domingo, 23 de noviembre de 2008

SP. ESTRADA 0 - SIGÜEIRO 1

"Sr. árbitro, volva vostede mañán"
-
O partido comezou cunha hora de retraso porque o sr.colexiado chegou ó campo en codicións que lle impedían realizar a súa labor. A pesar disto, o SFC, cun gol de Óscar, logrou tres puntos de ouro na carreira pola permanecia.
-
Non foi o mellor partido do Sigüeiro. O xogo non recordou o do domingo pasado ante o Laro pero, por segunda semana consecutiva, volvéronse a conseguir os tres puntos.

O partido poñíase costa arriba cando, no primeiro cuarto de hora, era senalado un penalti en contra do Sigu, logo de que Álex, titular hoxe, cometérao nun man a man cun atacante rival; o noso gardameta afirmou que non fora penalti, pero o colexiado así o entendeu. Álex logrou parar o lanzamento e polo tanto seguir ca porta do SFC a cero. Na primeira parte, as ideas do Sigu en ataque non cuaxaron. Os poucos lanzamentos non collían portería ou eran de escaso perigo e pola contra, o Sp. Estrada si dispuxo de ocasións, a destacar unha, no último minuto, antes do intervalo. Se os locais lograran adiantarse o partido sería totalmente distinto.

Na segunda parte, o Sigüeiro saiu con máis "garra" e as cousas empezaron a coller forma. No minuto 75, aproximadamente, Óscar elabora unha boa xogada que remata cun golpeo e o balón acaba no fondo das mallas estradenses, despois dun erro do gardameta do Sporting. De aquí ó final o Sigu conformouse coa ventaxa mínima e replegouse atrás para conseguir a victoria a segunda da tempada.

O caso do árbitro resulta inexplicable. Ó inicio do partido houbo de retrasarse, cáseque unha hora, en tanto non chegaba outro árbitro dende Tordoia. Algún afeccionados recordaban, mentras facían tempo, un caso similar acontecido na liga bielorrusa, fai uns meses, no partido,Vitebsk-Naftan.

A victoria de hoxe fai subir a moral dos nosos xogadores que o domingo que ven, no Lino Balado, xogarán contra o líder, o Grixoa, que por primeira vez na tempada, non logrou a victoria (empate fronte O Pino).

Dende o Colectivo esloveno pedimos disculpas por non poder ofrecer ningunha imaxe do encontro.
Fonte: allea ó CE92.

25 comentarios:

Anónimo dijo...

Otro partido, otra victoria. Enhorabuena Marcial.

Anónimo dijo...

vamos sigu que o domingo damos a sorpresa ante o grixoa

Anónimo dijo...

Grande Alex!!!!! :) Noraboa polo partido

Anónimo dijo...

Temos os dous mellores porteiros da categoría!!!

Anónimo dijo...

Animo rapaces que o domingo seguro que gañamos contra o grixoa."GRANDE ALEX" ¡¡FORZA SIGU¡¡

Anónimo dijo...

felicidades a todo o equipo por unha vitoria moi traballada inda que a sorte onte estivo de cara, tamen fai falta en momentos puntuais. unha critica pero sen mala fe, creo que foi o peor dos ultimos tres partidos, ollo con relaxarse.grande alex.
P.D. RECORTAMOSLLE 2 PUNTOS A UN RIVAL DIRECTO, O GRIXOA.

Anónimo dijo...

rival directo o grixoa¿?jajajajajajaja,perdonade ke me ria pero o grixoa nn ten rival nesta liga

Anónimo dijo...

A ver se o equipo entra nesa inercia de resultados positivos. Eu a verdade teño a sensación de que contra o Grixoa sacaremos algo. Sería importantísimo un resultado positivo en casa contra un equipo ao que case ningún outro da categoría lle pode facer fronte.

Iso sí, anque non saia ben o partido deste finde tampouco hai que alarmarse.



De que xogou Óscar¿?¿?

Anónimo dijo...

Algún aínda non pilla a ironía de ROB-ROY. Oscar xogou de interior e de dianteiro...hai k dicir k o gol foi unha xogada de oscar na que fai un centro e o porteiro mete o balón na súa portería en vez de despexalo ou atrapalo. Foi moita sorte pero weno, noutros partidos houbo menos(recórdese o do San Mamede).
Empataron O Pino contra o Grixoa, recortamoslle 2 puntos, son os nosos rivais directos!!(jeje)

Anónimo dijo...

Aqui gaña o sigüeiro e xa non se da brasa!!aqui perdemos e somos todos uns apestados e gañamos e todos se sinten siareiros do sigüeiro...de pena!

Anónimo dijo...

gracias x los apoyos y sobre todo a diego...una gran competencia pero fuera de eso un gran compañero y amigo.ALEX

Anónimo dijo...

o grixoa sobornou un arbitro? saliu na tvg?

Anónimo dijo...

o grixoa vaivos dar nas cachiñas

Anónimo dijo...

bueno o do arbitro ese saleu en todos os medios de comunicacion, pero ainda menos mal que o segundo o fixo moi ben (porque alex as cousas como son o penalty pareceu moi claro, ainda que o que vale e que o paraches) e boa sorte tivo Fran que fixo unha entrada sin balon e tan so lle sacou amarilla ainda despois de botar picando todo o partido!! ANIMO SIGU!!! Domingo a polo Grixoa

Anónimo dijo...

o gol foi un puto golazo pola escuadra de chilena.mandamos 3 o pau e alex parou un penalti de escorpion KE KARALLO.jejej.grande sigu!!! e domingo recortamoslle 3 puntos mais o grixoa pa darlle mais vidilla a liga.juas.GRANDES!!

