jueves, 29 de octubre de 2009

Undécima columna de Braulio

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo XI
-
Ás 14:00 do domingo acerqueime a xantar ó restaurante Mirás de Sigüeiro para degustar unhas troitas cos meus amigos Miguel, Manolo e cía. de Rodeiro, bo viño na mesa (o nunca ben ponderado Tarsus rva. 1999), boa conversación, anécdotas, “batallitas” e un sinfín de recordos da dureza dunha directiva de equipos humildes de fútbol afeccionado con recursos moi limitados, que si este ano queren pelexar por estar arriba… que que xogadorazo era “Estrella”, (actual adestrador do Cogalrodeiro, irmán do meta de Osasuna, Roberto Fernández)…, que hai anos perderan por catro no Lino Balado…, que se anulara un partido pola neve…, un pracer poder quedarse con amigos do paso por unha directiva, para a volta prometeron un cocido, daremos conta del sen ningún tipo de dúbida.
-
O partido na súa liña, xogamos mal, empezamos gañando e cando xa firmamos o resultado pois sorpréndennos, ou empatando, ou gañando (Laro por exemplo).Podería dicir mil cousas do xogo, pero deixo esa labor para o Colectivo, eu só quero destacar que nos partidos do Sigüeiro abúrrome, abúrrome moito, de non ser por unha promesa ó Colectivo de asistir e escribir esta columna, comezaría a pensar en algo que facer os domingos pola tarde… creo que é unha oportunidade única para crear unha afección, ata o de agora fixo bo tempo, non coincidiron partidos bos na tele, e os resultados acomapañaron… todo isto pouco a pouco vai caendo, os resultados colócannos na dura realidade unha vez máis, no medio da táboa, cando non se xoga ben é imposible ter tanta sorte como ata agora, o cambio de hora fará que os días duren menos e se aproveiten máis as horas de luz para outros labores, e non todas as xornadas hai Champions para que o Madrid e o Barça non sexan os domingos. Aviso a navegantes, o xogo co que cada tarde de domingo nos presentamos no Lino Balado só sería digno se o obxectivo da tempada fose a permanencia, se isto é así, non teño nada que dicir.
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

lunes, 26 de octubre de 2009

SIGÜEIRO 1 - COGALRODEIRO 1

O Sigüeiro, por segunda xornada consecutiva, non puido conseguir os tres puntos. Desta vez, o Cogalrodeiro logrouse ir con vida ao descanso e empataría o encontro no segundo acto.
-
O resultado ao intermedio era dun gol a cero, logo de que Toni rematara de forma acrobática para abrir o marcador. Os nosos tiveron ocasións, pero o mesmo Toni erraría un man a man e Germán e Munitis quedáronse ás portas do tanto. Despois dos corenta e cinco minutos inicias, tras un erro defensivo de Amancio, empatáronos o partido (posiblemente en fóra de xogo) e mesmo o Cogalrodeiro puídolle dar a volta ao encontro, un minuto despois de poñer as táboas no marcador.
-
En liñas xerais, o partido foi aburrido, aínda que durante a primeira metade o Sigü gozou de máis ocasións das que normalmente xenera. Logo de non conseguir a victoria fronte ao que ata onte era terceiro clasificado, o Sigüeiro deixa de ser segundo e descende un posto. Para a vindeira semana, tócanos visitar ao líder, o Villestro.
-
-O SFC fronte ao Cogalrodeiro: Álex, Amancio (substituído por Manu Regueiro no minuto 59), Germán, Juan, Borxa, Munitis, Javi González (substituído por León no minuto 62), Xabi, José Ángel, Óscar (substituído por Jesús Carballido no minuto 73) e Toni (substituído por Marcos Vigo no minuto 73).
-
*Desculpas pola tardanza e a resumidísma crónica.
-
Para ver as fotos do encontro clica aquí.

lunes, 19 de octubre de 2009

LARO 2 - SIGÜEIRO 1

Tropezón inesperado
-
A pesar do golazo de Germán, o Sigü non puido evitar a derrota. Os nosos continúan segundos, xa que o San Mamede tamén "pinchou" en San Marcos

