sábado, 17 de enero de 2009

SIGÜEIRO 2 - TORDOIA 2

Empate que sabe a derrota

O Sigüeiro non puido pasar do empate contra o Tordoia, que a pesar de ser o penúltimo, demostrou non ter menos que outros conxuntos mellor clasificados. Dous goles a balón parado contrarrestaron os de M. Juncal.
-
Os siareiros e os xogadores estaban convencidos de que hoxe remataría a mala xeira de resultados do Sigu, pero unha vez máis a sorte non foi a mellor aliada do conxunto vermello.
Como xa sucedera fai sete días en Santa Cruz de Montaos, onde o Sigu recibira tres goles de cabeza, onte o SFC encaixou os dous tantos dunha forma similar, de saque de curruncho.

Comezou o encontro con moi pouca xente nas bancadas, aínda que según ían pasando os minutos chegaban algúns afeccionados. No campo, non existía un dono fixo do partido e ningún dos dous equipos achegábase á porta rival. Ós dez minutos de encontro aproximadamente, o porteiro visitante mancábase nun brazo e tivo que ser substituído por un veterano gardarredes, que acabaría agasallando ó Sigu con dous goles. Rondando o ecuador da primeira metade producíase un córner, que propiciaría o primeiro tanto visitante. A reacción do SFC, logo de recibir o gol, foi maior ca vista en Montaos, e os poucos minutos dun centro de Amancio, que baixa Samuel, M. Juncal aproveita para reestablecer o empate. Coas táboas no marcador iríamos ó descanso.
O intermedio sentoulle ben ó Sigüeiro, e á volta do mesmo, chegaban os mellores minutos do noso equipo. Nestes intres o Sigu xeraba ocasións; un xogador rival salvaría na mesma liña de gol un remate, e Javi González mandaría ó traveseiro un libre directo. Pouco a pouco, o acoso local cesaba, pero o porteiro do Tordoia botaríanos unha man ó non atallar un balón aparentemente sinxelo, que aproveitaría novamente para empurrar ó fondo das redes aurinegras. A partir de aquí o partido comezou a dormir, ningún dos dous equipos chegaba, pero o Tordoia volvía a marcar aproveitando outro saque de curruncho. De aquí ó final, o Sigu buscaba o gol, aínda que sen xerar ocasións perigosas. Subliñar a última xogada do encontro, onde Paderne caeu dentro da área e os xogadores locais reclameron ó colexiado penalti.

Con esta, xa son catro xornadas sen gañar. Para o vindeiro domingo, o SFC, visitará ó Cogalrodeiro. Dicir, que en ambos partidos contra o Tordoia, o Sigüeiro non puido pasar do empate(na ida, 1-1) e que onte, ó igual que na primeira volta, non se gañou un punto, senón que se perderon dous.

-O SFC por liñas:
Portería- Estivo Diego, que apenas tivo traballo, pero o pouco que tivo soubo solventalo con seguridade. En ambos goles non se lle pode pedir nada máis e resarciuse do partido da semana pasada.
Defensa- De centrais estiveron Juan e Xabi, A. Raña polo lateral dereito e Amancio polo esquerdo. Este último debutaba como titular e viuselle cun mellor ritmo que contra o Sta. Cruz de Montaos. Como a semana pasada, logo do descanso, Lelo trocou os laterais, e entraron Fran e Mejuto.
Mediocampo- No medio quizais os dous mellores xogadores do encontro, Paderne e Javi González, os cales estiveron moi presentes no ataque e axudaron na tarefa defensiva. Pola esquerda Óscar e pola dereita Munitis(nalgunha ocasión, trocaron de banda). Óscar, demasiado individualista e mereceu ver o cartón vermello logo de darlle unha patada, sen sentido, a un rival, o árbitro amosoulle amarelo por esta acción.
Dianteira- En punta, novamente Samuel, que só lle faltou marcar e por detrás M. Juncal, que deixando a un lado os seus dous goles, firmou un dos seus mellores partidos da tempada e quizais dende que está nos modestos. O primeiro foi substituído por Marcos Vigo e o segundo por Iván.