Anónimo dijo...

non digo ke non haxa bos porteiros...pero como vos podedes fiar de diego....vos vistesllas mans???? na sua posicion relaxada sempre fai ke colle un vaso de tubo....debe levarlle idea, e non digo mais xDDD

Anónimo dijo...

unha vez mais demostrase que nun deporte maioritario como é o futbol opina quen quere pero moi poucos saben realmente del.
se alguen me pode dicir que diferencia hai entre os dous ultimos partidos e os primeiros.....e sen embargo como cabian as opinios segun o resultado. estou de acordo con pedro aldo duscher.e moi facil ver os erros cando se perde.
non sei como xoga o grixoa pero sábese que ten tres xogadores moi determinantes, veñen de xogar en categorias moi superiores, e non seguiron nelas porque non quixeron, (é mais cómodo xogar e cobrar sen entrenar)será moi dificil paralos porque xogan a unha velocidade moi alta para a categoria antes de recibiren o balon xa saben o que van facer, e onde teñen os apoios, hai que impedir que lles cheguen os balons como sexa e non terlles medo se non faran con nos o que lles pete.
de todas formas non debemos tampouco dalo partido por perdido xa, cousas mais dificiles se viron no futbol, e o pino conseguiu frenalos asik por que o sigu non?
si contesta que conteste cun pouco de sentido e que de razons de peso ao menos, as veces esto parece que fala "jj santos".

Anónimo dijo...

Estou de acordo co ultimo comentario.Seguro que podemos gañar o grixoa "PODEMOS"¡¡FORZA SIGU¡¡

Anónimo dijo...

Boas a todos:
Con respecto a un comentario sobre o que cambiou no Sigüeiro ademáis do resultado, nestas dúas últimas semanas creo que te equivocas porque se non ves diferencia entre o partido contra o Laro e o Recesende... vamos eu non serei un entendido do fútbol pero vin algo de diferencia, polo menos tocarona, ás veces con iso non chega pero polo menos intentano e disfrutan.
Non me gustaría deixar pasar o momento para pedirlle a un montón de xente que por favor dé a cara, que utilice un nome ou un nick, porque así polo menos sabemos unha opinión, vamos que non molan os anónimos nin que entren 20 tipos co mesmo nome.

Anónimo dijo...

ALEX GRANDE MOI GRANDE, Alguén me pode dicir ¿Por qué foi titular?

Anónimo dijo...

Me gustaría por favor pedirle a Manolo Cruz que dé la cara, que deje de enviar anónimos y que se posicione de verdad como anti-sigüeirista, lacayo de Franqueira, Duro...(Vamos del que manda), polemista, ...y verdadero cabecilla de la polémica entre los dos clubs de Sigüeiro.

Anónimo dijo...

Enhorabuena al Colectivo Esloveno por darnos la noticia de la borrachera del arbitro dos días antes que LA VOZ DE GALICIA (Martes 25 de Novembro)

Anónimo dijo...

julito tio non esbardalles tanto oh jaja

Anónimo dijo...

Manolo Cruz é un payaso!!tanto crear conflicto entre os dous equipos e non se acorda de que el foi entrenador dos infantiles do Sigüeiro fai anos e tiña un equipazo e non tiña nin puta idea de entrenar!e dou fé que non tiña nin puta idea!

Que se dedique a polçtica que se guro que se lle da algo mellor,non moito,pero algo mellor que entrenar seguro que si.

Saudos

Anónimo dijo...

en resposta oa socio nº71, gracias ao menos por non contestar mal no teu comentario e responder con xeito ainda que non estou de acordo, contra orecesende, tiveron 3 oportunidades a porta valeira que fallaron que outro equipo non erraría, e iríamos 0-4, xa sei que no futbol non se pode vivir de "esi metéramos aquela.... e aquela outra...., pero o certo é que era un rival cativo ó que lle demos a opurtinidade de meternos 3 mais e iso non é xogar ben, contra o laro puideron empatar na primeira parte nun remate de cabeza ao lado do pau que fallou porque dios o kixo, na segunda balons aéreos e o que queiras pero crearon perigo sobre todo a balon parado pasamolo moi mal e sen embargo gañouse, conto realmente como moito 15 min de xogar polo chan, a única diferenza que pode haber é que ao menos marcamos algun gol mais que antes, pero marcamos 3 a un equipo que nos meteu seis, 2 a un equipo que nos meteu 1 coa man hai que decilo, pero tivo ocasions pa meter mais, e un de sorte no ultimo ante un equipo que errou un penalti nos primeiros min, e tamen tuvo moitas opcions na segunda.
temos que ser realistas para poder mellorar e sigo decindo que hai calidade neste equipo,inda que os meus comentarios non o parezcan, e que se mellorara porque o que falta e confianza, e ter unha idea concreta de xogo, non pelexar no campo contra nos mesmos, e remontaremos moitas posicions seguro