domingo, 16 de noviembre de 2008

SIGÜEIRO 2- LARO 1


203 días despois...

Dende o 27 de abril, último partido da tempada 2007/2008, Luaña-SFC, ou o que é o mesmo 203 días, que o Sigüeiro non lograba gañar en partido oficial. Esta tarde o Sigu, rachou con esta maldición e conseguiu a tan ansiada primeira victoria da tempada.

O Laro, non viña ca etiqueta de ser un equipo fácil, o estar colocado no séptimo lugar e firmar unha actuación máis ca respetable contra o lider, pero o SFC relizou un gran partido, o mellor visto esta tempada no Lino Balado. Un partido que por momentos soupo dominar, pero tamén soupo "ser dominado", unha das asignaturas pendentes este ano. Cando dominaba o Sigu, a pelota, rodaba polo cespede artificial e cando era o Laro quen quería ter o balón, esta, voaba sen control.

A primeira parte, foi dos nosos. Ó cuarto de hora de partido, o Sigu xa podia ter marcado, pero foi Óscar, aredor do minuto 25 quen poñía o primeiro no marcador, despois de regatear a un defensor rival e bater o porteiro do Laro, Berto. Logo do gol, o SFC puido incrementar a renda, pero faltou sorte na definición. Nos últimos minutos, antes do intermedio, o Laro atacou e dou algún susto os siareiros locais.

Á volta do descanso, a cousa cambiou. O Sigu xa non tiña moita presencia arriba, pero controlaba ben os ataques do equipo visitante. Neste segundo tempo brillou moito máis o mediocampo, que pese a que non lograron trenzar moitas xogadas, traballaron arreo na contención e mantendo á raia ao Laro. A iso dos quince minutos deste segundo tempo, unha falta á prol do Sigu é botada por Jose Ángel, que logra colala pola dereita da barreira cun disparo moi frouxo que acaba en gol, ante á leve estirada do gardaredes do Laro. Pouco tempo lle durou a ventaxa de dous goles ó SFC, porque minutos despois, dun lanzamento dende a banda esquerda que bate no longueiro, o rexeite é aprobitado por un xogador do Laro para empurrar a pelota ó fondo da portería de Diego. O gol, foi moi protestado polos nosos, por entender que o rematedor axudarase da man. De aqui ó final, Parecía que o Laro íase arriba, pero nada máis lonxe da realidade. O Sigu seguía controlando o partido, levándoo a terra de ninguén, aínda que con certo medo no corpo ante o temor de que se escapase a primeira victoria da tempada. Un par de ocasións máis antes do final, pero nada destacable e finalmente a merecida victoria chegou.

-Valoracións:

Diego- Resarciuse dos seis goles que encaixou en Silleda facendo unha boa actuación: o pouco traballo que tivo soubo solventalo sen maiores sobresaltos.

Mejuto- Ben, foi titular e non o desaproveitou.

Xabi e Juan- Especialmente ben os dous centrais. Contundentes e sacando o balón sen rodeos.

A.Raña- Cumplidor, xa non está tan presente coma antes no ataque, pero sigue sendo un piar do equipo.

Javi González- Espléndido partido do mediocentro. Destacou máis na contención que na creación.

Jose Ángel- Brillante todo o encontro. Traballou atrás pero tamén lle deu tempo a dar bos balóns aos de diante.

Munitis e León- Ambolos dous un tanto desaparecidos, xa que o peso ofensivo levárono sobre todo Toni e Óscar.

Óscar- Parece que se leva mellor ca dianteira que ca banda. Nesta posición conseguíu ser máis incisivo na defensa rival e abriu hocos para Toni.

Toni- Aínda que segue sen marcar, está moi activo, tira dos defensas para as bandas e crea ocasións. Hai que valorar o seu traballo. Parece que con Óscar por detrás del píntase máis cómodo e sen tanta resposabilidade.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Paderne- Tivo máis peso do habitual, ata se atreveu a lanzar unha falta.

Víctor-Pouco tempo, pero perfecto en todas as súas actuacións.

Iván-Sen tempo para facer nada.

Marcial plantexou un encontro atrevido, intentando dominar e marcar o tempo do partido. Esta vez, Óscar xogou máis arriba, facendo case de segundo punta por detrás de Toni; abriu máis hocos na defensa rival, que o Sigu aproveitou a medias.