*Nos vindeiros días poderase disfrutar do vídeo-resumo do partido.

34 comentarios:

Anónimo dijo...

xa non lle gañamos a merda do tordoya

Anónimo dijo...

creo que no mvp deberian estar A.Raña e Samuel

Anónimo dijo...

Para min onte o mellor foi Juncal,xa non polos dous goles senon que estivo todo o partido loitando cos centrais e levando case todos os balons,viase que queria gañar o partido.
Despois de bastante tempo,sen animo de ofender,onte dou gusto ver a este chaval xogar o futbol.

Anónimo dijo...

A min o que mais me gustou foi Paderne. Este rapaz esta a ter unha melloria notable nos ultimos encontros.

Alberto Raña xogou fenomenal, zanxando o debate do lateral.

E o que menos me gustou foi Óscar, outra vez. Este tio e chupon de mais, e cando non ten o dia non lle sae nada. Se fose mais regular teriamos a un dos mellores xogadores da categoria nel.

Anónimo dijo...

E olvidabame de Juncal, que aparte dos goles tivo un partido destacado.

De seguir nesta liña seria raro que os resultados non chegasen

Anónimo dijo...

tamen creo q oscar é un chupon e que haberia que darlle un toque de atencion como esta a facer lelo con toni

Anónimo dijo...

os resultados chegaran pero pa min onte o entrenador engañouse nos trocos o equipo notouno os laterais estaban a facer un bo partido e juncal era o perigo na area contraria dende que saiu non creamos apenas perigo.todos a animar domingo partido complicado.animo sigu.

Anónimo dijo...

Non creedes que o equipo botou en falta a Toni dende o banquillo?? Cando entrou Marcos o perigo do Sigu cesou, nos que estaban a ser os nosos mellores minutos. Isto e porque Marcos non e tan movil como Toni ou Samu que de entrar un deles de suplente non perderiamos esa intensidade cerca da area

Anónimo dijo...

8 cousas

1-marcos juncal noraboa polo partidazo aparte dos dous goles entregaches o maximo

2-os goles deles para min e falta de entendemento entre a defensa e o porteiro

3-lelo nos cambios equivocouse moito si xa que juncal estaba facendo un partidazo e alberto raña

4-alberto raña deberia estar no mvp no sitio de paderne, para min un fallo enorme por que menudo partido de alberto

5-oscar hai que soltar un pouco mais o balon que estiveches algo mais chupon do abitual

6-ahora pedides a toni e cando falla goles non aclaradevos toni e bo pero os goles van por rachas

7-e marcos vigo fai un traballo que non se ve dende a grada pero os compañeiros veno e agradeceno todos sabemos que lle falta gol e velocidad pero o que pelea, loita, corre moitos compañeiros agradeceno. e recordoche starbury que hai uns anos este home era o gol do sigu

8-equipo non podemos tropezar mais

Anónimo dijo...

Oscar xoga un partido aparte.solo se dedica a chupar e a meterse cos contrarios.esa non e a imaxen que queremos dar no sigueiro.temos lio con todos os equipos e sempre por culpa do mismo.ayer deberia ser expulsado.

Anónimo dijo...

1- Toni estaba sancionado.
2- A quen queredes que quite logo nos cambios? Que meta a un delantero e quite por exemplo a diego?

Anónimo dijo...

Claro que si meu, pero non me vas negar o que dixen. Estabamos tendo os mellores minutos encadeando varias ocasións, entrou Marcos e acabouse o choio. Non me parece mal xogador, e mais, creo que para o rol que ten e bastante bo. Simplemente creo que ao faltar Toni, e xogar de inicio con Samu e Juncal, perdese a chispa que entra desde o banquillo.

En resumen, creo que Marcos non entrou ao partido no momento adecuado nin polo home adecuado (fallo de Lelo quizais..)


pd: e o de Toni, que queres que che diga, eu creia, creo e creerei que e un bo dianteiro para a categoria.

Anónimo dijo...

goldenboy, o traballo de marcos Vigo non se ve en ningun lado. É un xogador que ten que xogar porque criouse na casa e non lle dou o cu o equipo en ningun momento, pero leva un ano sen marcar e é dianteiro...

