCIÓN

Colectivo esloveno pide a convocatoria de Juanito
-
O día 27 de decembro celebrarase na Coruña o encontro Galicia-Chile. A convocatoria para dito partido sairá nos vindeiros días e presumiblemente o noso paisano, Juanito, non estará nela. Sería un gran erro, xa que Juanito, agora no Narón Balompé, estalle a chegar o momento da súa retirada e o día do fútbol galego, sería unha máis que boa ocasión para rendirlle unha homenaxe a unha das lendas en activo do noso fútbol.
Juan Luís Amigo Ferreiro xogou sendo xuvenil varios anos no Sigüeiro FC, demostrando así o potencial que tiña a nosa canteira. Tamén militou en grandes equipos como: Deportivo da Coruña, Betis Balompé, SD Compostela e Racing de Ferrol, entre outros. Xa estivo presente o 29 de decembro de 2005 no Galicia-Uruguai, pero pouco tempo estivo no terreo de xogo, xa que se lesionou, aínda así tempo suficiente para dar a asistencia no segundo gol a Deus.
Colectivo esloveno xa se puxo en contacto ca Federación Galega de Fútbol e nos próximos días farao co coselecciondor, Fernando Vázquez(tamén exmilitante do SFC), para facerlle chegar o desexo da nosa aldea.
No video, podemos ver o gol de Juanito que enmudeceu o Camp Nou e eliminou ó Barça da Copa do Rei de 1994.

domingo, 14 de diciembre de 2008

TABEIRÓS 1 - SIGÜEIRO 3

Cumpriuse a máxima
-
Os goles de Samuel, Toni e Iván firmaron a victoria no debut de Lelo no banco. Con esta, o Sigüeiro suma tres victorias en liga e adianta ó Tabeirós, rival hoxe.
-
Unha vez máis cumpriuse unha das máximas máis famosas do fútbol: "adestrador novo, victoria segura". Debutaba Lelo e o Sigu conseguiu os tres puntos.
Un SFC moi metido atrás ó inicio do encontro, provocou que o mediocampo do Tabeirós puidera mover o balón de forma fluída. Ainda así, o Sigu chegou en bastantes ocasións a xerar perigo, sobre todo pola banda de Óscar, aproveitando deste xeito a lentitude do lateral rival. Nunha destas internadas producese unha oportunidade clara para abrir o marcador, na que o balón paseouse por diante da portería sen que Samuel nin Munitis a aproveitaran. Por esta mesma banda, Toni facía unha boa xogada e pegáballe, o porteiro rexeitaba a pelota hacia o pao, pero dentro da área pequena, onde Samuel empurraba o fondo das redes rivais. Minutos despois empataba o Tabeiros, logo dun centro despois dunha falta inexistente. Coas táboas no marcador, iríase ó descanso.
Na segunda parte máis do mesmo, un Sigüeiro repregado e un Tabeirós intentando tocar, pero nesta parte viuse máis "garra" que na primeira; e cortouse o fútbol que quería facer o conxunto rival. Dunha recuperación de Jose Ángel chegaba o segundo do Sigu, logo de que Toni non errara no man a man. De aquí ó final, o SFC repregouse aínda máis e exerceu unha forte presión sobre o intento de xogo dos locais, que aínda así gozaron dalgunha oportunidade para empatar. Nos últimos intres de encontro, xa co tempo regramentario cumprido, Toni golpea á porta, o veterano gardaredes do Tabeirós non atalla e a pelota caelle a Iván, que poñía o tres a un definitivo.
O DATO:
Despois de catro xorandas consecutivas, Óscar, rematou hoxe ca súa xeira goleadora.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Ti opinas:

Mellorará o Sigüeiro coa chegada de Lelo ó banco?


Unha semana máis o tema adestrador está presente neste foro. Marcial deixa o banco despois de cinco encontros(dúas victorias, dúas derrotas e un empate) e chega Lelo; será beneficiosa este novo troco?


Deixa a túa opinión. Escribe o teu comentario e pon un "nick" en "Nombre URL"

martes, 9 de diciembre de 2008

Xa temos novo mister:


Lelo faise cargo do equipo.
Un adestrador que pode devolver ó Sigu o lugar que merece.

domingo, 7 de diciembre de 2008

O PINO 2 - SIGÜEIRO 2


Falla de fortuna

Un Sigüeiro superior ó seu adversario non logra conseguir os tres puntos. O Sigu controlou o partido, pero a gran pegada do Pino fixo que os nosos tiveran que ir por detrás no marcador case todo o encontro.

O SFC saíu máis organizado, mellor posicionado e con menos presión ca semana pasada, o que posibilitou un xogo máis fluído e con máis calidade que o encontro contra o Grixoa. Hoxe, en fronte, un Pino mediocre, sen ideas e sen organización, pero increiblemente invicto en catorce xornadas de liga.

Os nosos saíron a dominar, tendo o balón, pero non gozando de ocasións. O Sigu era superior, ata que, rondando o minuto 25, chegaba o gol do Pino, logo dun bo control do xogador referencia dos locais que lle deixaba a un compañeiro a pelota no frontal da área que, cun golpeo por riba de Diego, poñía o primeiro. De aquí ó remate da primeira metade, pouco. O ritmo de xogo do SFC foi a menos, aínda que puido empatar cun disparo de León ó traveseiro despois dunha gran parada do porteiro local.

