domingo, 1 de marzo de 2009

SIGÜEIRO 3 - A BAÑA 0


"Baño" ó A Baña

Óscar, en dúas ocasións, e Munitis, inxectan unha dose de moral ó Sigu. A goleada puido ser maior, pero os paos e o gardarredes visitante evitárono.

Houbo que agardar ó primeiro de marzo, para ver gañar o Sigüeiro no Lino Balado, neste 2009. Esta victoria, a quinta da tempada, da aire ó Sigüeiro e permítelle respirar con respecto ó descenso.
-
Comezou o Sigüeiro moi metido no partido; nos cinco primeiros minutos o Sigu, xa podía terse adiantado no marcador, por medio das botas de Óscar, que estaría "enchufadísimo" durante todo o encontro. E foi precisamente Óscar no minuto 18, quen adiantaría ós nosos, logo de regatear a un defensor cunha "bicicleta" e cruzar a pelota diante do porteiro. O A Baña, en ningún momento levou perigo de cara a porta local, de feito, rematou o encontro sen tirar entre os tres paos; tan só nos últimos minutos desta primeira parte daría a sensación de que podía plantar cara ó Sigu. Munitis, puido marcar o segundo antes do descanso, pero erraría no man a man.
-
Non transcurriran nin trinta segundos do inicio da segunda metade, cando Óscar volvía mandar a pelota ó fondo das redes rivais, cunha boa definición diante do porteiro. No minuto 62, Munitis, poñía a senteza no marcardor, para traer a tranquilidade ó Lino; facíao, aproveitando no segundo pao, un centro dende a banda dereita de León. A ventaxe de tres goles non lle parecía suficiente ó Sigu, e ante un A Baña "roto"; Marcos Vigo podía marcar o cuarto, pero un defensor rival sacaría o balón na mesma liña de gol. Despois, Toni e Iván, enviarían, cada un, un disparo ó pao dereito da porta visitante. Nos derradeiros minutos, producíase o troco na meta vermella, Diego despedíase cunha soada salva de palmas de tódolos/as siareiros/as; antes da súa viaxe, por motivos laborais.

-O SFC hoxe: Diego (Álex, m.86), A.Raña, Amancio, Xabi, Manu Regueiro, Munitis (Iván, m.68), León (Paderne, m.65), Jose Ángel, Javi González, Óscar (Toni, m.62) e Marcos Juncal (Marcos Vigo, m.68).

-O SFC por liñas:
-
Portería: nin Diego, nin logo Álex; tiveron que intervir en ningunha ocasión. O primeiro tivo que aparecer algunha vez, para dar saída ó balón, sobre todo na primeira metade.

Defensa: voltou ó lateral Amancio, despois de estar no dique seco por lesión. Ante a falta de Juan no centro da zaga, Lelo probou a Manu Regueiro, e este firmou un "grandísimo" partido; como o resto da defensa.
-
Mediocampo: quizais a liña máis frouxa de todas. Na faceta ofensiva, destacou Munitis, pola banda esquerda, con mais aparicións do habitual; das que na maioría saíu victorioso.
-
Dianteira: Ósacar, voltou render ó seu máximo nivel; aparte de anotar dous goles, estivo moito máis activo do que estaba nos últimos partidos. Tamén destacar o gran encontro que firmaron os dous arietes que sairon dende o banco de suplentes, Marcos Vigo e Toni.

Na foto: o terceiro gol do Sigu, o de Munitis.

23 comentarios:

Anónimo dijo...

vale chavales!!!

tres punros de ouro!!!

Anónimo dijo...

Unha pregunta pa todos en xeral, Quen credes que foi onte o mellor do partido??

Anónimo dijo...

Manu

Anónimo dijo...

grande sigu, se xogasemos todolos partidos asi

moi ben oscar moi ben

Anónimo dijo...

bo partido o de onte,tamen ai ke kntar ke A BAÑA nn kntaba ka mitad do ekipo titular,aora a ganar o domingo o recesende,rival directo pa nn descender

Anónimo dijo...

O mellor do partido foi o equipo, correndo como nunca, e as valoracións do medio campo inxustas, javi e josé angel correron e traballaron sen descanso. Hai que seguir con esta mentalidade e gañar todos os partidos de marzo.
Animo Sigu!!

