domingo, 12 de abril de 2009

SIGÜEIRO 3 - O PINO 2

Virtualmente salvados
-
Victoria importantísima e moi costosa. Os fallos arbitrales favoreceron enormemente ao Sigu. M. Juncal, en dúas ocasións, e Toni marcaron para conseguir os tres puntos
-
Era un partido clave, hoxe pasaba polo Lino Balado o equipo mellor situado para acadar a permanencia; e a sorte golpeou de cara ao Sigu, que salvo catástrofe, seguirá en Segunda para o vindeiro ano. Bo ambiente no campo, que nada tivo que ver coa desértica imaxe nas bancadas que houbo o pasado xoves.
-
Comezou o partido con susto para o Sigüeiro, xa no primeiro minuto o O Pino enviaría un balón ao pao, logo de que Álex dubidara na saída. Antes dos primeiros dez minutos de xogo, chegaba o primeiro do Sigu: gran pase de Munitis, recorte e golpeo de Toni e M. Juncal de cabezea o rechace ao fondo da porta. Pouco durou o un a cero no marcador, porque tan só tres minutos despois producíase unha falta preto do centro do campo, o saque ao corazón da área acábao metendo na nosa propia porta Xabi. Pasada a media hora, M. Juncal deixaba de cara un balón largo e Toni cun boísimo zurdazo volvía poñer ao Sigu por diante. O empate de O Pino, pouco antes do descanso, despois de que un atacante rematara no punto de penalti, un centro dende a parte dereita.
-
Á volta do intermedio o ritmo do partido foi menor, aínda que iría en incremento. Aos dez minutos, un xogador de O Pino erraría de forma increible: só, coa portería baleira, enviaría a pelota ao pao. Aos quince minutos, chegaba o terceiro e derradeiro gol; penalti e expulsión (doble cartón amarelo), M. Juncal transformaba tranquilo pola esquerda da portería (no vídeo do final). A partir de aquí o partido estivo máis "quente" e o xogo foi máis duro. A falta de cinco minutos, Alberto Raña sacaba o balón na liña de gol. O Pino quedaría cun home menos despois de que un xogador insultara (presumiblemente) ao colexiado, e logo de ver o cartón vermello empuxara ao árbitro. Álex "salvaría os mobles" cunha espectacular parada (na foto). Xa co tempo regulamentario rematado, M. Juncal tería que ir para os vestuarios antes de tempo, xa que víu o segundo cartón amarelo. A derradeira para o O Pino, sería outro gol "pantasma", despois de que a Álex escapáralle o balón das mans, pero soupera rectificar.
-
-O árbitro:
-
A verdade é que todolos/as siareiros/as, podemos estar contentos coa actuación arbitral. O colexiado favoreceu ao Sigu coas súas decisións:
- Pitou un penalti ao noso prol, que apesares de ser, poucas veces se sancionan.
- Non lle tremeu o pulso á hora de deixar ao O Pino con nove.
- Non dou por válido ningún dos dous goles "pantasma" de O Pino. Non se pode dicir con certeza que a pelota entrara, pero en ámbalas dúas ocasións, os rivais xa estaban a celebrar o gol.
-
A vindeira cita, dentro de sete días, fronte ao Tabeirós, novamente no Lino Balado. A victoria sería xa a corfirmación de que permanceremos en Segunda.
-
-Hoxe no SFC: Álex; Fran (m. 74, Marcos Vigo), Xabi, A. Raña e Amancio; Munitis (m. 72, Iván), Javi González, Paderne (m. 60, Juan) e León; M. Juncal (m. 90, expulsado) e Toni (m.57, Samuel).
-

40 comentarios:

Anónimo dijo...

colectivo quitade o odimetro dai agora mesmo.
noraboa equipo, grande juncal grande.

DIEGO MATA dijo...

Grande Sigu, Grande...non hai cousa que me faga máis ilusión que ver unha vicotoria sobre o PINO!
NORABOA A TODOS! Para cando o porteiro nos MVP? Moito leo que salvou salvou salvou...e nunca aparece nos MVP? jajaja Eu pido Alex MVP....(non vin o partido, teño que recoñecelo)
1 abrazo

Anónimo dijo...