A volta do intermedio o Sigu volveu xogar. As ocasións comezaban a chegar con máis frecuencia e hoxe as oportunidades non pasaban por Toni, senón que a maioría por Óscar que non andivo entonado. Aínda así, foi el quen poñía o empate despois de canear a varios rivais e pegarlle case dende fóra da área. A ledicia durounos pouco porque, na xogada seguinte, prudúcese un saque de esquina favorable ós locais, que aproveitaron para adiantarse de novo. Despois deste gol O Pino meteuse nunha guerra co árbitro que rematou con dous xogadores e o adestrador expulsados. Cada vez máis chegadas dos nosos ata que, na recta final do encontro, Toni non perdoaba diante do gardaredes rival e empataba de novo o encontro. Nos últimos minutos, o partido quentouse e producironse varias entradas fortes, a destaca unha, sobre Óscar, que foi sancionada cun escaso cartón amarelo. Ó remate do encontro: un punto, que era o mínimo que podía sacar o Sigu despois dun gran esforzo.
-Valoracións:
Diego-Pouco traballo, pero ben solucionado. Quizáis no primeiro gol estaba un pouco adiantado.
Victor e Mejuto-Os dous laterais ben en defensa, pero con contadas subidas pola banda.
A. Raña e Fran-Moi concentrados os irmáns Raña e sen contemplacións á hora de sacar a pelota dende atrás. En xeral, a defensa non cometeu erros como os da semana pasada.
Jose Ángel-Entrou en xogo máis que contra o Grixoa. Foi o primeiro home na organización do equipo en ataque.
Paderne-Hoxe titular e aínda que pouco balón moveu, ofreceuse.
Óscar-Máis individualista do habitual. Non estivo tan fino no regate coma sempre, pero non se rendiu.
Munitis-Xogou un partido máis que respetable. Levou gran parte do ataque do Sigu na primeira metade.
León-O mellor no ataque. Encarou, sempre que puido, e as cousas sainronlle.
Toni-Curioso, o día que non goza de tantas oportunidades, marca. Reencontrouse co tan ansiado gol xa que dende a terceira xornada, contra o Cogalrodeiro, non marcaba o nove do SFC.
--------------------------------------------
Samuel e Marcos Vigo-Ambos saíron para intentar o empate, pero non tiveron ocasións.
Iván-Foi o que menos minutos tivo e un pase del supuxo o segundo gol do Sigu.



viernes, 5 de diciembre de 2008

Comunicado SFC-EDXO

Chegou o correo do Colectivo esloveno(colectivoesloveno@hotmail.com) un comunicado procedente do SFC e das Escolas Deportivas Xuventude de Oroso, pedindo que se publicara. O comunicado é o seguinte:
COMUNICADO

SIGÜEIRO F.C. - E.D. XUVENTUDE OROSO


Despois dos comentarios e opinións que se publicaron no “BLOG DO COLECTIVO ESLOVENO”, ambas directivas acordan enviar un comunicado conxunto e manifestan o seguinte:


1. Agradecemos os autores de dito blog a labor que están facendo, xa que sabemos de antemán que o obxectivo do blog é apoiar o Sigüeiro F.C. fomentando a paixón polo fútbol no ámbito deportivo.

2. Ambas directivas non están de acordo en que se fagan comentarios onde se menosprece, falte o respecto ou incluso se insulte, a persoas, directivas ou entidades deportivas. De todos xeitos non nos facemos responsables, de que alguén siga na liña do que se viña dando, o cal non leva mais que a confusión e a facer dano.

3. Polo tanto pedimos dende aquí, a xente que ama o fútbol en Sigüeiro, que se limite a opinar, comentar ou debater sobre os temas que teñan que ver co deporte, axudando a crear afición, que é o que realmente nos importa a todos/as.

4. Queremos tamén informar, aos que participades neste blog, que as relacións entre as directivas e xogadores, Sigüeiro–Xuventude, son moi boas. Temos acordos conxuntos para traballar polo deporte en Sigüeiro, compartimos instalacións, material e temos colaboración entre adestradores.

5. Estas directivas teñen claro que o fin para o que se creou a Escola é unicamente para que todos os nenos da zoa poidan xogar e formarse aquí. Nunca houbo intención de facer rivalidades ou querer desbancar a ninguén, se non todo o contrario, apoiar e axudar ó Sigüeiro para que estea onde merece estar. Co apoio de todos/as o conseguiremos.

Sen mais, unha gran aperta e desexámosvos un Feliz Nadal a todos/as...


Sigüeiro a 4 de decembro de 2008


Asinado:
Directivas, Sigüeiro F.C. // E.D. Xuventude Oroso

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Ti opinas:

Que cambios notas no SFC dende que non está Ibán no banco?


Dende hai catro xornadas Ibán xa non está a dirixir ó Sigu. Nestos catro partidos o SFC conseguiu os mesmos puntos co resto da tempada e ademáis, o equipo parece xogar mellor. Por que?


Deixa a túa opinión, pinchando en comentarios, escribindo o que pensas e poñendo un "Nick" en "Nombre URL".

domingo, 30 de noviembre de 2008

SIGÜEIRO 3 - GRIXOA 4

Un bo SFC na segunda metade non logra arranxar a pésima primeira

A mala fortuna e os fallos puntuais, impediron que hoxe o Sigu puntuase. Catro goles na primeira parte deixaron sentenciado o partido dende o principio. O Sigu intentouno na segunda, pero era misión imposible.

Saía hoxe o Sigüeiro con intención de puntuar, pero todas as ilusións se viron frustradas ó estar enfronte un "arrollador" Grixoa. O Grixoa non contou con moitas ocasións, pero as que tivo non as desaproveitou.

A intención de Marcial era conter o marcador e cando o Sigu recibiu o primeiro gol non foi quen de sobrepoñerse. Este primeiro tanto visitante, veu dun erro de entendemento da nosa defensa á hora de sacar o balón dende a porta. Pouco despois o Grixoa incrementaba a súa vantaxe cun gol, nun máis que dudoso fóra de xogo do atacante rival. O terceiro, chega case de inmediato. Prodúcese unha falta no pico da área de Diego, o lanzamento, tras un rebote, acaba no fondo da portería. Un Sigu xa máis que roto non sabía o que facer no campo, e logo dunha desafortunada xogada defensiva dos nosos chega o cuarto do Grixoa. Co 4-0, era por Óscar por quen pasaba o pouco périgo do SFC; e foi nunha moi boa xogada súa, arrancando dende o centro do campo, quen poñía o primeiro do Sigu no marcador antes do descanso.

Na segunda parte, o Sigu saíu sen nada que perder e as cousas empezaron a coller traza. León recortaba distancias no inicio, o que creaba esperanzas ós poucos siareiros que acudiron hoxe ó Lino Balado, a pesar da visita do líder. Chegaron entón os mellores momentos do Sigu, pero non tivo fortuna á hora de pegar a porta. Xa nos últimos minutos do encontro, Samuel, debutante como local, rencontrábase co gol e maquillaba o resultado. Maquillaba, si, porque segundos despois do saque de centro o colexiado pitaba o final.

