viernes, 27 de febrero de 2009

Entrevista a Luís Rey

"Non colaborei co Sigüeiro FC porque non mo pediu ninguén"

-
Onte na páxina do segundo equipo con máis siareiros/as do Concello de Oroso, a Escola Deportiva Xuventude de Oroso, publicouse unha entrevista ó presidente desta escola, Luís Rey. Días atrás, esta páxina, anunciou a entrevista e pedía os/as seus lectores/as, que lle enviasen preguntas, para dita entrevista; polo que Colectivo Esloveno decidiu facelo.

Nestas preguntas, Luís Rey, admite que lle gustaría unha unión entre SFC e EDXO, así coma que nunca colaborou co noso clube, porque ninguén llo pediu. Di coñecer unha cuarta parte da historia do Sigu (os últimos quince anos) e que dentro da Escola que el dirixe, non existen e nunca existiron, fins políticos.

Dende aquí, agradecemos tanto á Escola Deportiva Xuventude de Oroso, como a Luís Rey, por deixarnos colaborar coa súa páxina web.


-A continuación deixamos aquí as preguntas que Colectivo Esloveno, lle fixo ó entrevistado:


Que coñece vostede da historia do clube con máis siareir@s do Concello de Oroso, o Sigüeiro Fútbol Clube?

Pois coñezo a historia dos últimos 15 anos que é o tempo que eu levo aquí. Despois sei algunhas cousas anteriores, que a xente me foi comentando.

Por que non colaborou vostede co Sigüeiro FC e decidiu poñerse ó fronte dun equipo recén creado?

Non colaborei co Sigüeiro porque non mo pediu ninguén das directivas que houbo. Se non, non houbera tido ningún problema en colaborar porque me gusta o fútbol e o deporte en xeral e porque síntome orgulloso, aínda que veña doutro concello, de vivir en Sigüeiro e no Concello de Oroso e todo canto eu poida facer por esta terra que tan ben me acolleu, fareino.Teño tamén que dicir que a idea do proxecto de crear unha escola para nenos que quixeran facer deporte non foi miña. A min pedíronme para axudar e prestei a miña colaboración. O de ser presidente tampouco era a miña intención, pero ó final entre todos os demais directivos convencéronme.

Por que non acepta unha unión Sigüeiro FC-Xuventude de Oroso, coa denominación de Sigüeiro FC, se é o equipo con máis tradición?

Dende a miña posición de presidente e eu persoalmente, gustaríame que houbese esa unión, que tería que ser valorada conxuntamente polas dúas directivas e consultalo cos distintos socios das entidades. Dende a miña opinión, deberíase traballar cos nenos ata xuvenís no formato de escola e prendizaxe, e despois ter como mínimo dous equipos senior; un denominado B que daría saída a toda a canteira e un A para alcanzar as cotas mais altas posibles e ter un gran equipo formado nas canteiras.
Respondendo á pregunta, eu persoalmente xamais me neguei a falar do tema.

Moit@s siareir@s afirman que a directiva da EDXO ten finalidades políticas. Existen este tipo de fins?

Iso é totalmente falso. Dentro da directiva cada un de nós ten as súas afinidades políticas, como calquera cidadán da rúa. Pero do que estou seguro é de que ningún directivo desta escola utilizou a Escola para beneficiarse persoalmente ou beneficiar a algún partido político.


Na foto grande: Luís Rey (de camisa negra), acompañado polo alcalde do Concello de Oroso; Manuel Mirás Franqueira. Fonte: páxina web oficial da Escola Deportiva Xuventude de Oroso.
Na foto pequena: Luís Rey, nunha intervención, durante un mitin. Fonte: páxina web oficial do PSdeG-PSOE.

