jueves, 9 de abril de 2009

SIGÜEIRO 1 - PORTOMOURO 1

Sobraron quince minutos
-
Partido sen ocasións, no que Álex foi clave e o gol de M.Juncal foi anulado a quince minutos para o fin do encontro
-
O mal tempo vivido na nosa aldea, dende fai xa un par de días, sumado ao comezo da ponte, trouxeron como consecuencia unha mala entrada e moi pouco ambiente nas bancadas do Lino Balado.
-
Teremos que seguir agardando para ver ao noso equipo acadando a permanencia. Aínda que o Sigu é o segundo mellor colocado na táboa clasificatoria (dos equipos que teñen posibilidades de descender), non se pode confiar debido a que os dous próximos rivais, O Pino e Tabeirós, son dous conxuntos que están nunha situación similar a do Sigu; e despois de que estos dous equipos visiten o noso feudo, ao Sigu espéranlle dous galos desta Segunda Autonómica G-5; o Villestro e o Cacheiras. Son once, os equipos con posibilidades reais de ocupar os tres postos de descenso que están sen dono; o que si estará seguro a vindeira tempada, en Terceira, será o Sp. Estrada que xa non ten opcións matemáticas de zafarse.
-
Comezou o partido, como o están a facer moitos esta tempada: o xogo bastante travado e sen ocasións para ningún dos dous equipos. Era o Portomouro, quen tiña un maior dominio e o perigo que xeraba, eran balóns aereos ao corazón da área de Álex, que estivo moi seguro durante todo o encontro. Para ver a primeira ocasión do Sigu, teríamos que esperar ata a media hora de xogo; estaba nas botas de M. Juncal, que erraría, despois de recibir un bo centro de Munitis dende a banda dereita. Pouco despois, Óscar tería unha boa ocasión, cun lazamento cruzado que o gardarredes mandaría a cóner. Xa co tempo cumplido, adiantábase o Sigüeiro, logo de que M. Juncal definira de forma perfecta diante do porteiro rival. A verdade é que a vantaxe antes do intermedio, non era xusta, os méritos que estaban a facer os nosos para gañar, non eran superiores aos que estaban a facer os de Portomouro.
-
A volta do descanso, o partido non cambiou demasiado. Aos poucos minutos, dun disparo dende fóra da área, Álex realizaría unha boa parada en dous tempos. Ao cuarto de hora desta segunda metade, Lelo tería que dar entrada de maneira inesperada a Paderne, xa que o capitán, José Ángel, mancárase nun nocello; ademáis tivo que retirarse cara o vestiario axudado, polo que todo apunta que estará sen xogar varias semanas. Novamente un moi peleón M. Juncal, tería a oportunidade de incrementar a ventaxe, pero non atinaría a mandar ao fondo da porta, logo dun córner. Á media hora de segunda parte, a pelota chegáballe botando na frontal da área, a un dianteiro, que cunha sutil vaselina poñía o empate no marcador. Logo do gol, chegaban os peores momentos do Sigu, que logrou mantelo resultado, grazas a un par de boas intervención de Álex. No tempo engadido, o partido puido ser para calquera dos dous: Óscar, case "enchufa" un gol olímpico, dun cóner dende a parte esquerda; a resposta dos visitantes viría cun balón ao ferro, pero non dun dos seus xogadores, senón de Fran cando intentaba despexar.
-
Ao final, o empate non deixou de todo contentos: nin os xogadores, nin os/as siareiros/as. A proxima cita, de aquí a tres días; o xa nomeado partido contra ao O Pino, no Lino Balado.
-
-Hoxe no SFC: Álex; Amancio, Fran, Juan e A. Raña; Munitis (m. 85, Iván), León (m. 84, Marcos Vigo), Javi González e José Ángel (m. 58, Paderne); Óscar e M. Juncal (m. 72, Toni).

28 comentarios:

Anónimo dijo...

Samuel titular xa!!

Anónimo dijo...

grane juncal

Anónimo dijo...

jose angel m.v.p

Anónimo dijo...

a ver que pasa este domingo sin jose angel no campo e a ver que pasa para a proxima semana sin jose angel e sin juncal.
onte sairon estes dous do campo e cambiouche ben a cousa,e non digo que os outros xogadores non sexan bos ou importantes pero estes dous penso,como tamen xavi.

Anónimo dijo...

a ver que pasa este domingo sin jose angel no campo e a ver que pasa para a proxima semana sin jose angel e sin juncal.
onte sairon estes dous do campo e cambiouche ben a cousa,e non digo que os outros xogadores non sexan bos ou importantes pero estes dous penso que son claves neste equipo,como tamen xavi.

**o comentario seria asi

Anónimo dijo...

óscar tamén é clave xa que a maioria das ocasións de perigo estan nas suas botas

Anónimo dijo...

qeremos a the punisher
o home de todas as mulleres

que fale the punisher

Anónimo dijo...

onte o cambio de juncal non se entende.estaba sendo uns dos mellores e estaba sendo unha referencia arriba e quitao...non entendo

Anónimo dijo...

Correcto, non se entende porque non sodes o mister nin juncal, eles terán os seus motivos!!!

Anónimo dijo...

sabran juncal e lelo o xq do cambio non sei pa k lle ai k dar tantas voltas

Anónimo dijo...
Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.
Anónimo dijo...

o que puxo o ultimo comentario:sabes a burrada que acabas de decir?de verdad queres iso?

supoño que seras un chabalin que non ten dous dedos de frente porque si tiveras algo de cabeciña non decias o que acabas de decir.

algo de sentido porfavor

Anónimo dijo...

o que di samuel titular xa...a quen quitas?

Anónimo dijo...

samuel o seu traballo cumpreo ben e non mo negues

Anónimo dijo...

forza sigu!!!!

Anónimo dijo...

samuel cando xoga cumple por para o que xoga xa leva dous goles se non me engano

Anónimo dijo...

o que lle pasa a samuel e que necesita minutos, porque con 10, 20 minutos de partido non da tempo a nada, SAMUEL TITULAR XA!!!

tetazas dijo...

lamentable a pouka xente ke habia no campo o xoves...e kon respecto o the punisher este e mellor ke descanse unha actulizaion tan sekera pa refrescar ideas...jose recuperate pronto!

Anónimo dijo...

eu digo que a quen quitas do campo.

Anónimo dijo...

Bueno xa que a permanencia está case asegurada, animaría ó administrador do colectivo a abrir unha entrada con "posibles altas e baixas para a próxima tempada", xa que hai algún equipo que anda "tocando" os nosos xogadores. Aqui o que non corre voa. Veña colectivo animadevos

Anónimo dijo...

e que equipo anda tocando os nosos xogadores e a quen anda tocando?si se pode saber.

Anónimo dijo...

nos tiñamos k coller aos xogadores bos k sallan do xuventude de xuvenís. por que o ano pasado saliu un tal sergio que decian que era moi bo e aora está no sionlla en vez de aquí

Anónimo dijo...

Disque o Grixoa anda detras de Oscar....

Anónimo dijo...

jajaajaajajaaajajjajaajajaaaja

Anónimo dijo...

Sigüëiro 3-2 O Pino

Anónimo dijo...

estimado colestivo por que non facedes un apartado cas estadísticas dos xogadores? a min pareceme unha boa idea pero facede o que queirades

Anónimo dijo...

que pngan los que estan tocados x otros ekipos y los q se van a ir

Anónimo dijo...

actualización xa!que creo que para o ano seguimos en segunda!!

gran partido hoxe!!