En resumo, o Sigu fixo unha máis que mala primeira parte, sen quitar méritos ó Grixoa, e cando quixo espertar era demasiado tarde. O SFC é o equipo que máis goles conseguiu marcarlle ó Grixoa, que continúa invicto logo de 13 xornadas.

-Valoracións:

Diego-Recibiu catro goles, pero sen culpa.

Mejuto-Precipitado.

Víctor-Descentrado.

Juan-Sobrio, case todo o partido.

Xabi-Peor do habitual.

A. Raña-Ben en xeral.

J. Ángel-Sen balón.

Óscar-Grande na primeira parte, non tanto na segunda.

Munitis-Activo

León-Intermitente

Toni-Guerreiro

---------------------------------------------------------------------------

Fran-Útil.

Marcos Vigo-Sen aparicións.

Samuel-Listo; unha ocasión, un gol.

miércoles, 26 de noviembre de 2008

Ti opinas:


Debería Marcial cambiar o sistema táctico para xogar contra o Grixoa?


Ante a visita do líder o domingo ó Lino Balado, o adestrador do Sigu, debería trocar a táctica e xogar dunha forma máis defensiva?

Deixa a túa opinión, pinchando en comentarios, escribindo o que pensas e poñendo un "Nick" en "Nombre URL".

La Voz de Galicia


"La Voz" xuzgou ó árbitro do domingo


O árbitro do Sp. Estrada-SFC, foi noticia onte, martes, no periódico máis vendido en Galicia. Se queres ver a noticia pincha no seguinte enlace:


domingo, 23 de noviembre de 2008

SP. ESTRADA 0 - SIGÜEIRO 1

"Sr. árbitro, volva vostede mañán"
-
O partido comezou cunha hora de retraso porque o sr.colexiado chegou ó campo en codicións que lle impedían realizar a súa labor. A pesar disto, o SFC, cun gol de Óscar, logrou tres puntos de ouro na carreira pola permanecia.
-
Non foi o mellor partido do Sigüeiro. O xogo non recordou o do domingo pasado ante o Laro pero, por segunda semana consecutiva, volvéronse a conseguir os tres puntos.

O partido poñíase costa arriba cando, no primeiro cuarto de hora, era senalado un penalti en contra do Sigu, logo de que Álex, titular hoxe, cometérao nun man a man cun atacante rival; o noso gardameta afirmou que non fora penalti, pero o colexiado así o entendeu. Álex logrou parar o lanzamento e polo tanto seguir ca porta do SFC a cero. Na primeira parte, as ideas do Sigu en ataque non cuaxaron. Os poucos lanzamentos non collían portería ou eran de escaso perigo e pola contra, o Sp. Estrada si dispuxo de ocasións, a destacar unha, no último minuto, antes do intervalo. Se os locais lograran adiantarse o partido sería totalmente distinto.

Na segunda parte, o Sigüeiro saiu con máis "garra" e as cousas empezaron a coller forma. No minuto 75, aproximadamente, Óscar elabora unha boa xogada que remata cun golpeo e o balón acaba no fondo das mallas estradenses, despois dun erro do gardameta do Sporting. De aquí ó final o Sigu conformouse coa ventaxa mínima e replegouse atrás para conseguir a victoria a segunda da tempada.

O caso do árbitro resulta inexplicable. Ó inicio do partido houbo de retrasarse, cáseque unha hora, en tanto non chegaba outro árbitro dende Tordoia. Algún afeccionados recordaban, mentras facían tempo, un caso similar acontecido na liga bielorrusa, fai uns meses, no partido,Vitebsk-Naftan.

A victoria de hoxe fai subir a moral dos nosos xogadores que o domingo que ven, no Lino Balado, xogarán contra o líder, o Grixoa, que por primeira vez na tempada, non logrou a victoria (empate fronte O Pino).

Dende o Colectivo esloveno pedimos disculpas por non poder ofrecer ningunha imaxe do encontro.
Fonte: allea ó CE92.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Ti opinas:

Debería seguir Marcial a dirixir o equipo, ou buscar outro adestrador? quen?

Que Marcial dirixira o equipo parecía unha opción temporal, pero logo do bo partido contra o Laro, debería continuar? Deixa a túa opinión: escribe o teu comentario e selecciona o teu nick, pinchando en "Nombre URL".

lunes, 17 de noviembre de 2008

SIGÜEIRO FC EN CANAL +

Maldini felicitou ó Sigu

Julio Maldonado, "Maldini", felicitou ó Sigüeiro pola súa victoria deste domingo contra o Laro. Maldini, que presenta o programa referencia de fútbol na televisión, dou a noraboa ó noso equipo despois de que lle chegara un e-mail, procedente do Colectivo esloveno.

O programa, é Fiebre Maldini, que se emite en Canal +, os luns, a partir das 20.00 horas da tarde.

domingo, 16 de noviembre de 2008

SIGÜEIRO 2- LARO 1


203 días despois...

Dende o 27 de abril, último partido da tempada 2007/2008, Luaña-SFC, ou o que é o mesmo 203 días, que o Sigüeiro non lograba gañar en partido oficial. Esta tarde o Sigu, rachou con esta maldición e conseguiu a tan ansiada primeira victoria da tempada.

O Laro, non viña ca etiqueta de ser un equipo fácil, o estar colocado no séptimo lugar e firmar unha actuación máis ca respetable contra o lider, pero o SFC relizou un gran partido, o mellor visto esta tempada no Lino Balado. Un partido que por momentos soupo dominar, pero tamén soupo "ser dominado", unha das asignaturas pendentes este ano. Cando dominaba o Sigu, a pelota, rodaba polo cespede artificial e cando era o Laro quen quería ter o balón, esta, voaba sen control.

A primeira parte, foi dos nosos. Ó cuarto de hora de partido, o Sigu xa podia ter marcado, pero foi Óscar, aredor do minuto 25 quen poñía o primeiro no marcador, despois de regatear a un defensor rival e bater o porteiro do Laro, Berto. Logo do gol, o SFC puido incrementar a renda, pero faltou sorte na definición. Nos últimos minutos, antes do intermedio, o Laro atacou e dou algún susto os siareiros locais.

