domingo, 2 de noviembre de 2008

SIGÜEIRO 0-RECESENDE 1


Incapaces de gañar


Un Sigüeiro impotente de cara ó gol, perde despois de recibir un tanto en claro fóra de xogo, contra o equipo que ata hoxe, era penúltimo. Tratábase dun encontro asequible, según o 60% dos votantes deste blog.


O SFC mereceu máis cunha derrota, pola mínima, nun Lino Balado, case baleiro, a pesar de ser un partido, dos que ó final da liga decidirán os últimos postos.


O Sigu, chegaba con baixas importantes: Jose Ángel, Óscar, Manu Regueiro e M.Juncal(que estará un mes, aproximadamente, sen xogar). Estas baixas, fixeron plantexar a Ibán, un partido, con xogadores non habituais, no once inicial.


Non será un partido recordado pola súa beleza, nin por ter numerosas ocasións. Por parte do Sigu, pouco a destacar, só as múltiples "guerras individuais", libradas por Marcos Vigo e Toni.


Na primeira metade, non se viu fútbol, o SFC, intentaba, en ocasións, xerar un xogo de toque(sobre todo, por parte de Xabi), pero non daba construído, a partir do medio do campo. Pola contra, o Recesende, nunca quixo mover a pelota, senón que chegou a nosa vila, coa clara idea de practicar un xogo primitivo, dende o inicio do partido. Sen dúbida algunha, os rivais do Sigu, firmarían un empate ó principio do encontro.


Na segunda parte, houbo máis ocasións, que na primeira. O Recesende puido adiantarse no marcador, despois dun erro da defensa do Sigüeiro, que correxíu Diego cunha espectacular parada, a lanzamento dun xogador atacante. Dun córner favorable o SFC, nace un despexe da zaga rival, que vai rematar nas botas dun dianteiro do Recesende, claramente en fóra de xogo. Diego "queda vendido", ante dous xogadores visitantes, que con relativa facilidade, poñían o 0-1. Debido a situación incorrecta dos dous artífices do gol, Paderne, diríxese ó árbitro, quen non dubida en amosarlle o cartón vermello, e deixa o Sigu con dez.


Despois do gol, o Recesende, esperou o SFC, no seu campo, quen non foi capaz de xerar perigo. Cabe destacar, que dous xogadores: Fran e Mejuto, estiveron practicando exercicios de quecemento, durante case toda a segunda metade, e non disfrutaron dun só minuto.


-Valoración dos xogadores:


Diego-Seguro

Victor-Precipitado

Juan-Contundente

A. Raña-Impecable

Fuentes-Brillante

Xabi-Incansable

León-Dubidoso

Iván-Activo

Munitis- De + a -

Marcos Vigo-Traballador

Toni-IntentounoNegrita

-----------------------------

Paderne-Hiperactivo

Javi González-Sen tempo


O DATO:

Con este, xa son 5 partidos, nesta tempada, que o SFC, remata sen marcar un só gol.

45 comentarios:

Anónimo dijo...

Non se pode facer máis pa gañar. Cando non quere entrar, non quere entrar.

Anónimo dijo...

As criticas remataran cando se acade a primeira victoria, senon tempo ó tempo. Despois da primeira chegarán máis e a partir dese intre comezaran os eloxios, e apareceran oportunistas que dirán q sempre apoiaron ó equipo. E a Marcial apareceranlle directivos por todos lados, cando teñamos q sacar unha foto,... Todo esto chegará, pero polo de pronto, nos ó noso, loitar por un posto no adestramente e o domingo dalo todo no terreo de xogo e esperar a que a diosa fortuna se apiade de nos e nos permita por fin acadar o ansiado triunfo.

FORZA SIGU

Anónimo dijo...

MARCIAL DIMISIÓN!!!!!! E DIRECTIVA CON EL!!

Anónimo dijo...

¿iban dimitiu?

Anónimo dijo...

Iban xa non é adestrador do Sigüeiro.Non sei se dimitiu ou o botaron.

