domingo, 5 de abril de 2009

GRIXOA 2 - SIGÜEIRO 0

Este Grixoa é implacable
-
Ao Grixoa só lle fixeron falla vinte minutos para conseguir os tres puntos. O Sigüeiro non logrou tirar a porta en todo o encontro
-
Era un partido moi dificil no que puntuar, Lelo optou por un planteamento conservador para xogar contra o líder, pero o madrugador gol dos locais mandaron as nosas esperanzas ao lixo. O equipo foi consciente de que se se iba adiante podía saír do Municipal de Augas Santas, cunha goleada e prefiríu non empregar por un sistema máis ofensivo.
-
Os primeiros vinte e cinco minutos de xogo foron asfixiantes para o Sigüeiro; aínda que o Grixoa non golpeaba contra a portería de Biurrun, gozaba da posesión e movía o esférico dun lado cara o outro, sen que os nosos lograran recuperar. Antes dos dez minutos, producíase un córner na parte esquerda; o saque ao primeiro pao, remata en gol, logo de que a defensa e Biurrun non se comprenderan. Pouco despois chegaba o segundo, cando un atacante local gañáballe as costas a nosa defensa e definía de forma tranquila. Coa ventaxe de dous goles, o Grixoa reducíu a velocidae de movemento do balón e permitíu ao Sigu entrar algo no xogo. Os últimos minutos desta primeira metade, foron os mellores dos nosos, parecía causar algo de perigo, pero a verdade é que non tirou a porta nin unha soa vez; a ocasión máis chamativa, un centro dende a banda dereita que se paseou por diante da porta sen que ninguén puidese rematalo.
-
A segunda parte, mostrou certa similitude coa do partido de ida. Naquela volta do intermedio, o marcador era de un a catro, o Grixoa desacelerou e o resultado final foi de tres a catro. Desta vez, o Sigu non estivo tan atinado, e continuou na mesma liña que o final da primeira parte e sen lograr tirar por dentro dos tres paos. Pouco a destacar desta segunda metade, o Sigu non decidíu arriscar; proba disto é que a meirande parte dos trocos realizados por Lelo, foron "home, por home", é dicir, na mesma posición ou similar.
-
Despois desta derrota, o Sigu xa pensa no próximo asalto á permanencia; será este vindeiro xoves nove abril, ás cinco, no Lino Balado, fronte ao Portomouro. Cando o Sigu xogue este encontro terá os mesmos partidos disputados que o resto dos conxuntos da liga, xa que este é un xogo aplazado da xornada vinte e tres, que non se puido disputar porque o colexiado encontrábase indisposto. Outro punto ao noso favor, é que, despois de xogar contra ao Potomouro, o Sigu terá dous partidos como local de forma consecutiva; primeiro este próximo domingo, fronte ao O Pino, e dentro de quince días, contra ao Tabeirós. Polo que un dos billetes da permanencia, pasa polo Lino Balado nestas dúas vindeiras semanas.
-
-O rival de Copa, o vinte e catro
-
O contrincante do Sigu da Copa do Sar, coñecerémolo o venres vinte e catro de abril, ás oito e media. Nesta edición número corenta e dous da Copa, xogan os equipos que van dende Preferente ata Terceira autonómica. Os equipos de Segunda e Terceira, están apuntados de oficio, e se non queren participar teñen que notificalo á delegación. Os clubes de Preferente e Primeira, ocórrelles de forma inversa, se queren participar, teñen que notificalo.

54 comentarios:

Anónimo dijo...

xa era moito ganarlle ao grixoa

Anónimo dijo...

hai k ganar a copa do sar

Anónimo dijo...

o MONTAOS perdeu conttra o silleda b jajaja

Anónimo dijo...

ganar a kopa¿?senn xogan os de 1º,preferente e algun desta liga pode ser....

