miércoles, 12 de noviembre de 2008

Ti opinas:


Cal é a solución do problema do SFC esta tempada?


Despois dun tercio da tempada, o Sigu só conseguiu seis puntos de trinta posibles, claro síntoma de que non está a pasar por unha situación fácil. Cal é o problema? e a solución?


Deixa a túa opinión, escribe o teu comentario e pon un "Nick", pinchando en "Nombre URL".

21 comentarios:

Colectivo Esloveno dijo...

Poñede a vosa opinión sobre o tema, os que de verdade lle interese o foro, non contesten os comentarios que non veñan o caso, serán borrados o máis rápido posible.

Anónimo dijo...

eu creo que o problema ven da forma fisica dos xogadores... a gran mayoria acaban todos os partidos ca lengua fora... moito me temos que sexa unha cousa dificil de arranxar, porque é algo que hai que traballar na pretemporada...

forza sigu que domingo comemonolos

Anónimo dijo...

Problema: a pelota non se move polo chan, senon polo aire.

Solucion: adiantar a Juncal a mediapunta, e que no centro xoguen J.Angel e Xabi

Anónimo dijo...

Sorte, faltou sorte en alguns encontros que merecemos gañar, polo menos en 2. Teríamos 10 puntiños e non sería un mal dato.
Forza sigu

Anónimo dijo...

falta que deixen de emborracharse todalas noites os xogadores que son uns borrachos e uns viva a vida!!!!!
panda de borrachos

Anónimo dijo...

A solución... Marcial o outro día contra o Silleda andivo cerca de acadala.
Primerio cambiar o estilo de xogo, por que? Porque se de mediocampo hacia diante contas con: Jose Angel, Oscar, Leo, Munitis, Toni, Xavi, Paderne, Marcos Juncal, ... o mínimo que teras que facer e intentar ter o balón, pero eso non quere dicir que non se poida defender (o outro dia en Silleda o aspecto defensivo moi mal). Os erros en xeral foron de bloque, entre que no centro do campo so defendía xavi, e o Silleda dun patadón creaba unha ocasión, coa colaboración inestimable da zaga do sigu, así é moi complicado gañar. Sen contar as numerosas ocasións de gol erradas.

Segundo, adiantar a Jose Angel penso que é unha boa opción. O outro día en Silleda, fixose ca maioría de balóns que quedaron soltos entre a defensa e o mediocampo do Silleda, e non mencionemos as catro asistencias de gol que lle brindou os seus compañeiros. Sin duda terá que traballar mais en defensa principalmente para axudar a xavi. Pero en principio a parella Toni-Jose Angel en Silleda demostrou que pode xerar perigo, agora so falta que as metan. Cando Toni comece a enchufalas á cambiar o conto.

A xente critica moitisimo a Marcial, non sei o que se entende ou non entende de futbol, pero para min no primerio partido mostrou duas cousas interesantes, e penso que se coordina as axudas defensivas, e dicir, que o sigu defende en bloque (dende o primeiro o último) esto pode funcionar.

O que me ten máis preocupado e o centro do campo, porque se Jose Angel adianta a sua posición, so nos queda un mediocampistas con mayúsculas, Xavi, e visto o de Silleda, Javi Gonzalez demostrou que con tapar 1 metro cuadrado de campo xa lle é suficiente. Xavi estibo moi so. Non lle vexo fácil solución porque o outro medicampistas que queda é Paderne, pero é dun corte moi parecido a Javi Gonzalez, vamos que o físico brilla pola sua ausencia.

Como afeccionado do Sigu, agradecer a Marcial a aposta polo fútbol ofensivo, e dicirlles os xogadores que animo que queda moita liga por diante, e isto so acaba de comezar.

Un saudo dende montañas moi lonxanas.

Anónimo dijo...

vaia unha comparación por deus!!!!!

Non me compares a paderne con javi anda..............non terá un gran físico pero ponlle ganas polo menos.Ademáis se esta enchufado ese medio xabi-paderne e por diante jose pode ser moi perigoso.Cada un facendo o seu traballo por suposto.

E xa que falo de paderne,aer se recuperamos ese chabal de xuveniles que tantas boas tardes nos deu,así coma leo e marcos.Xa que ningún dos 3 volveron ser os mesmos.

Anónimo dijo...

para min o problema e a falta de gol sen dubida pero , so fai falta que empezemos a xogar tocando algo mais o balon xa que equipo temos un moi bo equipo con xente coma Jose Angel , Marcos Juncal , Oscar ...

Anónimo dijo...

A confianza dalgun xogador esta mermada.non vou a entrar en por que,pero a nada que empecen a sair as cousas un pouquiño e a vaian recuperando cambiara a cousa.temos moi boa xente.ANIMO SIGU!

Anónimo dijo...

ai k votarlle collons e vos n tedes!!

aki calidad xa se sabe k moita n ai polo menos correr e loitar!!

k pouca xente o fai!!

paderne e un gran xogador o k pasa e k n lle deixades demostralo!!

un saudo

e se n keredes akavar en 2 mellorade anda

Anónimo dijo...

