lunes, 9 de febrero de 2009

CHAIÁN 0 - SIGÜEIRO 0


O Sigüeiro non pode cun Chaián baixo mínimos

Tomás (ex do Sigu) mancado, xogou en punta, sendo defensa; mentres que o gardarredes suplente tivo que facelo de campo, por falla de xogadores.

Partido aburridísimo o vivido onte no campo de Chaián. Ningún dos dous equipos gozou de oportunidades; o Sigu apenas chegou á portería rival e o Chaián cando o facía era sempre a balón parado.

Quixo Lelo experimentar e dou entrada a Iván dende o inicio e probou a León no lateral. A verdade é que a proba saiulle ben, e León asinou un gran encontro. Nos inicios da segunda metade voltaría a sorprender os/as siareiros/as desprazados/as, quitando do campo, a Jose Ángel e a Óscar.
-
Sobre o terreo de xogo, un Sigüeiro que daba a sensación de non saber a que xogaba; Toni, na primeira metade tería un par de ocasións de pouco perigo, e en lanzamentos de fora da área baseouse o xogo ofensivo dos nosos na segunda.
-
Álex, onte na porta, realiozou un gran encontro e tivo que lucirse en varias ocasións, sobre todo nunha falta botada por Víctor, irmán de Tomás e tamén ex do Sigüeiro.

O conxunto local, conformábase coas táboas no marcador e a miúdo os seus xogadores facían todo o posible por rabuñar uns segundos ó reloxo. Ó final, empate a ceros, polo que o Chaián mantén a súa vantaxe de catro puntos na táboa clasificatoria, sobre o Sigüeiro.

En liñas xerais, o partido decepcionou, non recordou en nada ós Sigu-Chaián, de fai uns anos, marcados pola tensión, proba disto é que rara vez non acababan cunha tángana. Onte todo o contrario, un campo onde reinaba o silencio; e o frío e a choiva foron os protagonistas.

Para a vindeira xornada, visitará o Lino Balado, o Portomouro, quinto clasificado. Na ida empate a un gol, có tanto anotado por Jose Ángel.

-O SFC, por liñas:

Portería: quizais a mellor de todas, no encontro de onte. Un Álex segurísimo, parou todo o que lle tiraron.

Defensa: tamén andivo atinada. Resolveron o traballo que tiveron, especialmente ben os dous centrais, Juan e Xabi.

Mediocampo: apenas apareceu. Nin Jose Ángel, nin Javi González tiveron o balón. As dúas bandas non se viron en xogo durante todo o partido, só se percibíu movemento por alí nas caídas dos arietes.

Dianteira: foi Toni o máis destacado nesta liña; o único que gozou dalgunha ocasión. M. Juncal, que levaba varios partidos entonadísimo, onte non tivo o seu día.

64 comentarios:

Anónimo dijo...

que lle pasa a alberto raña?

Anónimo dijo...

quen sepa algo de: alberto, victor, fuentes e manu regueiro, que o diga.

Anónimo dijo...

Onte non había defensas, por eso León tivo que xogar de lateral! Alberto Raña taba sancionado por acumulación de tarxetas, fuentes teño recordado que xa entrena e non estaría a punto aínda para xogar, victor non pertence xa o equipo e manu regueiro aínda está lesionado.e

Anónimo dijo...

De escándalo, con este adestrador ímonos aburrir moito de dios! Dicían que ibán era defensivo, pois este aínda é máis!!! Hai que saber que o empate non nos sirve de nada e contra o equipo que tiñamos onte, que pon un central tocado en punta porque non teñen xogadores, e se so temos 3 defensas pois haberá que xogar con defensa de 3!!!! Pero así vai, que non se mete un gol...pa que pon a León de lateral se nunca xogou ahí??? Xoga con defensa de tres e punto joder!!! e meto de interior!! o que pasa é que nos gusta meter moito o cuiño atrás.

Anónimo dijo...

tes toda a razon é o peor é que desde que esta este señor non xogamos a nada e non ganamos partidos e non metemos goles eu pido a dimision que xe cansa que o sigu non teña un adestrador decente

Anónimo dijo...

