viernes, 27 de febrero de 2009

Entrevista a Luís Rey

"Non colaborei co Sigüeiro FC porque non mo pediu ninguén"

-
Onte na páxina do segundo equipo con máis siareiros/as do Concello de Oroso, a Escola Deportiva Xuventude de Oroso, publicouse unha entrevista ó presidente desta escola, Luís Rey. Días atrás, esta páxina, anunciou a entrevista e pedía os/as seus lectores/as, que lle enviasen preguntas, para dita entrevista; polo que Colectivo Esloveno decidiu facelo.

Nestas preguntas, Luís Rey, admite que lle gustaría unha unión entre SFC e EDXO, así coma que nunca colaborou co noso clube, porque ninguén llo pediu. Di coñecer unha cuarta parte da historia do Sigu (os últimos quince anos) e que dentro da Escola que el dirixe, non existen e nunca existiron, fins políticos.

Dende aquí, agradecemos tanto á Escola Deportiva Xuventude de Oroso, como a Luís Rey, por deixarnos colaborar coa súa páxina web.


-A continuación deixamos aquí as preguntas que Colectivo Esloveno, lle fixo ó entrevistado:


Que coñece vostede da historia do clube con máis siareir@s do Concello de Oroso, o Sigüeiro Fútbol Clube?

Pois coñezo a historia dos últimos 15 anos que é o tempo que eu levo aquí. Despois sei algunhas cousas anteriores, que a xente me foi comentando.

Por que non colaborou vostede co Sigüeiro FC e decidiu poñerse ó fronte dun equipo recén creado?

Non colaborei co Sigüeiro porque non mo pediu ninguén das directivas que houbo. Se non, non houbera tido ningún problema en colaborar porque me gusta o fútbol e o deporte en xeral e porque síntome orgulloso, aínda que veña doutro concello, de vivir en Sigüeiro e no Concello de Oroso e todo canto eu poida facer por esta terra que tan ben me acolleu, fareino.Teño tamén que dicir que a idea do proxecto de crear unha escola para nenos que quixeran facer deporte non foi miña. A min pedíronme para axudar e prestei a miña colaboración. O de ser presidente tampouco era a miña intención, pero ó final entre todos os demais directivos convencéronme.

Por que non acepta unha unión Sigüeiro FC-Xuventude de Oroso, coa denominación de Sigüeiro FC, se é o equipo con máis tradición?

Dende a miña posición de presidente e eu persoalmente, gustaríame que houbese esa unión, que tería que ser valorada conxuntamente polas dúas directivas e consultalo cos distintos socios das entidades. Dende a miña opinión, deberíase traballar cos nenos ata xuvenís no formato de escola e prendizaxe, e despois ter como mínimo dous equipos senior; un denominado B que daría saída a toda a canteira e un A para alcanzar as cotas mais altas posibles e ter un gran equipo formado nas canteiras.
Respondendo á pregunta, eu persoalmente xamais me neguei a falar do tema.

Moit@s siareir@s afirman que a directiva da EDXO ten finalidades políticas. Existen este tipo de fins?

Iso é totalmente falso. Dentro da directiva cada un de nós ten as súas afinidades políticas, como calquera cidadán da rúa. Pero do que estou seguro é de que ningún directivo desta escola utilizou a Escola para beneficiarse persoalmente ou beneficiar a algún partido político.


Na foto grande: Luís Rey (de camisa negra), acompañado polo alcalde do Concello de Oroso; Manuel Mirás Franqueira. Fonte: páxina web oficial da Escola Deportiva Xuventude de Oroso.
Na foto pequena: Luís Rey, nunha intervención, durante un mitin. Fonte: páxina web oficial do PSdeG-PSOE.

22 comentarios:

Anónimo dijo...

Mira que son mafiosos ,o unico que quixo foi poñerse de presidente para poder ser alcalde cando franqueira marche.VIVA SIGÜEIRO E VIVA O SIGU.

Anónimo dijo...

MORTE A MERDA DO XUVENTUDE FORZAAAAAAAAAAA SIIIIIIIIIIIGUUUUUUUUUU.TEMOS QUE GANARLLE A BAÑA.

