miércoles, 29 de abril de 2009

Táboa da Copa do Sar

Aquí o cadro da Copa do Sar. Nel podemos observar que se o Sigu vence o domingo ao Montaos, medirase ao vencedor do Brión-A Baña; que tamén se disputaría a partido único no Lino Balado. Nesta edición número corenta e dous do torneo copeiro, participan tan só tres equipos da Preferente Norte (Dubra, Flavia e Calo), e outros tres da Primeira Autonómica (Lamela, Silleda e Bertamiráns); o resto dos participantes repártense entre a Segunda e a Terceira Autonómica.

lunes, 27 de abril de 2009

Segunda volta


O Sigu é o cuarto mellor equipo da segunda volta
-
Era a comezos de ano, cando moi poucos apostaban por este equipo. O Sigüeiro perdía en Santa Cruz de Monataos e estababa colocado décimo cuarto clasificado. Eran momentos malos para o equipo e ademais o xogo de Lelo, non acababa de convecer. Logo da derrota en Montaos, chegou o empate co Tordoia e o Sigu comezaba a "reflotar"; pero sería logo do primeiro de marzo cando o Sigüeiro conseguíu unha boa xeira de resultados. Esta xeira aínda continua, e dos últimos dez partidos, o equipo logrou gañar sete, entre eles xogos importantes contra rivais directos como: Silleda B, Recesende ou Sp. Estrada, entre outros.
-
Nesta segunda volta o Sigu, gañou nove; empatou tres e perdeu catro partidos. Polo que leva conseguidos trinta puntos dos corenta e oito posibles; e convértese deste xeito no cuarto mellor equipo da competición durante a segunda volta. A tan só un punto do terceiro, o Villestro e a dous do segundo, o San Mamede. De gañar fronte ao Cacheiras este vindeiro venres, e se o Villestro non logra gañar e o San Mamede non puntuase; tan só o Grixoa sería mellor conxunto que o noso neste segundo xiro. Este motivo sumado ao aumento de confianza con respecto a Copa, fai que o derradeiro encontro de liga, non careza de interese.
-
Na segunda volta realizada por outros conxuntos, desacar que: o Chaián foi o peor, o O Pino estaría en postos de descenso e o Torodia sería ocatavo.
-
O factor Lelo: aínda que os seus comezos foron cuestinados, demostrou que foi a peza clave, xunto co esforzo do grupo, para salvar o equipo do descenso. Destacar o acerto da directiva á hora de escollelo para estar no banco.
-
- Clasificación só da segunda volta, a falta dunha xornada:
-
1. Grixoa (44)
2. San Mamede (32)
3. Villestro (31)
4. SIGÜEIRO (30)
5. Portomouro (25)
6. Cacheiras (24)
7. Tabeirós (23)
8. Tordoia (21)
9. A Baña (20)
10. Laro (20)
11. Cogalrodeiro (19)
12. Recesende(19)
13. Vea (19)
14. Sta. Cruz de Montaos (16)
15. O Pino (16)
16. Sp. Estrada (16)
17. Silleda B (16)
18. Chaián (12)
-
-Clasificación total, a falta dunha xornada:
-
1. Grixoa (89)
2. Villestro (72)
3. San Mamede (63)
4. Cacheiras (58)
5. Portomouro (49)
6. Cogalrodeiro (48)
7. SIGÜEIRO (46)
8. Laro (43)
9. O Pino (42)
10. A Baña (40)
11. Vea (40)
12. Tabeirós (38)
13. Silleda B (38)
14. Sta. Cruz Montaos (36)
15. Chaián (35)
16. Recesende (31)
17. Tordoia (29)
18. Sp. Estrada (22)

VILLESTRO 0 - SIGÜEIRO 1

O Sigu tomba ao subcampión
-
Na tarde de onte, o Sigüeiro logrou gañar en Villestro. O gol de Óscar na primeira metade dou os tres puntos que son pouco útiles, pero si proporcionan moral de cara ao torneo copeiro, que dará comezo o vindeiro domingo. Antes do partido de Copa do Sar fronte ao Montaos, chegará a cita co derradeiro encontro de liga, no Lino Balado contra o Cacheiras, o venres un; festivo por ser o Día Internacional do Traballador.
-
Sentimos non poder ofrecer unha crónica máis detallada do enconto.

sábado, 25 de abril de 2009

COPA DO SAR

O Montaos é o rival
-
O sorteo da Copa do Sar, na súa edición número corenta e dous, celebrado esta noite; dicidíu que houbese derbi xa na primeira rolda do trofeo.
-
A eliminatoria será a partido único que se disputará o día tres de maio, no Lino Balado.
-
Os derradeiros enfrontamentos entre ambos conxuntos, produxéronse na presente campaña. No primeiro partido de liga vivimos un empate sen goles no Lino Balado e na volta o Montaos foi superior e levouse o encontro por tres goles a un.

