domingo, 19 de abril de 2009

SIGÜEIRO 2 - TABEIRÓS 0


Permanencia: misión cumplida
-
Primeiro Samuel, e logo Javi González, marcaron para asegurar a permanencia. Puido ser unha goleada, pero faltou sorte
-
O obxectivo xa estaba case acadado dende fai sete días. A victoria fronte ao O Pino (3-2), deixaba todo de cara ao Sigu, para estar en Segunda o vindeiro ano. Facía falla un punto para que a permanencia fora matemática, e hoxe contra ao Tabeirós, conseguíuse.
-
Partido aburrido en liñas xerais, pero que deixou bos momentos do Sigüeiro, sobre todo na tarefa ofensiva durante a segunda metade. Antes dos dez minutos, chegaría o primeiro susto para os nosos; a pelota bota de forma extraña diante do hoxe titular Biurrun, que ante os problemas tería que enviar o balón a córner. A verdade que nos primeiros minutos o dominio foi do Tabeirós, que se podería adiantar nunha doble ocasión producida por un "balbordo" na área. Aos vinte e cinco minutos o Sigu non perdonaría, despexe de Juan dende o noso campo que vai cara a porta rival, o cancerbeiro erra de forma inconprensible, e Samuel aproveita para anotar o gol tonto da tempada. Non transcurriran nin cinco minutos, cando se produce un saque de curruncho na parte esquerda, o balón cara o segundo pao "tócao" Juan e Javi González remata, poñendo o dous a cero. Dende aquí ata ao fin deste primeiro tempo, viuse moi pouco polo Lino Balado, tan só a destacar o troco de José Angel por Paderne, logo de que este último se mancara.
-
Os inicios do segundo tempo seguiron na mesma liña que rematou a primeira parte, aínda que as ocasións irían aumentando co paso dos minutos. Aos dez, o Tabeirós tivo a oportunidade de cambiar o encontro, cando enviou un balón ao longueiro; esta foi a única oportunidade de perigo dos visitantes ata o final do partido. A partir de aquí, chegaron numerosas ocasións para os nosos; a primeira, para Óscar, que optaba por un man a man, cando tiña a varios compañeiros mellor posicionados. Toni non atinaba a rematar un centro dende a parte dereita, e logo, el mesmo erraba rematando de cabeza. Munitis de cabeza enviaba a pelota ao traveseiro. Xa co tempo cumplido, un moi peleón Toni, non obtivo a recompensa do gol e fallaba diante do gardarredes rival.
-
Despois de conseguir a pemanencia hoxe, o Sigü visitará ao segundo clasificado, o Villestro, sen nada en xogo; e rematará a liga fronte ao Cacheiras dentro de dúas semanas, no Lino Balado. Na ida, o Sigüeiro caeu derrotado con ambos, co primeiro por dous a tres, e co segundo, por tres a cero.
-
-Hoxe no SFC: Biurrun; A Raña, Fran, Xabi e Juan; Javi González, Paderne (m. 33, José Ángel), Marcos Vigo (m.50, Munitis) e Iván (m.57, Toni); Óscar e Samuel (m. 69, Amancio).

27 comentarios:

DIEGO MATA dijo...

NORABOA A TODOS!

Anónimo dijo...

eu xa dixen que samuel tiñas que ser titular, e cumpriu

Anónimo dijo...

para o ultimo anonimo:

se pos a samuel, a quen quitas?, con doce non se pode xogar...

Anónimo dijo...

pedazo partido de juan el e un crack

Anónimo dijo...

Juan seleccion XA!!! E samuel banqueta, oscar e marcos juncal están por diante!!!

Anónimo dijo...

Bueno hai que ir botanlle a man a algun xogador do Montaos ou Chaian que parece que po ano vanse os 2 para 3ª...

Anónimo dijo...

o renacuajo do montaos para o ano e capaz de vir para o sigüeiro como van descender...aunque bueno hai que recordar que él é xogador de preferente asique igual o ficha o meson de bento...vaite deitar pailan!!

Anónimo dijo...

o mvp na miña opinion tiña q ser o perruqueiro de samuel jajajaja

Anónimo dijo...

oscar ten que xogar na banda e arriba samuel e marcos

Ate a victoria sempre!

Anónimo dijo...

Oscar ten que xogar arriba, por fin encontrou a súa posición. Ahí fai goles e notase máis a súa intervención, cando xoga na banda escarallase todo. Os resultados e xogo dino todo.

Anónimo dijo...

oscar mete goles arriba e é unha pedazo de xogador pero viuse esta tempada que con juncal ó lado rinde moito mais xa que éste último brega e traballa para o equipo e é dianteiro,que deses hai poucos.

Anónimo dijo...

O montaos para o ano estará en segunda, non botedes as vacas diante do carro,e o pequeniño meteravos outros tres goles de cabeza para que espabiledes, mantas!!!

Anónimo dijo...