-A arbitraxe:

Quizais permisiva, puido sacar algún cartón amarelo máis, inclusive un posible cartón vermello tras unha entrada a Óscar na segunda metade. Houbo gol polémico, con posible man do dianteiro rival. Reseñar unha anécdota: cando Toni ía ser substituído e xa camiñaba cara aos vestuarios, deixou que o Laro xogase o balón, sendo así ovacionado Toni por dúas veces.

26 comentarios:

Anónimo dijo...

Quero ser o primeiro en escribir un comentario bo neste blog. Noraboa a todolos rapaces polo voso traballo no día de onte. Bo encontro por parte de todos. Ah e recordade felicitarme, porque a miña aportación foi clave para acadar o triunfo.

Vemonos

Anónimo dijo...

q pasa q aora como o sigüeiro gañou xa ningen comenta nada???

Anónimo dijo...

ARRIBA A ESCORIA!!!

Andrés dijo...

Oye Samu, explicame como axudaches ti, supoño e espero que pola parte de fora da barra, jeje
Eu tamen sigo esperando os comentarios de esta semana.
Pos nada que enhoraboa a todos e haber se se empeza a levanta un pouco de cabeza
Ahhhhhhhh, e outra cousa, po que sepa de quen falo, o mokazas tropezou co balon non? digo pa marcar o gol, jejejejeejejejejejeejjejej
Un saludo a todos e felicidades

Anónimo dijo...

animo sigu hay que seguir a si veña co domingo na estrada gañamos de novo 0-2 con goles de oscar e tony

ATE A VICTORIA SEMPRE

Anónimo dijo...

o que se define aqui como "contención", eu atribuirialle outra palabra, ESCACHE, pero bueno o importante é que ganamos...

Anónimo dijo...

o mellor partido.por fin baixou o balon do ceo e empezou a rodar de un lado a outro.un dez chavales.esperamos os comentarios das ratas que solo se asoman cando ven carroña facil.ARRIBA SIGU

Anónimo dijo...

ese sigu!!!!!!
pedazo partido, que pasada. sobre todo o 2º gol, pena que a grabacion non a fixera alguen con bo pulso, senon si que estaria ben.

eu digo un 0-3 para a porra do proximo partido

Anónimo dijo...

Despois de tanto sufrimento chegou aprimeira victoria ,xa eran horas,eo fin de semana seguiremos ca racha contra o estrada.¡¡FORZA SIGU¡¡

Anónimo dijo...

Só quería a parte de felicitar a todo o equipo, aproveitar para feliciatar a tres xogadores: Leo, Muni e Toni. Fixeron un moi bo traballo e deron coherencia e presencia no terreo xogo (a falta do gol ben dunha acción sobre Toni). Non serían tan espectaculares, pero fixeron moitísimo polo triunfo do Sigu!

NO PAIN, NO GAIN

Anónimo dijo...

De puta madre rapaces, bo partido, sí señor. Este é o camiño.


Alguén que o vise ben podería explicar que foi o que pasou no gol do laro¿?¿?

Anónimo dijo...

Noraboa Colectivo Esloveno por este espazo.Sodes cojonudos!!!

Tony dijo...

Felicitar o gran traballo do domingo.traballamos como equipo e gañamos como tal.si señor.o balon polo suelo.asi da gusto.
O que pasou no gol do Laro e que a meteu descaradamente coa man.pero o arbitro non o viu.pero bueno.o importante e que gañamos.domingo a dalo todo.
dar as gracias tamen a Andres porque unha vez mais a cantina cerra por falta de existencias.jeje.animo e a seguir asi todos.

Anónimo dijo...

Boas a todos:
Vexo que a xente é moi amante da polémica, de feito gañouse e xogouse ben e hai menos comentarios que ata agora pero bueno. Na miña opinión fixóse un bo partido máis ou menos todos aínda que me gustaría destacar o partidazo que se mandou Óscar, tampouco estou dacordo con un que di que Javi a escachou, simplemente se dedicou a ler moi ben os tempos do partido coma xogador veterano que é, non é que sexa moi veterano, pero é o maior do equipo e hai unha cousa que non se lle escapa a ninguén tocaa de puta madre e aínda que a rapidez non é o seu forte supleo con experiencia, impecables os centrais, ben Diego, Tony peleón e o resto máis ou menos aprobados, AHH e Marcial polo menos intenta que xoguen a divertirse, e eso creo que se nota , deixemos o de silleda como un desagradable incidente.

SOCIO NÚMERO 71 B.V.P.

Anónimo dijo...