Por todos eran ben sabido que Álex viña realizando uns últimos partidos espectaculares...non é novidade que ocurrera iso onte. Pra min o partido foi moi floixiño do noso ekipo...deberiamos estar mais acertados en defensa para non ter k complica-la vida o noso cancerbeiro...weno moito Sigu e arriba Álex!

Anónimo dijo...

todos os que pasamos polo blog deberiamos votar en todas as encostas que pon o colectivo.FORZA SIGU.

Anónimo dijo...

lelo vete ya lelo vete ya lelo vete yaaaaaa queremos a iban de volta !!!!

Anónimo dijo...

ai rumores ke o sigüeiro po ano vai facer un ekipo "b".alguen sabe algo¿?

Anónimo dijo...

cantas victorias conseguiu iban?

Anónimo dijo...

Este fin de semana temos que ganar no Lino Balado o portomouro.FORZA SIGU , MOITO COLECTIVO.

Anónimo dijo...

pareceme incrible que non lle ganemos o chaian cun porteiro de xogador e un defensa de dianteiro...
pero bueno FORZA SIGU¡¡¡¡

Anónimo dijo...

O sigu con que po ano teña xogadores para formar un equipo que se conforme. Ibán ningunha victoria, non lle dou tempo porque seica era moi defensivo, a boa pedra fomos caer!!

Anónimo dijo...

Quero que sepades que a lelo botarano do ordenes de xuvenis por culpa de que era moi defensivo asi que non sei quen o recomendou pero LELO VETE YA!!!!!! queremos a toni de berdia e queremos equipo de xuvenis para joder aos do xuventude Marcial faille caso aos siareiros

Anónimo dijo...

lelo marchou do ordes, non o botaron, a iban botarono por non darlle gañado ó rodeiro,( con lelo sí)por perder co chaian na casa( lelo empatou)en fin... por facer 6 puntos de 27 posibles, lelo leva 8 de 21 xogando contra villestro e cacheiras que non estan na nosa liga.

a iban botarono por falta de resultados haber se facemos memoria

Anónimo dijo...

Para empezar listillo, a ibán botárono o día que se perdeu contra o Recesende. Primeiro porque xogaba moi defensivo (Lelo moito máis), non sei se viches o partido do domingo pero mandou sair os xogadores na segunda parte replegados atrás! Manda carallo, contra un equipo que xogaba con 9! Segundo dicían de ibán que sacaba os xogadores de posición, Lelo puxo a León de lateral e a Jose Ángel de interior...xa me dirás!
O que si está claro eke a ibán non se lle dou tempo, porque ta claro que algún punto na segunda volta se vai kitar, o ano pasado a primeira volta foi malísima e ratificouse a ibán e na segunda volta gañaronse casi todos os partidos sin perder ningún! Este tio é un cafre!!! Así de claro, gustalle o patadón máis que nadie e os xogadores velos no campo aburridísimos!

Anónimo dijo...

xa saliu o tipico pro-lelo que di que non o botaron e si que o botaron porque conozco dous chavales do ordes e dixeron que o botaron por falta de resultados e porque solo coñece o futbol pedra e o sigu necesita a toni de berdia xa

Anónimo dijo...

para empezar eu non insultei a ninguen e se digo que a iban se botou por falta de resultados e por que foi por falta de resultados,deberiaste informar e non facer caso a todo o que se di, perder contra o recesende na casa e bastante mais grave que empatar en chaian( o chaian gañoulle 1- 6 non fai moito)e por outra parte lelo marchou do ordes por que lle querían facer as alineacions, que quede claro. por outra parte, parece ser que os xuvenis do xuventude non teñen moi mal equipo e van como o puto cu ademais dos problemas que hai de disciplina, pero bueno, do xuventude prefiero non opinar pois dame un pouco igual. Non defendo a lelo, pero se mirades contra os equipos que se xogou, para min non ten comparacion,ah e de lateral o domingo non habia moito a quen poñer creo eu. por outra parte, se non se puntua contra equipos que agora temos na casa como o vea, portomouro... enton igual si que hai que pensalo, pero de momento penso que e bastante precipitado

Anónimo dijo...

para a min os mellores momentos da tempada chegaron con marcial. creo que salvando silleda (6-3), demos unha boa imaxe en todos os partidos e incluso apuramos ao grixoa na segunda parte.
creo que o sigu, ten unha "cultura historica", de ser un equipo de toque e de usar as bandas, así se lle ensinou aos nosos (a maioria da plantilla actual) dende as inferiores. esta tempada(e a anterior) non se fixo nin con iban, nin con lelo. pero de todas as maneiras non creo que se deba pedir a lelo que se marche, porque está a traballar a reo...