domingo, 19 de abril de 2009

SIGÜEIRO 2 - TABEIRÓS 0


Permanencia: misión cumplida
-
Primeiro Samuel, e logo Javi González, marcaron para asegurar a permanencia. Puido ser unha goleada, pero faltou sorte
-
O obxectivo xa estaba case acadado dende fai sete días. A victoria fronte ao O Pino (3-2), deixaba todo de cara ao Sigu, para estar en Segunda o vindeiro ano. Facía falla un punto para que a permanencia fora matemática, e hoxe contra ao Tabeirós, conseguíuse.
-
Partido aburrido en liñas xerais, pero que deixou bos momentos do Sigüeiro, sobre todo na tarefa ofensiva durante a segunda metade. Antes dos dez minutos, chegaría o primeiro susto para os nosos; a pelota bota de forma extraña diante do hoxe titular Biurrun, que ante os problemas tería que enviar o balón a córner. A verdade que nos primeiros minutos o dominio foi do Tabeirós, que se podería adiantar nunha doble ocasión producida por un "balbordo" na área. Aos vinte e cinco minutos o Sigu non perdonaría, despexe de Juan dende o noso campo que vai cara a porta rival, o cancerbeiro erra de forma inconprensible, e Samuel aproveita para anotar o gol tonto da tempada. Non transcurriran nin cinco minutos, cando se produce un saque de curruncho na parte esquerda, o balón cara o segundo pao "tócao" Juan e Javi González remata, poñendo o dous a cero. Dende aquí ata ao fin deste primeiro tempo, viuse moi pouco polo Lino Balado, tan só a destacar o troco de José Angel por Paderne, logo de que este último se mancara.
-
Os inicios do segundo tempo seguiron na mesma liña que rematou a primeira parte, aínda que as ocasións irían aumentando co paso dos minutos. Aos dez, o Tabeirós tivo a oportunidade de cambiar o encontro, cando enviou un balón ao longueiro; esta foi a única oportunidade de perigo dos visitantes ata o final do partido. A partir de aquí, chegaron numerosas ocasións para os nosos; a primeira, para Óscar, que optaba por un man a man, cando tiña a varios compañeiros mellor posicionados. Toni non atinaba a rematar un centro dende a parte dereita, e logo, el mesmo erraba rematando de cabeza. Munitis de cabeza enviaba a pelota ao traveseiro. Xa co tempo cumplido, un moi peleón Toni, non obtivo a recompensa do gol e fallaba diante do gardarredes rival.
-
Despois de conseguir a pemanencia hoxe, o Sigü visitará ao segundo clasificado, o Villestro, sen nada en xogo; e rematará a liga fronte ao Cacheiras dentro de dúas semanas, no Lino Balado. Na ida, o Sigüeiro caeu derrotado con ambos, co primeiro por dous a tres, e co segundo, por tres a cero.
-
-Hoxe no SFC: Biurrun; A Raña, Fran, Xabi e Juan; Javi González, Paderne (m. 33, José Ángel), Marcos Vigo (m.50, Munitis) e Iván (m.57, Toni); Óscar e Samuel (m. 69, Amancio).

