domingo, 5 de octubre de 2008

SIGÜEIRO 0 - CHAIÁN 1


O Sigüeiro perde pola mínima e pedindo a hora...


Teremos que agardar a vindeira semana, se queremos ver a primeira victoria da tempada, do noso equipo, porque o Sigüeiro FC, caeu derrotado nun partido no que foi moi inferior o seu rival de principio a fin. As xornadas anteriores, consolabanos saber, que o noso equipo intentaba xogar o fútbol o principio dos encontros, ainda que os resultados non chegasen, pero hoxe o SFC, estuvo mal "plantado" no campo e ainda máis doloroso é que chegou a primeira derrota da tempada.

O Chaián, quixo ser quen tivera a pelota, e conseguiuno, non por méritos propios, senón pola pouca presión exercida polos homes de Ibán.

O SFC defendiase como podía, ante as numerosas ocasións rivais. O pouco perigo do Sigu, pasou sempre polas botas de Óscar e as súas internadas pola banda. No ecuador da primeira parte chegaba o gol, un gol, que non so poñía o SFC por detrás no marcador, ademáis acababa cas esperanzas dos siareiros, que vían como o seu equipo estaba sendo atropelado.

Despois do tanto visitante, pouco a destacar, o Chaián seguía tendo a posesión e o SFC non chegaba a portería rival, proba disto é que o primeiro lanzamento entre os tres paos prodúxose no minuto setenta de partido.

E de aqui o final, non houbo unha reacción espectacular do SFC, senón todo o contrario, parecía ser o Chaián quen ia por detrás no marcador e tiveron varias ocasións para aumentar a súa conta.

Despois de cinco partidos, o Sigüeiro FC queda con catro puntos(catro empates) o que o fai ir para as últimas posicións da taboa.


-Valoración dos xogadores do SFC:

Diego-Inseguro
Fran-Precipitado
Xabi-Duro
A.Raña-Superado
Victor-Dormido
Jose Ángel-Desaparecido
Marcos Juncal-Insuficiente
León-Desconcentrado
Óscar-Activo(o único)
Munitis-Inofensivo
Toni-Perdido
---------------------------
Iván-Desapercibido
Marcos-Xogou?

17 comentarios:

forzasigu dijo...

Non son partidario da túa valoración do partido, vale que tiveron a posesión do balón eles pero o partido foi sufrido e creo que o equipo fixo un bo esforzo.
Ademais destacar unha cousa das valoracións...que diego tivo inseguro demostra moito do que viches sobre o campo, xk baixo os paus tivo perfecto, de 10!! Ah!! e faltache un xogador, según ti hai 10 titulares e 2 suplentes!!

forzasigu dijo...

Outro pequeno apuntamento...sobre o campo hai xogadores que traballan dunha forma e outros que traballan de outra, uns para galería e outros para o equipo. Marcos Vigo é un xogador importantísimo para o equipo, fundamental baixando balóns e creo que deixas a algúns como dioses sin facer nada...pero está claro, o afeccionado ve 2 regates e xa queda apampado. En cambio o esforzo botado en defensa, as coberturas, os animos os compañeiros e o traballo sucio de moitos xogadores non se ve!! Preguntome eu...porque Alberto estaba superado? (pregunta para a reflexión)

Tom_Araya dijo...

Como di "forzasigu",eu tampouco son partidario da tua valoración.Para min a posesión non foi para ningún en tal caso para o ceo porque foi donde mais estivo o balón,Dis que acabamos pedindo a hora,debeches estar vendo outro partido porque non vin tanta superioridad nin no partido nin moito menos nos minutos finais.Tampouco estou dacordo coa tua calificación individual do equipo,xa que eu vin o partido e non creo que o porteiro estivera inseguro,nin que Jose Angel estivera perdido,nin que Oscar estivera activo.Supoño que ti seras deses que so ven futbolistas como Cristiano Ronaldo e entrenadores como Rijkaard que xogan para a galeria e entrenan o futbol de toque,pero tamen existen os Gattusos e os Capellos que fan o seu traballo de forma distinta,que non é tan vistoso,pero importantisimo.
Eu como aficionado dos partidos que lle vin o Sigüeiro non vin ningun equipo mellor,unicamente o Rodeiro,que a nivel individual tiñan xente boa,pero o resto...palla!e hai que decir que o equipo que temos e de xente moi nova e ten o seu merito plantarlle cara a algun equipo con xogadores xa curtidos nesta division ou noutras.

Sin nada mais que decir.

Avante co blog pero si podes,fai as observacións un pouco mais obxectivas.

Até a victoria sempre!

antixuventudista dijo...

