viernes, 1 de mayo de 2009

SIGÜEIRO 0 - CACHEIRAS 2


O Sigu remata sen puntuar
-
No derradeiro partido de liga, o Sigü non puntuou. Lelo decidíu economizar esforzos de cara ó tan próximo partido de Copa
-
Esta tarde o Sigüeiro xa pensaba máis no derbi do domingo, que en rematar con bo pé a liga. Por iso hoxe Lelo, decidíu dar entrada aos xogadores que menos minutos disfrutaron durante a tempada e deixou no banco aos homes considerados de máis peso.
-
Non transcurriran cinco minutos de partido e o Cacheiras xa se adiantara; facíao logo de que un home rematara só no primeiro pao tras un saque de banda. Despois do madrugador gol dos visitantes, o xogo foi sempre dominado por eles. Dez minutos máis tarde, enviarían un balón ao traveseiro, logo dunha volea dende a frontal da área. As poucas ocasións do encontro eran sempre para o equipo rival, tanto foi así, que o Sigu rematou a primeira metade sen gozar dunha oportunidade con certo perigo. Xa estaba o encontro para irse ao intemedio, cando o Cacheiras incrementaba a súa renda, cun tanto co exterior dende a parte dereita.
-
Para afrontar a segunda parte, Lelo puxo no campo a todos os homes que estaban no banco. Entraron: José Ángel, Óscar, León, Amancio e Munitis; e aínda que o xogo do equipo mellorou e gozou de máis ocasións, non foi suficiente para conseguir empatar o partido. O primeiro lanzamento a porta con perigo, estivo nas botas de Munitis, despois dunha entrada por banda dereita. Tamén José Ángel fixo intervir o porteiro rival cun lanzamento de falta. Novamente Munitis quedaríase ás portas do gol, despois de rematar de cabeza. O Sigüeiro non logrou aproveitar estas ocasións e xa na recta final do encontro o Cacheiras puido marcar o terceiro, pero a oportunidade perderíase a escasos centímetros do pao longueiro.
-
En tan só dous días, a vindeira cita. O billete para a segunda rolda da Copa do Sar, pasa polo Lino Balado. Ás seis da tarde fronte ao Santa Cruz de Montaos; nun partido a vida ou morte, quen caia derrotado estará fora da competición.
-
-Hoxe no SFC: Álex; A. Raña, Fran (m. 45, Amancio), Juan e Manu Regueiro; Iván (m. 45, Munitis), Marcos Vigo (m. 45, León), Javi González e M. Juncal (M. 45, José Ángel); Samuel (m. 45, Óscar) e Toni.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

ao sigüeiro contra o montaos vaille pasar o mesmo que o madrid 2-6 xogo,set e partido jajaaj
VIVA MONTAOS

Anónimo dijo...

eso xa se vera mañan atontado
e se qeredes falar desa merda facede un blog, no caso de q sepades facer algo mais q andar en jujle klaro

mañan chorreo ao montaos e despois q veñan a ver os nosos partidos da copa q os recibiremos cos brazos abertos

x certo vendedesnos a cañon para tirar bombas?

Anónimo dijo...

dise google inculto...e por certo nadie che faltou ao respeto payaso

tetazas dijo...

se non keres ke che falten o respeto pos vas po muiño de fosao facela pera mono.

Anónimo dijo...

busque en internet jujle espabilado
e xa faltas ao respeto poñendo ese comentario de graciosillo

Anónimo dijo...

sigu 2-0 montaos jose angel e samuel
forza sigu a polo brión!!!!!

bulls dijo...

FORZA SIGU ¡¡¡¡¡¡¡


FORZA SIGU ¡¡¡¡¡


FORZA SIGU ¡¡¡¡


FORZA SIGU ¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

pero o segundo gol non foi en propia?

Anónimo dijo...

como quedou o Brión-A Baña??