domingo, 3 de mayo de 2009

SIGÜEIRO 2 - MONTAOS 0

Bye-bye, Montaos
-
O Sigüeiro "manda para a casa" ao Santa Cruz de Montaos, ás primeiras de cambio. José Ángel e Samuel, fixeron os goles
-
A reserva de xogadores de Lelo o pasado venres fronte ao Cacheiras, funcionou porque o Sigu, conseguíu eliminar ao Montaos na primeira ronda da Copa do Sar. Despois desta victoria o Sigüeiro espera o Brión ou o A Baña, dentro de sete días, no Lino Balado, tamén a partido único.
-
Comezou o encontro cun ritmo lento e sen apenas ocasións; anque o partido iría a máis. Na primeira metade pouco se pode destacar. Nos primeiros minutos, Javi González enviaría un balón ao traveseiro. Xa pasada a media hora de xogo, M. Juncal desaproveitaría unha boa oportunidade; perdía o balón diante do derradeiro defensor ao "liarse" no regate. Na recta final deste primeiro tempo, chegaba o único remate de certo perigo dos visitantes; producíase de cabeza, á saída dun cóner.
-
Nada máis dar comezo a segunda metade, golpeaba o Montaos coa mellor ocasión de todo o partido; remate no primeiro pao, despois dun centro dende a parte dereita. Perdoou o Santa Cruz de Montaos, pero José Ángel non; anotando un dos goles máis bonitos desta tempada, cun golpeo que se colou pola escadra dereita da porteria rival. A partir de aquí, o Sigu dominou máis e puido incrementar a ventaxe, cunha boa xogada individual de Óscar. Pero o segundo gol, non chegaría ata o trinta e cinco; centro dende a parte dereita e remate entre Samuel e un defensor, que despois duns momentos de incertidume, co balón polo aire, acabaría metendose no fondo da portería rival. Co dous a cero no marcador, o Montaos xa non dispararía a porta, anque si que reclamaría penalti, nunha man (parece involuntaría) na área do Sigu. Puido chegar o terceiro, pero o lanzamento de falta de Amancio, petaría no longueiro.
-
-Hoxe no SFC: Álex, Amancio, A. Raña, Fran, Xabi, Óscar (m.81, Iván), Munitis (m. 63, Samuel), José Ángel, Javi González (m. 54, Juan), León (m. 69, Toni) e M. Juncal (m.82, Marcos Vigo).

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Despois de casi fracturalos a 3º, encima mandadelos pa casa na copa, a verdad e que ten que ser jodido. Pero o que mais me jode e que teña que ser eu o que inicia os comentarios do BYE BYE MONTAOS, donde esta o pequeniño? non comenta anda desta vez? A tope Sigu

Anónimo dijo...

Noraboa. Agora a polo Brion non? Vamos que xa cheiramos a semifinalistas :D

Anónimo dijo...

Moito falaban os do montaos pero me parece que teñen que ir pa casiña co rabo entre as pernas. Forza sigu e a pola copa a aficcion esta convos

Anónimo dijo...

aora habia k decirlle os seguidores d deixebre kn ia gañar¿?
forza sigu!!!!a polo brion ou baña

Anónimo dijo...

O brion vaivos meter un repaso!!! tontos, que sodes tontos

Anónimo dijo...

xa escribiu o pequecho

Anónimo dijo...

jejejeje, esta dolido, que ye meta unha cunca de sopas primeiro, pa medrar un pouco.

Anónimo dijo...

ou unha de viño que tamen lle gusta