Creo que a cronica está ben, pero o partido do Sigueiro foi malo. Diego é un porteirazo(Alex tamén), é o mellor con diferencia que temos dende Biurrun, pero onte non tivo a súa mellor tarde, por exemplo en varios blocaxes aereos que se lle escaparon, o que non é normal nel...
Menudo fallazo que so houbera 10 xogadores na valoracion, menos mal que xa está arranxado!
Que Oscar é un pouco figurin, totalmente de acordo, pero onte foi o mellor do equipo e non se pode negar.
Quizais para Alberto o adxetivo "superado" non é o mais apropiado, pero e que non se lle viu unha subida por banda en todo o partido... non sei se é orde do adestrador ou...
A valoración de Marcos, penso que non é por faltar, pero onte non disfrutou de minutos, e os poucos que tivo, desaparecido en combate... Creo que o Colectivo sabe, o que Marcos é para o Sigu, que calquer dia tiramos o pilon e poñemos unha estatua del.
O BLOG ESTÁ BEN OU NON? e o primeiro sitio en internet onde podes ler algo do Sigu, e olvidarnos de tanto Xuventude.
E ainda que doa hai que aceptar a realidade.

forzasigu dijo...

Creo que Diego fixo todo que tiña que facer, o único fallo que tivo foi un despexe que lle dou mal, pero hai balóns que non se dan blocado e para blocalos mal toma a decisión de despexalos, a cal me parece a máis correcta.
O de Alberto eu deciao porque encarabano sempre 2 tipos, a un dos cales sempre tivo k sair ou 1 central ou 1 mediocentro, feito que en moitas ocasións non debía de ser así. Estamos en segunda rexional e akí non hai ningún Roberto Carlos nin ningún Cafú que poda subir sempre a banda, e máis Alberto que el mesmo admite que non está no mellor estado físico. Pero esto pasa por xuzgar os xogadores sin velos entrenar, que tamén pertence o partido, porque si señores si, antes dun partido hai 3 entrenamentos que nadie ve pero que algúns sufren!!
Por último decir que o blog pareceme caralludo, adiante con el!! Pero hai veces que jode oir cousas xk o outro día non xogamos tan ben como se di aki e este fin de semana non xogamos tampouco tan mal como se di akí xk o futbol non é solo atacar e tocar, tamén se xoga ben defendendo e eso haino que valorar en determinados partidos, e o ekipo sufreu e defendeu ben, xk acabamos perdendo cun gol en propia meta...Nesta liga toca sufrir, somos todos xente nova e se seguimos xuntos como ekipo esto seguirá adiante asike todos a remar para o mesmo lado.

PD: gracias Ibán (si, é con 'B') por todo, gracias a ti levamos toda a temporada pasada e esta sen recibir + de 2 goles nun partido (dato que di moito).

Venga, saudiños!!

Anónimo dijo...

Bueno eu penso que o blog esta moi ben as cronicas non son moi obxectivas pero si aos propios xogadores lles gusta non dar espectaculo e xogar ao futbol pedra ala eles.Maroño non cambies.

TONI sempre!!!!!!!

Anónimo dijo...

pois eu penso que o blog tabueno, o partido foi malocho por ambas partes, excepto nos despuntes de Oscar, o sigu xogu sempre desta forma por iso digo que a cronica é algo critica de mais.
ESE MAROÑO!!!

Anónimo dijo...

CANS OF PALLEIRO FOREVER.

Peras te está complicando la vida, aqui en Sigüeiro, normal que no lo sepas pq eres un yogurín, las criticas siempre fueron mal acogidas. Pero bueno... eche o que hai. Tu dale duro al blog, y seguramente consigues tu objetivo.

Y lo del nombre del blog......

BONEY M IN SIGÜEIRO
SIGÜEIRO NON É MENOS QUE CAMBADOS

Anónimo dijo...

dacordo con que tamen se pode xogar a defensiva e loitar...pero a que siareiro non lle gusta ver ao seu equipo xogando de memoria, o primeiro toque, con paredes,etc.¿?

Vale que se estea falando dunha division baixa...pero non vexo por que non se pode aspirar ao bo xogo. Non pretendemos ver no lino balado ao brasil dos 70, claro esta, pero que non poidamos ser uns cracks recoñecidos non quere decir que non poidamos ser mellores. Non ao pelotazo.

A cronica, chachi, ainda que tamen coindido en que Diego foi do mellor e apenas estivo dubitativo. O mellor do encontro para o sigüeiro tralos 'flashes' de Oscar pola banda...

Anónimo dijo...

Apuntes para o futuro: comenta tamen detalles importantes, como foi neste caso a expulsion do adestrador rival...ou darlle un repaso a actuacion do colexiado...todo por enriquecer mais a cronica

forzasigu dijo...

Para xogar o toque creo que hai que ter o balón...e non o tivemos, asique tampouco xogamos o patadón! Eles tiverono e ben vistes o que fixeron, balón a Tomás e patadóns o interior...non a tocaron unha soa vez co mediocampo! E se non decideme cal...Podese xogar o toque si pero as veces esíxese algo moi dificil e non hai nadie na categoría que o dea feito excepto o Grixoa e poida que o Cacheiras. Por agora non houbo ningún equipo que se enfrontara a nos que xogara o toque, e dudo moito que haxa. Hai que quitar os partidos adiante co que sea e sin figureos que non valen para nada. Non me gusta o patadón, gustame o toque, pero hai que facer algo de todo...e a nadie se lle pode esixir nada nestes momentos xk cada un está facendo o mellor posible polo ekipo.

