lunes, 27 de octubre de 2008

Ti opinas:


Cal está a ser o problema do SFC, no inicio da tempada?

A partir desta semana, os siareiros do SFC, poderedes opinar sobre un tema do noso clube. Só tedes que ir a "Comentarios", escribir a túa opinión e poñer un nick en "Nombre URL".

65 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois penso que poden ser varios...

-Falta de ambicion
-Non hai xogo en equipo
-Corren os 3 ou 4 de sempre
-Protestas entre os xogadores
-O equipo non é un grupo
-Falta de confianza nos compañeiros
-Xogadores que xogan para a grada
-Criticas entre os xogadores
-Criticas da mesma directiva os xogadores e o mesmo corpo tecnico

Como ves para min hai moitas cousas que penso que pode ser o problema,pero como aficionado a mais importante penso que é...QUE HAI MOITOS XOGADORES QUE NON TEÑEN ORGULLO,polo menos para xogar a este deporte tan bonito que se chama futbol,e precisamente son os figuras do equipo.

Non fun o partido este domingo pero sin velo si houbo xogadores que correron supoño que xa sei quenes foron...os de sempre...

Esperemos que este domingo se poida ver a primeira victoria.

Aupa Sigü!

Anónimo dijo...

Falta de:

Experiencia
Garra
Xogador de primeiro toque en mediocampo
Dianteiro referencia
Sorte
Plantel curto

DEMASIADA ESIXENCIA DA PARROQUIA

Anónimo dijo...

creo que o 1º comentario non e de ningún afeccionado,ainda que intente aparentalo!

Anónimo dijo...

Eu non sei si sera un aficionado ou non pero penso que non se equivoca moito no seu comentario e quen non pense o mesmo que o diga por aqui.Estou con el que o mais importante para esto e ter orgullo.

Forza Sigü!

Anónimo dijo...

Bos dias a todos. A ver chavales hai que espabilar que xa se acabaron as tonterias a partir de agora hai que espabilar que ainda non ganamos e pensade no que vos costou ascender hai que espabilar que a este paso descendemos.

Ánimo

Anónimo dijo...

ometEu non creo que o fallo sexa de falta de ganas, xa so hai que ver cas ganas que celebran os goles, notase que o sinten...
Temos tíos que saben tocar a bola, non creo que haia moitos equipos en 2ª, con xente coma jose angel ou juncal.. o problema é se os temos, porque non tocamos?

un saudo

Anónimo dijo...

Falta un dianteiro que enchufe, polos partidos que vin estanse perdoando ocasións a porta vacía e polo que me contaron, lesionouse Marcos Juncal......por encima!

Anónimo dijo...

O problema está sendo que non metemos un gol, 4º ekipo menos goleado pero so levamos 6 goles a favor...este partido contra o Recesende é dos máis importantes da temporada, rival directo e os demais que están ahí a nosa altura teñen partidos complicados, non queda outra que gañar, aínda que haxa baixas esta vez gañaremos!!

Anónimo dijo...

Se non se gaña é porque non metemos goles. Non será por falta de gañas, iso non se poderá dicir nunca deste equipo mentres siga a política actual de termos xogadores 'da casa'. Seguramente falta tempo, para que os xogadores rematen de acoplarse, dominar certos automatismos do xogo, e ter confianza no que os demais poidan facer. E tamén, por suposto, intentar tocar un pouco máis. Se non hai xogo é moito máis difícil crear ocasións.

Quizáis con un 4-5-1¿?

Anónimo dijo...

anónimo ten bastante razon , e si temos falta de un dianteiro que meta goles non que os meta que non os falle por que Toni demostrou que sabe facelo asi que animo . E outra cousa e que co gran equipo que temos con dous porteirazos coma Alex e Diego unha boa defensa cun lider coma Juan un gran mediocampo co noso capitan Jose Angel e xente arriba coma Toni Marcos Juncal e Oscar este equipo tiña que estar arriba asi que FORZA SIGU

Anónimo dijo...

se hay carencia de goles e por cabezoneria.Toni mais que demostrado ten que lle sobra gol pero esta desganado de arrastrarse polos banquillos.xoga sen ganas e sen a confianza que da a continuidade,que para un delantero e todo.e marcos xoga cada partido nunha posicion.¿que mais lle pedides?¿que sigan correndo como locos a buscar pelotazos o aire?sentido comun.o xogo nace dende atras.o problema non esta adiante.

Anónimo dijo...

Goles a portería vacía son imperdoables...e o amigo Toni este ano non está nada fino! E respecto ó de correr, estar no banquillo, etc que di o último comentario, pois non estou de acordo. Este ano está sendo titular, e está fallando! E ahí a diferencia, o resto dos equipos, ocasións claras non as tiran por borda.

Anónimo dijo...

poñede os nomes ostia.xa me ralla tanta jilipollez.o k keira falar k de a cara.fallarei mil e fallarei duasmil que non vivo de esto meu.repasoche os demais fallos de cada un?moito mirar o cu dos demais.e polo menos xenero oportunidades.e se pensas k teño continuidade ou k disfruto de titularidade e pk moito non ves a ver o sigueiro.por encima de perder os putos domingos mazandome e 3 dias a semana,incluso despois de traballar, ter k aguantar as tonterias de k os demais a enchufan e tony non.vente ti e xoga por min.e por certo.fai unha simple regla de tres:minutos xogados-goles.tanto do ano pasado como de este.igual te sorprendes.xa estou farto da tonteria.e tanto decir k se sinten os colores.xa se vera ken sinte os putos colores como sigamos asi.deixade de escondervos detras das letras e falade as cousas a cara.xa me tedes hasta as pelotas ka tonteria.