Con respecto o comentario anterior decir que en 2 xa estamos...único que ti queiras que subamos a primeira pero weno...

Anónimo dijo...

Agora vai resultar que son todos boisimos, por iso gañan tantos partidos!!! Hai que ser realistas e falar claro, a única virtude deste equipo e que é un equipo con xente moi noviña, a media de idade e moi baixa, pero se os miramos un por un hai poucos que se salven.
Se a este equipo lle sacas a Juan, Diego, Xavi, Jose e Juncal o resto que fan??...nada, pero non me entendades mal, eles solos tampouco ganan os partidos, so evitan que se perdan, e dentro deste equipo hai outros moitos que contribuen a que o equipo perda partidos e non por fallos puntuais, simplemente por falta de actitud, de compromiso...etc. Hai que darse conta de que este equipo e normaliño, moi normaliño e como non xogue como un bloque non hai nada que facer. Podemos criticar os xogadores, podemos apoialos, podemos mentirlles dicindolle que son boisimos, pero como na sua cabeciña non entendan que a forza son todos xuntos isto está perdido. No campo non se ve un equipo, a xente xoga por libre e moitos de cara a galería, SIN GANAR UN PARTIDO E AINDA OS HAI QUE A QUEREN METER POLA ESCUADRA DESPOIS DE FACER VINTE BICICLETAS, por favor espabilade ou senon... MARCIAL ESPABILAOS!!!

Anónimo dijo...

Este fin de semana gañamos e chavales ,un 2-0 contra o Laro. ANIMO CHAVALES ¡¡FORZA SIGU¡¡

Anónimo dijo...

Respetando o comentario anterior onde se decía que se sacas certos xogadores entre os que estaba eu, e tal, eu para nada estou de acordo. Fomos un equipo para subir de terceira, empezando por Sam (o terceiro porteiro o ano pasado unhs partidos) e acabando en Pepón).
Ninguén aquí no Sigu é mellor que outro, e o éxito deste equipo sempre estará neso, na UNIÓN e forza que fagamos como UN EQUIPO no campo...... pero só vos pregunto unha cousa para reflexión:

Pedides de todos nos o mellor cada domingo (eso é perfecto, e tratamos de ofrecelo e para eso entrenamos, porque queremos), pero...se fóramos todos o que vos decides ou presupoñedes (porteiros espectaculares, defensas pefectos, medios que recuperan, ofrécense e distribuyen, interiores que desborden e a poñan espectacularmente, e dianteiros que de cada balón que chegue metan duas..........considerades que estaríamos en 2 rexional????? Eu penso que eso non é nin de largo o que fan os rivales nosos, nos cales, veñen, fan o seu partido, e vanse (sen moito que decir deles, polo que levo visto en 2 rexional este ano).

E volvo a decir, entendo o que pedides, pero tamén temos que ser consecuentes que estamos en 2 rexional por algo, e vimos de anos en terceira por algo. Se foramos tan bos como moita xente nos quere ver ou nos susurra nas orellas (sempre dixen que ese foi unhs dos peores males do Sigu, todos somos super-heroes polo que se comenta e se nos estivo decindo de pequenos....)...A realidade, somos xogadores da categoría, un grupo de amigos que loita por unhas cores e defende ó seu equipo con uñas e dentes!

Así, volvo a chamar a paciencia e creer nalgo por encima de todo: as cores do SIGU!

NO PAIN, NO GAIN!

Anónimo dijo...

Estou super dacordo con Diego, hai xogadores que deben levar o peso do equipo, tirar do carro vamos, pero sin embargo, os outros non deixan de ser menos importantes, porque gaña o equipo enteiro, e non so eles. Actualmente o sigu non gaña porque ademais de non responder os que deberían tirar, tampouco responde o bloque, o equipo , o mais importante. Intentemos que todos se fagan importantes e chegarán as victorias.

Anónimo dijo...

Actualmente non hai ninguén que tire do equipo. Claro que uns teñen que ser + importantes que outros, pero non imprescindibles...se nos poñemos así, enton o barça do doblete k seria sin ronaldinho e eto'o ou que sería o valencia agora sen mata e villa?? Non tes razón para nada, hai xogadores que agora non están no seu mellor momento pero que foron importantisimos para este club. Ademais dos que nombras xa se sobreviviu durante moito tempo, xogando kizas mellor.

Anónimo dijo...

hoxe as 4 todos no campo que hai que gañar

forza sigu

Anónimo dijo...

Hoxe a primeira victoria da tempada no LINO BALADO.¡¡FORZA SIGU¡¡

Anónimo dijo...

Todos en sigueiro hoy para apoyar al ekipo!!!!!

Anónimo dijo...

ola

toma! son o primeiro en comentar despois da 1º vitoria sigüeirense.

agora toca xogar fora, pero seguro que gañamos, e a ver se comezamos dunha vez a sacalo equipo de abaixo

saudos

Anónimo dijo...

Bueno chavales primeira victoria da tempada,animo e a gañar o fin de semana k ven,hay k seguir ca racha.¡¡FORZA SIGU¡¡