Anónimo dijo...

MORTE O SUIZO

Anónimo dijo...

eu titutaliría asi:

Golazo do Colectivo ao Xuventude

ou

Pedazo golazo

Anónimo dijo...

o e pedazo golazo moloume

Anónimo dijo...

pois a min pareceme que minte cando di que non hai intereses políticos polo medio e que estaria disposto a unir o xuv. e o SFC ...

Anónimo dijo...

Para min a imaxe no seu "debut" como político, xa o di todo...

Anónimo dijo...

Despois di que non hai fins politicos e as duas imaxes xa o din todo.

Anónimo dijo...

jajaja di k nn hai fins politicos jaja

Anónimo dijo...

Moi boas preguntas colectivo as respostas e boas respostas,Luis Rey demostrou ter moito "Talante".
Colectivo agora debíades intentar facerlle unha entrevista similar a Marcial.

Anónimo dijo...

komo kedou oxe o sigu¿?

Anónimo dijo...

SFC 3 - A Baña 0

Oscar(*2) e Munitis

Anónimo dijo...

pois desgraciadamente Galiza xa é fascista...

Anónimo dijo...

moita razón tes amigo anónimo...en vez de ir para adiante imos para atras...merda de peperos!

Anónimo dijo...

asi nn avanzamos nada estamos volvendo atrás

Anónimo dijo...

por certo grandisimo partido do SFC
forza sigu¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

jajajaj peo k keredes avanzar anda!!a donde emrda keredes ir co puto galego!!eu tamen o faloe estou masi rogulloso k vos de falalo peo asike pasedes de leon aer k lle falades x ai!!e n faledes de politica x favor k sodes pateticos falando deso!!e esta conprovado noutras entradas!!

Anónimo dijo...

Parece ser q hai moi mal perder, os q presumen de democratas son os peores, donde vai o talante cando se perde, viva galici galicia adiante, galicia non se reparte como un pastel, galicia unida, galicia ten dereito a escoller en libertade, galicia e azul...

Anónimo dijo...

si realmente hai xente que falando de politica e verdadeiramente patética, en fin teremos a galicia privada, cartos pos que teñen cartos, cartos para as empresas privadas, cartos para monumentos absurdos como o de xoan 23, cartos para mariconadas, menos para o obreiro que e o que ten problemas para chegar o fin de mes e despois de que os perdan voltaremos a pagar nos os que non temos cartos, desde logo que gane a maioria absoluta alguen que publicamente pregunta a un gandeiro se dentrom do seu rebaño de vacas todas eran femias, e sinto que galicia realmente e moi ignorate, pero hai qe recoñecer que o señor anxo kintana rebentou coas opcions de manter o nivel das pasdas e torito nunca tivo moita sangue e a sua campaña foi pobre, pero polo menos non malmeteron como fixo o pp porque e o que saben facer, non fan politica so malmeten que protestan por leis que xa se fixeran cando estaban eles no poder como o de galicia bilingüe do carallo, fachas e cinicos e o que son.

Anónimo dijo...

como me gusta o parecer que ten a xente cando o entrevistado non da pé a ser atacado. Dende aki dígolle ós siareiros do sigüeiro que sigan a poñer a parir ó xuventude ( q o fan de pena ) e tamén lle digo ó presidente do xuventude q se fai tratos con este clube, vendo o ben q o tratan os siareiros, q vai lista a escola. Por último dicirlle ó Presidente do xuventude q como dixo unha persoa moi sabia: "Para razoar cos BURROS fai falla un pao e non vexo q ti leves un". Non entres ó trapo desta xente porq o q buscan é crear problemática de calquera cousa.

Anónimo dijo...

o ultimo comentario é:

un xuventudista, un da directiva do xuvencú ou mesmamente o presidente da mafia, digo da escola...

Anónimo dijo...

O penúltimo comentario non é de ningún dos q dis. son unha persoa q non ten nada ver nin co xuventude nin co sigüeiro, só q vexo as cousas dende outra perspectiva q non é a do odio cara ningún dos clubes, non coma algúns siareiros q buscan o seu ben mediante o desexar o mal de outros