Anónimo dijo...

Eu penso que non se trata de igual forma a tódolos xogadores,non sei por que razóns,pero o certo é que dende fora vese éso.Eu vino moi claro este domingo no comezo do patido,e despois do descanso tamén.

Ademáis falades de fallos duns e doutros,ainda que máis de uns que de outros!FALLOS TEÑENOS TODOS,NON SEI PORQUE SE LLE BOTAN AS CULPAS A UNS E A OUTROS NON!!!!!

E baixo a miña modesta opinión,eso tamén vai polo míster.

Anónimo dijo...

e por certo.eu polo menos estou comprometido con un escudo e non con un entrenador.

Anónimo dijo...

Toni, trankilo joder!! Xa entrarán...o que hay que facer é unha piña ahí, tanto ten quen as meta, xogar en equipo e non pa galería! Facemos 4 regates e chegamos e non a poñemos, mellor facer 1 e dala!!
Este domingo todos co sigu joder que o partido é importantísimo!!!

Anónimo dijo...

Son Diego,

Amigos, esto do blog, hai xente que está pasando o renglón. Non creo que como dixo Tony ninguén viva desto como para ter que aguantar temas personales, de se mete ou deixa de meter (e xa non falo de min, jaja, desafortunado). Creo que partimos da base que:
1. É un deporte
2. Hai que saber perder e gañar, sobre todo perder.
3. É moi dificil ver xente da casa nun equipo, vámolo aproveitar meus!!
4. O que teñades que decir, mellor falalo no vestuario, directiva e entrenadores. Non nun blog, que non é de bon gusto ver o teu nome culpándote dalgo, é o que me faltaba por ver no Sigu :)!
5. Eu só digo, media liga, xogámolo este domingo.
6. Hai que tirar para o mesmo lado todos, xogadores, mister, directiva e afección! PERMANENCIA!
7. Hai que disfrutar o que nos costou tanto sudor, lágrimas e sangue o ano pasado, vamos a saír a disfrutar da 2ª!
8. Deixade tácticas, sistemas, mister, xogadores, plantexamento ou o que sexa! Eso non existe! Se queremos saltar por encima de todos, e o creemos coa axuda do que temos ó lado, FARÉMOLO!
9. Vamos a convivir, que coñecémonos de toda a vida todos, e é algo moi bonito!
10. Ó Blog, evidentemente, liberdade de expresión, pero, respecto a xogadores, directiva, e afección! Nin eu son Casillas, nin Tony é Luca Tony! Por por un exemplo! Eso entendedeo!

E último!!! Domingo váisenos a vida!!!!!! Dende aquí, pido a unión de conxutura para saír ó paso e poñernos con 9 puntos que nos calamarían a todos!

FORZA SIGU

Anónimo dijo...

Quero desplazarme do tema un pouco, porque creo que hai outro mais importante, uns fenomenos, que non queren dar a cara fixeron un blog: putosigueirofc.blogia.com.

os atontaos estos, critican o sigu e non paran de decir gilipolleces, por eso queria falar do seu querido xuventedude.

1.é un equipo feito a golpe de talonario, na sua maioria de cartos do concello. teñen 10 millons de gastos por tempada, pero o mais penoso é que teñen mais ingresos ca gastos.

2.crense dioses e teñen 3 anos de historia, fronte os 60 do sigu

3.critican o sigu por recordar a final da copa do sar(sendo o acto mais grande, que unificou esta aldea). din que nos 80, cando o sigu case ascende a preferente, habia 4 equipos, pois no gran deporte do ping-pong, en Galicia por ahi son, e ven que celebran os titulos...

4.falase dun gran traballo da directiva..., non sei que é gran traballo para eles? pero para min é o que fai marcial ou fixeron: lino, maria...

5.comparan o publico dos benxamins, co do sigu... sendo o xuventude un equipo feito por foraneos de merda que so veñen molestar a sigueiro, nos somos poucos, pero conocemonos porque somos de AQUI

6. que no sigu houbo unha epoca de roubo, si é certo... pero foi xente que tamen eran foraneos.

7.no sigu tamen tuvemos categorias inferiores, pero so co r-4 de lino, de arriba para abaixo, eraa imposible soster. NON HABIA AXUDAS DO CONCELLOS.

"Eu teño dous equipos, o sigueiro, e o que xogue contra o xuventude"

Anónimo dijo...

O fío do foro vai sobre que lle pasa a este Sigu, porque non gaña, e os motivos están moi claros:
1-Hai xogadores que non dan a talla para xogar(falta calidade, recordemos que están en segunda e precisamente non por facer bo fútbol)
2-A xente está xogando fóra das súas posicións(continuamente se están cambiando de sitio no campo)
3-Non existen bandas que poñan un único centro en todo o partido(recordemos que os 2 que se puxeron contra o san mamed foron gol)
4-Xogar en largo pode ser gol nun 1% das veces(matamos a Toni,Vigo e Juncal todos os partidos, dos interiores xa non falamos, que non chegaron a un balón en todo o ano[tampouco se mandan])
5-Non se disfruta xogando, nin o mais mínimo, a xente pasao mal cando ten o balón(de ahí que todos a intenten soltar o mais rápido posible sexa para donde sexa, cuidado que queima!!Eso si, menos Oscar, ainda que non temos 3 mais arriba[casi sempre regatea demasiado,ollo])
6-Os grupiños e unha plantilla nada unida leva a que no campo cando se está acelerado surxan as rencillas(non se confía no compañeiro, non se lle axuda e non se lle da o balón)
7-Non se teñen asimilados os roles dos xogadores no equipo(cada xogador debe aceptar as súas limitacions e facer o que se lle dan ben, non todos somos Messi nin todos Gattusso, e hai que aceptar que uns teñen que correr para darlle o balón a outros que poidan facer algo con el)
8-Os xogadores non aceptan fallos nin que se lle diga nada para correxilos
Reflexionade un pouco(os xogadores) e intentade correxir o que pensedes vós que está mal porque este Sigu ten que seguir en segunda. Este finde toca gañar, animo Sigu

Anónimo dijo...

