viernes, 29 de mayo de 2009
Sancións: M. Juncal e José Ángel
domingo, 24 de mayo de 2009
SIGÜEIRO 0 - LAMELA 2
-
II Gala do deporte
-
lunes, 18 de mayo de 2009
LAMELA 4 - SIGÜEIRO 0
Esperamos unha milagre o vindeiro domingo. O Sigu precisa de cinco tantos para pasar a eliminatoria e estamos seguros de que se pode conseguir. A verdade é que o Lamela foi superior, pero quizais non mostrou tanta superioridade como para gañar con tanta contundencia. Ao Sigüeiro faltoulle fortuna; M. Juncal tivo unha boa oportunidade co cero a cero e o colexiado non foi o suficientemente valiente como para expulsar a un rival aos cinco minutos do inicio.
Tivo que comezar o partido cun terreo de xogo en pésimas condicións, dos peores nos que o Sigu xogou esta tempada. Nos primeiros intres do partdo, o balón pouco tocou o chan, e vooaba sen dono polo ceo de Mularedos.
lunes, 11 de mayo de 2009
Oitavos de final da Copa do Sar
Lamela é a seguinte estación
O Lamela será o rival do Sigu en oitavos, logo de que gañase ao Taragoña (2-1). A pesares de ser un equipo da Primeira rexional, onte sufríu diante dun Segunda. Estivo perdendo cero a un e aínda que o Taragoña quedou con nove xogadores, o partido tívose que decidir na prórroga, onde o Lamela marcaría e o partido teriase que suspender, logo de dúas lesións do equipo visitante. O Lamela rematou a liga este pasado sábado, en oitavo lugar, polo que de aquí en diante centrarase no torneo copeiro. O partido de ida, o domingo en Mularedos (Lamela). Toda a actualidade do noso vindeiro rival en: fclamela.blogspot.com.
No resto da xornada copeira, destacar que os grandes candidatos sufriron máis da conta. A parte do xa mencionado Lamela; o Flavia (Preferente) e o Dubra (Preferente), gañaron pola mínima contra equipos claramente inferiores. A gran sorpresa da tarde, protagonizouna o Cordeiro (Segunda) que lle endosou unha "manita" ao Calo (Preferente).
domingo, 10 de mayo de 2009
SIGÜEIRO 3 - BRIÓN 0
lunes, 4 de mayo de 2009
Segunda rolda da Copa do Sar
domingo, 3 de mayo de 2009
SIGÜEIRO 2 - MONTAOS 0
-
-