viernes, 30 de enero de 2009

Partido suspendido

Sigüeiro-Vea, suspendido
-
Confirmado xa, o partido do Sigüeiro deste domingo, que o enfrontaba ó Vea, non se xogará nesta data. A continuación, recollemos o comunicado da Federación Galega de Fútbol:
-
"Á vista das recomendacións recibidas por parte da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e tras realizar as correspondentes consultas coas distintas Direccións Xerais de Protección Civil e o servizo 112, así como as diversas informacións publicadas a través dos distintos medios de comunicación, esta Federación Galega de Fútbol tomou a decisión de suspender todas as competicións previstas para os próximos días 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro de ámbito territorial e nacional controladas por esta Federación Territorial, a excepción de a Autonómica Preferente nos seus dous grupos e a Terceira División Nacional, deixando a criterio dos colexiados designados e dos clubs contendentes a súa disputa, conforme ás condicións climatolóxicas existentes, recomendando por parte desta Federación que se adopten as medidas oportunas para garantir o normal desenvolvemento destas competicións. Así mesmo comunicamos que a competición oficial de Primeira Nacional "B" de Fútbol Sala queda suspendida. Oportunamente será comunicado por parte desta Federación Galega de Fútbol, as novas datas para a disputa das xornadas suspendidas. Pola FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL".

10 comentarios:

Anónimo dijo...

QUE RAPAZADA?

un novo acerto do coloectivo, exclusiva antes co xuventude e iso que a eles chamaronos.

Anónimo dijo...

Vamos a ver pailán..... se vas dicir algo do xuventude polo mesnos mirao antes, que eles xa tiñan o anuncio pola tarde e o teu comentario é das onde da noite.

Forza Sigu!!!

Anónimo dijo...

retrasado, este blog xa o dixo onte.
ultimo anonimo=manolo cruz(fijo)

Anónimo dijo...

A verdade é unha pena non xogar...o Vea viña con tres sancionados e o noso equipo viña de colleitar un triunfo en Rodeiro que lle facía ter a moral polas nuves! Unha pena!

Anónimo dijo...

O único parvo, babeco estulto, paduán, palimoco, papafilloas, papaberzas, papanatas, papaxoubas, papón e papahostias deste blog eres tí, precimente tí, segundo anónimo.
Aprende do Colectivo, MAZAROCO!!!

Anónimo dijo...

O colectivo esta a facer un gran traballo e moitos non o valoran.ANIMO SIGU.FORZA COLECTIVO.EU SON ESLOVENO.

Anónimo dijo...

a ver se actualizamos esto... non hai moito que poñer, pero...

Anónimo dijo...

Hai que darlle caña o xuventude e asi temos debate asegurado

Anónimo dijo...

manolo cruz esta no concello,pero é de dereitas ou de esquerdas?

Anónimo dijo...

Eu dixen o xuvencu non a manolo cruz, que o SFC non creo q nunca lle fixera ninjun mal. Haber si deixamos de meternos cas persoas de ben