lunes, 23 de febrero de 2009

SAN MAMEDE 2 - SIGÜEIRO 0


Novo tropezo

O Sigüeiro voltou a caer derrotado nun partido, no que Álex zafouno da goleada. Sen ocasións, aguantou o empate ata ó ecuador da segunda metade, cando chegou o primeiro dos locais.
-
Onte enfrontouse a un dos grandes da categoría, o San Mamede, cuarto clasificado. Cos precedentes da ida, onde ó Sigu escapáranselle os tres puntos nos últimos minutos, despois de remontar naquel encontro.
-
Comezou o partido sen un dono fixo do esférico, pero sí sendo os locais quenes parecían exercer máis dominio sobre o xogo. Nesta primeira metade tería que abandoar o campo Paderne, e despois Samuel, logo de mancarse nun nocello; entón Lelo daría entrada a Marcos Vigo, polo primeiro, e a Munitis, polo segundo. Álex, onte na porta, lograría manter as táboas ata o descanso, ó realizar dúas paradas de "quitarse o sombreiro".
-
Cando dou principio a segunda parte, as forzas equiparáronse, ou cando menos, os rivais xa non chegaban con tanta frecuencia, como facían nos intres finais da primeira. Rondando o ecuador deste segundo tempo, un dianteiro do San Mamede, plantábase diante do noso gardarredes e cunha perfecta definición abría o marcador. Có un a cero, o Sigu reaccionaba e chegaban os mellores momentos do partido; un par de lanzamentos de lonxe, levarían perigo de cara a meta local e o árbitro equivocaríase, ó non sinalar a gran penalidade, logo dun derrubamento a Munitis dentro da área. Xa na recta final, o mesmo autor do gol saía á contra pola banda dereita e o seu centro era aproveitado por un compañeiro, no primeiro pao, para "matar" o encontro. De aquí ó final, ambos conxuntos deron o partido por "rematado" e apenas se produciron ocasións, só a destacar unha nova caída sobre Munitis, pero de menor claridade ca primeira.
-
Con esta novena derrota da tempada, o Sigüeiro está colocado décimo quinto, a un punto do Silleda B, que está situado un posto por riba. Ó final da liga, pode ser determinante a posición que acade o Silleda (A), xa que nestes intres está situado penúltimo na primeira autonómica G-1, e o seu descenso carrexaría o do seu filial.
-
De seguido o enlace da clasificacion do grupo 1, da primeira autonómica; liga do Silleda:
-
Para o vindeiro domingo, será A Baña, quen visite ó Lino Balado. Colocados no oitavo lugar da táboa clasificatoria, veñen de gañar ó O Pino nun partido de goles (4-3).

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Uy uy uy........xa empezamos a verlle as orellas ó lobo mirando por onde nos imos salvar sin ser no campo de xogo. Mal andamos.

Anónimo dijo...

Non podemos xogar con pelotazos hacia o punta, e que este, baixe balóns, porque non temos un Zigic; asique a ver se nos olvidamos deste fútbol primitivo...

Anónimo dijo...

para poñer comentarios hai que entrar polo BLOG, non pola páxina.

o blog é mellor ca páxina.

Anónimo dijo...

lelo vete ya!!!!!

Anónimo dijo...

a este paso imos outra vez para terceira si volvemos pinchar adios

Anónimo dijo...

este ano de volta a 3ºregional

Anónimo dijo...

Ese hijo de puta que puxo eso ahi arriba debe ser o jilipoyas ese que nos metetu 3goles se tes envidia vaille lamber acona o montaos .

Anónimo dijo...

temos ke espavilar se non voltamos a terceira¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

viva o xuventude sodes uns idiotas e viva españa e o xuventude¡¡¡

Anónimo dijo...

penso k a culpa nn é de lelo se non dos xogadores. e creo k este ano descendemos

Anónimo dijo...

o que di "viva o xuventude sodes uns idiotas e viva españa e o xuventude"

por que insultas?

e por certo non quererias decir "viva o xuventude sodes uns idiotas e viva españa e as xuventudes(do PP)" ?

Eu respondoche Viva o SIGÜEIRO e avante GALIZA!!

Igual ata te ofendes...moito primo hai por aqui sobre todo primos de rivera...

Anónimo dijo...

pois si vivan as xuventudes do PP e oxuventude ¡¡¡¡ y aver si descendeis panucos

Anónimo dijo...

akis e non se fala do xuventude non ten merito mirar esto!!

garcias xuventude!!

jajaja

Anónimo dijo...

sempre falando da puta do xuventude sodes ven cansinos
agora mais que nunca FORZA SIGÜEIRO¡¡¡

Anónimo dijo...

alguen sabe ke dia e a ke ora e o partido kntra a baña¿?

Anónimo dijo...

Este fin desemana toca gañar os da baña.Animo chavales seguro que o conseguimos.FORZA SIGU

Anónimo dijo...

putos mafiosos do xuvencu de merda,danme asco velos neste blog do SIGU ESTANNOS MANCHANDO DE MERDA ESTE BLOG CANDO ENTRA ALGUN DESE MERDENTOS.