O Sigu loitou ata o noventa
-O Sigüeiro non logrou a milagre. O árbitro foi o protagonista ao "cargarse" os dous irmáns Juncal nunha mesma xogada
-Remata a tempada 2008-2009 para o Sigu. A verdade é que aquí tiña que estar o fin; o Lamela é un moi bo conxunto que foi "amo e señor" da eliminatoria. Como xa ocorrera no encontro de ida, o partido foise en táboas ao descanso, pero á volta os nosos rivais mostraron superioriadade. O equipo pelexou por gañar, e iso, agradeceullo unha das bancadas con máis xente da tempada.
-
Foi Marcial quen se sentou no banco, ante a ausencia do míster, Lelo. O tan ansiado gol nos primeiros minutos do encontro, que nos podia voltar a meter na eliminatoria, non chegou e de feito non se deron oportunidades para que se producira; quizais a única foi un remate de cabeza de Samuel. A primeira metade resumese cun Sigu, que quería e non podía, fronte a un Lamela que conformábase con que o marcador non se movera.
-
O guión do comezo do segundo tempo, foi similar. Co paso dos minutos e ao ver que a remontada facíase cada vez máis díficil; os visitantes, sen nada que perder, viñéronse arriba en búsqueda da victoria no Lino Balado. Encontraron o primeiro gol, tras un erro árbitral: un atacante en claro fóra de xogo, colga un centro que lle bate na man a un dos nosos. O colexiado asubiou penalti e o Lamela non o desaproveitou. Xa coa eliminatoria resolta, chegou a mellor ocasión do Sigu, tivoa Óscar nun lanzamento que enviou á madeira. O número dez, intentouno durante todo o encontro, pero as cousas non lle sairon. A sentenza do partido, chegaba logo dunha "obra de arte" en forma de vaselina, que pasou por riba da testa de Álex, sen que este puidese facer nada. O árbitro parecía ter gañas de querer convertirse no protagonista do encontro e abofé que o conseguíu: M. Juncal comete falta no medio do campo e o colexiado ensinalle cartón amarelo. O trencilla di que é o segundo cartón amarelo de M. Juncal polo que lle mostra de inmediato o cartón vermello, aínda que M. Juncal insiste en que é a súa primeira tarxeta. Entón móntase unha pequena tángana, os nosos xogadores rodean ao colexiado, para protestar (con máis que razón) a inxustiza vivida, o colexiado armado cos seus cartóns, comeza a utilizalos, como se dunha metralladora se tratase. Esta "batalla" saldouse con dous expulsados: o xa nombrado M. Juncal, e o seu irmán, José Ángel. Dubidamos de que aínda agora o árbitro saiba a quen expulsou e o porqué, xa que foi tal o recital de cartóns, que asoma que José Ángel se dese por aludido á hora de enfilar cara os vestiarios.
-
-
-Orgullosos deste equipo
-A verdade é que todos/as siareiros/as, podemos estar contentos de contar cos xogadores que temos, que apesares de que non cobran, son uns profesionais. Loitaron durante todo o encontro; primeiro para remontar a eliminatoria e logo para intentar gañar. Mesmo con nove no campo, quixeron seguir pelexando contra un equipo dunha categoria superior. Coa necesiade de marcar sete goles, o equipo seguía buscando a porta rival. Da gusto ver que no minuto oitenta e cinco, Toni bote unha carreira de máis de vinte metros, para intentar "cazar" un balón; que Óscar forzase para xogar este partido e correse durante todo o tempo que estivo no terreo de xogo; que Álex, estando mancado nun xeonllo, seguíse sacando e firmando unha eliminatoria esplendida. Sen dúbida algunha, un gran equipo.
-
Na foto: os dous irmáns Juncal (José Ángel, esqueda e Marcos, dereita) camiñan logo de que fosen expulsados.
-O enlace da crónica feita por Lois (segundo adestrador do Lamela):
O vídeo do primeiro gol do Lamela (tamén de Lois):
26 comentarios:
Saudações de Lisboa-Portugal!!
Encantados amiga Maga, erache o que faltaba!!!!jajajajaj
Orgullosísimo deste equipo, bravo!!