Perder nunca gusta, pero non resulta tan molesto cando ves na táboa clasificatoria que o Sigü aínda permanece en postos que lle permitan loitar polo ascenso e que só o Villestro continúa invicto. O ano pasado a estas alturas, os nosos non lograban gañar e sumaban unha xeira de moi malos resultados; entón visitounos o Laro e despois de 203 días sen gañar, conseguiríamolo (como o recollera Maldini ao día seguinte). Ata onte, os resultados eran á inversa aos do comezo do pasado curso futbolístico, dende maio sen perder en partido oficial, e como fai un ano, foi o Laro quen cortou a nosa xeira. Sabiamos que este momento tiña que chegar algún día. A amarga primeira derrota, sempre doe máis cas outras, pero nesta ocasión prolongouse ata a sétima xornada e quizais non nos resulte tan dura.
-
A anécdota do encontro estivo nas equipaxes dos nosos. O Sigüeiro non saltou ao campo de Laro vestido de vermello, senón de branco. Estreouse a segunda equipación, pensando que os locais seguirían vestindo coma nós, pero o Laro xa non viste de vermello, agora faino de negro. O novo traxe reserva do Sigü é o mesmo modelo que o primeiro, e decidíuse voltar ao branco na segunda equipación deixando de lado o azul celeste das últimas tempadas.
-
O primeiro gol do encontro non se fixo agardar. Antes dos dez minutos, Germán anotaría un dos que vai ser dos goles da tempada. O Kaiser, arrancaba co balón controlado dende máis atrás do medio do campo e dende a frontal da área, golpearía coa súa perna menos habitual un balón que remataría colándose pola escadra esquerda da porta local. Miroslav Djerman (que diría Braulio) firmou da mellor forma posible o primeiro gol dende que está no Sigü. A partir de aquí, a tónica de sempre: querer menos o balón e decidir pecharse cada vez máis. Desta vez non funcionou, marcamos cedo e o Laro (ao contrario do que lle sucedera ao San Marcos e Dubra B) tiña moito tempo por diante para intentar darlle a volta ao marcador. Os rivais chegaban, e cada vez con máis frecuencia e forza e como era de esperar "tanto vai o cántaro á fonte...", así foi, logo de que un rival lograra enviar ao fondo da porta de Álex unha pelota que procedía de varios rebotes previos. Un par de minutos antes de que nos empataran, un Óscar reconvertido en punta, puido trocar o guión do partido, senón fallara un man a man co meta local. Destacar que Juan tivo que entrar en substitución dun mancado Fran que non logrou continuar.
-
Á volta do descanso, o Laro baixaría a fecuencia de chegadas a nosa porta, pero aínda así gozaría dunha moi clara á saída dun córner tras o fallo nas marcas. Pouco despois chegaría o segundo tanto local, logo dun "globo" enviado dende a banda esquerda que se colaría na porta do Sigü, despois de pasar por enriba da testa de Álex. Os nosos atopábanse fóra de lugar e non creaban oportunidades; o perigo que xerou o Sigüeiro veu das botas de Munitis, que voltou a saír dende o banco. Desta vez non nos asubiaron penalti a favor, pero quizais por erro arbitral, xa que Óscar foi empurrado dentro da área, o colexiado interpretou como unha caída do Número Dez sen consecuencias para ningún dos dous bandos (nin penalti, nin cartón por simular).
-
Para a vindeira semana, agárdanos un verdadeiro partidazo. A visita do Cogalrodeiro produce un enfrontamento entre segundo e terceiro clasificado. A pesar da derrota de onte, todos e todas esperamos que non nos pase factura e que o equipo logre reencontrarse coa victoria o antes posible.
-
-O SFC fronte ao Laro: Álex; Amancio, Borxa, Germán e Fran (substituído por Juan); León (substituído por Munitis), Xabi, Javi II (substituído por Javi González) e Óscar; José Ángel e Marcos Vigo (substituído por Toni).
-
Para ver as fotografías do encontro clica aquí.