Pd.: partidazo de Javi Glz., só lle faltou un gol como o que lle marcara o San Mamed fai uns anos, que fora co cu, acordadesvos?

Grande Javi!

Anónimo dijo...

dis ti que leva un ano pero a tempada pasada metou algun gol, recordoche o partido contra o resmon fai uns anos meteu 3 goles e un de chilena asi que un respeto, e foi un gran goleador...
pero os anos pasan pa todos

Anónimo dijo...

para min o mvp ten que ser juncal ou samuel.juncal fixo un partidazo como facia tempo q noon lle veia e ainda por riba marcou 2 goles.samuel outro partidazo, dou apollos aos compañeiros durante todo o partido tirou desmarqes... so lle faltou o gol, vese q esta a coller o ritmo e pode ser unha peza importante deste sigu.

un saudo colectivo
forza sigu

Anónimo dijo...

despois de empatar contra o penultimo clasificado e despois de 15 comentarios neste apartado, acabo de quedar coa boca aberta:

por primeira vez dende que eu coñezo este blog non se insulta nin se lle falta o respeto a xogadores e demais, e agora, si se parece a un verdadeiro blog e agora todos xa nos parecemos mais a afeccionados do noso equipo. noraboa.

con respeto o equipo... para contrarestar este amargo empate, toca puntuar en rodeiro

Anónimo dijo...

Estou dacordo co anterior anónimo no tema dos insultos e as faltas de respeto, alegrome de que se deixen aun lado, pero non me parece normal que de repente desaparezan as críticas constructivas. Porque a valoración do partido por parte do colectivo parece moi pouco acertada, principalmente comparandoa ca do partido de Montaos. En Montaos viuse probablemente o mellor partido da tempada do Sigu en canto a futbol se refire (deixando aun lado os erros a balón parado) e a valoración foi moi ramplona, por non dicir que pouco tivo que ver co que se viu no campo. A sensación que teño o ler as valoracións e que dependen do estado de animo da persoa que as escribe, porque a obxectividade non aparece por ningun lado, oxe que estou contento xogaron moi ben, o outro día estaba de malas xogaron de pena. O partido de onte foi normaliño, como se soe dicir, salvaronse os mobles e xa bo é, por varias razóns. Por exemplo, deixando a un lado os erros a balón parado, un dos goles... meteuno o porteiro deles!!!, señores!! que eran os penultimos!!! asi nos queremos salvar??
Vendo as valoración parece que o equipo estivera perfecto, sen ir mais lexos nunca se teñen en conta os erros individuais o facer as valoracións individuais. Para mostra un botón, houbo dous xogadores que fallaron na marca nos dous goles a balón parado, en toda a valoración nin se mencionan e pa mais mofa un deles esta para mvp.

Señores, so hai que contar o que pasa no partido, non hai nin que inventar, nin que cerrar os ollos, contar simple e llanamente o que pasa, e ninguen se ten que sentir ofendido por dicir o que pasou no partido, fallou menganito pois fallou e punto.

Anónimo dijo...

Esta claro que o equipo falla moitisimo no balon parado e esto esta a costarnos os partidos o que significa poder perder a categoria . E se te refires a Xabi no da marca pode que teñas razon porque ahora mesmo non me acorda eso pero pode ser, pero tamen decirche que xabi e dos xogadores do equipo que sempre cumple asi que eu creo que se merece estar no mvp porque ainda que tivera a culpa de non marcar ao outro xogador esta ahi porque en toda a tempada non se lle puxo e é dos que mais o merece e quen di xabi di alberto,samuel ou juan

Anónimo dijo...

o que queira axudarlle ao colectivo pode comprar unha rifa falade con algun rapaz se queredes axudalos eu creo que o merecen polo que estan a facer e porque este blog que tanto nos gusta non seria posible sin eles asi que gracias

Anónimo dijo...

creo que se no proximo partido se perde teria que haber un cambio de entrenador o sabado lelo equivocouse moito nos cambios...

Anónimo dijo...