Grande Juncal e grande Toni.xuntos fan moito perigo.enlazaron moitas xogadas de ataque.o ano que ven en segunda outra vez.

Anónimo dijo...

Tanto como axudas arbitrais non sei eu:
1- Penalti clarisimo, levanta o codo e saca o balón con el. O tipo nin protestou, era a segunda amarilla e a calle.
2- O gol pantasma que pode dicir que entrou?? Pois o árbitro menos...ante a duda non se pita e vía.
3- A segunda expulsión deles xustísima, chamalle de todo, que lle vai facer?
O que pasa é que en vez de ser o campo do sigu parecia o do Pino e con tanta protesta parece k favoreceu o Pino.

Anónimo dijo...

*favoreceu o sigu

tetazas dijo...

tamen o as arbitros lebanos jodendo todo o ano en sigüeiro...asike xa era oras de ke tiraran un pouko po noso lado!aora a pillar o rodeiro!

Ü dijo...

O arbitro axudounos moito:
1-O penalti é, pero moitos dese tipo quedan sen sancinar. O sabado ó Barça pitaronlle un penalti moi parecido, eo día seguinte na Tv e no Marca xa saian dicindo que desos hai mil...
2- Os goles fantasma, ante a dúbida non se pitan, pero os arbitros normalmente ainda que dubiden pitan igual. Ademais despois do cristo que lle montaron no primeiro gol fantasma, tivo o valor de non darlle o segundo
3- Da primeira expulsión non se dubida, se é penalti é segunda amarilla, pero o segundo expulsado; cantas veces se escoitan insultos dos xogadores aos arbitros???

Mais que roubo, o arbitro aplicou demasiado ben o regulamento... pero os tres puntos valen igual

Anónimo dijo...

A cuestión é buscarlle peros a todo, que se lle vai facer...
Forza sigu

Anónimo dijo...

o colectivo esta a facer un gran traballo
pero solo se vos pode pedir algo mais:
que no campo deixedes a gorxa e que anumedes coma uns verdadeiros ultras.
moito siguu¡¡¡¡
animo colectivo a seguir asi¡

un do sigu dijo...

unha pregunta para diego:
en que clube de shenzhen estas?
en que division esta?
moita sorte.

un do Colectivo dijo...

ei diego unha entrevista via mail??

Anónimo dijo...

queremos saber cales son agora as posibles altas e baixas do sigu para a tempada proxima

Anónimo dijo...

Pareceme interesante o que apunta o ultimo anonimo, seria interesante saber (agora que se acadou a salvacion) as baixas do sigu, se alguen ten informacion e quere compartila, perfecto. Porque fai semanas falavase de espantada xeral...

Anónimo dijo...

como imos animar si somos 6 pelagatos e queiras que non danos un pouco de pau

Anónimo dijo...

Non me foder!para unha puta vez que nos axudan algo os arbitros que sempre nos andan fodendo ala por donde imos pois que mais da que si foi penalti que non foi.gañamos e punto que é o que conta.

Anónimo dijo...

no penalti viuselle moi "nervioso" a Juncal...

estou a favor de que se vaian poñendo as baixas que hai para o ano.

Anónimo dijo...

eu quedome coa dedicatoria de juncal a manolito (river) no gol de penalti que moi ben captaron as camaras do colectivo...buenisimo

Anónimo dijo...

colectivo estadelo facendo moi ben pero non podedes poñer as posibles altas e baixas de cara a próxima tempada xa sei que estades a faser un gran esforzo pero sempre se pode mellorar animo chavales!!

Anónimo dijo...

Que queredes que se poñan altas e baixas??? Pensades que esto é o R.Madrid ou o Barcelona?? Non se saben nestes equipos e vanse saber no sigu...pois si, saberanse, alá no mes de agosto cando se vexan os que veñen entrenar e os que non! Manda wevos!

Anónimo dijo...

Comentar que Juncal non xogará nin contra o Tabeirós(acumulación de tarxetas amarelas,a 5ª tarxeta recibida contra o Portomouro),nin contra o Villestro(expulsión de onte).pena disto porque nestos partidos estabao facendo ben.