O renacuajo como decides é mellor xogador que calquera do sigu. non triunfa pola súa chulería, prepotencia, físico, e o mais importante, poruqe é un creido que cando marca 3 goles nun mal partido do sigu ven a semana seguinte todo wapo co chandal do montaos a rirse un pouco de nos mentres nos ve xogar e dí que malos somos. Oxalá descendan por xente como esa, que ademais nin siquiera xogaba en 3ª cando estaba en sigu, así foi que marchou. Unha vaca mais no millo.

Anónimo dijo...

O que está claro é que o montaos non descenderá (oxalá que si) pero o que si sei é que si os do sigu son mantas non sei que serán eles...xk k eu sepa están a 8 puntos do sigu! O que son é penosos...

Anónimo dijo...

por min como se contra o montaos perdemos sempre e que o medio polvo ese nos mete 5 en cada partido...a min o que me vale e quedar mais arriba posible non ganarlle o equipo veciño.Cada un esta contento co que pode.

Anónimo dijo...

samuel ten que xogar titular como este último partido

Anónimo dijo...

joder cos amigos de samuel, xa estou ata os putos huevos de vos

Anónimo dijo...

que dis dos amigos de samuel?
o que pasa aqui e que so se pode falar ben de dous ou tres e cando outro o fai ben xa son os amigos.
pois non samuel fixo un partido moi bo e senon e o q opinas sinto pero as cousas son asi.
se lle tes mania sera cousa tu pero dame q eres o de sempre

Animo sigu!

Anónimo dijo...

Que faga un partido bo non quere dicir que xa teña que ser titular. Cando xoga mal porque non o poñedes tamén?

Anónimo dijo...

tedes cada discusion...pero ke cojones vai vir juan paki...vos pensades ke e parvo ou ke?
mira cada xogador e o ke eh e esta no sitio ke ten ke estar...e se juan ten eses todos defectos e co balon nos pes e un as...pos e unha merda de xogador.e neste sigu non ten sitio...falamos do once inicial...

Anónimo dijo...

Os amigos de samuel son uns pesados...que fixo tan ben?empuxar un balon que lle regalou o porteiro?un pouquio de coherencia que xa cheira.

pijusmagnificus dijo...

eu creo ke todos sodes uns comemerda, ke falades sen saber un carallo e un dia decides unha cousa e o dia seguinte todo o contrario.

o sigu salvouse,gracias ó esforzo e confianza cousa que aki no foro era pouca, cantas veces se dixo lelo vete ya, e agora son 7 na liga. digo eu ke os xogadores tñen moita culpa deste traballo pero o entrenador tamen.
xa ninguen se lembrá de moitas cousas que pasaron no campo nos partidos, en fin parecedes o puto marca, xa esta obxetivo cumprido y xa esta...eso é o unico que se vos ocurre, pois eu penso que dada a situacion do clube, o pouco apoio ke tiveron dos aficionados, marcha de xente cada dous por 3 de xogadores, tres entrenadores diferentes, e metendolles merda dende o unico sitio que se dedica a facerlles un favor en principio....pois ten moito merito de dios. pa botar merda, cuchichear, pinchar nos xogadores, falar de rumores si, porque non rememorades agora e faces un apatado con comentarios ke fixestes que agora non teñen razon.....? dito keda

Anónimo dijo...

o que pasa que o traballo de samuel poucas persoas o ve, é un traballo de desgaste e presion para que os outros compañeiros non teñan que traballar tanto,pero eso non se ve,como non fai bicicletas nin perde 40 balóns nun partido xa non pode ser o mvp.non sei porque pero nos conseguimos marcar cando samuel sae ao campo.e do gol xa me toca o carallo, quen ia ir pelear ese balon?é outro e xa non perde tempo en votar esa carreira.sodes penosos os que criticads por criticar.o seu traballo é moi importante para este equipo e senon x me contaredes na copa,e o domingo xogou en tres poscions distintas e creo que nas tres o fixo moi ben.a dianteira con marcos, samuel e oscar de mediapunta pode darnos moitas alegrias,esa é a miña opinion.
e por certo, non son amigo e samuel, pero non me importaria selo porque o pouco que o coñezo pareceme un chaval cojonudo.

Norabo Sigu

Anónimo dijo...

Imos ter un problema os que queremos que baixe o chaian e o montaos porque un dos dous vaise salvar xa que o silleda b, por arrastre do primeiro equipo vai baixar tamén... que pena!!! Ainda así prefiro que baixe o chaian

Anónimo dijo...

como lle gusta criticar a xente a algúns xogadores a k é bonito criticar desde fora pois poñedevos vos no campo e deixade de rosmar k cada un fará o k pode digo eu
forza sigu!!!

Anónimo dijo...

oin que o partido do sigu é o sabado as 7 en villestro, ¿é verdade?

Anónimo dijo...

aver se vamos empezando a fichar xente do xuvetude e dos posibles descensos do veciños