Intentouse pero non se puido, o Lamela demostrou a súa superioridade. Felicidades e sorte pra eles, estaría ben que fosen os campións!! Noraboa Lois!
pd: que obra de arte o segundo gol do Lamela (!!!)
ola
so me pasaba pra dicirlle ao repelente que fixo o test que por favor, que a proxima vez que faga algo asi non use expresions de paleto e se ciña ao bo galego normativo
ala, a mamala
Se eu fose o que leva o blog, pasaría do rapaz agilipollao do cuarto comentario e borraríallo
Logo venche este mesmo paisano a falarche do 'hino' galego, tócate os collóns...
aos anonimos: se quere o do blog que pase de min, pero se eu levase unha paxina de actualidade futbolistica tentaria escribir ben e sen poñer gañanadas asi....
Colectivoesloveno e mundialmente koñecido jaja
O SIGU TEN UN GRAN EQUIPO
eles viven acamiseta sin pagarlle 10 millons de $ ao ano,pelearon ata o ultimo minuto,ALBERTO GRAZAS POLOS TEUS 15 ANOS NO CLUB . agradecerlle a M.Juncal e a Jose Angel porque ca eliminatoria acabada ainda o vivian con unha intensidade
HAI QUE PROTESTAR XA A FEDERACION!!!!
o de onte foi un insulto ao sigu xa no minutos da primeira parte un linier de 12,12,14ou 15 anos!!! por adiantar uns 2 centimetros o balon da liña de saque Alex levantou o banderin pa co atrasara se total non se xogaban casi nada porque a eliminatoria estaba casi acabada,e a M.Juncal si lle sacaron unha 1 amarilla por que protestoulle a defensa e o arbi pensou que era para el e a 2 amarilla por unha falta no medio campo na disputa dun balon de cabeza xa e amarilla!!
e a Jose Angel por protestar xa e roxa directa por que el non a tiña ,A FEDERACION CREO QUE SE RI DOS CLUBES POR QUE DONDE SACAN A LICENZA DE ARBITRAXE OS ARBIS!!!
querido pincho de merluza ti o dixexes "se eu levara unha páxina de actualidade" pois fai unha e cala a boca paspan, ainda criticas a algen que fai este blog desinteresadamente
animo colectivo non lle fagades cso a estes "comentarios tan bos"
Gustariame felicitar a todo o equipo pola gran tempada realizada, por ser a tempada de toma de contacto coa segunda rexional non está nada mal. E gustariame comentar do que saquei en claro nesta eliminatoria contra o Lamela:
1.- O Lamela e merecedor do pase, foron superiores, pero non para gañar 4-0 na casa e 0-2 no Lino Balado, penso que un 2-4 no global da eliminatoria seria o mais xusto polo futbol desplegado por ambos equipos.
2.- A plantilla demostrou que non desmerece nada ante un equipo de primeira rexional e conta con xogadores que perfectamente poderían estar xogando nela ou incluso mais arriba. Tanto Juncal, Oscar, Jose Angel, Xabi, Alex, Manu e Amancio poderían xogar perfectamente en primeira rexional.
3.- Estou convencido de que se co Capi no medio do campo xogara alguen que o axudara en labores defensivas e na presión (como fixo onte Juncal) seguro que nos deixaría coa boca aberta no 90% dos partidos, co balón nos pes un espectáculo. Acerto de Marcial.
4.- Se mantedes a plantilla que tedes que non vos estrañe que para o ano pelexedes polo ascenso.
pincho de merluza:
vas falar ti de usar un galego bormativo....pois informate merluza dise en castelan en galego chamase pescada...
donde está bormativo quixen decir normativo
Hai que ser realistas, temos un gran equipo, pero sen traballo e gañas non se consegue nada. Hai que ir día a día. Tanto pode ser que o ano uqe ven se quede arriba como que se descenda, eso non se sabe. Gustaríame recalcar que o Lamela tiñan 3-4 xogadores que estiveron anos en preferente, tipo Oscar, Otero,Pampín...(no Ordes en cocreto) e incluso terceira algún creo. Somos un equipo xoven que ten que traballar e intentar pillar a experiencia facéndolle caso ó gran mister que temos. Forza sigu
polo menos loitamos coma castrons
FORZA SIGU¡¡¡¡
Apoio a moción. Jose Ángel como en varios partidos da tempada estivo INMENSO. Pero totalmente INMENSO. Roubando balóns, protexéndoo, saíndo con él xogado e inda por riba moi acertado no pase. Parecía que en vez de xogar él só, xogasen dous ou tres futbolistas.