Jay Jay Okocha, tas fichado como mister! (e se non keres como xogador) eres un fenómeno e contigo chegaremos a preferente, ata sabes se hay grupillos entre os xogadores, fenómeno, esto é o k necesitabamos!

Anónimo dijo...

jajajaja, que risas con estos de la "xuventude". Si supiesen que cuando acaben de jugar en juveniles en las ligas comarcales non van a tener puesto ni en ningún equipo de tercera regional no se dedicarían a andar criticando. Además estos no han salido del nido de su mamá y su papá, y cuando empiecen a ser algo adultos y se enterén de lo que es la vida ya encontrarán equipos por ahí en los que impartan su propia medicina en dosis concentradas, y podrán comprobar de primera mano lo equivocados que están. Pero bueno, yo no me preocuparía lo más mínimo; extendamos nuestra desidia y pensemos que solo se trata de chiquilladas de niños que están creciendo y, como es lógico, se están equivocando, pero que con el paso del tiempo irán aprendiendo a darse cuenta de la realidad y ver que los demás tenían razón. Además no existe ninguna similitud entre un equipo de futbol y una escuela. Demosle una oportunidad, perdonemosles porque non saben lo que hacen,xD
Saludos a todos

Anónimo dijo...

Hola
Son xogador do xuventude, e creo que casi nadie do xuventude pensa o que se di nese blog. Eso é dun cafre que non posúe unha mínima intelixencia. Supoño que a convivencia é dificil, pero hai que levarse ben e pasar de persoas que cando falan so din tonterías, fruto da súa ignorancia inherente á falta de estudios.

Anónimo dijo...

Eu digo o que vexo, o que se oe, e o que me parece como ex futbolista despois de pasar por moitos equipos

Anónimo dijo...

Alguien me pode dicir en que categoría está o equipo de modestos do xuventude?? A ver se o autor do blog ese mo pode contestar.
Cantos campionatos gañados teñen en categorías inferiores?? Porque deben de ser unha superescola...
O mellor xogador que tiñan o ano pasado en xuveniles está no Sionlla xogando, gran futuro lle espera o chaval.
A roupa lavavase na lavandería ata que se tomou a medida de lavala na casa. Que grande o dueño do blog, que fala como se fora o mellor e nin un respeto ten, que vaia nome se sacou máis orixinal.
Falar das cousas axenas e CAER MOI BAIXO!!

jma_GZ dijo...

xa, a ver se da a cara e non se comport coma un cobarde, sobre todo pra k non se xeralice cos xogadores do xuventude, onde conto con amigos e ningun pensa asi. xke me parece bastante penoso facer un blog-protesta e non poñer un nome ou unha direccion pra revatir o k l pensa, k e ao k t terias k enfrentar ao ofrecer unha opinion publica. pero weno, ai xente k non sabe facer nada ben, spero k pronto se solucione o tema.

J M A

Anónimo dijo...

Pois do que oias nunca creas nada e do que vexas metade!!! Pero por eso mesmo che digo, unha persoa coma ti é a k necesitamos, unha persoa con experiencia...fijo que deixas a 4 que para ti son bos no equipo e logo traes a medio madrid e o sigüeiro estará no máis alto, animate anda!

Anónimo dijo...

Eu teño moitos colegas xogando no xuventude e non pensan para nada o que di ese cobarde. Debe ser alguén que se aburre mentres seus papis lle soltan lastre

Anónimo dijo...

creo que kanú era dos que non xogou no madrid verdá? e ti claro, sinteste identificado,jaja

Anónimo dijo...

Era non, é! Porque aínda está en activo...Jay Jay creo k tampouco xogou no Madrid! Pero Kanu xogou en grandes equipos (x exemplo Inter), pero eu poño para parecerme a ti! como pos un nixeriano eu tamén, así o mellor un día chego a ser como ti! Profesional!!

Anónimo dijo...

xogar xogaría, pero o mellor xogador nixeriano da historia creo que no eh, e claro, como kanú hai mais,e como jay pos no, e decir, si non o entendiches, jay foi nombrado o mellor xogador nixeriano da historia

Anónimo dijo...

Como Babangida na vida vin un...



Vaia merda de debate, a ver se nos ceñimos un pouco tan sequera ao puto tema do blog.

Forza Sigüeiro e ánimo, de verdade

Anónimo dijo...

Bueno xente...eu...de toda esta trapallada que hai ahi polo medio...e que lin así por encima...non digo nada!!
Como xogador do Sigu digo que non deberiamos entrar nos descalificativos que veñan dende a grada, porque unha cousa é facer unha crítica constructiva, e outra cousa é meter cizaña!!(E por riba sen nome!!Así tamén eu!!E despois falamos de falta de...en fin!!)

E...o que viña...que este domingo quero ver a grada...que digo...non quero ver a grada...quero ver un milleiro de xente alí toda apiñocada que non se vexan as gradas, mecagunundios!!

E IMOS GAÑAR!! FORZA SIGU!!

Até a Victoria, sempre!!!!

Nechiño

Anónimo dijo...

Son Diego, porteiro dos modestos!

Paréceme lamentable tanto por parte do Sigu como do Xuventude enfrentar ambos equipos!