Anónimo dijo...

ai q ir a pola copa

seria a puta ostia

vamos siguu

Anónimo dijo...

a pola copa!!!!
e despois pasamoslla aos do montaos polos fuciños!

s.d.deixebre dijo...

a kopa este ano ven pa deixebre

Anónimo dijo...

os do Deixebre se ascenderades carallo k ainda este ano non ascendedes e pao ano tampouco e asi segido jajaja

Anónimo dijo...

a copa pa deixebre jaja conta outro mais ganana antes os infantiles do xuventude k vos

Anónimo dijo...

pois os infantiles do xuventude teñen a 3 k son uns cracks me parece k se chaman pablo dani e o primo de oscar maroño

tetazas dijo...

pos si oh...cando o deixebre ascenda deixara de haber miñokas de braña ali no seu campo...vamos....nunka.

Anónimo dijo...

jajaja k gracia me fai mellor k o voso campo de plastico non soñedes ca copa
o unico ekipo k xoga bn no lino balado é o xuventude non o sigueiro

Anónimo dijo...

non é plastico xamase herba artifical repitoxo herba artificial ou campo sintético pero ahí xa che complico moito a vida.E o voso e de herba de braña xa non é de cespede sequera.jaja

Anónimo dijo...

para o penultimo anonimo;non sei a ti,pero eu cando hai algun partido sempre me acordo do que gana non do que xoga ben asique por min que xogue moi ben o xuventude,k son uns rapaciños,e que xogue mal o sigüeiro pero gane.todos contentos.xogar ben para perder non é perder solo o partido e perder toda unha semana de adestramento para nada.

talogo pipiolo

Anónimo dijo...

Queremos que volva the punisher!!!!

xfavor deixa de mirar pra as rapazas un momento e volve dar guerra no blog

Anónimo dijo...

THE PUNISHER returns please!

tetazas dijo...

aqui empeza a cheirar moito a braña...de ke sera?

Anónimo dijo...

deixame adiviñar.....campo de DEIXEBRE

THE PUNISHER dijo...

Primeiro, dicir que os que cren saber quen son están un pouquiño confundidos, pero bueno mellor así, seguide dando paos de cego!!

Con respecto o equipo, decir que pensaba manterme espectante, por se alguen se atrevía a falar, pero vexo que a xente difuminase en batallas menores... que si deixebre,xuventude, montaos... etc.

Neste equipo está claro que sempre dan a cara os mesmos, Jose Angel, Xavi, Juncal e Oscar, o resto están no campo e xa bo é. Non entendin os cambios do adestrador, incomprensible o cambio de Juncal (salvo que queira reservalo para xoves), Leo no banquillo... non sei espero que isto fora por reservar forzas para xoves e domingo. O que me parece incrible e que esta semana non se fale nada do partido, xogase contra o lider, pasanos porriba e aqui falase de brañas, herba de plastico...etc pero por outra parte non esperaba menos, porque se no partido non hay caños, sombreiros ou bicicletas xa non é futbol, polo menos para moitos que escriben neste blog.

Anónimo dijo...

de acordo con the punisher

Anónimo dijo...

totalmente de acordo con punisher.

Anónimo dijo...

eseee the punisher!!!!


estase a converter no gran castigador deste blog

tetazas dijo...

esto vai para the punisher e os tres lammeconas dabaixo...dakela se estan o resto no campo por tar no?pa eso e mellor ke non tean digo eu...porke non chamas a marcial e dislle ke bote os 22 restantes a calle...se este ekipo son 4 namais...non sei pa ke se necesitan...leva a estes 4 po sionlla ou po deixebre aver ke fan...pareceme lamentable ke o resto de xogadores teña ke leer o ke ti estas a decir...non me estraña dakela ke a xente pense ke po ano se vai desarmar medio ekipo...asike xa sabes po ano ke ven o sigu a futbol sala e xgan eses 4 e + un porteiro e seguramente ganen o torneo do concello.e sabes ke...e lamentable o ke estas a facer,tan sekera podias dala cara.pero eso e o bonito deste tema,verda?

e recordoche...oscar e marcos(dianteiros),e o domingo o noso marcador kedou a cero...ahh!!dakela a culpa e dos medoi campistas!!moi ben...no cal estubo jose todo o partido...ai!!ke a culpa non e do medio ke e da defensa por encaixar dous goles... pos moi ben...o primeiro gol e unha cagada defensiva entre biurrum na porteria,fran no pau e xabi o lao deles...ostia dixen xabi?asike mira ti...eu son o primeiro en decir ke son uns xogadores ke nunke deverian de marchar do sigu porke o valen e moito pero dai a ke o resto sea complementos...non sei en ke cambiaria o resultao do domingo...

eu cae prefiro falar de miñokas...