E non é a primeira vez, nin a segunda, nin a terceira.
Eu tamén creo que o premio para o Lamela foi excesivo (aínda que o pase de eliminatoria merecidísimo, e dende aquí quero felicitalos). Neste partido ben puidemos gañar, se definísemos nun par de xogadas claras que tivemos, e o árbitro non fixera das súas (o segundo gol deles, imparable, unha xenialidade)
Outro que estivo tremendo onte foi Álex. Metidísimo no partido, mancado (na segunda parte tivo que sacar varias veces ca perna esquerda) e fixo varias paradas de moito mérito. Nos goles non puido facer nada.
A Óscar, a pesar de non estar atinado onte, só me queda aplaudirlle por ter esas gañas e xogar tamén tocado. Por iso e por todas as fermosas accións que nos deixou durante a tempada (mesmo onte unha xogada tremenda na que vaise de dous xogadores con un só amago e dispara potente á cruceta).
En definitiva: comparto a opinión do Colectivo, estamos orgullosos do noso equipo!!!!!
FORZA SIGU
Vos non estades orgullosos dun ekipo,estades orgullosos de alguns xogadores e punto (os de sempre,que sempre o fan ben ainda que non fagan moito mais que os outros).E partome con algun xogador dos que decides que poden estar en 1ª,e na tempada non demostrou mais que algun outro que vos deixades por ahi......en fin.....E O QUE HAY!!!
anonimo que se referiu ao de pincho merluza: se poño pincho de merluza e pporqu estou a citar unha gran frase deportiva e non quixen traducila porque enton perdia ese significado, entendes?
a cousa está bastante clara, se todo o equipo estives ó nivel de oscar ou josé angel pois estaríamos unha categoría mais arriba!!!!
pois logo que vain xogar eles solos!!!!
Estades desmerecendo a alguns xogadores que poden dar tanto ou mais que os gloriosos de sempre que acarrean todas as alabanzas.hay xogadores que rendindo o seu nivel pasan por encima de calquera.dicirvos que esto do futbol e algo ciclico,e hay que saber apreciar a toda a plantilla,porque podo recordar moitos suplentes de segunda que xogan en preferente,asi como moitos titulares de preferente suplentes en rexional.a tempada e moi larga e en cada momento hay alguen quee tira do carro.ainda que so vexades 2 ou 3.o saber aprobeitar ben o bo momento de cada xogador e o que leva o equipo a conseguir metas.esa e unha labor que lelo debe saber levar e entender que ninguen debe xogar por chamarse como se chame.j.angel fixo partidos inmensos,pero tamen hay que ver os malos.e nalgun partido alguen nun mellor momento de forma puido facelo mellor.e asi posto por posto.animar a lelo a facer un equipo de xogadores e non de nomes para o ano que ben.que xogue en cada momento o que se gane estar ahi.
sin mais resumir que a tempada foi de menos a mais e rematamos no noso mellor momento.un saudo e forza sigu.
Vese cada comentario por aquí que te partes o cu durante un bo anaco! Xogadores que se mencionaron que poden estar en 1ª, hai 2 ou 3 que te che pega a risa porque che indica o que os veu xogar e entrenar o que o comentou! Despois chega outro que di que Alex fixo o esforzo de quitar coa perna esquerda, sendo el diestro e tendo mancada a esquerda...non quita nunca coa esquerda como para facelo cando está mancado. Os xogadores que dicides sin equipo non fan nada, único jose, un tio que xoga ben cos pes pero sobretodo coa cabeza. Os outros despois velos xogar por ahí en maratóns ou con outros equipos e son unha auténtica vergüenza. Hai moito xogador infravalorado na plantilla k fai papeles tremendos, pero por sorte temos un adestrador que ve esas cousas.
Acusas de ti de non velos xogar e non fuches capaz de ver que Alex sacou varias veces ca esquerda na segunda parte???
Vasme dicir ti a min de quen estou orgulloso...
Este si que e un equipo e o demais son caralladas.FORZA SIGU
eu kreo ke o sigu se e bo ekipo son todos porque son un ekipo desde o primeiro ata o ultimo
Que quitou en largo coa esquerda??? Tasme vacilando??
moito sigu
Publicar un comentario