Deberíamos ser un único equipo, que se chamen Xuventude ou ou que quieran, só pido que o Sigueiro en modestos teña e manteña o seu propio nome, por antiguedade, pero sin Xuventude ten sentido sen Sigueiro, nin Sigueiro ten sentido sen categorías inferiores, neste caso Xuventude. Eu entreno tódolos mércores con eles, e trátanme xenial,... Por eso, non quero, e dende aquí o fago chegar a ambos equipos mamoneos e malmeter rapaces (que moitos non teñen culpa, nin coñeceron a Don Lino).
Respecto, e falar de cousas interesantes e nada de gamberros !!!!!!

Ahí queda!

Anónimo dijo...

Acabo de ver o blog ese de putosigüeiro pois bueno supoño k sera para k o leamos e nos pikemos e empecemos a ganar xk semejantes jilipolleces son solo propias de xente subnormal ou con algunha enfermedad,todo pode ser...que din que o futuro e o xuventude,bueno pois pode ser que sexan o futuro pero eu vexolle os entrenamientos dos cadetes e dos xuveniles e ou moito melloran ou que se dediquen a ir o monte picar pedra porque con todos os meus respectos,nese equipo non se ve ningun xogador bo polo menos de futbol...

Ata logo

Anónimo dijo...

bueno, oh bueno.... tirade con leo, a culpa é toda del xDD

Socio71 dijo...

MISTER DIMISION
Socio nº 71

Socio71 dijo...

Boas a todos:
Na miña modesta opinión como socio dende hai máis de 20 anos, podería comentar un montón de razóns polas que os resultados non nos están a acompañar no principio da temporada, pero con unha penso que será suficiente, o entrenador non fai que os xogadores se divirtan, e polo tanto non disfrutan xogando, simplemente se dedican a dar patadóns, protestar óas árbitros e desesperar á afección, así que por favor pido que se tomen medidas dende a directiva para cambiar a actitude, por outra banda me gustaría que alguen comentase o importante papel que están o xogar os veteranos do clube sen ningun ha derrota e con un gran mito do sigüeiro como é Balsa que leva 11 goles en 6 partidos.

Anónimo dijo...

Solo comentarlle ao socio 71 que o adestrador que según o teu punto de vista ten a culpa dos resultados do sigu foi o que conseguiu sacalo da 3ª Rexional...e eso xa non é o máis importante se non que están xogando todos os xogadores da casa...Que xogador da actual plantilla non xogou antes no sigu ou nalgunha categoría inferior??
Un equipo de segunda rexional no que non se cobra un euro,non están acompañando os resultados,entrenase tres días(sin excepcións de figuritas)...e chega o domingo e hai máis de 16 xogadores,eso creo que di moito en favor do adestrador...
E para rematar preguntarlle ao socio71 que adestrador cree que o podría facer ben porque creo que dende a etapa de Tony(ascenso a 1ªrexional)non houbo ningún adestrador que conseguira manter máis de 16 xogadores na plantilla
Polos intereses do Sigu intentemos tirar todos para o mismo lado...

Até a Victoria, sempre!!!!

Anónimo dijo...

Queremos ver benxamins do sigüeiro xogando no lino balado... Non os do xuventude... !!! forza sigü

Anónimo dijo...

É incrible a polémica que está a xerar unha panda de burradas e chorradas comentadas aquí enriba. Esquecemos se cadra que é futbol, un deporte, que une, e revaloriza os valores de grupo e amizade. Pero o grupo tamén comprende a unión ca afición, que pouco pon da sua parte cos comentarios espostos, e por parte dos xogadores que non deben entrar en provocacións duns poucos e xerar o malestar en moitos. O deber dos xogadores é dalo todo no terreo de xogo e defender o escudo que levan no peito e as cores da sua camisola, pero se cadra é máis importante o da afección, que é animar ó equipo sempre, non a un xogador nen a un grupo, a un equipo, o Sigüeiro.

Outro tema que xa non chego a entender é a suposta rivalidade (que non existe baixo o meu punto de vista) entre o Sigüeiro e o Xuventude, son dous equipos do mesmo pobo, pero para nada rivais, podendose axudar mutuamente, un formando xogadores, e outro dando oportunidades ós rapaces que vaian saíndo. O do blog creado por ese “personaxe” non deixa de ser a liberdade de expresión levada ó terreo da loucura, está claro que fala de forma individual, anónima e cobarde, ainda que está no seu dereito, e nós no dereito de ignóralo.

Non pode haber tal rivalidad cando un dos xogadores do noso equipo é adestrador dunha das categorías da escola, e houbo outros antes e haberá maís no futuro, polo ben do fútbol e polo ben de todos.

Centremonos, e tratemos de colaborar nunha causa común que é a permanencia do Sigüeiro.

Anónimo dijo...

icaro tes razon, a un equipo moveo as cores...
o sigu moveo a vermella, o xuventude a violeta, dos billetes de 500

Anónimo dijo...

"Amigo" Willy Fog, non vou facer refencia a comentarios tan carentes de contido coma o teu. O da comprensión lectora é un problema que afecta a máis xente da que se cree, non hai tan rivalidade, non trates de xerar conflictos inesistentes.

Seguramente non te lembres, pero ese mesmos comentarios escoitaronse durante bastantes anos sobre o Sigüeiro, e os teoricamente damnificados eran o Deixebre e o Oroso.

Non chego a comprender, como cando algo está ben feito dende as bases, ten que ser criticado por sistema. No teu caso está claro que é simple envexa, non intentes inculcar ese sentimento tan frustrante ó resto dos siareiros do Sigüeiro.

O teu comentario non debería ter cabida neste blog.