O anónimo ese que me critica ben podería dar a cara, e dicir quen é como dicimos moitos ou a maioría dos que estamos aqui, eu non teño que justificar nada, absolutamente nada con ninguén e se o tivese que facer sería con alguén que en todo caso dé a cara non con un anónimo, e se firmo como socio 71 e porque o son, dende ha moitos anos, posiblemente máis anos dos que teñas ti, e tamén posiblemente nin siquiera seas socio, que son 30 putos euros ó ano. A miña gestión como presidente deportivamente foi penosa, salvo na categoría de xuvenís que saiu todo moi ben, pero cando collemos o clube porque eramos varios (Balsa, Michel, Raña, Vito, Pepón, Marcial e eu) debiamos 12.000 €, sabes, ahh por certo en gran parte de paridas que compraba e non pagaba un tal Juan Pina moi partidario do Xuventude de Oroso, e tamén membro do Concello, da camarilla de Franqueira..., arrepintome moito de haber sido presidente sobretodo pola maneira na que se dou, pero sempre dimos a cara e loitamos polo noso clube. Non teño nada máis que dicir ahh e que quedou o clube con superavit, así o acordou unha asemblea de socios mona.

Anónimo dijo...

HABER SOCIO NUMERO 71, QUE PARECE QUE CHE GUSTA TANTO A CRITICA POLITICA COMO O FUTBOL E MEZCLAR TODO NON E BO. EU NON SON POLITICO NIN ME INTERESA PERO PERMITEME QUE CHE DIGA, PARECE MENTIRA QUE SEXAS DE SIGÜEIRO, FORAS PRESIDENTE, E NON TE ENTERES, "O XUVENTUDE E POSTERIOR A JUAN PINA", E CREOUSE PARA QUE OS NENOS DE AQUI TIVERAN UNHA ESCOLA DEPORTIVA, COUSA QUE O SIGÜEIRO E A MAIORIA DAS SUAS DIRECTIVAS NUNCA FORON CAPACES DE MANTER E NUNCA TIVERON CONTINUIDADE. DECIA MIÑA ABOA "SI A ENVIDIA FORA TIÑA MOITOS TIÑOSOS HABERIA".

DEIXAR DE CRITICAR O XUVENTUDE E DEIXAR DE VIVIR DO PASADO, APOYADE A ESCOLA, QUE OS NENOS SON O FUTURO E TEREDES UN SIGUEIRO QUE SEA O ORGULLO DE TODOS.

Anónimo dijo...

Escoitei polémica?? Que conste que está semana non quería escribir, porque despois da primeria victoria do equipo quería observar dende a barreira os virachaquetas, si home, ese grupo de socios que cando todo vai mal non fan máis que rajar dos xogadores, e cando as cousas van ben comezan a encherlles as orellas de boas palabras.
Visto algún que outro comentario, e deixando a parte o dos xogadores porque me pareceron bastante acertados, quería comentar o partido dende o meu punto de vista, un anónimo que vai os partidos e que non ten ningún interese en que se fale del, nin ben nin mal.

1.Xogouse ben. Se entendemos por xogar ben crear un número de ocasións de gol igual que o equipo contrario e meter unha máis que eles, entón si, xogouse ben. Se entendemos xogar ben por ter o partido controlado, non pasar apuros en defensa, crear ocasións e metelas ou non metelas, entón ningún dos dous equipos xogou ben, so houbo un que tivo máis sorte, neste caso o noso equipo.
2.Partidazo de un ou outro xogador. Entendo que a valoración que fai o colectivo esloveno dos xogadores é para animalos e por iso non a teño moi en conta, pero imaxinome que calquera que vira o partido non estará moi dacordo cas valoracións feitas, salvo aqueles socios que movidos polo amiguismo esten recuperando o crédito pérdido en anteriores fios deste mesmo blog, pero eso é o de menos. Gustaríame destacar o partido do bloque en xeral, e non pola brillantez senón por un pequeno detalle, non escoitei unha bronca en todo o partido, e eso si que vale. Engadir que para min os xogadores do partido foron os 3 laterales, Alberto, David e Victor; nin Jose Ángel (porque ainda que metera a falta, non se sabía que estaba no campo, estaba moi apagado), nin Oscar (meteu o gol e tirou outra vez a portería, cantos balóns perdeu?? ...40...50...60...nin idea, moitos seguro, ademáis estibo eléctrico, e eso é bo, pero corría dun lado pa outro, moitas veces sen rumbo), nin Javi Gonzalez (ainda que estivo bastante ben en ataque cos cambios de xogo, en defensa faltalle todo, garra, ganas... supoño que non estará cómodo nesa posición), dos 4 que parecen na enquisa salvaría a Juan, solo que como é defensa non vale, non?? Ainda que non fixo un partidazo estivo bastante ben. Suxerirlle o colectivo que nas enquisas podería incluir a todolos xogadores que disputaron algún minuto, so é unha suxerencia.