The Punisher dijo...

Po das tetas jrandes!! Amijiño, eu en ningun momento dixen que o resto de xogadores sobrasen, teño moi clariño que o futbol e un xogo de equipo. E cando falo de que estes catro xogadores son os que dan a cara e a pura realidade, saen o campo e ainda que cometen erros coma todos (senon non estarían en segunda rexional), corren e loitan e demostran que teñen orgullo e ganas de xogar e gañar, non estan no campo de paseo, coma outros moitos que saen o campo durmindo e non as ben pasar, e precisamente son os que mais falta lles fai vir ven despertiños. E senon o queres ver non o vexas, o mellor tes que apartar as tetas de diante pa poder ver a realidade. E que che quede unha cousa clariña en ningun momento estou dicindo que uns sexan mellores que os outros, simplemente falo das ganas que poñen no campo que é o que eu vexo cada domingo, seguramente sexan todos buenisimos pero eu domingo tras domingo vexo os mesmos catro e algunha que outra excepción. Asi que deixate de milongas que se dianteiros, mediocentros ou defensas e mira un pouquiño pos partidos e deixa as tetazas a un lao.

Anónimo dijo...

VIVA O XUVENTUDE!!!

Anónimo dijo...

The punisher, é imposible que ti poidas ver as ganas que ten cada xogador...poderalo ver a túa maneira pero non dicir que un pon máis ganas que outro. Cada xogador é un mundo, e tou seguro que hai xogadores que poñen máis ganas k os que ti dis, pero non o reflicten exteriormente. Poñoche o exemplo de valerón, parece que xoga sin ansia, sin sangre, sin embargo é o puto jefe (ou era, xk agora xa vai algo vello). Pareceme lamentable o que dis...se entrenaras con eles e os coñeceras vale, pero se non kedas máis wapo calado k soltando estupideces.

The Punisher dijo...

Para o segundo lambecachas da tarde, o fan de Valeron!! Deixate de valerons que esto é segunda rexional e antes que estes rapaces xa houbo outros xogadores, e non facia falla que o exteriorizasen, iso notase, vese,senon ibamos listos, se lle tiveramos que preguntar a todolos xogadores se lle poñen ganas, diria algun que non?? Ti que parece que non te enteras, preguntalle a xente que ve os partidos se cree que todos os xogadores poñen as mesmas ganas, a ver que che din e despois escribelo aki, e pa decir que alguen pon mais ganas que esos catro hai que demostralo, que de boquilla fanse moitas cousas, pero eu os domingos, vexo sempre os mesmos. O igual que cando estaba o anterior adestrador (Ivan), parecia que so Xavi, Diego, Marcos e Jose Angel poñian ganas, agora vexo que OScar tamen o fai, o igual que no partido contra o Pino Leon e Munitis estiveron electricos, pero nos ultimos partidos solo vexo a estes

Anónimo dijo...

punisher tes ollos na cara????parece que non a defensa e o porteiro do sigu non poñen gañas?t que partidos ves?polo que vexo pouco pero e de respetar a tua opinion.

O fan de Valerón dijo...

Bueno chaval, vouche ter que dicir unhas cousiñas porque creo que che chove de lado. Primeiro, non todos pensan coma ti, ibamos vos se o fixeramos. Segundo, estasme a dicir que oscar lle fixo a cama o anterior adestrador?. Terceiro, normal que leo e muni tiveran extramotivados contra o Pino...son do Pino! Cuarto, dende fai 5 anos non me perdo un partido do sigu e sei o que falo! Porque a parte de velos xogar hai veces que os vexo entrenar, que convivín con eles e que os coñezo como para que veñas saber ti máis que min. Asique se para ti son as cousas tan claras ponte nome e apelidos e logo falamos! Mentres, eres un paspán máis!

mostovoi dijo...

os da directiva non deberian entrar neste blog...eh!fan de valeron??veseche o plumeiro!!
ainda abias de ser rob roy tamen,eh madeiras??

talogo carpenter

tetazas dijo...

