domingo, 29 de marzo de 2009

SIGÜEIRO 2 - SP. ESTRADA 1

Cada vez máis preto
-
Tres puntos máis, desta vez contra un rival directo que deixan ao Sigu a un paso da permanencia. Marcaron Javi González e Marcos Vigo, saíndo dende o banco de suplentes
-
Parecía que o partido ía ser sinxelo, pero a verdade é que o Sigüeiro costoulle acadar a victoria. Este partido demostrou que neste equipo hai sitio para todos os seus compoñentes; xa que foron dous dos que saíron dende o banco quenes anotaron os goles: Javi González e Marcos Vigo.
-
Comezou o partido ás seis da tarde, co balón voando polo ceo do Lino Balado. Ningún dos dous equipos controlaba o esférico e marcaba o ritmo do partido; aínda que si eran os vistantes quenes parecían ter as ideas máis claras: disparar dende calquer lugar. Co paso dos minutos o Sigüeiro non arrancaba e non se producían ocasións. Para ver a primeira xogada de perigo por parte dos nosos, habería que esperar ata o minuto vintecinco, cando a M. Juncal arrebatanlle o balón dentro da área pequena e a pelota vaise a córner. Na saída deste saque de esquina, co remate de cabeza de José Ángel, chegaba a segunda e última oportunidade para adiantarse. Na recta final, os da Estrada podían marcar, pero evitouno unha boa intervención do hoxe "debutante" Biurrun.
-
Logo do "tostón" de primeira parte, o Sigu espertou e empezou a ser superior ao seu rival. Nos primeiros minutos o peso ofensivo recaía en M. Juncal quen tería tres ocasións (de pouca claridade); a de máis perigo, logo dun fallo na saída do gardarredes que non podería rematar por dentro da portería. Tamén puido adiantarse o Sporting, cun lanzamento dende media distancia, que petaría no pao. Aos cincuenta minutos, Lelo daba entrada a Javi González en lugar de Munitis. Producíase unha falta preto do mediocampo, colgábaa Amancio, José Ángel deixábaa de cara e era o recén entrado Javi, quen remataba ao fondo das redes. No setenta e dous, o Sigu incrementaba a renda. De novo a balón parado, despois dun erro do porteiro visitante, Marcos Vigo empuxaba a pelota ao fondo da porta; rematando así cun longo período de tempo sen marcar. Xa no final do partido, o Sp. Estrada marcaría dun lanzamento de falta que se "comería" Biurrun. Por sorte o erro do experimentado meta, quedou como unha anécdota e o SFC puido conseguir os tres puntos.
-
Para a vindeira semana, o Sigu visitará ao "todo poderoso" Grixoa, co soño de ser o primeiro equipo en derrotar ao líder esta tempada. Con esta victoria, os nosos xa suman nove partidos gañados e xa contan con trinta e seis puntos na cuadrícula.
-
Hoxe no SFC: Biurrun; Juan, Xabi, Fran e Amancio; José Ángel, Paderne (m.68, Toni), Munitis (m.50, Javi González) e León (m.71, Marcos Vigo); M. Juncal e Samuel (m. 73, Iván).
-
O regreso dunha lenda...
-
Como xa adiantaramos nesta páxina-blog, fai máis dun mes; Biurrun volveu a xogar co primeiro equipo, seis anos despois de deixalo. As baixas de Diego e Álex, propiciaron o regreso do experimentado gardameta. Deixou un bo sabor de boca nos/as siareiros/as, logo de dúas intervencións de mérito e defendéndose de forma segura no xogo aéreo. O debut non foi redondo debido ao erro no gol, aínda que non supuxo a perda de ningún punto.