FORZA SIGU

Anónimo dijo...

ola

toda a razon para icaro, anque aos meus ollos cada vez se fai mais pausible a adversidade que emite a directiva do xuventude en contra do sigüeiro, sobre todo dese presi xuventudista que pensa no futbol non mais que coma un negocio e ao que cada ano lle crece mais a carteira a conta dos rapaces que so queren pasalo ben cos amigos xogando ao futbol, e isto demostrao o que costa entrar no equipo e renovar tempada, é un maldito timador.

saudos

J M A

Anónimo dijo...

aiiiii... aqui hai xente que se nos está cambiando de bando,é o caso de icaro, un home da casa menos...
creo que o problema do sigu é que non se marquen goles, pero non por culpa de tony, senon porque non se xeneran, quizais so no partido contra o montaos tiramos, e ese dia non estuvo a xente acertada.
para min deberian de xogar con dous dianteiros, tony e outro... que podia ser marcos vigo ou senon podeselle facer ficha a pepe o da barciela... tamen creo que xabi deberia estar no medio e adiantar a juncal, nestos partidos sen juncal creo que seria o mais acertado.

Socio71 dijo...

CON RESPECTO A UN COMENTARIO QUE ME FIXO UNHA PERSOA QUE NIN DEIXOU NOME NIN NADA FACÍASE CHAMAR ANÓNIMO:
Amigo meu non tes nin puta idea da verdadeira historia dun clube que pasou momentos importantes se todo o mérito que lle das ó entrenador é que simplemente acaba a liga con 16 xogadores ou que ascende co mellor equipo da categoría xogándose o ascenso no último partido de liga, liga que por certo tiña que estar sentenciada dous meses antes vendo a calidade dos rivales, e non tes máis que coller os resultados do ano pasado en campos coma Trazo, ames...veña anda recordoche que este clube estivo non hai moito adestrado por xente que lle da mil voltas a Iván e xa sin nomear a Tony, pero antes de tony estívose dous anos sen perder na casa, xogando un futbol bonito, ó ataque , de toque e con xente moi boa e non os tostóns cos que cada fin de semana nos deleita este Trappatoni de segunda rexional. Aínda que bueno seguramente desconozas o historial dese clube que amas e que dis animar.

Anónimo dijo...

Socio71 si queres ver bo futbol pois vaite ver partidos de 1ª division ou comprate os videos de La Historia de los Mundiales.Moito falas de tony o anterior entrenador,para min un gran entrenador,pero tamen fora criticado no seu tempo polos admiradores de Jorge Rico,que Toni non levaba o Sigüeiro a ningun lado nin nada,ascendeuno a 1ª e despois chantarono.Iban un ano un ascenso!asi que cala a boca porque ti si que non tes nin puta idea amigo,xogaremos mal pero este ano o que se quere e permanecer na categoria non encandilar a xente co futbol bonito e perder partidos.

Faime gracia porque 1º criticas o mister que temos e despois chamaslle Trapattoni,está moi claro que non tes nin zorra idea,e senon mira o palmares do tal trapattoni:

-7 Scudettos
-2 Copa de Italia
-1 Bundesliga
-1 Copa Alemana
-1 Liga portuguesa
-1 Copa de Europa
-1 Recopa de Europa
-3 Copas da UEFA
-1 Supercopa de Europa
-1 Copa Intercontinental

Casi nada amigo pero tal como falas parece que ti gañaras mais que el...

Con socios asi...

Anónimo dijo...

o que se debe facer é que os xogadores xogan e corran e os verdadeiros afecionados acudan os partidos con moitos ánimos de apoio ó equipo e deixarse de tanto blog que xa está a crear problemas na plantilla ainda que o verdadeiro obxetivo sea o contrario

Anónimo dijo...

Bueno solo veño a deixar a miña opinion aqui,comprendo que non sea do agrado de todos peo deve ser asi senon esto non teria merito!!


Sinceramente sodes vos,os que firmades aqui,os que lle tades dando bola o blog ese contra o Sigueiro.Non estou decindo que se xa vosa culpa,para nada,peo como homes que sodes deveriades pasar do tema e deixalo asi,porque quen fixo eso non o pensou o mais minimo e seguro que se acabara arrepentindo!!


Eu,para min eh,non me gustaria que me chamaran ladron non sei os demais peo creo que a nadie lle gustaria que lle chamasen asi!!En ambos blogs estase a falar de roubar como se fora unha tonteria e non e asi!!Entendo que son momentos nos que non se pensa peo chamadelle doutra forma porque eso a bastante grave!!


Aqui hai varias frimas nas que se nos chama nenos ou incluso se interpreta que estamos salindo da cuna!!Outros dinnos que non vamos xogar en ningun equipo!!Eu non sei a donde vamos chegar asi peo as cousas o diran ... peo non devemos faltar o respecto a nadie!!


Creo que esto se faria para comentar cousas vosas e non sei ... porque esto e voso!!Peo realmente o unico que estades conseguindo e que ambos equipos se enfrenten mais ainda do que xo estan!!Non sei se comprenderedes que eso conleva a peores relacions e eso non beneficia a ningun equipo!!


O unico comentario que realmente vale a pena leer e o do voso porteiro de veteranos,creo que e o unico que pensa de verdade as cousas porque por mal que pese ambos clubs,tanto Xuventude como Sigueiro,entan destinados a unirse nun mesmo!!Eu non teño a solucion para que todos nos levemos ben ou para encontrar un nome para ambos equipos!!Esta e a realidade e creo que e a mellor para todos!!


