martes, 1 de septiembre de 2009

Torneo do Sacramento 2009

O Sigü faise co torneo do Sacramento
-
Un ano máis e como ven sendo habitual, o Sigüeiro fíxose co torneo que organiza o Concello de Oroso.
-
Ante a falta do Deixebre, completaron o cadro de equipos: o xuvenil do Xuventude de Oroso, os veteranos do Sigüeiro e os do Deixebre.
-
A primeira semifinal disputárona os dous equipos de veteranos, con victoria dos nosos por un a cero. Despois, chegou a victoria do Sigü na outra semifinal por 2-1. Na final disputada entre os dous equipos do mesmo clube, gañaron os máis xóvenes por tres a cero.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

quen carallo dixo que o deixebre faltara ó torneo?

o deixebre quedou eliminado a semana pasada polo sigüeiro na fase previa ( 4 - 1)

borrade iso.

Anónimo dijo...

eu iso non o sabia peo non ten moito sentido non, fijo ke foi asi??

Anónimo dijo...

Fijo non, fijísimo! Non nos enteramos de nada...

Anónimo dijo...

outra errata,nn foi o torneo do sacramento,foi o torneo do concello,no cal o deixebre quedou apeado a semana anterior

Anónimo dijo...

borrade eso ostia¡¡¡

foi un erro e punto pero borradeo por que e totalmente falso¡¡¡

Anónimo dijo...

NON ACABO DE ENENDER COMO O COLECTIVO ESLOVENO QUE TANTO SIGUE AO SIGUEIRO PODE COMETER TANTOS ERROS REFERENTE A UN TORNEO QUE XA LEVA 7 ANOS XOGANDOSE.

PRIMEIRO NON E TORNEO DO SACRAMENTO E O TORNEO DO CONCELLO DE OROSO

SEGUNDO NON E TAN HABITUAL QUE O SIGUEIRO GAÑE O TORNEO O DEIXEBRE TEN VARIAS VICTORIAS TAMEN

E POR ULTIMO O QUE E MAIS GRAVE, E NON ENTENDO COMO O COLECTIVO NON SABE QUE O SIGUEIRO XOGOU UNHA FASE PREVIA O DIA 23 CO DEIXEBRE, DESPOIS DOS CRUCES RESULTADO DUN SORTEO.

ESTA INFORMACION TAMEN ESTA NOS CARTELES ONDE PON MOI CLARO VII TORNEO DE FUTBOL CONCELLO DE OROSO E ESTIVO NA PAXINA DO CONCELLO.

LAMENTO MOITO QUE O COLECTIVO COMETA ESTOS ERROS.
POR FAVOR CORREXILO!!!!

Anónimo dijo...

os do colectivo teran dereito a equivocarse e a estar unha temporada de vacacions ou pagadeslle vos para que traballen as 24 horas dos 365 dias do ano?

Anónimo dijo...

Teñen dereito a todo, cando se ekivocan teñen dereito a todo!! Se non publican nada polo menos é mellor que dicir tantas burradas en 4 liñas que escribiron...e a contar mentiras si que non teñen dereito!!

Anónimo dijo...

lamentablemente si ke ahi dereito a contar mentiras!!! unha merda chamada libertad de expresion!

colectivo, pailarocos!!

Anónimo dijo...

claro o normal e que se xogue unha "previa" do torneo do sacramento (que sempre se chamou asi, o que pasa e o torneo do "concello de oroso") entre os dous unicos equipos de modestos do concello... e non sei porque digo equipos (realmente so esta o sigueiro) porque o deixebre menuda pandilla de torcebotas, cada ano consiguen ser peores!

Anónimo dijo...

Todo o mundo ten dereito a equivocarse, eu sobre todo, pero rectificar e de sabios ou de humildes. Eu sigo vendo que aqui nadie rectifica o que se publica, eso di pouco dos rapaces do colectivo. A non ser que se cambie pronto o que esta publicado.

Eu vin os partidos e digovos unha cousa que a algun a algun non lles gsutara e considerome imparcial xa que non vivo en sigüeiro, e digo que para min o mellor partido foi o que xogaron os xuvenis co sigueiro e digovos q 10 xuvenis deron un recital de loita e xogo e mereceron gañar o torneo por goleada, vaya exemplo deron eses rapaces. Si siguen asi o Sigueiro tera un gran futuro ca gran canteira que ven ahi. Animo rapaces que fostes os mellores.

Anónimo dijo...

Mereceron gañar?? por favor:

1. So chegaron unha vez e foi de penalti (que por ceto, moi dudoso)

2. Cores tiña que ser expulsado

3. Cores cometeu un penalti ao que estaba xogando pola banda esquera (agora non me acirdo de quen era).

4. O Sigu atacou máis e incluso mandou un balon ao pau no primeiro minuto.

O Sigu non xogou ben, pero si mellor que o Xuventude (seria moi triste se fora ao reves).

Un saudo

Anónimo dijo...

Os xuvenís puxeron moita actitude, pero non por eso fixeron un bo partido. Si que se esforzaron, pero con iso non basta. Non chegaron a porta, non crearon absolutamente nada de perigo. Polo cal deduzco que ese anonimo que di ser imparcial por non vivir en Sigüeiro en realidade é amigo ou familiar dalgún dos que xogaban, alguén da organización do Xuventude, ou incluso un dos rapaces que estaban no campo.


Iso sí, o SFC tampouco fixo bo partido, tan só o esperado. Ante a falta dun xogo de dominio, impuxeron a súa maior pegada en ataque, como é lóxico. Pero o Xuventude non mereceu gañar (non oh!).