A intención deste comentarios e a de dar unha opinión sen idea de ofender a ninguén, se alguén se sinte ofendido, presentolle as miñas disculpas.

Un saudo e animo os creadores do blog.

Anónimo dijo...

Creo que o último anónimo ten toda a razón en todo!! Perfecta a valoración e perfectos os comentarios, por favor colectivo facedelle caso. Tades facendo un gran labor pero as suxerencias que fai son moi boas.

Anónimo dijo...

Grande o antepenultimo comentario, valoracións perfectamente feitas!

Anónimo dijo...

SISI pero se nn fose por jose angel e por oscar o partido estaria perdido. Non esstou dacordo cas tuas valoracions porq creo e estou segurisim de que oscar o domingo foi o mellor, perdeu balons pero tb os gañou e sinceramente destaco a oscar pero os demais tb estiveron do mellor.

Anónimo dijo...

1. Xogouse ben, porque se tomamos como referencia os anteriores partidos, veuse un salto de calidade considerable. Pasouse de ter un par de ocasións illadas a ter varios momentos de bo xogo con varias ocasións. Tivemos 10 minutos nos que facilmente se podeu marcar algún gol máis.

Claro que se fose o primer partido do Sigu que vemos seguramente diríamos que xogamos ben a ratos, fixemos ocasións pero fomos irregulares.

Pero tampouco vamos a pedirlles ao Sigüeiro o xogo que lles pedían aos galácticos non¿?¿?

2. As valoracións son unha opinión. Eu non creo que estén todas acertadas (opinión miña, tamén), pero creo que se consideras que o Sigu xogou ben, hai que destacar a xente como Jose Ángel ou Óscar (e incluso Toni, ao que só lle faltou o gol, que foron os que levaron o perigo durante o tempo que tivemos as ocasións e o bo xogo.
Coincido contigo no que dis dos laterais, que estiveron francamente ben. Pero xa sabes como é esto: aquí destacan os que meten os goles, os que se regatean así mismos e os que fan pases sin mirar.

Saúdos,e seguide así!

Anónimo dijo...

Ah, e como apuntas ti, creo que se deberían incluir na enquisa a todos aqueles xogadores que disputaron algún minuto.

Ahí tedes unha suxerencia, colectivo esloveno.

Anónimo dijo...

A creacion do xuventude por suposto que é posterior a Juan Pina, pero non a súa idea, ideado por membros do concello de Oroso, e eso podo dicilo eu porque estiven en reunións con directivos do Deixebre,do Oroso, Manolo cruz, eduardo Veiras... no concello, así que non me veñades a foder con que non sei de que falo.
Por certo o Sigüeiro tivo tódalas categorías inferiores ou moitas (Alevíns, Infantís, Cadetes, Xuvenís, Afeccioinados e veterans) e disolveronse en etapas de Locho e Suso despois da falta de apoio de pais e de concello de oroso, síiii ese concello que tanto apoia ó Xuventude con subvención de coña, autobuses, recepcións oficiais no concello... ¿¿ou que cona pasa que somos aqui cegos ou??
Podes preguntarllo a moitos dos que están aquí no Sigüeiro ou estiveron, ou agora están no xuventude porque penso que os que hoxe son Xuvenís moitos pasaron polas categorías do Sigü, e moitos dos seus pais antes non colaboraban nada, absolutamente nada e agora sí, porque hai un ambientillo ou máis ben un tufo político noxento. Grazas a Deus o deporte non ten nada que ver coa política, o Lino Balado é o campo do Sigüeiro, e chamasa Lino Balado polo mellor presidente da historia do fútbol afeccionado, péselle a quen lle pese, e seguirá sendo o Lino Balado e non o Manolo Mirás (VERDADEIRO DESEXO DO ALCALDE). Por eso dende este foro pido claramente
"XUVENTUDE DE OROSO FÓRA DO LINO BALADO"·

Anónimo dijo...