Se fora asi xa nadie discutiria sobre o prezo das fichas,sobre se un eqipoe feito a base de talonario,sobre tonterias ... e o mais importante e a aficion!!Alguen di que por ahi que e do Sigueiro e mais do que xoge contra o Xuventude,realmente sabes que se ambos equipos foran un non seria asi,senon que ti e todo o mundo seria do memso equipo!!Tanto vos como eu sabemos que e unha tonteria estar enfrentados xa non so por cuestions ideoloxicas senon porque todos somos veciños!!


Dase aposibilidade de que nunca querer xuntarse peo xa que somos equipos complementarios,un ten categorias inferiores e outro ten os maiores,non devemos enfrentalos asi.


Cando les algunha tonteria sempe suele ser anonima ou con un sobrenome,nadie come a nadie por decir o que pensa peo polo menos se se falta o respeto dar a cara,porque xa n sodes nenos!!


Xentes se realmente nos gusta o futbol dediquemosnos o futbol e deixemos a polotica para quen cobra por elo!!Non ganamos nada por enfrentarnos asique xa quen ahora mesmo e imposible unha boa relacion entre ambos respetemonos como minimo!!


Jesús

Anónimo dijo...

Definitivamente isto cada dia parece mais unha perruqueria,falanse mariconadas en vez do Sigüeiro-Recesende.
Cada dia o futbol vai a menos,esta claro

Anónimo dijo...

Creo que o comentario anterior e moi acertado.Hai que deixar de falar de trivialidades e confiar mais no equipo(xogadores e corpo tecnico)que é o que necesita o sigüeiro.ANIMO que o domingo gañamos.

Anónimo dijo...

equipo multicultural!!!!!!!!!!!

socio71bvp dijo...

Amigo antisocial:
Só conozo este blog dende hai un par de semanas e sorprendeme a cantidade de paridas que se pon nel, así como admiro e respeto as opinións de case todo o mundo, eso si, as túas non porque esta claro que non tes nin puta idea, vamos que me saques o curriculo de Trappatoni para defender o seu asqueroso xogo italianizado, abusando do patadón doas balóns largos e do xogo sucio en fin di moito da idea que ti poidas ter deste preciado deporte

socio71bvp dijo...

Por certo non sei quen eres nin tampouco me interesa demasiadopero o outro dia en A Baña eu estiven todo o partido e vin un equipo desesperado por un entrenador falto de ideas así como desquiciandose nun árbitroq ue fixo unha labor máis ou menos decente coas seus acertos e os seus desatinos entre os que me parece que deberíamos marcar a ezpulsión ó noso porteiro, e non a expulsión de José Angel que aínda que é un gran xogador e mellor persona estivo moi desafortunado dicindolle ó árbito que tiña unha boa empanada, así que mira ahhhhh e por certo o teu Trappatoni protestou moito a decisión igual que o noso porteiro que como digo teñolle unha gran admiración pero debería estar expulsado así que o mellor é que se dedioquen a xogar e menos protestar que xa protestamos os de fora, que dito sea de paso pagamos entrada para iso.

Anónimo dijo...

Como che dixen si queres ver bo futbol vaite ver partidos de 1ª division.O ano pasado que eu sepa non se xogou o toque mais ben o contrario e ascendeuse que era o obxectivo,e como seguidor do club pois importame pouco como xogue o equipo mentres gane.Non che queria poñer exemplos de entrenadores italianos porque parece que che dan dores de cabeza,pero cambiando de Trapattoni(que non sei se te fixaches pero ten todos titulos que pode ganar un entrenador a nivel de club,pero parece que non e nada)pois Capello practica un futbol que non é vistoso pero un ano nun club e gana a liga minimo...Igual a ti importache unha merda que o equipo descenda porque a hora de falar diras:-descendeu o sigüeiro pero xogaron moi ben na liga.
A min por exemplo valeme esto:-xogamos de pena pero ganamos

Poñoche exemplo do pasado pero de futbol.Mundial Alemania 74,unha Holanda que xogaba que daba gusto vela,por outro lado unha Alemania que xogaba o mesmo de sempre(xa o sabemos todos),final do mundial Alemania 2-1 Holanda.

Que si!que Holanda mereciao ganar,pero o que conta e quen ten o trofeo nas suas vitrinas.

Parecerache elevado a comparacion porque e futbol de 2ª regional cunha final da copa do mundo pero ó que vou e que a min o que me vale e ganar,sea como sea,temos opinions distintas en canto a futbol e iso fai que sea mais bonito este deporte.E non digo que o toque non de victorias,por suposto que si pero si xa chas dou o patadon pois...

Saudos e a gañarlle o Recesende!!

Anónimo dijo...