Anónimo dijo...

Buenas a tod@s, con animo de participar y a poder ser ayudar a mantener este blog, me presento en sociedad, soy Ibán López, el entrenador del Sigüeiro, por lo menos por ahora, para cualquier duda o critica aqui me teneis.Os voy a dejar los días que entrenamos y los objetivos de cada entrenamiento esta semana:
Lunes día 6 de Octubre:
OBJETIVO FISICO: Recuperación
OBJETIVO TÉCNICO: Pase
OBJETIVO TÁCTICO: -----
OBJETIVO ESTRATÉGICO:-----
Miércoles 8 de Octubre:
OBJETIVO FÍSICO: Velocidad
OBJETIVO TÉCNICO: Pase
OBJETIVO TACTICO: Tactica Ofensiva
OBJETIVO ESTRATÉGICO: ------
Viernes 10 de Octubre:
Entrenamiento Pre-Partido,
OBEJETIVO FISICO: Velocidad
OBJETIVO TÉCNICO: ------
OBJETIVO TÁCTICO: Ofensiva
OBJETIVO ESTRATEGICO: Jugadas para partido

Para lo que me necesiteis, me avisais.
Un abrazo para tod@s

Anónimo dijo...

Grazas Ibán, por contribuír co Blog. Tamén podes poñerte en contacto con nosco: colectivoesloveno@hotmail.com

Anónimo dijo...

Bos dias moitas felicidades polo blog.Con respecto ao das coberturas e ao do espectaculo eu sei o que é facer o traballo sucio dun equipo e que leven o mérito os outros,sei o que é que cando xogues mal esten todos enriba túa e cando xogas ben pasar desapercibido.Pero tamén sei que fai falta xente que arriba lle poña ganas porque si non non se meteria un puto gol.Asi que cada un se ocupe do seu e a ver si espabilamos que esta liga esixenos mais asi que forza chavales.

Anónimo dijo...

Muy buenas,

Antes de anda decir que son Diego. Si, estiven inseguro, e non foi o meu mellor partido,...

Despois felicitar a quen fai este blog, facía falta en Sigu algo así.

Gustaríame comentar:

1.Á xente do equipo, pois teremos que aceptar críticas, para eso salimos a xogar ó campo, si, non cobramos, pero hai que saber leer as críticas.

2. Afición, pois decirlle, o ano pasado salimos do pozo, con esta filosofía de xogo, e este ano, hai moita xuventude no equipo, e non creo que o fútbol bonito nestes momentos sexa a mellor solución para mostrar no Lino Balado. Sei que é duro, a todos nos gustaría poder dar ese tipo de espectáculo, pero creo que ahora MÁS que nunca necesitamos da presenza de affecionados, e que se nos comprenda. Somos os que somos, estamos os que estamos, e só por unha cousa, o ESCUDO DO SIGUEIRO!

Sen máis, un cordial saúdo, e asegúrovos que aguantaremos a categoría se o Iban-capellini segue ca súa filosofía :)!

El desaparecido dijo...

Demostrado que a opinión e coma o cu, todo o mundo ten un, eu vou dar a miña.

Primeiro, o da valoración pareceme perfecto, cada un ve o partido dunha forma e saca as suas propias conclusións, pero tamén hay que entender que os xogadores poden estar dacordo ou non.

Segundo, se no partido do domingo, o Chaian nos pasou por encima, ¿Que fixo o Barsa co Atletico o sabado?. Perdemos, eso está claro, pero non vin tanta superioridade, mais ven un pouco de sorte, xusto a que a nós nos falta.

Terceiro, o tema do ”futbol pedra”, estou dacordo con que o fútbol que practicamos non é o máis visto do mundo, polo menos pa maioría dos mortais. Eu son o primeiro o que lle encantaría poder xogar o toque, tendo a posesión e facendo correr o rival detrás da bola, como fixo antes o Sigüeiro de Balsa, Toni, Biurrun, Enrique, Carnota ... por eso o que debemos ter todos e paciencia, solo van 5 partidos.

Cuarto, gustaríame facer un apuntamento no tema das valoracións. A hora de facer a mesma ademáis de coller as variables expostas nos comentarios (caños, regates, goles, asistencias, puchos, bicicletas...etc) deberíanse engandir: balóns recuperados, disputas gañadas, balóns perdidos, axudas defensivas, faltas cometidas, faltas recibidas... etc), e dicir, está ben que teñamos en conta as florituras, pero o resto tamén é futbol, se o futbol se acabara en Cristiano Ronaldo estabamos jodidos.

Sin mais, un saudo, e sorte co blog.

Anónimo dijo...

boas eu penso q o sijueiro so pode ir pra o sitio q lle pertence q e donde mellor podra xogar q e unha categoria menos asi ata q cheguen os nenos do xuventude de oroso q logo eles xa podran a este equipo en bo lugar.eso e o q penso e se non tempo ao tempo