martes, 24 de marzo de 2009

A RECTA FINAL

Este domingo, ás 18.00 horas, o Sigüeiro enfrontarase ao Sporting Estrada, con tres puntos por medio que poden dar un paso de xigante para acadar o obxectivo da permanencia. Restan seis xornadas para o remate da liga e a táboa clasificatoria está moi apretada. Só catro equipos (Grixoa, Villestro, San Mamede e Cacheiras) terán asegurada a praza nesta segunda autonómica grupo 5. Os outros trece conxuntos teñen posibilidades matématicas de descender, aínda que o Portomouro e o Cogalrodeiro, e salvo "catástrofe" non deberían ter ningún problema. Polo que serán once quenes teñan que pelexar pola salvación; xa que entre o séptimo e o penúltimo só hai dez puntos. O que sí parece que está condeado a xogar na terceira para a vindeira tempada é o Sp. Estrada, rival do Sigu este domingo.
-
Comezará o Sigüeiro esta recta final, contra o rival máis sinxelo aparentemente, o Sp. Estrada. Visitará ao invicto líder, o Grixoa, que de gañar esta semana fronte ao O Pino, poderíase proclamar campión de liga no partido contra o Sigu. Despois do Grixoa, dous encontros na casa de forma consecutiva; o primeiro fronte ao O Pino, e o segundo fronte ao Tabeirós. Logo o SFC xogará na casa do segundo clasificado, o Villestro. E rematará a liga na casa, contra o Cacheiras. A suma de puntos que o Sigu acadou contra estos seis adversarios na ida foi de sete (victorias contra: Sp. Estrada e Tabeirós; e empate fronte ao O Pino), repetir este mesmo número parece suficiente para permanecer.
-
Favorable para o Sigu é que ten un partido menos. O rival é o Portomouro, e o encontro terá que disputarse no Lino Balado. Este partido foi suspendido o día quince de febreiro, por indisposición do árbitro.
-
Os partidos que lle restan ao Sigu: Sp. Estrada (L) (29/3), Grixoa (V) (05/04), O Pino (L) (12/04), Tabeirós (L) (19/04), Villestro (V) (26/04), Cacheiras (L) (01/05), *Portomouro (L) (-/-).
-
-Enlaces:

lunes, 23 de marzo de 2009

LARO 2 - SIGÜEIRO 1

A xeira de bos resultados do Sigu rematou. Pedimos disculpas por non poder ofrecer unha crónica do encontro.

jueves, 19 de marzo de 2009

SIGÜEIRO 2 - VEA 1


Chegou a cuarta

O Sigu conseguíu a cuarta victoria consecutiva: A Baña, Recesende, Silleda B; e hoxe, Vea. Primerio José Ángel, e logo Óscar; marcaron para que os tres puntos non escapasen de Sigüeiro
-
Tres puntos, que se non aseguran a permanencia, deixan moi claro que este equipo vai polo camiño de non descender. Nun partido que se se disputara ao comezo ou a mediados da tempada, o Sigu non lograría marcar; pero nesta recta final da tempada, o Sigu non se rende; e bate unha vez e outra contra a porta rival, ata que se atopa coa recompensa do gol.
-
Ao inicio do encontro, o dominio foi vermello, aínda que non se transformara en ocasións. O perigo iría crecendo co paso dos minutos; aos dez, chegaba a primeira gran opotunidade, Marcos Vigo estaría a piques de abrir o marcador cun remate de cabeza á saída dun córner. Despois dúas nas botas de León: a primeira petaba no longueiro; e a segunda, o gardarredes visitante parabaa, pero non atinaba a atrapala. Á media hora, José Ángel comezaba un xogada ofensiva, abrindo á banda, e dende fora da área chegaba el mesmo, para finalizar a xogada, aínda que o seu disparo foi detido por un defensor na mesma liña de gol. Un pouco máis tarde, Munitis no primeiro pao, case logra marcar de tacón; pero unha vez máis faltou fortuna. Co empate a ceros o encontro íbase ao intermedio, parecía case increible que o Sigu non lograse marcar en toda a primeira metade; pola contra, os de Pontevea só disparan unha vez entre os tres paos.
-
Á volta do descanso, dous trocos: entraba Óscar no lugar de Marcos Vigo; e Juan, por Manu Regueiro. As oportunidades do Sigu, reducíronse; e só podemos destacar un lanzamento á porta do noso capitán, José Ángel. Rondando a media hora de encontro producíase unha falta na banda dereita; Óscar era o encargado de centrar, e José Ángel remataba ao fondo das maias do Vea. O un a cero, duraba pouco, porque tan só un minuto despois o Vea aprobeitaba un erro de comprensión entre Álex e Juan, para empatar. Xa cando o partido achegabase ao seu fin, ocorrería a xogada máis polémica do encontro; un xogador visitante queda mancado, pero fóra do terreo de xogo. O equipo rival decide botar o balón a saque de banda, o Sigu saca e como era lóxico (polo menos neste caso) non devolve o esférico; segundos despois a pelota perforaba a meta visitante, logo de que Ósacr golpeara cruzado. O segundo gol do Sigüeiro, non puido ser contrarestado por un Vea que dende o primeiro momento xogaba ao cerocerismo, apesares de estar colocado nos últimos postos da táboa clasificatoria.
-
Esta foi a oitava victoria da tempada, polo que o SFC, xa suma trinta e tres puntos, e está situado nunha posición, que fai un mes parecía imposible, que fose acadada. Esperemos que este domingo, en Laro, chegue a quinta victoria de forma consecutiva.
-
Hoxe no SFC: Álex; Fran, Amancio, Xabi e Manu Regueiro (m. 45, Juan); León (m. 74, Samuel), Munitis (m. 70, Iván), Paderne e José Ángel; Marcos Vigo (m. 45, Óscar) e Toni (m. 51, M. Juncal).

