martes, 14 de octubre de 2008

PORTOMOURO 1- SIGÜEIRO 1

Un bo Sigüeiro, na segunda parte, non logra gañar en Portomouro.

A primeira parte do Sigu foi mala, pouco a descatar, só algunhas internadas por banda e algún pase en profudidade de Jose Ángel. Aorredor da primeira media hora de encontro, chega o gol do Portomouro, nun saque de esquina no que un home libre de marca remata a pracer. Na segunda parte foi o SFC o que dominou o xogo. Toni puido empatar ao Sigu en varias ocasións, pero foi Jose Ángel quen aproveitou o rexeite dun lanzamento de Óscar, despois dun saque en curto, nun saque de esquina.
Ao final, empate a un gol, o que fai o SFC manterse na décimo terceiro lugar, con cinco empates, en seis xornadas. O domingo recibirá na casa ao San Mamede, terceiro clasificado, coa intención de darlle aos seus siareiros a primeira victoria da tempada.

Segunda Autonómica grupo 5

Resultados:
Tordoia-Tabeirós 0-2
Cogalrodeiro-Sta. Cruz de Montaos 2-1
Vea-Cacheiras 2-2
Chaián-Villestro 0-4
Portomouro-Sigüeiro 1-1
San Mamede-O Pino 3-3
A Baña-Grixoa 0-5
Recesende-Sp. Estrada 3-0
Silleda B-Laro (Suspendido)

Clasificación:
O Grixoa segue primeiro, xa que gañou todos os encontros, ata o momento(18 puntos). O Cacheiras deixa de ser colíder, débido ao tropezo en Pontevea (2-2). O San Mamede, que se enfrentará o SFC esta semana, está situado terceiro con 13 puntos(4-1-1). O Tordoia(2 puntos) é o novo colista, despois de caer na casa contra o Tabeirós.

Proxima xornada:
Tordoia(18)-Cogalrodeiro(9)
Sta. Cruz de Montaos(14)-Vea(17)
Cacheiras(2)-Chaián(12)
Villestro(4)-Portomouro(7)
Sigüeiro(13)-San Mamede(3)
O Pino(5)-A Baña(11)
Grixoa(1)-Recesende(16)
Sp. Estrada(15)-Silleda B(10)
Tabeirós(6)-Laro(8)

* Entre parentese o lugar na taboa clasificatoria.
Nota: Silleda B e Laro, cun partido menos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

E os comentarios e valoracións dos xogadores que? hai que ir tamén ós partidos fora da casa, que o equipo hai que apoialo sempre, e fora é cando máis o necesita.

jejejejeje

Anónimo dijo...

Ao Sigüeiro é difícil facerlle goles, pero tampouco é que nós vaiamos sobrados de pólvora...

Gañarlle ao San Mamede en casa sería un bo reforzo de moral. Vamos!