É a primeira vez que entro neste blog, asi que antes de poñer o meu comentario gustaríame saudar tanto os creadores (noraboa) como os que participan nel.
1. sinalar que algus comentarios vexos fora de lugar, faltos de respeto hacia clubes, socios, xogadores e afecionados. Con respecto a isto gustariame que souperades que o sigu non so é un clube, senon que representa a un pobo e ao mesmo tempo da unha imaxe do mesmo, polo tanto todas estas faltas de respeto, insultos as veces din moi pouco deste lugar e creo que non e a imaxe que se merece nin que se deba dar e que inconscientemente se está a reflexar.
2.en canto ao equipo:
non hai que buscar culpables se non solucions. constame que os xogadores esforzanse en facer as cousas o mellor que saben e que as veces o mal xogo sobre todo os ultimos partidos son fruto da desesperacion de intentalo e non sair as cousas como queren e como saben. non ser tan duros.as veces parece que pasan de todo que non se esforzan no campo pero e por iso, entendo tamen que un socio que paga non queira ver iso.
3. en canto ao xogo.
sei que isto sona a "Marca", pero nin antes eran tan malos nin agora tan bos.
dende logo esta victoria dara mais confianza aos xogadores que o necesitan.
estou dacordo con un dos comentarios cando di que non se xogou tan ben como se di. creo realmente que falta orde sobre todo na parte ofensiva falta ser mais claros de por onde se ten que xogar e que todo o eqipo o sepa, xa que cando un tiña o balon pedianña 5 compañeiros e segun o meu punto de vista todos deben saber e axudar ao que ten o balon de quen é o mellor posicionado pra facela xogada mais facil que sempre e a que mais dano fai(dando 4 toques en segunda rex. poste en porteria contraria). Na defensiva bastante ben salvo a presion dende o meu punto de vista, na saida do balon do contrario que non so o teñen que facer os dianteiros se non interiores e medios, uns presionando e outros basculando. nos balons aereos no medio campo non se etubo moi ben, pero de aqui un animo para mellorar esta faceta xa que nesta categoria e importantisimo. o mellor na defensa os defensas valga a redundancia, alguns erros ao principio nos despexes , pero moi ben despois os centrais e os laterais facendo as coberturas e permutas cando ian ao corte, pasarono mal a balon parado e contra o final en balons largos pero tmen era debido a pouca presion do medio campo.
hai moito que mellorar pero o camiño e saber os erros e correxilos que de seguro os correxirán.
se tivera que nomear a un xogador dira a Alberto Raña na primeira parte, cortou todos os balons polo seu lado, tanto de cabeza como por baixo, pegado ao interior e basculando ben cando a xogada ia pola outra banda non olvidares que é diestro e é central non lle pidades que suba a banda que a demais un bo lateral sube non debe de subir moito debe sorprender nunha ou duas xogadas. temos un equipo con mais calidade da que está a amosar pero agora repito que nse non se amosa e porque ainda non se ten unha idea de xogo determinada e clara para os xogadores.
4.
noraboa pola nomeazon en fiebre maldini, e moito animo os xogadores que se entrnan 3 dias a semana acaban as 12 non cobran e ao dia seguinte moitos teñen que ir traballar cedo, podedes rapaces claro que podedes e ademais farédelo.

Anónimo dijo...

a partir de agora imos ver outra liga, ademais hai unha nova incorporacion ao equipo moi boa ao meu parecer, estou seguro de que vai dar un salto de calidade ao equipo cando este no seu mellor momento (dadelle tempo) pois estou seguro ke de non ser pola grave lesion que sufriu cando era xuvenil non estaria con nosco estaria nunha categoria superior á nosa falo de preferente, 3ª, que non é moco de pavo, poucos xogadores do sigu puideron xogar nesas categorias. como o caso de oscar que se me fixera caso cando era cadete e xuvenil de primer ano podria ter incluso xogado mais lonxe pero é a asi de prea un saudo a oscar.
sei que moitos dos que leades isto reiredesbos e diredes que non teño nin idea, pero recordade o momento no que estaba cando se lesionou, ia co equipo ds maiores cando era xuvenil si si aquel equipazo que estaba en primeira que descendeu pola mala xestion e falta de repeto a moitos dos xogadores.(sei do que falo)
e pequeno pero moi listo xogando, e rapido e habil e se ten confianza non soe fallar, un ratilla de area.
supoño que xa sabedes de quen vos estou a falar, demostra o que sabes facer e non me deixes agora en evidencia jejej.
non é a miña intencion menospreciar a ningun dos xogadores ke xogan na mesma posicion , temos moi bos dianteiros ademais de diferentes caracteristicas que é moi importante.
animo samuel e animo a todos os xogadores.

Anónimo dijo...

Ostia, que ben, esta lista a rodilla pa batalla Samu?
Un saludo