Anónimo dijo...

jjajaja

Moito se fala sen saber!!lelo largouse do ordenes xk lle dou a gana!!n faledes sen saber anda!!largouse xk os pais dos rapaces kerian facer eles a alineacion e un juvenil tiña k xogar con el sen entrenar un so dia con juveniles!!entrenava cos mallores!!e n discutades esto xk seino con total certeza contado polos mesmos afectados!!

lelo ten moito futbol asike deixadevos de tonterias e veredes como vos conserva o ekipo ai!!tampouco se pode chegar a 2 e facer unha temporada criminal non credes!!

si si facede un ekipo de juveniles no sigu para k asi os nenos de papa k tuberon k marchar do xuventude xk n xogan vain para ai,verda CR7¿?vergonza che deve dar escribir asi do xuventue!!n digo k teñas razon ou non peo ata este ano k tubexes k largarte xk non xogabas nunca pasou nada e eoara k¿?se eres un neno anda!!

Sigu vamos sair adiante con lelo e o futbol xa chegara!!

Anónimo dijo...

"CR7 Mierdas!", douche a razón no de Lelo, o Ordenes é unha mafia(polo menos no deportivo) como o Xuventude.

Equivocaste nunha cousa; os problemas do Xuventude, NON SON DESTE ANO SÓ. Este ano discriminaronse a 6 rapaces que non lles deixaron xogar a principio de tempada, por que non había plaza, e logo, ficharon a máis xogadores; tamén este ano discriminouse a 2 xogadores xuvenis e pronto podería deixar o equipo un terceiro. O ano pasado, en xuvenis, sempre iban os mesmos convocados; e en cadetes, prescindiuse do porteiro, cando chegou o fillo do coordinador. A todo isto hai que sumarlle as continuas baixas que sofre a equipa de ping-pong, por non ter amizade cos fillos do presidente.

Anónimo dijo...

espabilado esos 2 chabales non saben nada.
lelo marchou xq qerian obligarlle a q puxera a viaño e el negouse e marchou
asiq non fales por falar
CR7 mierdas ten toda a razon
eu seino con total certeza
e podobos asegurar q lelo e un gran entrenador pero ai q darlle tempo

ate a victoria sempre!!!

Anónimo dijo...

nn sei ke mafia falades,xke o ano de xuvenis do sigu ke ganastes a liga,a xente ke iva entrenar chupaba banketa e os ke tabn na taberna titulares,despois o ano seguinte tuvestes ke desfacelo ekipo e ofrecestesyo koxer o xuventude,ke pena dades

Anónimo dijo...

Lelo o que ten e un gran problema.recolleu as herencias dun equipo que non fixo pretemporada,e que estaba mal fisica e taticamente.pero xa se empeza a notar a sua man.e un gran entrenador,que sabe ver o que realmente ten e non o que lle gustaria ter.tempo o tempo.preguntadelle a calquera dos xogadores se pensan que se lelo viñese a principio de temporada cambiaria a cousa.a resposta e unanime.a polo portomouro!

Anónimo dijo...

O penúltimo "anónimo" que parece que é das Escolas Deportivas (non municipais) de Oroso eu recomendarialle que na próxima asamblea-reunión das mesmas propuxese suprimir a sección de "pinypon" e crear unha de "ortografía para idiotas". Non se pode escribir nun blog dese xeito!!!!

Anónimo dijo...

exacto obligabanlle poñer a viaño titular e negouse!!tamen ian os pais dos rapaces a xunta del decirlle xk os seus fillos non xogaban!!

x eso deixade k o tempo pase xk ese home danos unha volta a todos,sera defensivo sera o k keirades peo este ano ai k aguantra o ekipo da maneira k sea!!

n xe digo k non teñas razon sobre o xuventude!!peo o famoso CR7 xa foi un dos k tubo k marchar este ano do xuventude!!