domingo, 12 de abril de 2009

SIGÜEIRO 3 - O PINO 2

Virtualmente salvados
-
Victoria importantísima e moi costosa. Os fallos arbitrales favoreceron enormemente ao Sigu. M. Juncal, en dúas ocasións, e Toni marcaron para conseguir os tres puntos
-
Era un partido clave, hoxe pasaba polo Lino Balado o equipo mellor situado para acadar a permanencia; e a sorte golpeou de cara ao Sigu, que salvo catástrofe, seguirá en Segunda para o vindeiro ano. Bo ambiente no campo, que nada tivo que ver coa desértica imaxe nas bancadas que houbo o pasado xoves.
-
Comezou o partido con susto para o Sigüeiro, xa no primeiro minuto o O Pino enviaría un balón ao pao, logo de que Álex dubidara na saída. Antes dos primeiros dez minutos de xogo, chegaba o primeiro do Sigu: gran pase de Munitis, recorte e golpeo de Toni e M. Juncal de cabezea o rechace ao fondo da porta. Pouco durou o un a cero no marcador, porque tan só tres minutos despois producíase unha falta preto do centro do campo, o saque ao corazón da área acábao metendo na nosa propia porta Xabi. Pasada a media hora, M. Juncal deixaba de cara un balón largo e Toni cun boísimo zurdazo volvía poñer ao Sigu por diante. O empate de O Pino, pouco antes do descanso, despois de que un atacante rematara no punto de penalti, un centro dende a parte dereita.
-
Á volta do intermedio o ritmo do partido foi menor, aínda que iría en incremento. Aos dez minutos, un xogador de O Pino erraría de forma increible: só, coa portería baleira, enviaría a pelota ao pao. Aos quince minutos, chegaba o terceiro e derradeiro gol; penalti e expulsión (doble cartón amarelo), M. Juncal transformaba tranquilo pola esquerda da portería (no vídeo do final). A partir de aquí o partido estivo máis "quente" e o xogo foi máis duro. A falta de cinco minutos, Alberto Raña sacaba o balón na liña de gol. O Pino quedaría cun home menos despois de que un xogador insultara (presumiblemente) ao colexiado, e logo de ver o cartón vermello empuxara ao árbitro. Álex "salvaría os mobles" cunha espectacular parada (na foto). Xa co tempo regulamentario rematado, M. Juncal tería que ir para os vestuarios antes de tempo, xa que víu o segundo cartón amarelo. A derradeira para o O Pino, sería outro gol "pantasma", despois de que a Álex escapáralle o balón das mans, pero soupera rectificar.
-
-O árbitro:
-
A verdade é que todolos/as siareiros/as, podemos estar contentos coa actuación arbitral. O colexiado favoreceu ao Sigu coas súas decisións:
- Pitou un penalti ao noso prol, que apesares de ser, poucas veces se sancionan.
- Non lle tremeu o pulso á hora de deixar ao O Pino con nove.
- Non dou por válido ningún dos dous goles "pantasma" de O Pino. Non se pode dicir con certeza que a pelota entrara, pero en ámbalas dúas ocasións, os rivais xa estaban a celebrar o gol.
-
A vindeira cita, dentro de sete días, fronte ao Tabeirós, novamente no Lino Balado. A victoria sería xa a corfirmación de que permanceremos en Segunda.
-
-Hoxe no SFC: Álex; Fran (m. 74, Marcos Vigo), Xabi, A. Raña e Amancio; Munitis (m. 72, Iván), Javi González, Paderne (m. 60, Juan) e León; M. Juncal (m. 90, expulsado) e Toni (m.57, Samuel).
-

jueves, 9 de abril de 2009

SIGÜEIRO 1 - PORTOMOURO 1

Sobraron quince minutos
-
Partido sen ocasións, no que Álex foi clave e o gol de M.Juncal foi anulado a quince minutos para o fin do encontro
-
O mal tempo vivido na nosa aldea, dende fai xa un par de días, sumado ao comezo da ponte, trouxeron como consecuencia unha mala entrada e moi pouco ambiente nas bancadas do Lino Balado.
-
Teremos que seguir agardando para ver ao noso equipo acadando a permanencia. Aínda que o Sigu é o segundo mellor colocado na táboa clasificatoria (dos equipos que teñen posibilidades de descender), non se pode confiar debido a que os dous próximos rivais, O Pino e Tabeirós, son dous conxuntos que están nunha situación similar a do Sigu; e despois de que estos dous equipos visiten o noso feudo, ao Sigu espéranlle dous galos desta Segunda Autonómica G-5; o Villestro e o Cacheiras. Son once, os equipos con posibilidades reais de ocupar os tres postos de descenso que están sen dono; o que si estará seguro a vindeira tempada, en Terceira, será o Sp. Estrada que xa non ten opcións matemáticas de zafarse.
-
Comezou o partido, como o están a facer moitos esta tempada: o xogo bastante travado e sen ocasións para ningún dos dous equipos. Era o Portomouro, quen tiña un maior dominio e o perigo que xeraba, eran balóns aereos ao corazón da área de Álex, que estivo moi seguro durante todo o encontro. Para ver a primeira ocasión do Sigu, teríamos que esperar ata a media hora de xogo; estaba nas botas de M. Juncal, que erraría, despois de recibir un bo centro de Munitis dende a banda dereita. Pouco despois, Óscar tería unha boa ocasión, cun lazamento cruzado que o gardarredes mandaría a cóner. Xa co tempo cumplido, adiantábase o Sigüeiro, logo de que M. Juncal definira de forma perfecta diante do porteiro rival. A verdade é que a vantaxe antes do intermedio, non era xusta, os méritos que estaban a facer os nosos para gañar, non eran superiores aos que estaban a facer os de Portomouro.
-
A volta do descanso, o partido non cambiou demasiado. Aos poucos minutos, dun disparo dende fóra da área, Álex realizaría unha boa parada en dous tempos. Ao cuarto de hora desta segunda metade, Lelo tería que dar entrada de maneira inesperada a Paderne, xa que o capitán, José Ángel, mancárase nun nocello; ademáis tivo que retirarse cara o vestiario axudado, polo que todo apunta que estará sen xogar varias semanas. Novamente un moi peleón M. Juncal, tería a oportunidade de incrementar a ventaxe, pero non atinaría a mandar ao fondo da porta, logo dun córner. Á media hora de segunda parte, a pelota chegáballe botando na frontal da área, a un dianteiro, que cunha sutil vaselina poñía o empate no marcador. Logo do gol, chegaban os peores momentos do Sigu, que logrou mantelo resultado, grazas a un par de boas intervención de Álex. No tempo engadido, o partido puido ser para calquera dos dous: Óscar, case "enchufa" un gol olímpico, dun cóner dende a parte esquerda; a resposta dos visitantes viría cun balón ao ferro, pero non dun dos seus xogadores, senón de Fran cando intentaba despexar.
-
Ao final, o empate non deixou de todo contentos: nin os xogadores, nin os/as siareiros/as. A proxima cita, de aquí a tres días; o xa nomeado partido contra ao O Pino, no Lino Balado.
-
-Hoxe no SFC: Álex; Amancio, Fran, Juan e A. Raña; Munitis (m. 85, Iván), León (m. 84, Marcos Vigo), Javi González e José Ángel (m. 58, Paderne); Óscar e M. Juncal (m. 72, Toni).

