viernes, 7 de agosto de 2009

Obras do campo

As obras non rematarán ata xaneiro
-
A obra de ampliación do pavillón de Sigüeiro ten previsto o seu remate en xaneiro do vindeiro ano. A construción do novo recinto deportivo, está a causar unha situación caótica non só nos aledaños do Lino Balado, senón que mesmo no propio campo, que non para de sufrir actos bandálicos debido a facilidade para acceder a el. A verdade é que dende que o pavillón e o campo, carecen dunha persoa que traballe para manter a seguridade de ámbas as dúas instalacións, estas, non paran de padecer desperfectos. O orzamento para realizar a ampliación é de 1.041.314,60 €, e según se rumorea, dita ampliación estará orientada para a práctica do "xogo" do tenis de mesa dentro da ED Xuventude de Oroso.
-
Dende o punto de vista deportivo do noso clube, o equipo comezou o traballo o pasado luns e pronto veremos os primeiros tests de pretempada.
-
Logo do "capítulo piloto" da pasada semana, chega a segunda entrega:
-
"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo I
-
Siareiros/as esta semena comezou a rodar o noso equipo. Durante un mes, os rapaces serán sometidos a un guión que xa saben de memoria e que Enrique de Budiño lles aplicou cando só eran infantís: PALIZÓN FÍSICO. Entendo perfectamente que un equipo que vai abusar da presión do xogo en longo e de levar os partidos a un aspecto físico, unha pretempada sexa destas características, non obstante gustaríame facer un leve chamamento dende estas liñas a quen corresponda para pedir que este ano coa categoría máis ou menos consolidada (ninguén pensa en apuros) o Sigü practique algo de xogo combinativo dado que os xogadores parecen estar capacitados. Simplemente é unha suxerencia dun socio, amante do clube e que ten morriña das tardes de gloria que vivíu no Lino Balado. Aínda non estou informado das novidades do plantel, pero sí que se rumorea nos mintideiros populares sobre a presenza exótica máis que efectiva dalgún africano no vestiario, se de verdade vai adiante só desexarlle sorte e esixirlle un sentimento polas cores que todos/as queremos.
-
Braulio Veiga (expresidente do Sigüeiro FC).

15 comentarios:

Colectivo Esloveno dijo...

Para evitar tantos insultos, a partir de agora, as persoas que queiran opinar neste blog terán que ter unha conta en Google (pódese facer na barra lateral).
Logo de rexistrarte tamén podes facerte seguidor deste blog na barra lateral que esta ao lado das entradas, debaixo de "Arquivo de novas" (optativo, non necesario para comentar).

ToniGol dijo...

Dacordo 100% co que di Braulio, aínda que tamén é certo que estamos a comezos da pretempada e é normal que teñan que poñerse a tono.

O das obras paréceme incrible. Incrible que non houbese unha forma mellor (semella que escolleron a peor, dende logo) de realizar as obras protexendo un pouquiño o campo. No tema de por que se fan as obras non me vou meter porque xa cansa.

Polo demais, gustóume a medida de restrinxir os comentarios, xa que esto levaba un tempo sendo un galiñeiro. Parece que fixo disminuír a afluencia de xente ao blog, o cal non é moi bo, así que eu invito dende aquí a que todo o mundo se rexistre se é para aportar e non desmadrar, que parecíamos putas, joder.

Xusticieiro dijo...

pois claro ke e normal o palizon fisico!!!! lelo sabera o que ahi que facer digo eu non, ainda levan unha semana escasa entrenando, como os vas a poñer a facer ronditos e as de dios sen poñerse antes como dios manda fisicamente, ahi que ter en conta que os xogadores levaban meses sen entrenar

eu sigo sin entender esas criticas a lelo cando e gracias a el que o sigu non sufriu o final da temporada recordade que faltando dous ou tres meses de liga alguns pensaban xa no descenso, estabamos o final do puto pozo, algo faria lelo non, non e todo merito de oscar ou que

che_guevara dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
antixuventudista dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
D10SCAR dijo...

O do palizon fisico vexo normal, xa que tamos en pre-tempada. Pero este palizon vai dedicado para logo correr a pola pelota en balons longos.