Anónimo dijo...

BUENO, AGRÁDAME SABER QUE OS XIAREIROS VALORAN O TRABALLO DO NOSO ADESTRADOR, OU DE NON SER ASÍ, POLO MENOS DANSE CONTA DA INAPTITUDE E DA CABEZONERÍA DA DIRECTIVA!!
TAMPOUCO VOU A DICIR MÁIS, PORQUE NA MIÑA HUMILDE OPINION, HAI COUSAS QUE NON SE DEBERÍAN PEDIR, COMO EXPRESA O 3ºCOMENTARIO, SENÓN QUE DEBERÍAN SAÍR DA PROPIA PARTE ALUDIDA!!
PERO EN FIN...POR TODOS É SABIDO...QUE DE DONDE NON HAI...NON SE...

PER SEMPRE...SIGU!!

Anónimo dijo...

Totalmente dacordo con icaro, gran comentario...nos o noso porque polo que se ve para as alegrías todos se suman pero cando está mal a situación súmanse todos para criticar, é vergonzoso!

Anónimo dijo...

Con respecto ó 3º e ó 7º comentario, imaxinome que falaredes retoricamente, pq a directiva é Marcial só, e pareceme un pouco patético pedir a dimisión de quen o está a dar todo polo Sigüeiro, de non ser por el, agora mesmo o Sigüeiro estaría desaparecido, xa que aqui no pobo sempre pringan os mesmos, e creo q xa se están a cansar de pringar, e só recibir criticas e seguramente os que sempre falan, cando teñan q axudar q? será o de sempre, mirarán hacia outro lado e que as responsabilidades as collan os de sempre. Sinceramente, sodes penosos.

Saudos dun

Anónimo dijo...

Non dimitiu.votarono.como en calquera clube con dous dedos de frente,os resultados mandan,e hay que tratar de facer algo antes de que todo se afunda.completamente dacordo.cando todos berrabamos forza sigu,agora verase quen o facia de corazon ou quen o facia polas circunstancias.o que abandone o barco non deberia haber estado ahi en ningun momento e probablemente non deba estar nunca mais.as cartas sobre a mesa.SIGU SEMPRE

Anónimo dijo...

A pregunta é: ¿Por qué está sólo Marcial? NON DEIXA QUE NINGUEN FAGA NADA...ASí FAI TODO EL E NON FAI NADA!!!

Marcial ENTRENADOR????? Andaremos y veremos!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Marcial de mister... non creo que sexa tan malo, tivo unha mala epoca cos modestos, pero os xuveniles con "xogadorazos" como: marquitos, amboage, alvaro ou bruno... case os sube a galega.

Anónimo dijo...

Pois a ver k pakete traen agora...xk este mister tiñanos a todos unidos, todo o mundo iba entrenar e dar o callo para o domingo xogar e x eso iba tanta xente, xk había disciplina e actitude. O ano anterior a k el chegara había un ekipo para ascender e kedamos 7º xk non había nada, os viernes ibamos 4 matados a entrenar e o resto dos días casi k tamén. Agora pasará máis do mesmo, será unha casa de putas! K esto se estaba afundindo con 9 xornadas?? O ano pasado alá por navidades todo eran penosidades e o final acabouse kitando a temporada, gañando 12 partidos e empatando 2, pero alá vos...todo o sabedes e en realidade non sabedes nada, moito falar pero pouco dar a cara e poñer solucións!
E o que abandone o barco será porque confiaba nun clube e nun proyecto e agora non se lle da esa confianza, nada máis e nada menos. Que sepades que os que tades afundindo o clube sondes moitos dos de fora, non todos eh, simplemente algúns!! Dades pena!

Anónimo dijo...

Perdona esloveno_12, nese ekipo de xuveniles houbo pesos pesados dentro do ekipo pero eses xogadores que pos entre comillas foron tamén de gran importancia, xk sin bankillo non habería a liga k se gañou (e bruno foi indiscutible toda temporada)...asike non foi polo entrenador si non por un bo bloque!
Marcial é a solución para todo, o máis indicado para xogar o toque sobretodo...vai ser presidente e adestrador, daki a pouco xogará de delantero!!