FORZA SIGU!!

Anónimo dijo...

Bueno deixemos ese tema aun lado porque xa se save o que hai no xuvencu ,pero temos que pensar en que domingo temos un partido moi importante contra o portomouro que van de quintos etemos que ir todos o LINO BALADO apoiar o equipo porque nos necesita.FORZA SIGU.

Anónimo dijo...

moito decides do ordes pero no xuventude tamen fan as alineacions pancho e o presidente

Anónimo dijo...

Non me extraña que non quixera poñer a viaño porque non vale nin pa plantar patacas.O balon mais redondo que viu debeu ser un pipo de viño!

Anónimo dijo...

se atenderades a animar o ekipo en ver de botarye merda o xuventude mais o ordenes...de pena,pero bueno


ANIMO SIGU!!!!


pd:un ex- do sigu

Anónimo dijo...

pois lelo pouco aguantou porque co entrenador que teñen ahora viaño vai entrenar cos de 3º e non xoga un partido e creo que marchou

Anónimo dijo...

cos de 3ª regional non? xk si ese paisano xoga esta en 3ª division apaga e vamos...

Anónimo dijo...

non xogaba iba entrenar con eles e cos da sua categoria non e por iso non xogaba(e eran os de terceira division)

Anónimo dijo...

ok!logo e defecto do animal

Anónimo dijo...

si si decide o k keirades de viaño peo esta entrenando con 3 division!!leva toda a temporada e ten un contrato firmado co orde!!cousa k tubo moi xunga xk os de conxo non o deixaban marchar,kerian cederllo!!

sera malo sera o k keirades peo a semana pasada foi o calo de preferente x el!!e os do ordes non o deixan marchar!!

sabedes xk¿?xke juvenil de segundo ano e peganos unha volta a todos!!as cousas ainas k reconocer!!

tades ekivocados!!no xuventde n as fai o presidente xk dudo k sepa sikiera cantos raapces ai aora meso nos juveniles ou n calkera categoria!!e o "coordinador" eso mais nada e o mesmo!!

Forza sigu!!

Anónimo dijo...

Esto para o da pretemporada mal feita!
Solo che podo dicir unha cousa, con ibán non nos meteron (ou 1 ou como moito 2) goles a balón parado entre o ano pasado e este. E metéronse máis de 20 goles a balón parado! Tanto aburrían parece ser as súas sesións de balón parado pero con este adestrador todos vimos que en Montaos o equipo meteulle un tapón 3 goles por arriba...logo en vez de remedialo chegase o día do Tordoia e métenlle outros 2 goles por arriba...ata que porfín se da conta que o sistema que se debía usar era o que tiña ibán, defensa en zona, que é o que se está a facer! Logo, en balón parado a favor os xogadores non saben o que teñen que facer...conclusións: 0 goles a favor! O ano pasado fixerase unha super-pretemporada porque había 2 meses antes da competición, este ano a competición empezou a primeira semana de setembro...logo os xogadores nun mes de pretemporada non puideron coller o tono ideal, neste equipo nin en ningún! E empezar antes era sobrecargar os xogadores si darlles descanso da gran temporada anterior!
Empecemos a falar con criterio, este tio ponos a correr como locos con ejercicios que nestas alturas non hai que facer e non mira nada a táctica, e o 80% do fútbol é balón parado! Ibán ten vivido o doble de fútbol que este señor amigo! Sei ben a historia dos 2!

Anónimo dijo...

non coñezo a ningun, repito, a ningun afeccionado que nin sequera se para a pensar se lle preguntamos como se está mellor agora con lelo ou antes con iban.

todos queremos complicar cousas moi simples.o futbol e futbol e punto e se vas domingo si e domingo tamen e ves que a maioria das faltas no teu campo as saca o porteiro para colgalas ala polo pabellon... amigos eu prefiero irme de cañas e non ir perder unha tarde o campo de futbol.que lelo non da moito futbol o equipo? pois por suposto que tampouco e do mais vistoso, pero polo menos creanse opcions de perigo,e aspiras a gañar ou perder, antes aspirabase a perder ou a empatar.

por outra parte,iban fixo un gran traballo co equipo,o ano pasado, este ano nada de nada, e non fales de goles a balon parado joder, que aqui non se descende por goles a balon parado,nin por penaltis nin por faltas, descendese por non gañarlle a ninguen e deso si que tes que botar contas, 9 partidos, ningun gañado, e se repasamolos rivais cos que se enfrentou... como para alabalo vaia...