lunes, 23 de febrero de 2009

SAN MAMEDE 2 - SIGÜEIRO 0


Novo tropezo

O Sigüeiro voltou a caer derrotado nun partido, no que Álex zafouno da goleada. Sen ocasións, aguantou o empate ata ó ecuador da segunda metade, cando chegou o primeiro dos locais.
-
Onte enfrontouse a un dos grandes da categoría, o San Mamede, cuarto clasificado. Cos precedentes da ida, onde ó Sigu escapáranselle os tres puntos nos últimos minutos, despois de remontar naquel encontro.
-
Comezou o partido sen un dono fixo do esférico, pero sí sendo os locais quenes parecían exercer máis dominio sobre o xogo. Nesta primeira metade tería que abandoar o campo Paderne, e despois Samuel, logo de mancarse nun nocello; entón Lelo daría entrada a Marcos Vigo, polo primeiro, e a Munitis, polo segundo. Álex, onte na porta, lograría manter as táboas ata o descanso, ó realizar dúas paradas de "quitarse o sombreiro".
-
Cando dou principio a segunda parte, as forzas equiparáronse, ou cando menos, os rivais xa non chegaban con tanta frecuencia, como facían nos intres finais da primeira. Rondando o ecuador deste segundo tempo, un dianteiro do San Mamede, plantábase diante do noso gardarredes e cunha perfecta definición abría o marcador. Có un a cero, o Sigu reaccionaba e chegaban os mellores momentos do partido; un par de lanzamentos de lonxe, levarían perigo de cara a meta local e o árbitro equivocaríase, ó non sinalar a gran penalidade, logo dun derrubamento a Munitis dentro da área. Xa na recta final, o mesmo autor do gol saía á contra pola banda dereita e o seu centro era aproveitado por un compañeiro, no primeiro pao, para "matar" o encontro. De aquí ó final, ambos conxuntos deron o partido por "rematado" e apenas se produciron ocasións, só a destacar unha nova caída sobre Munitis, pero de menor claridade ca primeira.
-
Con esta novena derrota da tempada, o Sigüeiro está colocado décimo quinto, a un punto do Silleda B, que está situado un posto por riba. Ó final da liga, pode ser determinante a posición que acade o Silleda (A), xa que nestes intres está situado penúltimo na primeira autonómica G-1, e o seu descenso carrexaría o do seu filial.
-
De seguido o enlace da clasificacion do grupo 1, da primeira autonómica; liga do Silleda:
-
Para o vindeiro domingo, será A Baña, quen visite ó Lino Balado. Colocados no oitavo lugar da táboa clasificatoria, veñen de gañar ó O Pino nun partido de goles (4-3).

viernes, 20 de febrero de 2009

Posible chegada

Biurrun podería xogar ata ó fin da tempada
-
O experimentado porteiro, podería voltar a xogar co primeiro equipo. Biurrun, actualmente nos veteranos do Sigüeiro FC, podería facérselle ficha para cubrir a baixa que deixará Diego na porta.

-Diego, na China.
Nos vindeiros días, Diego, deixará o equipo uns meses, para ir traballar a China. Dende aquí, Colectivo Esloveno, en nome de todolos/as siareiros/as, queremos desexarlle una boa viaxe e unha agarimosa estancia no país asiático.

domingo, 15 de febrero de 2009

SIGÜEIRO - PORTOMOURO, suspendido

Como xa sucedera o día 1 de febreiro, o partido do Sigüeiro voltou a ser suspendido. Naquela ocasión o noso equipo enfrontábase ó Vea e víuse aprazado polo temporal que asoballaba Galicia; hoxe o partido diante do Portomouro, ás 16.15h, non se puido xogar pola incapacidade do árbitro para dirixir o mesmo. Polo que o Sigüeiro non puido disputar dous encontros en quince días.
Para a vindeira xornada, a vixésima cuarta; o Sigu desprazarase a San Mamede, e voltará a xogar no Lino Balado, dentro de dúas semanas fronte ó A Baña.
-
-Sigüeiro Vs. Vea
Por outra banda, o encontro suspendido fronte ó Vea disputarase o xoves 19 de marzo, por ser día festivo.

lunes, 9 de febrero de 2009

CHAIÁN 0 - SIGÜEIRO 0


O Sigüeiro non pode cun Chaián baixo mínimos

Tomás (ex do Sigu) mancado, xogou en punta, sendo defensa; mentres que o gardarredes suplente tivo que facelo de campo, por falla de xogadores.

Partido aburridísimo o vivido onte no campo de Chaián. Ningún dos dous equipos gozou de oportunidades; o Sigu apenas chegou á portería rival e o Chaián cando o facía era sempre a balón parado.