Anónimo dijo...

e ben triste ver comentarios en contra da directiva. e o mais patetico que se podia escoitar aqui.
MARCIAL DIMISION? que se presente alguen que queira coller o equipo e marcial e os demais marcharan encantados asiq, formade unha directiva e facedeo saber que se deixara paso, que non vos quepa a menor duda

Anónimo dijo...

Como ben dixo icaro, deixaremos de criticar en canto os resultados cheguen.
Persoalmente pareceume mala idea votar ao entrenador. Cando a bola non quere entrar non entra, e diso non ten culpa o adestrador, nin sequera os xogadores. Son cuestións de confianza, de rachas... chámalle sorte se queres.

Onte xogouse ben, creo que unha das poucas veces na tempada, creando ocasións (aínda que en defensa se estivo un peldaño por debaixo do que estamos acostumados); eles fixeron menos ca nós e meteron un gol de dudosa validez. Chámanlle sorte, pero diso os afeccionados parece que non entendemos.

Eu non tiña de dúbida de que os Sigu ía tirar pa arriba con Ibán, agora a ver que se fai..

Anónimo dijo...

Respecto ao tema da 'dimisión de Marcial', comentar que me parece de coña que alguén teña as pelotas de querer botalo de ahí. Increíble meu

Anónimo dijo...

Como resposta a un tal anonimo de ahi enriba, que comenta "xk este mister tiñanos a todos unidos, todo o mundo iba entrenar e dar o callo para o domingo xogar e x eso iba tanta xente" a miña pregunta é, estás seguro?... non creo, pq non facedes unha reunión de vestuario, e digoche eu q máis do 50% dos xogadores esta de acordo ca medida adoptada pola directiva e a outro 40% traella froxa, xa q o q qeren é xogar para ó futbol e defende-las cores do Sigüeiro. Os que van adestrar é pq lle gusta e non será polo q contribue o adestrador, pq se mejuto estivo qencendo toda a 2ª metade e non dipuxo de minutos, non creo q teña moito aprecio ó adestrador, e coma el, outro xogadores q adestran todolos dias e só se poden conformar con ser o 1º suplente,fagan o q fagan. Hai q falar claro, hai 2 ou 3 xogadores q xogan por unha persoa e o resto defende un clube q é moito máis importante q calqer adestrador.

Saudos

Anónimo dijo...

Que se pida a dimision de Marcial, é patetico, pono todo polo Sigu e sen sacarlle nin unha peseta...
Fenomenos, facede unha directiva e poñedevos... e bastante lamentable que teña que vir un tio de deixebre a pelexar polo noso clube.
Onte non se gañou quizais por sorte, porque eles eran moi malos... Pero o que non pode ser e que fuentes empece o partido de lateral esquerdo e acabar en punta, eso é o que traballa o mister pola semana?

Anónimo dijo...

o ke¿?
ke marcial kasi ascende os juveniles a gallega¿?ome se se chama "casi ascender"perdendo o primeiro partido 5-0 e decindo ke kasi ascendeu pareceme algo ridiculo

Anónimo dijo...

por senn quedou klaro,keria decir o primeiro partido da fase de ascendo

Anónimo dijo...

Eu son Diego,

Meu canto tempo tedes por ahí...e tamos en crises (non no Sigu, en España, non me extraña)...

Só quero dende aquí felicitar e agradecer á persoa que nos levoa o ano pasado a Segunda!

Gracias Iván!

E bueno, Budiño aínda segue como Selección e evidentemente conta e precisa dos teus servicios!

Sei que hoxe en día moitos non valoran o teu traballo, pero bueno, o tempo pon a cada un no seu sitio!

Por último: Aquí aínda que firmedes como anónimo, podedes poñer quen sodes jajajajaja que hai moito COBARDE!!!!!!!!!

Non hai que que esconderse amigos!!! Para o bo e o malo, k é moi triste :)

Anónimo dijo...