Á volta do descanso, a cousa cambiou. O Sigu xa non tiña moita presencia arriba, pero controlaba ben os ataques do equipo visitante. Neste segundo tempo brillou moito máis o mediocampo, que pese a que non lograron trenzar moitas xogadas, traballaron arreo na contención e mantendo á raia ao Laro. A iso dos quince minutos deste segundo tempo, unha falta á prol do Sigu é botada por Jose Ángel, que logra colala pola dereita da barreira cun disparo moi frouxo que acaba en gol, ante á leve estirada do gardaredes do Laro. Pouco tempo lle durou a ventaxa de dous goles ó SFC, porque minutos despois, dun lanzamento dende a banda esquerda que bate no longueiro, o rexeite é aprobitado por un xogador do Laro para empurrar a pelota ó fondo da portería de Diego. O gol, foi moi protestado polos nosos, por entender que o rematedor axudarase da man. De aqui ó final, Parecía que o Laro íase arriba, pero nada máis lonxe da realidade. O Sigu seguía controlando o partido, levándoo a terra de ninguén, aínda que con certo medo no corpo ante o temor de que se escapase a primeira victoria da tempada. Un par de ocasións máis antes do final, pero nada destacable e finalmente a merecida victoria chegou.

-Valoracións:

Diego- Resarciuse dos seis goles que encaixou en Silleda facendo unha boa actuación: o pouco traballo que tivo soubo solventalo sen maiores sobresaltos.

Mejuto- Ben, foi titular e non o desaproveitou.

Xabi e Juan- Especialmente ben os dous centrais. Contundentes e sacando o balón sen rodeos.

A.Raña- Cumplidor, xa non está tan presente coma antes no ataque, pero sigue sendo un piar do equipo.

Javi González- Espléndido partido do mediocentro. Destacou máis na contención que na creación.

Jose Ángel- Brillante todo o encontro. Traballou atrás pero tamén lle deu tempo a dar bos balóns aos de diante.

Munitis e León- Ambolos dous un tanto desaparecidos, xa que o peso ofensivo levárono sobre todo Toni e Óscar.

Óscar- Parece que se leva mellor ca dianteira que ca banda. Nesta posición conseguíu ser máis incisivo na defensa rival e abriu hocos para Toni.

Toni- Aínda que segue sen marcar, está moi activo, tira dos defensas para as bandas e crea ocasións. Hai que valorar o seu traballo. Parece que con Óscar por detrás del píntase máis cómodo e sen tanta resposabilidade.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Paderne- Tivo máis peso do habitual, ata se atreveu a lanzar unha falta.

Víctor-Pouco tempo, pero perfecto en todas as súas actuacións.

Iván-Sen tempo para facer nada.

Marcial plantexou un encontro atrevido, intentando dominar e marcar o tempo do partido. Esta vez, Óscar xogou máis arriba, facendo case de segundo punta por detrás de Toni; abriu máis hocos na defensa rival, que o Sigu aproveitou a medias.

-A arbitraxe:

Quizais permisiva, puido sacar algún cartón amarelo máis, inclusive un posible cartón vermello tras unha entrada a Óscar na segunda metade. Houbo gol polémico, con posible man do dianteiro rival. Reseñar unha anécdota: cando Toni ía ser substituído e xa camiñaba cara aos vestuarios, deixou que o Laro xogase o balón, sendo así ovacionado Toni por dúas veces.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Ti opinas:


Cal é a solución do problema do SFC esta tempada?


Despois dun tercio da tempada, o Sigu só conseguiu seis puntos de trinta posibles, claro síntoma de que non está a pasar por unha situación fácil. Cal é o problema? e a solución?


Deixa a túa opinión, escribe o teu comentario e pon un "Nick", pinchando en "Nombre URL".

lunes, 10 de noviembre de 2008

SILLEDA B 6-SIGÜEIRO 3



Silleda B; xogo, set e partido



Comenzaba a nova época de Marcial nos bancos, os siareiros esperaban conseguir onte a primeira victoria da tempada, pero un gol madrugador dos de Silleda, fixo agardar o peor para o Sigu. Sen dúbida, o peor partido dos nosos en toda tempada.

Marcial plantexou un equipo atrevido, con José Angel en tareas de creación, Xabi e Javi González en contención, a defensa habitual con un Juan tremendamente desconcentrado, un Víctor descoordinado e uns irmáns Raña que sós non eran capaces de poñer orde. Polas bandas Óscar e León, o primeiro intermitente e o segundo desaparecido, en punta un Toni ó que parece que cada vez lle costa máis facer un gol, na portería estivo Diego e aínda que non foi o responsable parece que puido facer algo máis nun dos goles. O Sigüeiro confirmou os malos síntomas dos partidos anteriores, as dúas últimas derrotas abren interrogantes sobre a dependencia do acerto do dianteiro referencia, Toni. Onte os homes de diante non andiveron "finos", proba disto é que os nosos goles foron de dous defensas, Víctor e Juan.

Esta crónica é difícil de escribir debido á situación grave pola que estamos a pasar, parece que vai vir un novo entrenador, e aínda que non precisamos grandes ideas, o que si que necesitamos é alguén que ilusione a este grupo tremendamente desmotivado. YES, WE CAN!

-O movemento do marcador:
1-0, 1-1, 2-1/3-1, 3-2, 4-2, 5-2, 6-2, 6-3.

-Determinante:
O campo de O Outeiriño, é o lugar onde o Silleda xoga os seus partidos como local. A pesar de ser de herba artificial como o noso, é moi distinto, xa que o balón bota moito e as dimensións son mínimas. Este factor é aproveitado por todas as categorías do Silleda, dende os máis pequenos ata os modestos. Por isto non é de estrañar un gran número de goles neste campo.