The punisher,podes colaborar nas valoracions en viando ideas o colectivo.Animo rapaces estades a facer un gran traballo.FORZA SIGU E MOITO COLECTIVO.

Anónimo dijo...

oscar é un xupon e o equipo ten que empezar a xogar a algo que non ganarlle o tordoia é un moi mal resultado.

Outra cosas cando nun blog hai discusions e cando mais gracia ten comentar e m´çais se interesa a xente...

Anónimo dijo...

no comentario anterior qixen dicir "mais"

Anónimo dijo...

Hai que pensar no domingo e dixarse de mamarrachadas.Coller as escopetas e fusilar os conexos de Rodeiro

Anónimo dijo...

Para min o unico que se salvou foi Juncal, fixo o seu traballo que e marcar goles, molestar a saida do balon e ofrecerse. Despois a defensa e Diego, nefasta, como en Montaos, 5goles de cabeza en 2partidos... O medio do campo queimaballe o balon nos pes pero tampouco se complicaron e as bandas inexistentes... Esperemos que todos se poñan o nivel de acerto de Juncal cada un no seu posto e facendolle caso o mister.

Anónimo dijo...

quero decir o que foi para min o mellor ata que o cambiaron, e que ninguen o menciona, estou de acordo en que alberto fixo un partidazo, en que juncal e samu fixeron un partidazo, pero muni fixo todo e absolutamente todo ben, ben na presion, co balon nos pes xerou perigo sempre....., encaraba, foi obxeto de faltas continuamente, e creo que merecia estar sinalado como os mellores do partido.
o balon parado de novo impide que vexamos unha victoria, e a verdade aqueles que botaron a culpa aos que naqueles partidos xogaran na defensa gustariame que agora desen a cara, porque o esquema e os xogadores foron diferentes e volveu pasar o meso, agora botaredeslle a culpa a lelo etc.
falta seguridade, nas xogadas clave, falta que agarren os atacantes, estar encima deles e non so estar con eles falta mais garra nesas xogadas, estorbarlles que non rematen comodos, e farano en dous tres partidos e se non xa o veredes.
dende que chegou lelo o sigu domina os encontros moito mellor, salvo contra o cacheiras que do inou mais na segunda metade, no resto de partidos dominou de principio a fin sobre todo nos dous ultimos ainda que se perdera, so esas xogadas impediron que poideramos ver ao sigu mais arriba.
o tempo darame a razon, e inda que descenderan, o sigu e un bo equipo, xoga ben, dos que mellor xogan, falta gol e verdade pero demostrouse que este equipo pode xogar ó futbol, non xogar a contra como a principio de tempada, se esa filosofia comenzara contra o montaos no primeiro partido da liga, outro galo cantaria.

Anónimo dijo...

ese anonimo que di q o uniko q s salvou foi juncal?xoga el solo no ekipo xogan 11 meu.eu fun o partido e a defensa fixo un gran partido cantas okasios crearon en xogadas??eso quere decir algo so lle falta mellorar a balon parado polo resto fano ben.e o rest d ekipo estivo ben solo faltou o resultado.animo sigu.

Anónimo dijo...

No de Munitis podo estar de acordo, para min tamen foi dos mellores do partido, pero no do balón parado non estou dacordo, contra o Montaos a culpa dos goles foi de Mejuto e Victor (defensas ambos) e contra o Tordoia baixo o meu punto de vista non fallou ningun defensa, senon que fallou Paderne e Marcos Vigo na marca individual. Que nos balóns parados o Sigu marca mal, dacordo, pero quen debería dar seguridade son os defensas (están mais habituados a facer marcas individuais) e en cambio parecen os mais nerviosos. Tampouco estou dacordo co dominio do sigu dende que chegou Lelo, estou impresonado ca mellora que provocou a sua chegada (o equipo parece outro), pero tampouco hai que tirarse da moto, porque dos partidos que dirixiu so vin dominar un con autoridade e foi o de Montaos e en Tabeiros por rachas. Despois tanto contra o Villestro coma contra o Cacheiras non se dominou, o unico que se viu foi un reacción na segunda parte.