Anónimo dijo...

As miñas conclusións:

Lelo-MELLOR CA-Ibán deste ano.
Ibán do ano pasado-MELLOR CA-Lelo.
Marcial este ano-MELLOR CA-Lelo e Ibán, este ano.

Ou non?

Anónimo dijo...

non creo que sexa cuestion de dicir quen e mellor ou peor.

a cuestion e que lelo leva sete partidos, 8 puntos de 21 posibles e contra rivais bastante jodidos e estan a criticalo os mesmos que dician que se botara a iban demasiado pronto cando este tivo 9 partidos e non deu gañado ningun. e certo que en chaian se fixo un mal partido pero, estamonos precipitando e, para saber de lelo non lle hai que preguntar os de ordes, hai que preguntarlle os de oroso ou os de dubra e xa veredes o que opinan de lelo.

Anónimo dijo...

iban é un gran entrenador e lelo outro gran entrenador.
criticade o que queirades pero este ano hai que permanecer na categoria sexa como sexa,e a min e o que me vale,o de xogar ben ou bonito xa se vera noutra tempada pero nesta o que toca e sufrir e ganar,xogando mal ou ben.

para o que fala de viaño...xogador mediocre e si esta donde esta debe ser pola pai que é un puto verde.

Anónimo dijo...

- Que os partidos non se gañan a balón parado? Demostrasme moito con esto! o 80% dos goles no fútbol veñen de balón parado! E este o traballo que ten que ten un adestrador a parte de ter unido o equipo! Unico e exclusivamente esto porque o de xogar xa ven dos xogadores, un xogara mellor e outro peor. Tordoia e Montaos: rivales directos! 1punto de 6 gracias os balóns parados! (os goles a balón parado son de faltas laterais, de saques do porteiro, de corners, de penaltis e de faltas directas, por se non o sabes).

- Que se crean oportunidades de gol + que antes? Non sei se viches o partido do domingo en chaián, pero oportunidades 0, metidiños atrás contra un equipo con 9 e gracias non perder! Contra o Rodeiro gañouse polo campo, que nin valía nin pa uns nin pa outros e tivemos máis sorte nese aspecto porque en condicións normais métennos 5!

- Que o porteiro as colgaba alá no pabillón? Agora directamente cando alguén no noso campo ten o balón as ordes son...9!!!! Patadón a rompela! Polo menos ibán dicialle aos xogadores, toque toque! Se na tocan xa é cousa deles pero polo menos deciaselle.

- O ano pasado recordoche que na primeira volta empatouse co Resmón, perdeuse co Costoia, co Ortoño...douselle tempo a ibán e o final logrouse o que se tiña k lograr! Este ano deronselle 9 xornadas! Lelo leva 7 se non recordo mal e non subiu ningunha posición! É mais, tamos + distanciados que cando o colleu. Este ano o traballo foi bo, o que pasa eque hobou xente que se rascou os wevos e o chegar o mister novo empezaron a correr!

- Por último, o primeiro que dis, que non coñeces a nadie que diga k estamos peor que antes...eu si! e bastante xente e sobretodo xente que entende de futbol! Ata me atrevería a dicir que os xogadores están mal polas caras que vin o domingo ante os sistemas que este home puxo no campo, que a min polo menos, ferviame a sangue vendoos fora e non lle podendo dicir nada! Estaban fatal, e teñen moito futbol pero non se pode salir metidos atrás contra un equipo tan débil por favor!

Anónimo dijo...

non é que salgamos atras solo contra o chaian saimos contra todos e temos que sair a gañar a todos xa sea o grixoa ou sexa o montaos hai que sair adiante e se o outro dia non hai 4 defensas xogas con tres pero non metes a ivan e a leo de lateral e na segunda metade sacas a dous dos mellores ao principio como oscar e jose e que xogamos a ver si nun patadon desde atras,un remate de juan a balon parado ou xogada de marcos que acabe en gol e si non sale iso xa non sabemos que facer

Anónimo dijo...