-Posición:
Despois de ir xa disputada un tercio da competición, o SFC segue sen conseguir a primeira victoria. Está situado décimo sexto, só por diante de Sp. Estrada e Tordoia, pola parte alta da clasificación, o Grixoa con trinta puntos(dez partidos, dez victorias), xa aventaxa ó Cacheiras, segundo, en nove puntos. O domingo, o Laro, septimo, será quen visite o Lino Balado.

jueves, 6 de noviembre de 2008

Nota de despedida


Ibán, enviounos un e-mail(colectivoesloveno@hotmail.com), pedindonos que lle publicaramos unha nota de despedida, loxicamente non puidemos decir que non:


“Después de despedirme ayer de la plantilla, me gustaría hacerlo de todo el club en general, y quizás el medio más de “moda” es este blog. Lo primero decir que hablo en primera persona pero, mis palabras salen de mi boca, de la de Alberto Mariano y de la de Pablo Cabanelas, porque aunque mucha gente piense lo contrario, aquí somos tres los que trabajamos y, sin ellos nada hubiera sido posible.
Lo primero de todo agradecer a toda la plantilla la predisposición y el trabajo realizado, cada uno de ellos fue importante y seguirán siéndolo para este equipo, el merito de lo bueno es todo gracias a su trabajo, de eso no tengo ninguna duda. Sé que nuestra forma de trabajar, no es la normal en estas categorías pero, desde el primer día dejé claro cual iba a ser el estilo de trabajo, que era lo que se iba a valorar y que era lo que se iba a castigar y, esta plantilla no sólo lo aceptó sino que lo hizo parte intrínseca del trabajo diario, ese es el gran merito de este equipo. En año y medio de trabajo creo que, no hemos engañado a nadie, trabajamos desde el primer día hasta el último y sin dejarnos influir por nadie, sólo en el trabajo de cada jugador y en sus cualidades para el futbol, creo que hemos sido todo lo justos que debíamos con cada uno de ellos y, al que no lo sienta así, pedirle disculpas pero nuestra intención nunca fue ser injustos, ni maltratar futbolísticamente a nadie. Y el agradecimiento es para todos, sin excepción, todo aquel que formó parte de esta plantilla, tanto con ficha como sin ella, incluso para aquellos que no tuvieron el valor suficiente como para pelear por un puesto y, simplemente decidieron esperar a que llegara otro entrenador que, los pusiera a jugar por su nombre o por lo agradable que es yendo de copas (a lo mejor tienen ahora su oportunidad)
También me gustaría agradecerle al presidente, Marcial, que nos dejó trabajar y nunca se metió en ninguna decisión que yo tomara, fue sincero desde el primer día o por lo menos hasta lo que yo puedo saber y, para los que sea importante, no me debe nada, me ha pagado religiosamente desde el primer día, y lo digo no por que sea importante para ninguno de los dos, creo, pero, tal como se critica cuando un club no paga a sus jugadores (mirar como este el Ciudad) también creo que es de justicia reconocer, los esfuerzos que ha hecho esta directiva ( para mi la directiva es Marcial y , si queréis añadir a alguien añadir a Vituco y a Pepón) en este aspecto.
El agradecimiento a Vituco, a Pepón y a Adrián es un poco especial, creo simplemente que merecen un busto a la entrada del campo, deberían de formar parte del escudo del club, algún día tendrán una foto suya dibujada en la grada. Hubo mucha gente que nos ayudó desinteresadamente, y, sería injusto que me olvidara de alguno pero entre otros, me gustaría nombrar a dos a Rodrigo que, nos hizo la vida un poquillo más fácil y a Lamas que, tanta caña le metió a nuestros porteros y que, tan bien nos vino, a los dos simplemente, gracias.
A la gente que trabaja con el Xuventude de Oroso, con los que he coincidido más ha sido con Luis, Pancho, Eduardo (que no está) y con Tony a ellos y algunos otros de los cuales no me acuerdo de los nombres, simplemente decirles que me han hecho más fáciles las cosas y, en este apartado me gustaría dejar bien claro que, no entiendo que no haya filialidad entre clubes, no entiendo que dos equipos con los mismos intereses y totalmente complementarios no se quieran unir, no entiendo que no compartan material (en época de crisis es una buena forma de ahorrar dinero) y lo que menos entiendo es que, un chaval formado en el Xuventude acabe jugando en la Sionlla, alguien se está equivocando, y aunque el socio 71 rompa su carnet creo que los beneficios de la filialidad serían importantísimos y serían un paso enorme para consolidar una buena estructura de equipo.
Y por último a la afición, pero no a la que fue el último partido a Luaña, la que nos sufrió en todos nuestros partidos, a los padres y madres de los jugadores, a las novias, a los amig@s y en general a todos aquellos que aguantaron tanto este ultimo año y medio. A los que nos criticaron y aun lo siguen haciendo a día de hoy, solo decirles una cosa, gracias, nos hacéis ser un poquito mejores día a día y recomendarles que, ahora que ya habéis matado a los demonios, no matéis a los Ángeles también, dejar en paz a los jugadores que es el único activo con el que cuenta el club, que, la historia no vale ni en el Real Madrid. Por cierto, sigo apostando porque esta plantilla queda entre el 8 y el 10 y hace semifinales de copa.
Gracias a todos y muchas gracias a “Colectivo esloveno” por dejarnos utilizarlos, que no os engañen, es positivo para el club lo que hacéis, el que no sepa aceptar las criticas que se venga a jugar a balonmano que allí con un poco de suerte van 3 personas a verlo.”

Un abrazo y atè a victoria sempre.

Ibán López (F&H)

lunes, 3 de noviembre de 2008

Ti opinas:


Cres que ca marcha de Ibán, o Sigüeiro, mellorará os seus resultados?


Deixa a túa opinión, só tes que ir a "Comentarios", escribir a túa opinión e poñer un nick en "Nombre URL".

Troco no banco




Ibán está fóra

O home que levou o ano pasado o Sigüeiro a conseguir o ascenso, non o seguirá a dirixir. Que en nove xornadas transcurridas de liga, e que o SFC non conseguira nin unha soa victoria, parece ser a principal causa do cambio de adestrador. Todo apunta a que Marcial, será, quen dirixa ó noso equipo.

domingo, 2 de noviembre de 2008

SIGÜEIRO 0-RECESENDE 1


Incapaces de gañar


Un Sigüeiro impotente de cara ó gol, perde despois de recibir un tanto en claro fóra de xogo, contra o equipo que ata hoxe, era penúltimo. Tratábase dun encontro asequible, según o 60% dos votantes deste blog.


O SFC mereceu máis cunha derrota, pola mínima, nun Lino Balado, case baleiro, a pesar de ser un partido, dos que ó final da liga decidirán os últimos postos.


O Sigu, chegaba con baixas importantes: Jose Ángel, Óscar, Manu Regueiro e M.Juncal(que estará un mes, aproximadamente, sen xogar). Estas baixas, fixeron plantexar a Ibán, un partido, con xogadores non habituais, no once inicial.