Quixo Lelo experimentar e dou entrada a Iván dende o inicio e probou a León no lateral. A verdade é que a proba saiulle ben, e León asinou un gran encontro. Nos inicios da segunda metade voltaría a sorprender os/as siareiros/as desprazados/as, quitando do campo, a Jose Ángel e a Óscar.
-
Sobre o terreo de xogo, un Sigüeiro que daba a sensación de non saber a que xogaba; Toni, na primeira metade tería un par de ocasións de pouco perigo, e en lanzamentos de fora da área baseouse o xogo ofensivo dos nosos na segunda.
-
Álex, onte na porta, realiozou un gran encontro e tivo que lucirse en varias ocasións, sobre todo nunha falta botada por Víctor, irmán de Tomás e tamén ex do Sigüeiro.

O conxunto local, conformábase coas táboas no marcador e a miúdo os seus xogadores facían todo o posible por rabuñar uns segundos ó reloxo. Ó final, empate a ceros, polo que o Chaián mantén a súa vantaxe de catro puntos na táboa clasificatoria, sobre o Sigüeiro.

En liñas xerais, o partido decepcionou, non recordou en nada ós Sigu-Chaián, de fai uns anos, marcados pola tensión, proba disto é que rara vez non acababan cunha tángana. Onte todo o contrario, un campo onde reinaba o silencio; e o frío e a choiva foron os protagonistas.

Para a vindeira xornada, visitará o Lino Balado, o Portomouro, quinto clasificado. Na ida empate a un gol, có tanto anotado por Jose Ángel.

-O SFC, por liñas:

Portería: quizais a mellor de todas, no encontro de onte. Un Álex segurísimo, parou todo o que lle tiraron.

Defensa: tamén andivo atinada. Resolveron o traballo que tiveron, especialmente ben os dous centrais, Juan e Xabi.

Mediocampo: apenas apareceu. Nin Jose Ángel, nin Javi González tiveron o balón. As dúas bandas non se viron en xogo durante todo o partido, só se percibíu movemento por alí nas caídas dos arietes.

Dianteira: foi Toni o máis destacado nesta liña; o único que gozou dalgunha ocasión. M. Juncal, que levaba varios partidos entonadísimo, onte non tivo o seu día.

domingo, 8 de febrero de 2009

Mural de fotos

Colócase un mural de fotos do Sigu no Lino Balado

Esta semana, colocouse na cantina do campo do Sigüeiro FC, un mural de fotografías que repasa a historia do clube máis grande do Concello. As primeiras fotos datan do ano 1945 e as derradeiras da tempada 2002-2003. Se tes algunha foto que non apareza no mural pódenola enviar a: info@colectivoesloveno.com. As mesmas fotografías que están expostas no bar do campo, pódelas ver neste blog-páxina, pinchando en "Galería fotográfica".
-
Dende aqui, en nome de todos/as siareiros/as do Sigüeiro FC, queremos agradecer a: Biurrun, Esteban e Foto Estudio Antonio, a súa labor desinteresada, á hora de facer o mural.

viernes, 6 de febrero de 2009

Camisola de siareiro/a

Merca a túa camisola de siareiro/a do Sigu
-
A partir de mañá, sábado 7 de febreiro, poderás adquirir por 6€, no Bar Lembranzas, a camisola de siareiro/a do Sigu.

martes, 3 de febrero de 2009

Comunicado do CE92

Debido á polémica suscitada por comentarios escritos neste blog-páxina, Colectivo esloveno comunica que non se fai responsable dos mesmos. CE92 só borrará aqueles comentarios que insulten ou ofendan (a nivel persoal) ó actual plantel ou á actual directiva do SFC. Tamén pide por favor que só se mencionen ás persoas que sexan de carácter pública, é dicir, que se dediquen (ou que se dedicaran) ó mundo do fútbol rexional galego. Por último, incitamos a que todos/as participen neste blog-páxina deixando a súa opinión.
-
-Nova sección
Nos vindeiros días abriremos unha nova sección, que se centrará en recoller as opinións enviadas o noso mail. Podes enviarnos un mail comentando algo relacionado co SFC, en : info@colectivoesloveno.com.