Estou dacordo co socio 71, o xogo do sigüeiro aburre mais que un domingo na misa!! E non é opinión duns poucos afeccionados se non so temos que preguntarlle os mesmos xogadores, que pensades que Oscar, José Angel, Marcos, León, Paderne... o pasan ben xogando así! Non tedes mais que mirarlles pas caras no medio dun partido, en lugar de vir a xogar parece que veñen a guerra. Eu vinos xogar a todos anos atrás e non parecen os mesmos xogadores, un por un están desquiciados. Oscar pasase o partido pedindo balóns, e dicindolle a Jose Angel que encanto a colla que ya abra a banda, Jose Angel contestalle "cando a teña" o pobre pasase o partido mirando po ceo haber se cae algo. Marcos corre dun lado po outro moitas veces sen rumbo, normal está desquiciado, recibe pedras, baixas e ali está el solo contra catro. León un home de banda xogando en mediocampo, non o entendo e el seguro que tampouco. Paderne desaparecido en combate, un xogador que apenas xoga e supoño que será polo sistema, porque se vas xogar o patadón pa que queres a paderne en mediocampo.
O que está claro e demostrado e que o Sigüeiro sempre xogou o futbol mellor ou peor, pero sempre o intentou e senon preguntadelle os que empezaron neste equipo en infantiles (Jose Angel, Oscar, Alberto, Juan, Diego...) que lles enseñaron cando comezaron, a algún xa se lle olvidaría, pero é normal canto máis grandes somos máis nos "parece" que sabemos. Deberíades pensar en que vos ensinaron Enrique, Toni, Tonecho, Carlos Rico etc...
Ah! e non me vale eso que di antisocial, estou deacordo que pa sair de terceira o máis fácil era o catenaccio, pero en segunda eso no vale e senon tempo o tempo, como non intentedes ter o balón mais nos pes, non ides chegar moi lexos.
E outra cousa eu non lle voto a culpa o entrenador, porque me estraña que el queira xogar a eso, pero se lle queredes axudar, poñede algo da vosa parte, porque flaco favor lle facedes. Alegrame saber que estades unidos co mister (non pasaba dende Toni), pero hay que ser humildes e xogar en equipo, que as veces parece que non vos queredes pasar a bola.

Anónimo dijo...

A ver, tou dacordo con vos en que se debería de xogar o toque, pero a maioría das veces non se pode. Non hai un so ekipo en toda a categoría dos que xogou contra nos que o fixera excepto o Cogalrodeiro. Xurovos que para min sería maravilloso xogar o toque pero non damos e é a realide, nin nos nin nadie cos que xogamos. Intentámolo moitas veces, nos entrenos é o que practicamos pero como ben di o último comentario a culpa non é do adestrador, é nosa, pero as circunstancias do partido fan que non o deamos conseguido. A k mister non lle gustaría que o seu ekipo a tocara seguido?? Hasta a Trappatoni lle encantaría, pero se a tocas para perder non serviría de nada, e de momento non damos gañado tocandoa, sinto moito decilo, e mira que este entrenador ten moita experiencia, mais k todos os entrenadores pasados polo sigu xuntos diría eu. Por favor so pido un pouco de paciencia, o ano pasado empezamos como agora, todo eran dúbidas pero a liga é moi larga e nos en vez de ir decaendo fomos medrando como ekipo...cousa k estou convencido de que volverá a pasar este ano. E se todo sigue igual que agora xa veredes a temporada que pode facer este ekipo na segunda volta. Por outro lado decir que as demarcacións que están ocupar os xogadores no campo son as idóneas e eles están agusto (Marcos xogou moitas veces no medio do campo e é un pulmón para o ekipo nesa demarcación tendo a toni arriba; Paderne está ben xogando no medio aínda que haxa moito patadón, contemporiza moi ben o xogo nos minutos nos k o ekipo k o pasa mal; León xa foi o que xogou no medio as temporadas de xuveniles nas k gañaron a liga e é o seu sitio).

Venga xente, animade o ekipo non so cando vai ben, se non (e sobretodo) cando vai mal!!

Maña todos a tope contra o Recesende!!

alex dijo...

el problema esk la gente no apoya al grupo y se dedica mas a protestar y criticar a tods los mienbros del ekipo...hay q dedicarse a animar y a apoyar a la gente.

alex dijo...

x cierto gracias al q puso q teniamos dos porterazos...jajajaj,aunq uno no lo pueda demostrar habitualmente,ajajajaj

Anónimo dijo...

NADA NADA QUE DIMITA O MISTER

Anónimo dijo...

Debería xogar Alex que Diego é un protestón ademais e tan bo porteiro ese Paquirrín

Anónimo dijo...

A ver pipiolos:
Empezo xa a estar canso de ir a aburrirme cada dous domingos ó Lino Balado. Este Trappatoni que na miña modesta opinión ten as "horas contadas" no clube, fai que tarde tras tarde me decepcione o apaixoante deporte do balompé. Sigo sin comprender a que "cona" xogamos porque para xogar como estamos a xogar é excusado que veña, porque eu coma moitos dos siareiros do clube estamos ata ós "collóns" de non ver fútbol, parecemos alevíns correndo todos detrás do balón sen rumbo fixo... parece que na nosa defensa xogamos a ver quen é capaz de pegarlle máis forte e poñela máis lonxe, aínda que iso de poñela é moi xeneroso xa que ós pobres delanteros chegalle o balón como lles chega, e mellor xa non comentar ese menosprezo claro ós compañeiros que fai o míster pedindolle ó porteiro que saque as faltas. Un medio do campo que acaba o partido con dor no pescozo de tanto levantar a vista do campo para ver pasar os balóns por riba deles, uns dianteiros que se desgastan en labores ultradefensivas e que cando teñen que atacar non poden coa súa alma. Non me gustaría entrar en críticas individuais pero está claro que algo falla, ademáis non se pode descargar o amargor dunha nova derrota nunha labor arbitral defectuosa que aínda que así fora… ¡¡¡¡¡cona!!!! é o Recesende que non saben a diferencia entre un esférico e un tubérculo.
Chamádeme romántico pero anhelo os tempos de fútbol, as tardes de inverno nas que camiñando polas rúas da vila subía ó Lino Balado desexoso de ver ese xogo combinativo que me namorou, as paradas de José Antonio, os pases sin mirar do gran “Doménico” , os controis de Víctor, apodado Miura por garra e calidade, os goles de Balsa, as subidas por banda de Carnota ou Miguel, a autoridade na área de José Manuel, á orde, a disciplina e a capacidade de sacrificio dun tal Káiser Nicolás, as vaselinas de Tony de Berdía que por certo a maiores ofrecía cada tarde un número importante de féminas deseosas dunha dedicatoria nun gol.
Sempre nos quedará … ir a ver os veteranos que están levando unha racha moi boa na que participan clásicos da historia do noso clube, con xogo vistoso goleadas de escándalo, erros porque errar é parte do xogo….
Como solución xa non sei que dicir creo que o mellor sería un cambio de aires no banco.
B.V. P. Socio nº71

Anónimo dijo...