Anónimo dijo...

gran partido o de onte, creo que todo o equipo correu e demostrou que hai equipo para aguantar en segunda. decir cal foi o mellor onte e dificil pois creo que se estivo ben en lineas xerais pero se tivera escoller un creo que me quedaria con manu, pois non acostuma a xogar de central e estivo impecable, si señor.

importantisimos estes partidos que veñen agora nos que se poderia dar un paso case definitivo para a salvacion, recesende, silleda e vea.
moito ollo co partido de domingo, se miramos os ultimos resultados destes invita a pensar que vai ser un partido moi complicado, moito ollo

Anónimo dijo...

donde estan alberto raña(non falades del e poñedelo no mvp...) xavi,jose angel(gran partido dos dous),Leon(asistencia),marcos juncal(participou nos tres goles)...

quedo bastante sorprendido coas valoracións...

douvos un consello,si as facedes,polo menos que sexan o mais obxectivas posibles.deixadevos de favoritismos que non gañades nada.

boas tardes

Anónimo dijo...

e javi tamen

Anónimo dijo...

Eu creo que o mellor do partido foi Manu Regueiro, era o seu segundo partido dende que voltou (creo que o terceiro ou cuarto da tempada) e aínda por riba xogou de central...

¿A liña do medio do campo a máis frouxa? sí, pero senón consideramos a Munitis centrocamppista.

Creo que no MVP poderián estar Juncal e Amancio.

Anónimo dijo...

Ya había jugado antes de central, sobre todo en los últimos años que estuvo en el Órdenes!!!

Anónimo dijo...

Este finde poidemos ver un gran partido, non destacaría a ningún xogador, senón a todos en xeral, peleando por unhas cores. Seguide así e non baixaremos

Anónimo dijo...

manuel gustoume moitisimo,pero fran?porke nin taba combocado,supostamente xa ten xogado moitas veces de central e con bo rendemento.

Anónimo dijo...

Noraboa Sigü!!!
Noraboa Colectivo!!!

Anónimo dijo...

Espectacular partido do SIGU,un dos mellores da tempada ,polo menos un dos que mais tiramos a porteria rival.Eu quedome de MVP con Manu Regueiro.O finde semana temos que ganarlle o recesende.Gustoume o titulo do Colectivo nesta cronica.FORZA SIGU.MOITO COLECTIVO.

Anónimo dijo...

Diego-Con pouco traballo pero seguro.
Alberto Raña-Bo partido,dos mellores da tempada.
Xavi-Espeditivo cando se requeria,bo partido.
Manu-Dos mellores,moi bo partido para xogar de central,que non é a sua posición.
Amancio-Sin complicarse,gran partido e destacar a participación que ten no 2º gol.
Leon-De menos a mais,na 1ª parte empezou algo durmido pero despois despertou e doulle un gol en bandexa a munitis.
Javi-Bo partido,botando balons as bandas e se complicarse.
Jose Angel-Bo partido do capitan tamen,levando balons de cabeza e cambiando o xogo.
Munitis-Un troton pola banda esquerda,dos mellores partidos que fixo no sigü,moi peleón,e un goliño.
Oscar-Despois de alguns partidos algo apagado,este domingo despertou e meteu dous goles e xogou bastante ben.
Marcos Juncal-Participou nos 3 goles(como ben di un anonimo),cansouse de pelexar cos centrais.Bo partido.

Para min esas esas serian as valoracións.Si alguen ten outras que as poña,asi vemos a opinion de todos.

Ata logo e a gañarlle o Recesende!

Anónimo dijo...

Eu non vou dicir ningunha valoracion porque para min fixeron todos un moi bo partido.Ahora toca ganarlle o recesende.FORZA SIGU,O COLECTIVO ESTA A FACER UN GRAN TRABALLO.

Anónimo dijo...

segun guardiola: o sigu merece astar kos grandes mencionando o barsa e o madrid. e boluda dixo morte o xuventude e manolo preciaddo dixo que o xuventude nom merce o seu adestrador(cadete). viva MONTAOS!!!!

Anónimo dijo...

MORTE Ó XUVENTUDE!!!
FORZA SIGU!!!

Anónimo dijo...

FORZA SIGU E MORTE O XUVENTUDE.VAMOS COMERNOS OS DO RECESENDE ANIMO RAPACES QUE NOS PASAMOS POLO FORRO DOS COLLONS OS MERDENTOS DO MONTAOS QUE SON UNS FILLOS DE PUTA .FOOOOOOOOORZAAAAAAA SIIIIIIGUUUUUU¡¡¡¡¡MOITO COLECTIVO.EU TAMEN SON ESLOVENO.

Anónimo dijo...

gran partido do sigu¡¡¡ penso k o mellor sin duda foi oscar

Anónimo dijo...

MORTE AO XUVENCÚ DE HORROROSO

Anónimo dijo...

que semana mais tranquila¡¡¡¡

dios que armonia cando se gana

o domingo hai que gañar si ou si.

un dato o noso favor: o recesende xoga o seu partido atrasado o sabado dia 7 contra o villestro, asiq... hai que gañar ostia¡¡¡¡¡¡