lunes, 27 de octubre de 2008

A BAÑA 1-SIGÜEIRO 0

Segunda derrota da tempada, nun partido no que o SFC, perdeuse entre as protestas ó árbitro, proba disto é a expulsión de Jose Ángel, que deixou ó Sigu con dez. O Sigüeiro non foi mellor que A Baña, e practicamente non gozou de ocasións.

Despois desta derrota, pola mínima, o Sigüeiro baixa un posto na clasificación da Segunda Autonómica grupo 5, e colócase décimo cuarto, con seis puntos. O domingo, o SFC recibirá ó Recesende, penúltimo clasificado.

-Resultados:

Cogalrodeiro-Tabeirós 3-1
Vea-Tordoia 3-1
Chaián-Sta. Cruz de Montaos 1-1
Portomouro-Cacheiras 1-1
San Mamede-Villestro 0-3
A Baña-Sigüeiro 1-0
Recesende-O Pino 1-4
Silleda B-Grixoa 0-3
Laro-Sp. Estrada 3-2

-Clasificación:

Novamente, goleada do Grixoa, o que o fai seguir no posto máis alto da clasificación(24 puntos, todos os posibles). O tropezo do Cacheiras en Portomouro, colócao a catro puntos do líder. O Recesende, rival do SFC o domingo, é décimo séptimo, con tan só tres puntos, os mesmos que o Tordoia, último clasificado.

-Próxima xornada:

Cogalrodeiro(7)-Vea(12)
Tordoia(18)-Chaián(13)
Sta. Cruz de Montaos(15)-Portomouro(10)
Cacheiras(2)-San Mamede(5)
Villestro(3)-A Baña(8)
Sigüeiro(14)-Recesende(17)
O Pino(4)-Silleda B(11)
Grixoa(1)-Laro(6)
Tabeirós(9)-Sp. Estrada(16)

*Entre paréntese, o lugar na táboa clasificatoria.
NOTA: Laro e Silleda B, cun partido menos.

Dende o Colectivo esloveno, pedimos disculpas, por non poder ofrecer unha crónica do encontro. Intentaremos que isto, non volva a suceder.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A expulsión foi de vermella directa,se vas poñer cousas que polo menos sexan verdade,non o digo por mal,pero xa nn e a 1ª vez!!!

A última vez non explicaches moi ben as xogadas dos goles,contra o San Mamed...non cho digo por mal pero e asi!!!

Anónimo dijo...

para a miña opinion este sigu necesita un cambio de aires menos profesionalidad e volver o de sempre que ata agoradou os seus resultados eu vexo cousas que nin vexo cando vou ver un partido de terceira division,quecementos que sales cansado o campo...asi nos vai.a este paso volvemos o pozo.entrenamentos de primeira division aqui non se leva eso.animo.