Non será un partido recordado pola súa beleza, nin por ter numerosas ocasións. Por parte do Sigu, pouco a destacar, só as múltiples "guerras individuais", libradas por Marcos Vigo e Toni.


Na primeira metade, non se viu fútbol, o SFC, intentaba, en ocasións, xerar un xogo de toque(sobre todo, por parte de Xabi), pero non daba construído, a partir do medio do campo. Pola contra, o Recesende, nunca quixo mover a pelota, senón que chegou a nosa vila, coa clara idea de practicar un xogo primitivo, dende o inicio do partido. Sen dúbida algunha, os rivais do Sigu, firmarían un empate ó principio do encontro.


Na segunda parte, houbo máis ocasións, que na primeira. O Recesende puido adiantarse no marcador, despois dun erro da defensa do Sigüeiro, que correxíu Diego cunha espectacular parada, a lanzamento dun xogador atacante. Dun córner favorable o SFC, nace un despexe da zaga rival, que vai rematar nas botas dun dianteiro do Recesende, claramente en fóra de xogo. Diego "queda vendido", ante dous xogadores visitantes, que con relativa facilidade, poñían o 0-1. Debido a situación incorrecta dos dous artífices do gol, Paderne, diríxese ó árbitro, quen non dubida en amosarlle o cartón vermello, e deixa o Sigu con dez.


Despois do gol, o Recesende, esperou o SFC, no seu campo, quen non foi capaz de xerar perigo. Cabe destacar, que dous xogadores: Fran e Mejuto, estiveron practicando exercicios de quecemento, durante case toda a segunda metade, e non disfrutaron dun só minuto.


-Valoración dos xogadores:


Diego-Seguro

Victor-Precipitado

Juan-Contundente

A. Raña-Impecable

Fuentes-Brillante

Xabi-Incansable

León-Dubidoso

Iván-Activo

Munitis- De + a -

Marcos Vigo-Traballador

Toni-IntentounoNegrita

-----------------------------

Paderne-Hiperactivo

Javi González-Sen tempo


O DATO:

Con este, xa son 5 partidos, nesta tempada, que o SFC, remata sen marcar un só gol.

sábado, 1 de noviembre de 2008

Galería de fotos



Colectivo esloveno, recopila fotos da historia do Sigüeiro. Se tes algunha, podes compartila con nós enviandonola a: colectivoesloveno@hotmail.com. Para ver a nosa recopilación pincha no seguinte enlace:
http://cid-7c7c0cbad2d2e7ae.spaces.live.com/?lc=3082

lunes, 27 de octubre de 2008

Ti opinas:


Cal está a ser o problema do SFC, no inicio da tempada?

A partir desta semana, os siareiros do SFC, poderedes opinar sobre un tema do noso clube. Só tedes que ir a "Comentarios", escribir a túa opinión e poñer un nick en "Nombre URL".

A BAÑA 1-SIGÜEIRO 0

Segunda derrota da tempada, nun partido no que o SFC, perdeuse entre as protestas ó árbitro, proba disto é a expulsión de Jose Ángel, que deixou ó Sigu con dez. O Sigüeiro non foi mellor que A Baña, e practicamente non gozou de ocasións.

Despois desta derrota, pola mínima, o Sigüeiro baixa un posto na clasificación da Segunda Autonómica grupo 5, e colócase décimo cuarto, con seis puntos. O domingo, o SFC recibirá ó Recesende, penúltimo clasificado.

-Resultados:

Cogalrodeiro-Tabeirós 3-1
Vea-Tordoia 3-1
Chaián-Sta. Cruz de Montaos 1-1
Portomouro-Cacheiras 1-1
San Mamede-Villestro 0-3
A Baña-Sigüeiro 1-0
Recesende-O Pino 1-4
Silleda B-Grixoa 0-3
Laro-Sp. Estrada 3-2

-Clasificación:

Novamente, goleada do Grixoa, o que o fai seguir no posto máis alto da clasificación(24 puntos, todos os posibles). O tropezo do Cacheiras en Portomouro, colócao a catro puntos do líder. O Recesende, rival do SFC o domingo, é décimo séptimo, con tan só tres puntos, os mesmos que o Tordoia, último clasificado.

-Próxima xornada:

Cogalrodeiro(7)-Vea(12)
Tordoia(18)-Chaián(13)
Sta. Cruz de Montaos(15)-Portomouro(10)
Cacheiras(2)-San Mamede(5)
Villestro(3)-A Baña(8)
Sigüeiro(14)-Recesende(17)
O Pino(4)-Silleda B(11)
Grixoa(1)-Laro(6)
Tabeirós(9)-Sp. Estrada(16)

*Entre paréntese, o lugar na táboa clasificatoria.
NOTA: Laro e Silleda B, cun partido menos.

Dende o Colectivo esloveno, pedimos disculpas, por non poder ofrecer unha crónica do encontro. Intentaremos que isto, non volva a suceder.

jueves, 23 de octubre de 2008

Información semanal (20/10/08-26/10/08)


Co empate do domingo, na casa contra o San Mamede, o Sigüeiro, mantense na clasificación, como décimo terceiro, con seis puntos, os mesmos que empates. Esta semana desprazarase a A Baña, para xogar contra o décimo primeiro clasificado.



-Resultados:

Tordoia-Cogalrodeiro 2-2

Sta. Cruz de Montaos-Vea 2-3

Cacheiras-Chaián 1-0

Villestro-Portomouro 4-0

Sigüeiro-San Mamede 2-2

O Pino-A Baña 1-1

Grixoa-Recesende 4-1

Sp. Estrada-Silleda B 0-0

Tabeirós-Laro 1-1

-Clasificación:

Unha semana máis, o Grixoa está no máis alto da taboa, despois da goleada na casa, contra o Recesende. O grixoa leva conseguidos todos os puntos posibles(21) e só o Cacheiras parece estar a altura(19 puntos). A Baña, rival do SFC o domingo, está decimo primeiro, con 8 puntos(2-2-3). O Tordoia, é o último clasificado, con 3 puntos(0-3-4).

-Próxima xornada:

Cogalrodeiro(8)-Tabeirós(6)

Vea(15)-Tordoia(18)

Chaián(12)-Sta. Cruz de Montaos(16)

Portomouro(9)-Cacheiras(2)

San Mamede(3)-Villestro(4)

A Baña(11)-Sigüeiro(13)

Recesende(17)-O Pino(5)

Silleda B(10)-Grixoa(1)

Laro(7)-Sp. Estrada(14)

*Entre parentese, o lugar na taboa.