Non vos preocupedes tanto polo xogo do SFC, q total si as cousas van mal e descendemos temolo facil votamoslle a culpa o Xuvencu, total xa cargan con todo e con unha mais ben poden jejeje

Anónimo dijo...

o que me quedou claro e que ti tes unha venda nos ollos e non queres ver mais ala tio.

pareceme de puta madre que penses que se lle deu pouco tempo a iban,( a min non mo parece)pareceme de puta madre que creas que o 80% dos partidos se gañan a balon parado, se e asi nos xa teriamos que estar en terceira, pero o que xa mosquea e que digas que de tordoia e montaos se sacou 1 punto ( gran diferencia cos 2 de iban) e cando falas do partido de rodeiro dis que en condicions normales nos meten 5.

ti o que estas e a defensiva amigo e se non queres ver mais ala do teu heroe iban non e o meu problema.

unha pregunta:foches a rodeiro?
eu creo que non porque en condicions normais como dis ti deberiamos gañar 1-4. unha de jose angel o poste, outras duas de juan e paderne a porta vacia e algunhas mais pero moi claras amigo. e unha cousa amigo,iban foi o unico entrenador dos tres que estiveron este ano que non foi capaz de gañarlle a ninguen, con mais partidos dos tres, cos rivais mais faciles dos tres, e senon comprobao por ti mesmo e se dis que tivestes pouco tempo para a pretemporada pois eu digoche que o mesmo cos outros equipos da categoria, e se agora mesmo se esta onde esta e porque ainda se estan botando en falta eses puntos das primeiras 9 xornadas, senon bota calculos(eu xa os fixen),conta os partidos dende a xornada 10 ata hoxe e verás que estariamos de 8 amigo.

Anónimo dijo...

Pois vouche botar cálculos logo! Tiven en Rodeiro si! E tasme dicindo as ocasións que houbo nun partido que non foi nunhas circunstancias normais! Por equipo, o rodeiro é moi superior o sigüeiro e moi superior a maioría da categoría! A táboa o reflicte e os propios xogadores admiten que nun campo en boas condicións metiannos un baño!
Outra cousa, non foi capaz de gañarlle a ninguén porque non houbo sorte en determinadas ocasións (cousa que por exemplo pasou agora en Rodeiro), por exemplo no partido contra o San Mamede ou no partido contra o Montaos que non se gañou por moi mala pata e xk algunhas personiñas non daban o que tiñan que dar (esto vino, vexo e escoiteino). Agora Lelo, con 2 xornadas menos que ibán colleitou as mesmas derrotas! Evidentemente algunha vez terían que chegar as victorias, e se tivera ibán chegarían o mesmo amigo! Xk entón tasme dicindo que se ibán permanecía ibamos acabar a liga con 0 victorias ou k? Eu sei ben o que me falo, xa sei o k fixo Lelo no dubra porque o vivín en primeira persona, e se ascendeu foi polo equipón que tiñan! Non polos seus méritos porque está a facer o mesmo akí k alí!
Ibán ascendeu a un equipo que o ano anterior con Marcial quedara 7º de terceira, penoso! E este ano cando xogaron con el tampouco xogaban a nada, xk lle tocara o Laro (fora da casa non gañou un partido) e o Pino sin a maioría dos seus titulares non me tas dicindo nada (a parte de ir dar vergonza a Silleda contra un equipo malísimo).
Dis ti que os rivais de Lelo son dificilisimos (cacheiras e villestro dirás) xk o resto son penosos (chaián, tordoia, montaos, tabeirós...tremendos!). Os de ibán eran un tal San Mamede, un tal Portomouro, un tal A Baña ou un tal Chaián con un bo ekipo, non coma o da segunda volta!