Diego outra vez:

Rectificar o nome do galordanado correctamente é Ibán! as miñas disculpas MISTER!

Anónimo dijo...

ola

dende o meu punto de vista foi un bo partido, anque reamatado en derrota, co sigüeiro xogando coa pelota no chan e todos bastante metidos no partido. e penso que se progresa este xogo, dentro de pouco comezaremos a contar algunha vitoria e sairemos deste pozo. seeguro que si

forza sigu!!!

Anónimo dijo...

En resposta a cryman...pouca idea tes amigo, os teus porcentaxes kedarían ridiculizados se soupeses a verdade. So che vou dicir unha cousa, o mister tiña apuntado os minutos xogados de cada xogador e o número de entrenamentos de cada un estando en condicións de xogar, e ningún, entendeo ben, NINGUN xogador saliu beneficiado (a excepción de victor) nin ningún saiu perxudicado (a excepción de alex) en canto a minutos xogados e entrenamentos feitos, é dicir, foi parcial e cada un xogou o k merecía. Asike non me veñas ti con cousas ke non sabes xk cando nos entrenamos ti tas vendo a televisión!

Anónimo dijo...

xa se ve a unin que habia no vestuario. estes dias estase vendo tanto no vestuario como nesta paxina.

sentidiño, por favor sentidiño , que esta paxina esta creando problemas internos e non esta feita para eso.

forza sigu agora mais que nunca¡¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

se a páxina crea problema internos, é porque os hai?
non sera mellor solucinalos antes de que crezan?

Anónimo dijo...

DE NOVO SON O SOCIO 71 B.V.P.:

Amigo anónimo que estás ata os webos:
Mira os veteranos do clube xogan os sábados e por certo fano de puta madre, polo demais os chavales que temos no plantel do SFC están o suficientemente cualificados para xogar tan ben, porque teñen calidade e levan moitos anos xogando xuntos oq ue pasa que hai que poñer á xente no seu sitio, e n fin que Xabi non é central, que Óscar non é interior, e vamos que hai algún que outro que xa lle quedará a cabeza ben despexada despois de autoexpulsarse e de borrarse, a ese eu chamaríalle cobarde por non dar a cara no terreo como os xogadores, xa dixo o gran Don Alfredo que el futbol es un deporte muy fácil que algunos os empeñais en hacer difícil, por certo gustaríame saber quen é o mediocentro ou organizador do equipo porque vamos aínda non lle vin 10 minutos de organización, e o de que o porteiro saque as faltas é algo que me indigna.

Anónimo dijo...

Mi madriiiña!!!

Son Fuentes.

Pero en que se convertiu esto, chabales??Esto é incrible!!Facede unha reunión, unha xuntanza...na que se traten estos temas!! Sabedes a imaxe que estades dando??Quero crer...QUE NON!!

Eu penso que non se deben airear temas e espotricadas que aquí vin, nunha paxina web a cal é visitada ó día por centos de persoas!!Sexan, ou non sexan acertados, porque os hai, pero...

...NON SERÍA MÁIS PRODUCTIVA UNHA XUNTANZA, DANDO TODOS A CARA, E EXPOÑENDO CADA UN ÁS SÚAS IDEAS E AS SÚAS SOLUCIÓNS??...

Pola miña parte é todo,namais eloxiar e agradecer a Ibán o traballo feito dende que entrou neste clube!!

PD: Nos "beneficiados" que me pareceu ver por ahí enriba, súmome eu, e sinto só poder ir os venres entrenar, inda que me manteña en forma por libre, entendo de cara ós meus compañeiros que poida parecer unha inxustiza que xogase titular.

FIN.

PUNTO Y SE ACABÓ!

E SE REALMENTE QUEREDES UN CLUBE...PARADE CON ESTO XA!!