E sigo insistindo no partido de Tordoia, non vin nada de nada, contra un equipo que vai penúltimo. Que o Sigu ten xente para xogar o fútbol eso non o discuto, hai xente de calidad, pero non pode ser que o domingo se quixeran crear ataques en dous toques, un exemplo claro é Javi, apenas combina, recibe un balón e... puuuum!, recupera un balón e...puum!... Asi e imposible!! E digo Javi porque soe ser un recurso que utiliza habitualmente, pero o domingo Paderne tamen usou ese recurso, e mesmo Xavi ou Juan o fan moitas veces dende a defensa. Queimalle o balón nos pes!!!??? Estou de acordo, mesmo o capi cando xoga se precipita, intentando pases tan verticais, pero debo decir o seu favor que contra o Montaos tanto el coma Paderne quiexeron balón e o equipo notou no ataque ainda que non se marcara ningun gol de xogada.

Por ultimo darche a razón en que si Lelo collera o equipo dende a primeira xornada outro galo cantaría, non teño dúbida de que o equipo estaría máis arriba.

Anónimo dijo...

Eu penso que o sigu so lle falta entrenar os balons a nosa area , sobre todo corners e faltas na frontal.Polo resto penso que con lelo mellorouse no xgo ainda que non yanto no resultado.Domingo toca gañar en rodeiro

Anónimo dijo...

O Sigu ten que mellorar no balon parado porque a defensa sobre todo os centrais son bastante bos e ahora con alberto e amancio en vez de victor e mejuto mellorouse bastante alberto o outro dia fixo un partidazo calandolle a boca a algun sobre quen deberia ser o lateral e ahora xa non di nada,ahora non defende a victor acabouselle xogar me parece

Anónimo dijo...

Hai bos xogadores individualmente, pero o máis importante non existe, e é o equipo, o conxunto. Este sigu non xoga a nada. Munitis non existiu en todo o partido -> unha banda menos. Cando Óscar chupa e non pon o balón, os dianteiros están na área desesperándose. Cando a Óscar lle acorda que si está na banda pode centrar, os dianteiros están no medio do campo, tamén desesperados porque non sabían si iba centrar. Os dianteiros pelean para non conseguir nada, e eso pasa casi sempre, non teñen apoios por ningún lado. Javi balón, Javi sin balón, así de rápido, ó primeiro toque ponas todas nas esquinas donde non hai ninguén. Paderne demostrou que está medrando pouco a pouco, e polo menos intenta xogar en equipo, pero está rodeado de xente totalmente oposta, á que lle queima o balón e non ten tempos de xogo. A defensa non é o problema, nin moito menos, ainda que sempre son os máis criticados. Claramente esta é a miña opinión, pero se non hai equipo, se cada un pelea polo seu lado, se non hai un empuxe unánime... esto ten moi mala pinta. Non hai que baixar os brazos e deixar de intentalo

Anónimo dijo...

CR7, xogamos contra o Tordoia, non teñen interior eskerdo se non te enteraches!! Xogaba un tipo k era central,asi fago eu ben co bastón. Podes ir a Rodeiro e cos interiores que teñen vanlle kitar as pegatinas os nosos laterais, e os interiores medianamente bos o mesmo. Ek se non se fai un bo papel contra o tordoia que apenas ataca apaga y vámonos. Con victor podes tar trankilo que xo deixou...por xente coma ti!! E agora coa defensa do outro día os grandes vannos meter 9!!

Anónimo dijo...

¿que é eso de que Victor deixou o futbol? ¿que lle pasou? ¿xa non entrena?

se alguén o sabe que o diga

Anónimo dijo...

eeee...... mirade os videos mirade as marcas e decideme o que falla anda, nos videos vese perfectamente, sobre todo no da segunda metade, mirade a xogada do centro en contra e decideme que e o que se fai mal e no corner que non é gol, decide o que falla anda.
noraboa colectivo, polos videos un acerto para que a xente se de conta do que pasa realmente.
alberto raña xenial no lateral, pero gustariame unha parexa de centrais alberto e juan. xavi xoga ben de medio centro, moi ben mellor que javi, de central non, miradeo nos videos.