A ver pipiolos:
Empezo xa a estar canso de ir a aburrirme cada dous domingos ó Lino Balado. Este Trappatoni que na miña modesta opinión ten as "horas contadas" no clube, fai que tarde tras tarde me decepcione o apaixoante deporte do balompé. Sigo sin comprender a que "cona" xogamos porque para xogar como estamos a xogar é excusado que veña, porque eu coma moitos dos siareiros do clube estamos ata ós "collóns" de non ver fútbol, parecemos alevíns correndo todos detrás do balón sen rumbo fixo... parece que na nosa defensa xogamos a ver quen é capaz de pegarlle máis forte e poñela máis lonxe, aínda que iso de poñela é moi xeneroso xa que ós pobres delanteros chegalle o balón como lles chega, e mellor xa non comentar ese menosprezo claro ós compañeiros que fai o míster pedindolle ó porteiro que saque as faltas. Un medio do campo que acaba o partido con dor no pescozo de tanto levantar a vista do campo para ver pasar os balóns por riba deles, uns dianteiros que se desgastan en labores ultradefensivas e que cando teñen que atacar non poden coa súa alma. Non me gustaría entrar en críticas individuais pero está claro que algo falla, ademáis non se pode descargar o amargor dunha nova derrota nunha labor arbitral defectuosa que aínda que así fora… ¡¡¡¡¡cona!!!! é o Recesende que non saben a diferencia entre un esférico e un tubérculo.
Chamádeme romántico pero anhelo os tempos de fútbol, as tardes de inverno nas que camiñando polas rúas da vila subía ó Lino Balado desexoso de ver ese xogo combinativo que me namorou, as paradas de José Antonio, os pases sin mirar do gran “Doménico” , os controis de Víctor, apodado Miura por garra e calidade, os goles de Balsa, as subidas por banda de Carnota ou Miguel, a autoridade na área de José Manuel, á orde, a disciplina e a capacidade de sacrificio dun tal Káiser Nicolás, as vaselinas de Tony de Berdía que por certo a maiores ofrecía cada tarde un número importante de féminas deseosas dunha dedicatoria nun gol.
Sempre nos quedará … ir a ver os veteranos que están levando unha racha moi boa na que participan clásicos da historia do noso clube, con xogo vistoso goleadas de escándalo, erros porque errar é parte do xogo….
Como solución xa non sei que dicir creo que o mellor sería un cambio de aires no banco.
B. V. P. Socio nº 71

Anónimo dijo...

Eu empezo a estar canso de comentarios como o teu ostia!!! colles e vas ver os veteranos e punto!! xa k tan enamorado tas deles joder, ou se non sacas a pasear un pouco o can!! Hai k saber diferenciar, ese era un ekipo e este actual OUTRO! PUNTO. Xk non creo k houbera un sigüeiro tan xoven como o actual, deberiamonos tar tirando dos pelos se tiveramos unha panda de vellos e sin futuro no ekipo...danos tempo joder, ou cantos anos tiñan balsa e tony dakela?? ou tasme dicindo k xa con 19 anos taban xogando a gran nivel no sigüeiro?? eke xa tou de comparacións ata os wevos! hoxe tamén houbo moito pelotazo non?? non houbo ocasións para a xente de arriba non?? tiveronse k desgastar os dianteiros en labores ultradefensivas?? e as ofensivas xa as olvidaron logo? O que che digo eke hai un ekipo xoven no campo k durante uns anos o pode pasar mal acostumandose a categoría...pero polo menos pode ir aprendendo cousas e chegar a algo no futuro! Pero a este paso, os domingos do ano k ben creo k vas ter k vir xogar ti!! e se non ao tempo...po ano non hai xente como sigades así!!

Anónimo dijo...

o comentario anterio ten razon nunha cousa: a este equipo hai que darlle tempo, eso si e certo. pero tamen e certo que este e un blog para deixar e recoller opinions e como en todolos equipos hai criticas e alabanzas e non creo que por eso teñamos que dicir que para o ano non vai haber quen xogue.

por outra parte na miña opinion o socio nº71 dixo que se xogaba moito o patadon e eso si e certo, creanse poucas ocasions xogando deste modo pero non axuda a nada acordarse agora dos veteranos nin dos que non estan.

manteñamola calma, reflexionemos, pensemos que e o que se esta facendo mal e intentemos arranxalo, pero todo dende a calma e repito pensemos que isto e un blog para criticas e alabanzas e non temos que tomalas criticas como algo persoal.

forza sigu e animo a todolos xogadores que estou seguro de que se seguides con ganas e apoiandovos uns os outros salvamonos seguro e sen pasar apuros

DON ALFREDO dijo...

Teño que dicir,que si o chego saber arrimolle 20€ mais os 30 que paguei polo carne de socio e na de richar paso millor(polo menos tocana en curto e con mais cariño)O futbol,ese deporte tan sinxelo que alguns sforzanse por facer dificil.Na miña modesta opinion creo que estes rapazes,victimas do virus beckam,RONLDINHO,S.RAMOS...ECT que se preocupan de todo menos do equipo.Hai que salir a dalo todo,e a ser posible,se alguen ten que deprazarse 25 mts,que sexa o balon.que isto e futbol e non unha maraton.fmd smplemente DON ALFREDO