Anónimo dijo...
Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.
Anónimo dijo...
Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.
Anónimo dijo...

o final o mais facil é sempre botar o entrenador. porke non se radica o verdadeiro problema do sigu pola raiz... a falta de gol. este adestrador, ke levou o sigu a segunda estivo mediando cun ekipo carente de gol, con algun ke outro dianteiro que non mereceria mais ke ir sachar as patacas. creo que moitos xa se poden imaxinar de ken falo... pero bueno, o ke deberia facer marcial é buscar un dianteiro e non un novo adestrador.
un de por aki

Anónimo dijo...

eu creo que aqui o que hai e moito charlatan que non ten moita idea de futbol.

A ti Tomas Roncero decirche que coa miña critica acertaches,desquiciome moito,xa mo teñen dito e seino eu tamen,pero creo que erras moito nas outras criticas,tanto para ben como para mal.


Saudos

Colectivo Esloveno dijo...

Dende o colectivo, decidimos borrar os comentarios de "Tomás Roncero", por insultar os xogadores do SFC. Liberdade de expresion, SI, pero sempre sen insultar a xente que sacrifica o seu tempo para que nos os poidamos ver os domingos. Estos comentarios só queren facer polémicas onde non as hai.

FORZA SIGU!

Anónimo dijo...

¿Botar a Ibán? ¿Solución? A estas tempranas alturas da competición e xa estamos perdendo o norte... Eu quero facer unha pregunta a quen queira que tomou a decisión de que ibán non debía seguir adestrando ó equipo... E ésta unha verdadeira solución? Se crees que foi unha boa idea... Sera porque tí o faras mellor... Porque como ben sabes, "a muller do César non so a de ser honrada, se non que tamén a que parecelo"... Asique supoño que terás a solución... E dicir... supoño que a partir de agora o equipo comenzará a gañar... Ogallá sexa así... E máis, se así fose o primeiro que farei será pedir disculpas públicamente a todos os que non compartan a miña humilde opinion. Hai non que require dun tempo de adaptación... Pero quen mellor para conseguir sair do bache que un adestrador novo trocado por "alguén" que subiu o equipo a segunda... Porque iste último non sabe como facelo...

Sen máis, Un saúdo.

Firmado: Un calquera.

Anónimo dijo...

Son Tomás ROncero
(Ron por la noche cero por la mañana):
PENSO QUE NON ENTENDEDES A MIÑA CRÍTICA E ADEMAIS O COLECTIVO ERRA CENSURANDOME NAS MIÑAS CRÍTICAS NON HAI INSULTO A NINGUÉN SÓ OPINIÓN, DE TODAS FORMAS PIDO PERDÓN ÓS AFECTADOS E Ó COLECTIBVO QUE POR FAVOR VOLVA A POÑER O MEU ESCRITO

Anónimo dijo...

SON TOMÁS RONCERO
E pido que non haxa censura, simplemente liberdade de expresió eu escribindo aqui tamén me expoño a críticas e gustaríame que todos as tomasen como Marcos Juncal que polo que o coñezo e sei de el creo que coincide nun 95% do dito conmigo

Anónimo dijo...

BRIGADAS VERMELLAS
EU FAGO UN CHAMAMENTO Á VOLTA DOS VIOLENTOS Ó FÚTBOL PARA DARLLE VIDILLA PORQUE NO XOGO ESTOUNO VENDO COMPLICADO

Anónimo dijo...

señor presidente como socio quero felicitalo pola decision que tomou no futbol os resultados mandan.Este entrenador era demasiado profesional estilo moncho graña asi nos foi por sorte este botouse antes cambio.Aora chegou o momento de ver quen sinte os colores.si nin fora por marcial onde iria o sigu¿??????????o que toca o domingo e gañar e gañar entrenar sen tant tactica nin tanta historia correr que e como se gañañ os partidos.ex entrenador non se deprima a entrenar a primeira division que e o seu lugar de futbol nin idea moita peliculaaaa.animo sigu e o seu presidente.

Anónimo dijo...

Menos mal que temos uns siareiros que nos desexan o peor, é de agredecer que teñamos este apoio, tanto para os xogadores como para o míster,que o estaba facendo ben. A pena é que consigan o que queren,un sigüeiro desfeito e roto. Gracias a todos.