NOTA: Laro e Silleda B, cun partido menos.

-Enquisa:

Na votación realizada neste blog, dende o domingo, sal elixido JOSE ÁNGEL, como MVP do partido contra o San Mamede. Todas as xornadas poderase votar, polo xogador máis valioso do encontro do SFC.

miércoles, 22 de octubre de 2008

ColectivoeslovenoTV


Colectivo esloveno, rinde tributo a final do 97

O Colectivo crea, a súa canle de videos do SFC en Youtube, onde poderemos disfrutar de videos do Sigu. O primeiro video que podemos ver, é unha pequena recopilación dos mellores momentos do partido máis importante da historia do Sigüeiro, a final da Copa do Sar de 1997, disputada en Cordeiro, contra o CD Conxo.
Para ver o video, so hai que buscar en Youtube: Sigüeiro FC: "Moito máis ca fútbol".

domingo, 19 de octubre de 2008

SIGÜEIRO 2-SAN MAMEDE 2


Empate, con sabor amargo

Novo empate do SFC, esta vez dunha forma non merecida. Un gran partido do Sigu(quizais o mellor de toda a tempada), só frenado por unha gran efectividade do equipo visitante.

O partido comezou "dormido", non houbo chegadas de ningún dos dous equipos e a pelota parecia ir sen rumbo polo campo. Preto da primeira media hora de xogo, chega o primeiro do San Mamede, despois dun erro do noso gardameta, Diego. Despois do gol, a pelota foi do Sigüeiro, e antes do descanso tivo boas ocasións, nas botas de M.Juncal, para poñer o empate no marcador, pero nunhas o porteiro, e noutras a mala fortuna, evitou o tanto local.

A volta do descanso, foron os mellores minutos do San Mamede, pero a falta de forma física do equipo visitante, foi "dándolle" a posesión ó SFC.

Na recta final do encontro, chegaba o gol do empate, firmabao Jose Ángel, tras un bo centro dende a banda. Xa co tempo cumprido, Óscar vaise cara o centro, e dende o borde da área golpea a onde o porteiro non pode chegar. Pero a alegría durounos pouco, porque un minuto despois, prodúcese unha falta no centro do campo, o porteiro sube para lanzala, a pelota queda no frontal da área, a defensa non atina a despexar e a pelota remata no fondo da portería, despois do golpeo dun atacante rival.
Logo da boa actuación dos nosos, o SFC consigue o sexto empate, en sete partidos. A vindeira xornada o Sigu visitará A Baña, coa intención de conseguir a primeira victoria en liga.
-Valoración dos xogadores:
Diego-Desafortunado
Manu-Motivado
Juan-Impecable
Xabi-Sólido
Víctor-Centrado
Jose Ángel-Destacable
León-Servicial
M.Juncal-Grande
Óscar-Perigoso
Munitis-Aillado
Toni-Inofensivo
--------------------------
Paderne-SD
Iván-SD
Marcos Vigo-Peleón
Fran-Firme
*SD(sen nada a destacar, por estar pouco tempo no campo).

SIGÜEIRO vs. SAN MAMEDE, 16.30, Lino Balado

O equipo inicial do SFC será: DIEGO, VÍCTOR, MANU, XABI, JUAN, JOSE ÁNGEL, LEÓN, ÓSCAR, MUNITIS, MARCOS JUNCAL e TONI. No banco de suplentes estarán: FRAN, DAVID MEJUTO, PADERNE, IVÁN e MARCOS VIGO.

martes, 14 de octubre de 2008

PORTOMOURO 1- SIGÜEIRO 1

Un bo Sigüeiro, na segunda parte, non logra gañar en Portomouro.

A primeira parte do Sigu foi mala, pouco a descatar, só algunhas internadas por banda e algún pase en profudidade de Jose Ángel. Aorredor da primeira media hora de encontro, chega o gol do Portomouro, nun saque de esquina no que un home libre de marca remata a pracer. Na segunda parte foi o SFC o que dominou o xogo. Toni puido empatar ao Sigu en varias ocasións, pero foi Jose Ángel quen aproveitou o rexeite dun lanzamento de Óscar, despois dun saque en curto, nun saque de esquina.
Ao final, empate a un gol, o que fai o SFC manterse na décimo terceiro lugar, con cinco empates, en seis xornadas. O domingo recibirá na casa ao San Mamede, terceiro clasificado, coa intención de darlle aos seus siareiros a primeira victoria da tempada.

Segunda Autonómica grupo 5

Resultados:
Tordoia-Tabeirós 0-2
Cogalrodeiro-Sta. Cruz de Montaos 2-1
Vea-Cacheiras 2-2
Chaián-Villestro 0-4
Portomouro-Sigüeiro 1-1
San Mamede-O Pino 3-3
A Baña-Grixoa 0-5
Recesende-Sp. Estrada 3-0
Silleda B-Laro (Suspendido)

Clasificación:
O Grixoa segue primeiro, xa que gañou todos os encontros, ata o momento(18 puntos). O Cacheiras deixa de ser colíder, débido ao tropezo en Pontevea (2-2). O San Mamede, que se enfrentará o SFC esta semana, está situado terceiro con 13 puntos(4-1-1). O Tordoia(2 puntos) é o novo colista, despois de caer na casa contra o Tabeirós.

Proxima xornada:
Tordoia(18)-Cogalrodeiro(9)
Sta. Cruz de Montaos(14)-Vea(17)
Cacheiras(2)-Chaián(12)
Villestro(4)-Portomouro(7)
Sigüeiro(13)-San Mamede(3)
O Pino(5)-A Baña(11)
Grixoa(1)-Recesende(16)
Sp. Estrada(15)-Silleda B(10)
Tabeirós(6)-Laro(8)

* Entre parentese o lugar na taboa clasificatoria.
Nota: Silleda B e Laro, cun partido menos.

sábado, 11 de octubre de 2008

Altas no clube.