THE PUNISHER...enfin se te desvias co tema do seudonimo ke digo...ai xa se be a carancia de argumentos ke tes...e se eu digo o ke digo...e porke o sei amiguiño...non te enganes ke moito che parece ke sabes de futbol...e moito ves as ganas ke poñen no campo a xente e tas moi enganado...asike se cres ke amin me vas a impoñer a tua opinion porke vou tar aki pa romprche os wuebiños e correxirte en todalas mamonadas ke dis asta o fin dos dias...asike nin castigador nin pirola bendita...

Modesto dijo...

Son socio do Sigu e do Xuventude, cada vez q entro e leo o q poñedes aqui mas quero ao Xuventude, eles teñen fallos pero aqui hai moito listillo e mito pirado solo hai q ver os seudonimos e as burradas q decides, aqui todos entenden de futbol pero ese non e o probelma o peor e q aqui hai unha banda de bandos

Anónimo dijo...

The Punisher eres moi radical.Estou contigo en que Jose Angel,Juncal e xavi estiveron en categorias mais altas,teñen máis experiencia no futbol e para min son os mellores.Pero non podes pretender que os outros estean o seu nivel pq 11 como eles estarían en primeira ou preferente.
A nosa defensa pasalle como a do Madrid ten un crack xavi=pepe e despois os outros van cumplindo o lado canavaro=juan,Ramos=Fran e Heinze=Amancio.
En canto o medio ten o director da orquesta que é jose Angel pero os que xogan o seu lado fano o mellor que poden e son distintos Munitis ponlle garra na banda,leon é mais técnico,oscar é o noso Robben...
Na dianteira juncal é un crack,pero todos os que salen aportan,Tony se ten o día crea ocasions,Marcos aporta traballo,Samuel aparte de presionar moito é unha rata de área con moito gol...
En fin que estamos en segunda rexional os rapaces non cobran e fano xenial.
Neste Sigu todos son importantes porque se mal non recordo o ascenso conseguiuno xente da casa.

Anónimo dijo...

Para o ultimo anónimo: jajajajajjajajajajjajajjaja -Veña que me parece que tas moi flipao! Hai 17-18 xogadores nada mais! Cracks!? O que faltaba por escoitar...

Anónimo dijo...

XUVENTUDE!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Para o que di que the punisher é radical. Tou de acordo contigo. Pero agora digo k tamén é lamentable facer estas comparacións e solto unha pregunta: en que categorías superiores a esta estiveron eses 3 para ter máis experiencia???

Anónimo dijo...

Paura o último anónimo:

Birrun, José Ángel e Amancio, xogaron por riba desta categoría

Anónimo dijo...

A min soplanme a gaita todas estas polemicas, pero se non recordo mal, Xavi xogou no Pino en segunda rexional e no Santiago de Compostela en preferente, Biurrun xogou en primeira rexional, Amancio xogou en primeira rexional no Chaian, Toni creo que xogou en primeira tamen, Marcos Juncal xogou en cadetes en division de honor pero en modestos so xogou en segunda rexional (este é o primeiro ano), Javi xogou en primeira rexional, Jose Angel xogou en juveniles en liga nacional no colexiata, en segunda e en primeira rexional co Sigu e en preferente co Fatima,Manu regueiro xogou en Liga gallega de juveniles no ordes e creo que en primeira rexional e samuel tamen xogou en primeira rexional no sigu. Creo que non se me esquece ninguen.

Anónimo dijo...

para ese anonimo que compara a defensa do sigu ca do madrid bufffff nin idea de futbol a defensa do sigu ten xogadores que xogaron en categorias superiores xabi, amancio...e penso que estes lle dan un toque de traballo a defensa en experiencia colocacion..sin esquencerse do resto da defensa que pa miña opinion o estan a facer mo ben.as comparacions que fas non teñen nin pes nin cabeza cos xogadores que ti citas.forza sigu a salvacion cada vez mas preto a gañar o xoves.

Anónimo dijo...

