miércoles, 26 de agosto de 2009

Calendario 2009/10

O Sigü debutará de forma oficial en Cacheiras
-
O Sigüeiro visitará Cacheiras na primeira xornada de liga. Rival complicado o que lle agarda ao noso equipo o vindeiro día seis de setembro. Os dous últimos enfrontamentos contra este equipo cóntanse por derrotas, na pasada tempada o Sigü saíu goleado fóra da casa (3-0) e no Lino Balado caeu por cero goles a dous.
-
Unha semana máis tarde, producirase o debut oficial no noso feudo, fronte ao recén ascendido San Marcos. Para ver os partidos máis esperados do ano, contra o Sta. Cruz de Montaos, teremos que agardar ata o vinte e dous de novembro (local) e ata o catorce de marzo (visitante).
-
A tempada pecharase no campo do San Mamede o día once de abril, rematando a competición case un mes antes que o pasado ano.
-
Para obter o teu calendario de peto, só tes que imprimir a imaxe.
-
Colectivo Esloveno descúlpase pola tardanza desta actualización, xa que o calendario coñécese dende o pasado día dezasete.
-
Para ver o resto do calendario da competición só tes que clicar aquí.

22 comentarios:

Anónimo dijo...

O dia 6 todos a Cacheiras a animar ó Sigu!!! penso que esta tempada imos ver cousas grandes!!

Por certo, seica o mafioso do Xuvencú dixo que este ano dimitia ... poderemos creelo?

Anónimo dijo...

unha reseña a noticia, a volta contra o montaos non é o día 29 de agosto, se non o 14. a verdade o calendario é un pouco apretado nas datas de nadal e no que respecta o sigu ten que aproveitar o primeiro tramo de liga, é moi favorable e contra rivais, en teoría, directos aos que lle hai que gañar sexa como sexa.

Anónimo dijo...

29 de marzo* perdón

Anónimo dijo...

eu defendovos rapaces xke pareceme unha labor de puta madre a ke facedes, pero pediriavos ke deixedes dunha vez o xuventude ke o unico ke facedes e crear malestar e iso non mola xa ke o primeiro perxudicado pode ser o sfc

e un tema ke cansa e moito, ademais o de qeixarse e de ekipo pequeno jeje

Anónimo dijo...

O bo qe ten o de poder poñer anonimos e qe os do colectivo poder cansarse de firmar eles mesmos e defenderse eles mesmos.Moita politica e pouco futbol.

Anónimo dijo...

Iso tamén o poderían facer da outra maneira, iluminado

Anónimo dijo...

Pero darialle moitisimo mais traballo e acabarianse delatando iluminado.

Anónimo dijo...

Non teñen por que ser tan parvos coma ti, aguililla

Anónimo dijo...

Home a non ser qe cren dez ou quince usuarios parvo,agililla.

jma_GZ dijo...

se os do colectivo queren facer iso, fanno de unha ou outra forma. e se poñen a posibilidade de escribir como anonimo e pra que haxa mais comentarios, posto que normalmente a xente coma vos costabos un collon poñer nome, e cos anonimos escribe todo o mundo.

Anónimo dijo...

Contestaríache, pero non sei que carallo querías dicir.

E que conste que eu estou en contra de isto de poñer anónimos, non é nada serio, calquera pode entrar a poñer o que lle saia das pelotas e non se vai facer nada para paralo ou reparalo. É máis, visto que a xente que entra aquí parece que o fai sempre con mala hostia e tan só para joder, eu suprimiría os comentarios.

E outro tema para reflexionar: non facemos máis que meternos hostias entre nós, que animamos todos ao mesmo equipo, ás mesmas cores. Parecemos gilipollas, estamos facendo disto unha auténtica casa de putas, cando deberíamos aproveitalo e disfrutalo todos.

Non creo que haia moitos equipos xa non de segunda rexional, senón de preferente para atrás, que poidan presumir de ter un blog cun diseño bastante aceptable, cunha afluencia notable, que nos fai dispoñer dunha crónica do partido do domingo cada luns, así como informarnos de outras novas de interese do equipo.

Pensádeo..

Anónimo dijo...

pensando...
paso q me doe a cabeza...

Anónimo dijo...

juanma tio se non viches unha pelota na tua vida

jma_GZ dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
jma_GZ dijo...

e que carallo me dis con iso?

che_guevara dijo...

e como e que agora hai tantos enonimos???????

Enónimo dijo...

Sonche unha plaga, os enónimos, eh

Anónimo dijo...

hoxe a palizar ao xuvencú

Anónimo dijo...

se vos deixarades de parabadas e falarades un pouco de futbul...
o uniko ke digo e ke este pretenporada colectivo..
patetitico o seguimento ke se lle fixo o ekipo...nin un puto resultao de un partido amistoso..asike haber se vos poñedes as pilas algo...
ke por saber nin sabedes ken son as fichas deste ano...
asike menos falar de jilipollezes e mais falar do noso ekipo...

Anónimo dijo...

no colectivo tamen teñen dereito as suas vacacions e o seu descanso mais que merecido digo eu que esto o fan por amor o arte

Anónimo dijo...

actualizade algo jodder

Anónimo dijo...

Para actualizar con noticias tipo Marca que son especulación 100% mellor non actualizar, digo eu. Xa se actualizará en breve, que comeza a liga en nada, además de confirmar a nova plantilla e cousas así.