Por certo,bo xesto dedicándolle o gol a un seguidor incondicional do sigü como é Manolo.

ánimo sigüeiro!a ganarlle o tabeirós!!

DIEGO MATA dijo...

O que pregunta en qué categoría estou xogando... eu teño unhas cores, e son as do Sigu, non me vendo, jeje!

Non toquei un balón desde que xoguei contra A Baña. Non teño tempo nin quero. Prefiro estar dendo o banco de siareiro animando á xente que suda e sinte o Sigu! E o futbol pasou a ser secundario na miña vida.

1 saúdo,

Anónimo dijo...

proposta 11 titular para xogar frente o tabeiros:

-------------Biurrum---------------
--Fran----Xavi----Alberto--Amancio-
-----------Juan---Gonzalo------------------------Jose-----------------
----Samuel-----Toni-----Oscar------

q vos parece?

Anónimo dijo...

bueno a idea é que no debuxo quedase jose por diante de juan e gonzalo na posicion de mediapunta.

que decide?

Anónimo dijo...

o ultimo comentario non ten nin puta gracia,paleto

Anónimo dijo...

marcos vigo no sitio de samuel
e na porta alex

Anónimo dijo...

samuel está ben de titular

Forza siguu!!

Anónimo dijo...

-------------Biurrun---------------

Alberto-----Juan--Xabi------Amancio


Munitis-----Javi------------J Angel

Leon

Toni-----Samu

Anónimo dijo...

colectivo si facedes o favor borrade o comentario do energumeno inculto que pide a moncho.

Anónimo dijo...

moito se podera falar
pero na miña opinion
o colectivo fixo algo q non foi capaz ninguen nunca
sodes moi grandes chabales

moito colectivo!!

Anónimo dijo...

que pon no comentario que poñeron en alemán?

Anónimo dijo...

eso é texto de recheo,nada mais,pero todo dios se esta fixando nel...xd
tamen me gustaria saber a quen carallo se lle ocurre poñer eso..

Anónimo dijo...

aki poñense moitas burradas o do coordinador do xuventude o de monchito e aora esto non me extrañaria k fora a mesma persoa se kere decir burradas k a poña nunha paxina de burradas este é un blog do Sigüeiro futbol clube

Anónimo dijo...

xa levo moito tempo repetindo e repetindo o que vou dicer. Alex leva realizando unha tempada á altura...onde as súas intervencións o están a converter nun dos xogadores claves deste equipo. Sempre Siguëiro. Sempre Álex

Anónimo dijo...

Hai rumores na rua de un Sigueiro B formdo por xogdores do xuventude e colaborando os dous, aljen sabe aljo de esto ou estase tramando aljo

_--RKO--_ dijo...

Creo que o un Sigu B sería marabilloso, pero a día de hoxe é tan marabilloso como imposible. Hai rumores de que moitos do plantel actual vanse e primeiro habería que estar seguros de que para o ano estemos máis ou menos arriba, senón o B non serviría de nada, é o caso do Silleda: os dous para descender. Non creo que haia xogadores para dous equipos.

tetazas dijo...

elojo no ODIOMETRO non podiades poñer a opcion c....OS DOUS!! eke senon teño ke andar cambiando no voto cada dia porke non me dou decidido e asi aforrariadesme un quebradeiro de cbeza.jajaja

DIEGO MATA dijo...

Alex é clave no Sigu e en calquera equipo! Estou lendo cada crónica! E non sei, pero se hai unha persoa clave na permanencia do Sigu é Alex....puffff en serio....canta xente con ganas só de facer daño con comentarios que non veñen a conto....

GRANDE ALEX, GRANDE!

Anónimo dijo...

buff no tengo nada mas que agradecer las palabras de diego...el merito es de todo el ekipo, bien lo sabeis todos...y tuyo tambien xq nos hicistes mejorar a todos un pokito tanto como personas como en la parte deportiva...gracias de todo corazon allí en donde estes...jajajajaj

ALEX

Anónimo dijo...

como quedou o sigu?

Anónimo dijo...

perdeu 5-2