domingo, 10 de mayo de 2009

SIGÜEIRO 3 - BRIÓN 0

En oitavos
-
O Brión perdoou na primeira metade e custoulle caro. Juan, M. Juncal e León, fixeron os goles. O Lamela ou o Taragoña, será o rival
-
Comezou o partido cun Brión agresivo, loitando por gañar o encontro. A verdade é que os visitantes foron os claros dominadores da primeira media hora de xogo. Tiveron ocasións para adiantarse. Aos dez minutos, Xabi quitaba un balón na mesma liña de gol, logo de que os nosos centrais e Álex non se comprenderan; a xogada remataba en polémica, xa que un xogador rival era derrubado na frontal da área e os rivais pediron a pena máxima, pero o árbitro decretou que a falta producírase fóra. O perigo visitante foi a menos, en varios golpeos de media distancia puideron marcar e estiveron a piques de facelo cun lanzamento de falta, que pasou moi preto da escadra. No minuto trinta e cinco, Amancio botaba unha falta dende a parte dereita, o porteiro erra no blocaxe e Juan envía ao fondo das redes o rexeite. De aqui ao final da primeira metade, dúas ocasións: unha para M. Juncal e outra na que un defensor visitante case lle da o segundo ao Sigu.
-
A volta do intermedio, o encontro estivo máis aborrecido, ata a recta final. O xogo estaba sen un dono claro e ningún dos dous equipos lograba chegar a porta rival. O Brión, non pasaba de tres cuartos de campo e o pouco perigo que xeraba o Sigüeiro, pasaba case sempre polas botas dun desequilibrante Óscar. Cando restaban cinco minutos para o fin, M. Juncal marcaba o gol da tranquilidade, despois de definir de forma perfecta diante do gardarredes visitante. Xa co tempo cumprido, o dorsal número dez do Brión puido recortar a distancia, pero non o conseguiría. Dous minutos por riba do tempo regulamentario, León, marcaba o terceiro, culminando unha contra de luxo.
-
Logo de derrotar hoxe ao Brión, o Sigu xa está entre os dezaseis equipos que pelexarán por levantar a Copa do Sar. O Sigu xogará co vencedor do Lamela-Taragoña; a ida disputarase o dezasete de maio en campo rival e a volta será no Lino Balado, o vinte e catro deste mesmo mes.
-
-Hoxe no SFC: Álex; Xabi, A. Raña, Fran (m. 87, Iván) e Amancio; José Ángel, Juan, Óscar (m. 81, Javi González) e Samuel (m. 71, León); M. Juncal (m. 85, Marcos Vigo) e Toni (m. 61, Munitis).
-

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha pregunta, a volta é o 21 ou o 24???

Anónimo dijo...

MOITO SIGU.ESTE ANO A COPA E NOSA.

MENSAXE OS XOGADORES dijo...

Tanto que vos animan e inda non lle mostrastes un cariño adicarlle un gol ou algo levan ai dende principio de tempada no bo e no malo fixeron, fan e faran un grande traballo moito colectivo moito sigu
a copa do sar e nosa

forza siju dijo...

sen dubida, notase moitisimo a man de lelo neste equipo e o equipo creo que esta a encaixar a perfeccion o seu sistema. non será o xogo mais vistoso pero si esta sendo o mais eficaz. destacar os poucos goles encaixados nos ultimos partidos e as poucas ocasion de gol que nos crea o contrario. tamen destacar os ultimos partidos de fran, impecable, e practicamente sen erro algun.
agora toca lamela, creo que ten bastantes baixas, e ainda que sexa un equipo de categoria superior, creo que por como se esta a comportar o equipo nos ultimos partidos e sumado a que xogamos a volta na casa, podemos gañarlles perfectamente.

¡¡¡forza sigu!!!

esloveno7 dijo...

equipo da gusto ir o campo so vos pido un ultimo esforzo pa intentar gañala copa por que nada e imposible a hai que pelear ata o final
a copa do sar este ano ven pa sigueiro

JOSE ANGEL M.V.P

MENSAXE OS XOGADORES BO COMENTARIO

Anónimo dijo...

para dedicarlle goles o colectivo habería que meter moitos xa que hai moita xente que leva ahí dende principio de tempada e dende fai ben anos como pode ser manolo da libreria,balsa,nicolas,pais de xogadores,castro...polo tanto pareceme unha tonteria iso.Ademais os chabales estes animan para que lle dediquen goles?

Anónimo dijo...

boas vibracións!!!

a leloterapia!!!

Anónimo dijo...

weno temolo dificil pasar kntra o LAMELA peo k sigu e posible
UPA SIGU !!!!!!!
e tamen ai mais xente ko kolectivo esloveno k vai ver o sigu ainda k o kolectivo esloveno anime mais

carrapito teso dijo...

ala cro ala cro ala crocha!!!