Anónimo dijo...

Diego again!

Só pido paciencia. Vamos a ver, ascendemos o ano pasado e este ano, dende a propia plantilla, afección, blog, todos, estades a buscar que sexamos un equipo de ascenso. Hai que cambiar o chip, e disfrutar un pouco e deixarse de tantos malos roios. De verdade, dame pena, e non o digo por mal, pero é o que sinto.

Á plantilla e directiva, xa non queda ahora a quen votarlle a culpa, así que a partir de ahora imos ver o que da cada un, outra vez non o digo por mal, pero é moi típico non saber valorar o que se ten.

Eu moito de fútbol non sei, pero bueno, algún partido teño xogado, teño entrenado algún que outro partido e teño estado con xente que de esto entende (dígase vive desto), e do que máis aprendín, sen dúbida foi de Ibán. Entendo que todos non temos que ter a mesma opinión e cada un leva o seu entrenador dentro, pero comparar a Ibán con Moncho Graña......jajaja, eu tiven ós dous....e vaia por dios.....

No Blog, pido respecto a figura de quen nos levou a ascender o ano pasado, foi contratado con ese obxetivo e así o fixo.

Na nova etapa, pido seriedade, así o transmitín a Marcial onte, e para os que din que é borrarse do barco, aquí o anuncio, e quen teña algo que decir, reprochar, ou simplemente comentar...que mo diga.
Nestas duas semanas se non vexo seriedade, aptitude, actitude e un mismo orden dentro da plantilla que hasta ahora, colgo os guantes. E o que me teña que decir que eso é borrarse, sabe quen son. A min o Sigu doume moitras alegrías e pasoo ben, pero a día de hoxe, eu para ir a xogar os domingos a un equipo que sexa ir votar unha "pachanguilla" alá....non me chama, nin é polo que loitei cando voltei o ano pasado, k era poñer ó Sigu donde se merece. E para min era un proxecto a longo plazo donde pasa a UNIÓN CO XUVENTUDE! Así, que algúen se atreva a decir que eso non é sentir unhas cores, como xa vin un par de comentarios arriba, que supoño que ían por min, pero bueno. É o que hai, ....

Sen máis, un saúdo, e pedir un pouco de tranquilidade a todos!

1 saúdo,

Anónimo dijo...

Eu non creo que teña que cerrar o blog si hai criticas que as haxa,o equipo en teoria non lle teria porque afectar,e si lle molesta non é culpa do que se comente aqui.Cada un di o que quere,alguns diran as cousas con maldad e outros non.
Cada un é libre de entrar a opinar pero o grupo penso que non lle tiña porque afectar.

É a miña opinion.


Saudos e adiante co blog!

Anónimo dijo...

Oscar é o mellor haber se keda klaro dunha pu.. vez e deixadebos de tonterias ke ides akabar mal!!

Anónimo dijo...

o k teds k facer é animar o sigüeiro, e non tedes pork decir semejantes tonterias k nn levan a nada solo a k acabedes a ostias ou peor!!!

Anónimo dijo...

PUTO BLOG DE MIERDA!!! Queredes liberdade de expresion?? Os creadores do blog non fixeron máis que traer conflictos e problemas o sigu. Nada do que tiveron pensado coa creación deste blog se levou a cabo, todo é unha casa de putas gracias a este magnífico blog super liberal. Que vos den por saco. Deixade o sigu en paz

Anónimo dijo...

o ultimo anonimo: senon existise este blog ti estarias mirando para a paxina do xuventude, se fixemos este blog foi para ter un sitio donde falar do sigu se hai criticas, é o que toca, se se fai nun ano bo todo serian alabanzas. dis que so trae problemas, pero despois falas en tono ironico da liberdade de expresion,non te contradis? a 1ª non ven dada pola 2ª?
pd.: se non che gusta fas ti un e privas de facer comentarios, que asi so salira o que opina un e non toda a parroquia