Anónimo dijo...

o teu en serio que non o entendo.

para rematar con esto, haber se o entendin ben.

se iban estivera estariase moito mellor na clasificacion, gañariaselle o chaian o outro dia xogando ben, gañariase todo o que se gañou con lelo e marcial e tamen se gañaria todo o que se perdeu con estes dous como silleda, montaos etc. e asi verdade?

ah, e unha cousa, xa e a segunda vez que dis que con iban habia xente que non lle poñia collons, (eu eso tamen llo noto a algun desde que el non está) esa e outra asiganatura dun bo adestrador amigo, o vestuario, pero se ti pensas que o mais importante e o puto balon parado...

Anónimo dijo...

queremos equipo de xuvenís do Sigüeiro F.C.¡¡¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

xuvenis do sigüeiro¿?,enfin,e mellor tar kaladiños...

Anónimo dijo...

CR7 mierdas¡¡¡ pode que teñas razón no de lelo pero no do xuventude non... O Xuventude é unha escola deportiva e pola tanto non pode negarse a inscribir a xogadores e despois fichar a outros ou prtescindir de algúns.O xuventude é unha mafia e VIVA O SIGU¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

Pa que queredes o xuvenis si cando os tivestes quedastes sin eles e eso q estabades en primeira. Moito queredes e cos modestos tedes o pobre Marcial solo q non da feito e acabarase cansando.
Pensade un pouco ca cabeza e empezade por formar unha directiva, a casa faise desde abaixo e sin directiva non hai equipos.
Os q moito falades metervos na directiva levade unhos cantos paos e logo falades. Desde fora todo se pinta moi bonito pero menos falar e mais arrimar o lombo.

Anónimo dijo...

senn estades enterados o xuventude nn eskribiu a un xogador solo,asiek nn faledes do ke nn sabedes....e alguns marcharon xke nn xogaban,pero komo komprenderedes nn van xogar todos kunha plantilla de 25 xogadores

Anónimo dijo...

Haber se ganamos este fin de semana ,temos todos que apoiar o equipo.FORÇA SIGU.Hai que comer os merdas do portomouro.

Anónimo dijo...

Non digo que se fora gañar máis ou menos...simplemente que se faría o mesmo que se fixo! O traballo xa estaba feito, que pensas, k chegou marcial, quitou a varilla mágica e ala, xa se gañou! Que ben! E agora conseguirase kedar entre os 5 primeiros! Non me jodas...
Dacordo en que é asignatura do adestrador manter o equipo unido pero o ano pasado conseguiuno e este houbo uns cuantos polo que vexo cos que non o conseguiu! Pero eso tamén lle pasará a Lelo e debíase evitar dandolle pista os que fagan esto porque o van facer con todos.
E non te empeñes co balón parado, tou dicindo que o 80% das ocasións no fútbol derivan dun balón parado...Os grandes adestradores de fútbol así o afirman e o ano pasado creo que quedou moi demostrado!

Anónimo dijo...

a xente kere equipo de xuvenís

Anónimo dijo...

O único que pasa aquí é que somos unha morea de rapatundas sin sangre, que non foramos capaces de ganar o outro día en Chaián vendo como estaban eles xa di ben claro o camiño que levamos, o descenso.

Anónimo dijo...

Para o partido de maña esta Diego?

Anónimo dijo...

Si, en principio é o último partido de Diego esta temporada co Sigüeiro.

Anónimo dijo...

Veña ostia que maña temos que ganarlle os merdas eses do portomerda ,e darlle a nosa despedida a Diego por esta tempada.

Anónimo dijo...

Diego que marcha para China? non?

Anónimo dijo...

Si, vai para China un tempo! Hai que despedilo por todo o alto!!

Anónimo dijo...

FORZA SIGU HOXE TEMOS QUE GAÑAR.

Anónimo dijo...

Diego vaise cedido ou vendido??
Hai que decirlle que leve a Bandeira do Sigüeiro a China para facernos un pouco máis internacionais.

Anónimo dijo...

hai que decirlle a diego, que leve unha camiseta do sigu ou a do colectivo, para dar o salto ao mercado asiatico... que saque fotos e as envie pa o blog.

hoxe as 16.15, todos no lino balado

Anónimo dijo...

Partido co Portomouro suspendido.

Diego vaise o 8 de Marzo...dixo que ó mellor aínda está nalgún dos dous partidos que quedan antes do 8...