domingo, 5 de abril de 2009

GRIXOA 2 - SIGÜEIRO 0

Este Grixoa é implacable
-
Ao Grixoa só lle fixeron falla vinte minutos para conseguir os tres puntos. O Sigüeiro non logrou tirar a porta en todo o encontro
-
Era un partido moi dificil no que puntuar, Lelo optou por un planteamento conservador para xogar contra o líder, pero o madrugador gol dos locais mandaron as nosas esperanzas ao lixo. O equipo foi consciente de que se se iba adiante podía saír do Municipal de Augas Santas, cunha goleada e prefiríu non empregar por un sistema máis ofensivo.
-
Os primeiros vinte e cinco minutos de xogo foron asfixiantes para o Sigüeiro; aínda que o Grixoa non golpeaba contra a portería de Biurrun, gozaba da posesión e movía o esférico dun lado cara o outro, sen que os nosos lograran recuperar. Antes dos dez minutos, producíase un córner na parte esquerda; o saque ao primeiro pao, remata en gol, logo de que a defensa e Biurrun non se comprenderan. Pouco despois chegaba o segundo, cando un atacante local gañáballe as costas a nosa defensa e definía de forma tranquila. Coa ventaxe de dous goles, o Grixoa reducíu a velocidae de movemento do balón e permitíu ao Sigu entrar algo no xogo. Os últimos minutos desta primeira metade, foron os mellores dos nosos, parecía causar algo de perigo, pero a verdade é que non tirou a porta nin unha soa vez; a ocasión máis chamativa, un centro dende a banda dereita que se paseou por diante da porta sen que ninguén puidese rematalo.
-
A segunda parte, mostrou certa similitude coa do partido de ida. Naquela volta do intermedio, o marcador era de un a catro, o Grixoa desacelerou e o resultado final foi de tres a catro. Desta vez, o Sigu non estivo tan atinado, e continuou na mesma liña que o final da primeira parte e sen lograr tirar por dentro dos tres paos. Pouco a destacar desta segunda metade, o Sigu non decidíu arriscar; proba disto é que a meirande parte dos trocos realizados por Lelo, foron "home, por home", é dicir, na mesma posición ou similar.
-
Despois desta derrota, o Sigu xa pensa no próximo asalto á permanencia; será este vindeiro xoves nove abril, ás cinco, no Lino Balado, fronte ao Portomouro. Cando o Sigu xogue este encontro terá os mesmos partidos disputados que o resto dos conxuntos da liga, xa que este é un xogo aplazado da xornada vinte e tres, que non se puido disputar porque o colexiado encontrábase indisposto. Outro punto ao noso favor, é que, despois de xogar contra ao Potomouro, o Sigu terá dous partidos como local de forma consecutiva; primeiro este próximo domingo, fronte ao O Pino, e dentro de quince días, contra ao Tabeirós. Polo que un dos billetes da permanencia, pasa polo Lino Balado nestas dúas vindeiras semanas.
-
-O rival de Copa, o vinte e catro
-
O contrincante do Sigu da Copa do Sar, coñecerémolo o venres vinte e catro de abril, ás oito e media. Nesta edición número corenta e dous da Copa, xogan os equipos que van dende Preferente ata Terceira autonómica. Os equipos de Segunda e Terceira, están apuntados de oficio, e se non queren participar teñen que notificalo á delegación. Os clubes de Preferente e Primeira, ocórrelles de forma inversa, se queren participar, teñen que notificalo.