domingo, 15 de marzo de 2009

SIGÜEIRO 3 - SILLEDA B 2


Este Sigu, SÍ
-
Con dez, o Sigu remontou un partido clave para evitar o descenso. Os goles de Toni, M. Juncal e Óscar, propiciaron a terceira victoria consecutiva.
-
Partidazo hoxe o vivido no Lino Balado. Un gran Sigüeiro que soupo tirar de casta para remontar un partido que se lle poñía costa arriba coa expulsión de Alberto Raña e co segundo gol visitante; pero o SFC non se enrrugou e despois de empatar, seguiría loitando por conseguir a victoria.
-
Comezou o encontro con moi poucos/as siareiros/as nas bancadas do campo do Sigu, pese ao bo clima que houbo na nosa aldea durante toda a tarde. Foi un inicio de partido lento e sen ocasións. Aos dez minutos de xogo, Álex non atina a atrapar un "sinxelo" balón dentro da área, a pelota recollea un dianteiro visitante, o seu lanzamento é "parado" por Xabi na mesma liña, pero no rexeitamento é imposible evitar o gol. A ledicia duroulles pouco aos de Silleda; Amancio "colga" ao área unha falta, Jose Ángel deixaa de cara e Toni "enchufaa" ao fondo das redes visitantes. Xa na recta final da primeira metade, chegaba unha das xogadas máis polémicas do encontro; a expulsión de Albeto Raña, logo de que o colexiado entendera que agredira a un rival.
-
Á volta do intermedio, Lelo daba movemento ao banco de suplentes; entraban M. Juncal e Paderne, e marchaban Toni e León. Munitis puido adiantar aos nosos, pero o porteiro do Silleda B evitábao; como tamén o faría Álex un par de minutos máis tarde. Dun bo movemento na área do dorsal número dezasete, chegaba o gol deste xogador visitante; que na súa celebración faría un xesto feo cara as bancadas do Lino. Entón Lelo daba entrada a Samuel e sacaba a Javi González, o dianteiro tería unha boa ocasión de cabeza aos trinta segundos de estar no campo. Pero sería M. Juncal, logo dunha boa carreira quen poñería de novo as táboas no marcador. Samuel tamén perforaría as mallas do Silleda B, pero axudándose da man, como así sinalaría o árbitro. Na seguinte xogada chegaba o terceiro dos nosos: Samuel, erraba diante do gardarredes, pero Óscar recollía o rexeite; fai un caneo e pon a pelota moi preto da escuadra, anotando o golazo da tarde. Ata o final, dúas ocasións para sentenzar: un gol mal anulado, porque o colexiado non aplicou a lei da ventaxe e decidiu pitar unha falta cando a pelota xa entrara; e despois, unha especie de man a man que non lograría transformar Iván. Pese a que ningunha das ocasións acabou co cuarto gol do Sigüeiro; o noso equipo, non sufríu e conseguíu tres puntos importantísimos contra un dos rivais directos, para evitar o descenso.
-
Xa co partido finalizado, un xogador do Silleda B non soupo admitir a derrota e no seu camiño cara os vestiarios "zapateou" e rompeu unha das tapas do sistema de rego do campo do Sigüeiro; formando así unha pequena tángana.
-
-No SFC xogaron:
-
Álex; Fran, Amancio, Xabi, Alberto Raña (Expulsado no m.37); León (Paderne), Munitis (Manu Regueiro), Jose Ángel, Javi González (Samuel); Toni ( M. Juncal) e Óscar (Iván).
-
-Semana de dous partidos:
-
Esta semana o Sigüeiro disputará dous partidos. O primeiro o xoves dezanove (día de San Xosé), fronte ao Vea no partido da xornada vinte e unha, aplazado polo "temporal". E o domingo vinte e dous, visitará ao Laro.