Xavi na máxima categoría que xogou foi en segunda...so xogou no pino e non so en juveniles e modestos, é dicir, en cadetes e infantiles non xogaba, co santiago solo entrenou un par de meses, non xogou...hai k informarse antes de decir burradas. Estadesme dicindo que por xogar un ano en primeira (no cal se descendeu) se ten máis experiencia?? Non me jodades anda! Que mo digades de Biurrun que leva toda unha vida dedicado a esto si, pero do resto palla.

Anónimo dijo...

Eso da experiencia é unha tontería, nalguns casos si pero noutros falades por falar, doulle a razón o último anónimo! No caso de xabi por exemplo xogou 3 anos de xuvenis co pino e 4 ou 5 de modesto + 2 no sigu...hai xogadores na plantilla k teñen 3 ou 4 anos menos que el e teñen máis anos xogados ca el (x exemplo alex, juncal ou leo).

Anónimo dijo...

Tomades todo a mal,o da comparación coa defensa do Real Madrid non era no sentido malo,de feito dende que chegou juande Ramos o Madrid encaixou moi poucos goles.
Comparei a juan con canavaro un antigo balon de oro moi duro e está a facer unha boa campaña,Fran con Sergio Ramos,os dous novos,poñenlle gañas e moi agresivos,e a Amancio con Heinze,lento pero cumplidor,e a oscar con robben que os dous se lle sale un partido bo resolveno solos.
xogadores con mais experiencia dixeno para contextarlle a The punisher para que non infravalorara o resto da plantilla e non quería crear polémica.
Para min nestas categorías o importante é pasalo ben e todos son importantes dende Alex ata Pepón.
Ata a vitoria sempre!!!

Anónimo dijo...

o ek ai ke facer e rekuperar xente ke estuvo no sigu no pasado e ke aora destakan noutros ekipos:kaso de piru e raña(dubra)

Anónimo dijo...

está claro que hai algun xogador do equipo podia estar en categorias mais altas,pero non estan,ou porque eles non queren ou porque non lle interesa os equipos,as veces tamen hai que ter sorte,e senon que llo digan a Ruben o do celta...
Está claro que Jose Angel pode xogar mais arriba que esta categoria,preferente minimo(como cando estivo no fatima),é un grandisimo xogador,o novo balsa para min.Xavi outro que podria xogar mais arriba,sobre todo polo seu fisico e a sua entrega en cada partido(xa estivo no santiago de compostela como ben apuntan ahí arriba),Oscar tamen podria estar mais arriba si quixera,as veces peca de individualista pero é un gran xogador,Juncal tamen podria xogar ahí arriba,esta temporada estalle faltando moito fisico nos partidos pero segue poñendo ganas.
E digo isto pois porque deberiamos estar orgullosos de todo o equipo pero sobre todo de que estes xogadores esten no sigüeiro xa que xente como eles podrian estar por mais arriba igual cobrando uns cartiños e non están,están no equipo do pobo.

Anónimo dijo...

piru e raña?está claro que foi xente que estivo aqui.Si non hai xente está ben que veñan pero si hai xente habra que traer xogadores que che melloren o equipo,digo eu.

Anónimo dijo...

tendo tanto xogador k podia estaren mais categoria xq non estamos peleando polo ascenso e non pola permanencia? a miña opinion e k a os ekipos de arriba non lle temos nada k envidiar(aparte do grixoa k esta noutro mundo)

Anónimo dijo...

pois porque xogan 11 non 4.e en canto os resultados o principio de tempada non se tivo moita sorte

Anónimo dijo...

o anonimo que compara a juan con canavaro nin idea juan e rapido fran e mais estilo salgado forza e menos calidad amancio non sei donde o ves lento e un dos mas rapidos non se que partidos ves ti?e xabi bo xogador.pero esto non teria que falarse o importante e o equipo que o futbol e un xogo colectivo..

Anónimo dijo...

biurrun 4 ever

Anónimo dijo...

f0oRzaa XuuVenTuDee

Anónimo dijo...

Como quedou o sigu?

Anónimo dijo...

1-1

Anónimo dijo...

Non tedes nin puta idea de nada, falar por non estar calados, a traxectoria de cada xogador estadela a inventar, todo de oidas, sen saber de donde veñen ou que fixeron antes. Dan todo polo sigu e con eso abonda!!

Anónimo dijo...

upa sigu¡¡¡¡