A min gustariame ver un pouco de tiki-taka polo Lino Balado, como antigamente (fai 7 anos, non mais). Temos xogadores como Jose Angel, Xabi, Juncal, Leon... que poseen a cualidade de dar un balon ao pe. Non temos porque xogar a "escachala". Unha tempada e larga, temos que ter mentalidade de tocala e tamen habera partidos nos que teremos que xogar mais directo na busqueda dun dos nosos killers.

Socio número 71 dijo...

O qu digo sobre o palizón físico non é crírica é só información sobre o que mási ou menos son as pretemporadas que son sempre iguales, nada máis

CR7 dijo...

este equipo serve para xogar ao futbol e que non serve e o voso querido lelo a ver se vos enterades que asi non hai futuro e se non xa veredes como vai acabar todo

che_guevara dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
che_guevara dijo...

animo sigu este ano a copa do sar volta a casa

Xusticieiro dijo...

pero explicademe por ke non sirve lelo, eu creo que xa demostrou de sobra na segunda parte da temporada pasada ke foi a ke nos entrenou el, creo ke segun datos do colectivo eramos o 5 ou 6 equipo desde ke esta el, cun equipo co ke non fixo el a pretemporada ke queiras ke non di moito de como vai ser a temporada e a ke se vai xogar, non e o mesmo preparar unha pretemporada co teu equipo familiarizandote cos xogadores ke ahi ke entrar en mitad de temporada cun equipo o ke non coñeces, non sabes como xogan, quen parte o bacalao, o unico que che din e mais ou menos en ke posicion xoga cada un, e cando tas nesa situacion tiras a non complicarte a vida organizando o equipo tacticamente, imprimirlles caracter e xogar o futbol de maneira practica

eu confio en ke nesta temporada se vai notar moito un cambio no futbol xogado polo sigu, porke xogadores hainos, pero a lelo non se lle podia pedir mais, chegou como chegou e o ekipo taba na situacion ke estaba, tiveramos xa 2 entrenadores antes del e o equipo estaba en descenso, e non ahi ke olvidar ke a final de temporada quedamos en posicions 'uefa'

lelo e un gran entrenador, deixadelle facer esta temporada xa veredes como co equipo consolidado gañaremos xogando ben!!!! animo sigu!!!

Xusticieiro dijo...

por certo como e ke ahi tanto comentario eliminado¿?

ToniGol dijo...

Pero é que tendo en conta que temos varios xogadores aos que a categoría lles queda pequena, a mellor forma de gañar e xogando ao fútbol. E tal vez Lelo non o puidera facer dende o comezo, porque chegou tarde, a mediados de tempada e sen demasiado tempo para reaccionar, como ben dis (de todas formas o dato que daba o colectivo era que o SFC era o quinto ou sexto mellor equipo pero da segunda volta), pero con forme pasaron as semanas tiña que verse algo de intención de xogar polo chan, aínda que só fora iso. Pero non, aínda que o equipo incrementou as ocasións xeradas, e dominou mellor o xogo conforme se foron acoplando ao que Lelo quería, o balón seguía estando o 70% do tempo no aire, e iso non é agradable á vista.

Pero como dis, aínda é pronto para criticalo. En canto pasen uns cantos partidos de competición poderemos valorar o xogo do equipoe os resultados, polo tanto xa se verá. A miña opinión de momento é que Lelo cumpliu, de sobras vamos, pero sen brillantez no xogo. Veredicto? Satisfeito.

jma_GZ dijo...

hai que foderse co tenis de mesa, por catro cheos de merda nun deporte ridiculo tense que amolar o deporte rei...

Xusticieiro dijo...

si a verda e ke e increible ke nos jodan a todos, o futbol, os aficionados e o sigu para facer esa mierda ke lle importa a 4 mataos e, claro, o señor mafioso (a partir de ahora ahi ke chamarlle asi jaja) do xuventude ke "non ten fins politicos" ven aki a jodernos a todos porke lle sae a el das pelotas ca sua actitude pseudo imperialista-capitalista. Ke o fodan vivo

eu voto porke nos vaiamos o catro ventos ke ese si ke e noso e ke comecemos a nosa ascension meteorica dende ali, lastimas ke non haia moitos cartos