domingo, 8 de marzo de 2009

RECESENDE 0 - SIGÜEIRO 2


Pola senda da victoria

Por segunda semana consecutiva o Sigu consigue a victoria; como contra o A Baña dous goles de Óscar serviron para gañar.
-
Comezou o partido co balón voando polo campo do Recesende; aínda que xa nos primeiros minutos de xogo, o Sigüeiro avisaría ó equipo local; pero Óscar non lograría rematar. Antes dos primeiros quince minutos, o propio Óscar recibía un pase de Amancio, con moita forza e velocidade "plantábase" na área, o seu golpeo petaría na madeira e iríase ó fondo das maias locais. Dez minutos máis tarde, novamente Óscar non atina inexplicablemente a rematar un centro de Manu Regueiro; pero o mesmo autor do primeiro gol, recollerá o balón, regateará a tres defensores e coa súa perna menos boa, poñerá o dous a cero, cun lanzamento que se "colou" pola escuadra. Ata o descanso, León podería senteciar o encontro, pero a súa ocasión marcharía por fóra.
-
Na segunda metade o Recesende intetaría reducir a distancia, pero non o conseguiría; xa que na porta vermella estaba un Álex segurísimo. O Sigu tería algunha oportunidade á contra, non o acadaría, debido a que o gardarredes local tamén estaba atinado.
-
Con esta sexta victoria da tempada, o SFC suma 27 puntos; cos que xa empeza a distanciarse dos postos de perigo. Na vindeira xornada, a vinte e sete, o Silleda B visitará o Lino Balado, nun partido trascendental para a definición dos derradeiros postos da táboa clasificatoria.
-
O once inicial: Álex, Alberto Raña, Amancio, Juan, Xabi, Jose Ángel, Javi González, León, Manu Regueiro, Óscar e Marcos Juncal.
-
Tamén xogaron: Fran, Fuentes, Marcos Vigo, Samuel e Toni.

sábado, 7 de marzo de 2009

DVD SIGÜEIRO-CONXO

Queres adquirir a final da Copa do Sar de 1997 en DVD?
-
Agora poderás volver vivir un dos grandes momentos da historia do Sigu, por tan só un euro (prezo do DVD).

Para conseguir o partido: Sigüeiro FC Vs. CD Conxo, do día 6 de xullo de 1997; envíanos un mail a: info@colectivoesloveno.com.

domingo, 1 de marzo de 2009

SIGÜEIRO 3 - A BAÑA 0


"Baño" ó A Baña

Óscar, en dúas ocasións, e Munitis, inxectan unha dose de moral ó Sigu. A goleada puido ser maior, pero os paos e o gardarredes visitante evitárono.

Houbo que agardar ó primeiro de marzo, para ver gañar o Sigüeiro no Lino Balado, neste 2009. Esta victoria, a quinta da tempada, da aire ó Sigüeiro e permítelle respirar con respecto ó descenso.
-
Comezou o Sigüeiro moi metido no partido; nos cinco primeiros minutos o Sigu, xa podía terse adiantado no marcador, por medio das botas de Óscar, que estaría "enchufadísimo" durante todo o encontro. E foi precisamente Óscar no minuto 18, quen adiantaría ós nosos, logo de regatear a un defensor cunha "bicicleta" e cruzar a pelota diante do porteiro. O A Baña, en ningún momento levou perigo de cara a porta local, de feito, rematou o encontro sen tirar entre os tres paos; tan só nos últimos minutos desta primeira parte daría a sensación de que podía plantar cara ó Sigu. Munitis, puido marcar o segundo antes do descanso, pero erraría no man a man.
-
Non transcurriran nin trinta segundos do inicio da segunda metade, cando Óscar volvía mandar a pelota ó fondo das redes rivais, cunha boa definición diante do porteiro. No minuto 62, Munitis, poñía a senteza no marcardor, para traer a tranquilidade ó Lino; facíao, aproveitando no segundo pao, un centro dende a banda dereita de León. A ventaxe de tres goles non lle parecía suficiente ó Sigu, e ante un A Baña "roto"; Marcos Vigo podía marcar o cuarto, pero un defensor rival sacaría o balón na mesma liña de gol. Despois, Toni e Iván, enviarían, cada un, un disparo ó pao dereito da porta visitante. Nos derradeiros minutos, producíase o troco na meta vermella, Diego despedíase cunha soada salva de palmas de tódolos/as siareiros/as; antes da súa viaxe, por motivos laborais.

-O SFC hoxe: Diego (Álex, m.86), A.Raña, Amancio, Xabi, Manu Regueiro, Munitis (Iván, m.68), León (Paderne, m.65), Jose Ángel, Javi González, Óscar (Toni, m.62) e Marcos Juncal (Marcos Vigo, m.68).

-O SFC por liñas:
-
Portería: nin Diego, nin logo Álex; tiveron que intervir en ningunha ocasión. O primeiro tivo que aparecer algunha vez, para dar saída ó balón, sobre todo na primeira metade.

Defensa: voltou ó lateral Amancio, despois de estar no dique seco por lesión. Ante a falta de Juan no centro da zaga, Lelo probou a Manu Regueiro, e este firmou un "grandísimo" partido; como o resto da defensa.
-
Mediocampo: quizais a liña máis frouxa de todas. Na faceta ofensiva, destacou Munitis, pola banda esquerda, con mais aparicións do habitual; das que na maioría saíu victorioso.
-
Dianteira: Ósacar, voltou render ó seu máximo nivel; aparte de anotar dous goles, estivo moito máis activo do que estaba nos últimos partidos. Tamén destacar o gran encontro que firmaron os dous arietes que sairon dende o banco de suplentes, Marcos Vigo e Toni.

Na foto: o terceiro gol do Sigu, o de Munitis.