O SFC dou de alta esta semana a tres xogadores, que xa poderán xogar en Portomouro: Manu Regueiro, Fuentes e David Mejuto, polo contrario serán baixas: Alex, Marcos Vigo, e Javi González é son dúbida Óscar, Fran e Juan. A convocatoria será as 15.15 do domingo, xa no campo do Portomouro. Iban López tamén nos fixo saber, que o máis probable sexa que o Sigüeiro xogue con dous puntas.

Ti tamén podes colaborar co noso blog, envianos calquera cousa que teña relación co Sigu ó: colectivoesloveno@hotmail.com.

miércoles, 8 de octubre de 2008

Información semanal.(05/10/08-12/10/08)


Despois de caer pola mínima contra o Chaián, o Sigüeiro visita Portomouro. Debido a derrota do domingo pasado, o SFC baixa un posto na taboa clasificatoria e colocase decimo terceiro.

Resultados:
Stra. Cruz Montaos - Tordoia 1 - 1
Cacheiras - Cogalrodeiro 2 - 0
Villestro - Vea 5 - 2
Sigüeiro - Chaián 0 - 1
O Pino - Portomouro 1 - 1
Grixoa - San Mamed 5 - 1
Sp. Estrada - A Baña 1 - 2
Laro - Recesende 2 - 1
Tabeirós - Silleda B 2 - 2

Clasificación:
O Grixoa é o lider con 15 puntos(de 15 posibles), seguido do Chacheiras que tamén conseguiu o pleno. O rival do SFC, o Portomouro, está situado sexto con 8 puntos(dúas victorias e dous empates). O pechacancelas da segunda autonómica grupo 5, é o Recesende, que ainda non sabe o que é puntuar.

Próxima Xornada:
Tordoia(16)-Tabeirós(11)
Cogalrodeiro(12)-Str. Cruz Montaos(15)
Vea(17)-Cacheiras(2)
Chaián(10)-Villestro(7)
Portomouro(6)-Sigüeiro(13)
San Mamed(3)-O Pino(4)
A Baña(8)-Grixoa(1)
Recesende(18)-Sp. Estrada(14)
Silleda B(9)-Laro(5)

* Entre parentese o lugar na taboa.

domingo, 5 de octubre de 2008

SIGÜEIRO 0 - CHAIÁN 1


O Sigüeiro perde pola mínima e pedindo a hora...


Teremos que agardar a vindeira semana, se queremos ver a primeira victoria da tempada, do noso equipo, porque o Sigüeiro FC, caeu derrotado nun partido no que foi moi inferior o seu rival de principio a fin. As xornadas anteriores, consolabanos saber, que o noso equipo intentaba xogar o fútbol o principio dos encontros, ainda que os resultados non chegasen, pero hoxe o SFC, estuvo mal "plantado" no campo e ainda máis doloroso é que chegou a primeira derrota da tempada.

O Chaián, quixo ser quen tivera a pelota, e conseguiuno, non por méritos propios, senón pola pouca presión exercida polos homes de Ibán.

O SFC defendiase como podía, ante as numerosas ocasións rivais. O pouco perigo do Sigu, pasou sempre polas botas de Óscar e as súas internadas pola banda. No ecuador da primeira parte chegaba o gol, un gol, que non so poñía o SFC por detrás no marcador, ademáis acababa cas esperanzas dos siareiros, que vían como o seu equipo estaba sendo atropelado.

Despois do tanto visitante, pouco a destacar, o Chaián seguía tendo a posesión e o SFC non chegaba a portería rival, proba disto é que o primeiro lanzamento entre os tres paos prodúxose no minuto setenta de partido.

E de aqui o final, non houbo unha reacción espectacular do SFC, senón todo o contrario, parecía ser o Chaián quen ia por detrás no marcador e tiveron varias ocasións para aumentar a súa conta.

Despois de cinco partidos, o Sigüeiro FC queda con catro puntos(catro empates) o que o fai ir para as últimas posicións da taboa.


-Valoración dos xogadores do SFC:

Diego-Inseguro
Fran-Precipitado
Xabi-Duro
A.Raña-Superado
Victor-Dormido
Jose Ángel-Desaparecido
Marcos Juncal-Insuficiente
León-Desconcentrado
Óscar-Activo(o único)
Munitis-Inofensivo
Toni-Perdido
---------------------------
Iván-Desapercibido
Marcos-Xogou?

sábado, 4 de octubre de 2008

Información semanal.(28/09/08-05/10/08)


O Sigüeiro non pasa do empate en Pontevea e xa pensa no clásico.

O Sigüeiro conseguiu o pasado domingo, o cuarto punto da tempada, esta vez contra o Vea a domicilio(0-0), como xa pasara en Tordoia o SFC foi moi superior o seu adversario, pero non logrou definir de cara a portería rival.
Como ven sendo habitual esta tempada, o noso equipo empezou facendo un fútbol vistoso e atractivo, pero co paso dos minutos o Sigu foise contaxiando do xogo primitivo dos de Pontevea. Despois deste resultado o SFC, colocase décimo segundo, con catro puntos(catro empates).

SIGÜEIRO vs. CHAIÁN, domingo 5, 16.30h, Lino Balado

O SFC espera conseguir a primeira victoria da tempada en partido oficial, nun dos clásicos do fútbol rexional. Volverá o campo do SFC, Victor, o home que lle dou o Sigu a Copa do Sar de 1997. Tamén voltarán a que foi a súa casa durante varios anos, os irmáns, Tomás e Victor.
O Chaián non pasa polo seu mellor momento, despois de descender o ano pasado, está situado na taboa, décimo cuarto, cos mesmos puntos co SFC(4) (1-1-2).
O último encontro, entre estos dous equipos, disputouse na pretempada do ano pasado, o cal xogouse en Oroso(polas obras do Lino Balado) e rematou en taboas. Se nos remontamos a tempada 2002-2003, encontramos o último enfrontamento oficial, cando ambos equipos estaban en primeira rexional.
Na foto: Victor, na final da Copa do Sar de 1997 (Sigüeiro FC-CD Conxo).

Inicio



Que é o Colectivo Esloveno?

Colectivo Esloveno é un grupo de siareiros, que creou este blog para informar de toda a actualidade do Sigüeiro FC.
No nome do grupo faise referencia a Eslovenia, xa que o símbolo deste país, unha troita, é o mesmo co da vila galega.
Todas as semanas poderemos ler todas as novas do noso equipo favorito.