domingo, 19 de octubre de 2008

SIGÜEIRO 2-SAN MAMEDE 2


Empate, con sabor amargo

Novo empate do SFC, esta vez dunha forma non merecida. Un gran partido do Sigu(quizais o mellor de toda a tempada), só frenado por unha gran efectividade do equipo visitante.

O partido comezou "dormido", non houbo chegadas de ningún dos dous equipos e a pelota parecia ir sen rumbo polo campo. Preto da primeira media hora de xogo, chega o primeiro do San Mamede, despois dun erro do noso gardameta, Diego. Despois do gol, a pelota foi do Sigüeiro, e antes do descanso tivo boas ocasións, nas botas de M.Juncal, para poñer o empate no marcador, pero nunhas o porteiro, e noutras a mala fortuna, evitou o tanto local.

A volta do descanso, foron os mellores minutos do San Mamede, pero a falta de forma física do equipo visitante, foi "dándolle" a posesión ó SFC.

Na recta final do encontro, chegaba o gol do empate, firmabao Jose Ángel, tras un bo centro dende a banda. Xa co tempo cumprido, Óscar vaise cara o centro, e dende o borde da área golpea a onde o porteiro non pode chegar. Pero a alegría durounos pouco, porque un minuto despois, prodúcese unha falta no centro do campo, o porteiro sube para lanzala, a pelota queda no frontal da área, a defensa non atina a despexar e a pelota remata no fondo da portería, despois do golpeo dun atacante rival.
Logo da boa actuación dos nosos, o SFC consigue o sexto empate, en sete partidos. A vindeira xornada o Sigu visitará A Baña, coa intención de conseguir a primeira victoria en liga.
-Valoración dos xogadores:
Diego-Desafortunado
Manu-Motivado
Juan-Impecable
Xabi-Sólido
Víctor-Centrado
Jose Ángel-Destacable
León-Servicial
M.Juncal-Grande
Óscar-Perigoso
Munitis-Aillado
Toni-Inofensivo
--------------------------
Paderne-SD
Iván-SD
Marcos Vigo-Peleón
Fran-Firme
*SD(sen nada a destacar, por estar pouco tempo no campo).

36 comentarios:

Anónimo dijo...

Vota por quen che pareceu o mellor xogador do partido, nas encuestas do final do Blog(debaixo de todos os articulos).

Anónimo dijo...

Só felicitar ó equipo polo seu esforzo.

NOTA: Centro de Juan no gol e moi boa actuación de Paderne e Iván. Resultaron decisivos na remontada do equipo (internada pola banda dereita no segundo gol dos dous). Noraboa ós dous!!!!!!!

Anónimo dijo...

Bueno rapaces unha pena que non ganarades merecestelo.Un saúdo e a seguir peleando.

forzasigu dijo...

Weno, eu creo k me remito as palabras de anónimo, Paderne e Iván resultaron decisivos no segundo gol xa que fixeron eles a xogada. Tamén destacar que o seu primeiro gol a meirande parte da culpa foi da defensa, por non falarse e por deixar facer o dianteiro o que lle dou a gana.
Polo resto pouco que dicir, que con partidos coma o de onte non se descende fijo xk algunha vez nos acompañará a sorte.

Saudos!!

Anónimo dijo...

creo que o de onte foi un partido mais como o que levamos vendo dende principios de temporada,vese interes e vense ganas nos xogadores para lograr esa ansiada victoria que sen dubida chegara e sen tardar moito. pero por outra parte o que si molesta,a min e a gran parte da aficcion, e ver dia si e dia tamen partidos nos que nos queima demasiado o balon nos pes e se xoga o patadon cada dia mais sen que ninguen faga nada para remedialo.sei que houbo alguen que dixo que asi se ascendeu o ano pasado e eu non o comparto pois o ano pasado fixeronse grandes partidos xogando o futbol, porque este equipo do que si estou seguro e de que se quere sabe xogar. por ultimo,creo que a ninguen lle interesa mais ca ós xogadores e adestrador o "planing" de entrenamentos semanais nin creo que sexa acertado que se presente neste blog o adestrador, non e o seu traballo entrar en polemicas senon facer que o equipo xogue e pola miña modesta opinion, sinceramente, no campo non se ven reflexados os tres dias de entrenamento.

Anónimo dijo...

Sobre o último comentario de que o ano pasado o Sigu xogou a tocar o balón (ou ben), sobre as queixas ó adestrador (planning, que non se reflexa no campo,etc)....so digo unha cousa, e non é por mal...ides conseguir que desapareza o sigu con tanto runrún por detrás......paréceme lamentable sinceramente o runrún ese! A tempo estades de fichar figuras de entrenadores de 2 división e xogadores QUE COBREN por facervos soñar con unha bicicleta! por non decir de xogadores TIPO COMPOS que vos levaron a SER UN DOS MOITOS EQUIPOS DE 3 REXIONAL!!!!! Nas vosas máns está.....como ti dis...só a miña MODESTA OPINIÓN!!!!!! E cando queiras, pásate polo entreno!!!1 plantilla sen gañar un partido na temporada, e entrenando unha media de 15 xogadores 3 días a semana!!!! Di moito do equipo e entrenador!!!!!!!!!!!!!

Pero evidentemente, afición do SIGU, hai que respetala, e se pensa eso...pois....

Anónimo dijo...

So digo unha cousa...mentres non pase o Grixoa polo Lino Balado non se vai ver un ekipo k a toke, sinto moito dicilo pero é o que hay. As figuras tan en 1ª e 2ª división...nos estamos en 2ª rexional! Gracias o entrenador tamos donde estamos, xk ata que el non chegou non se comeu un rosco. E ten razón o do comentario anterior, hay moito runrún e o único que se consigue con eso e facer desaparecer o sigu xk o ÚNICO que o sustenta son os xogadores, que son todos da casa e tan ahí, pero como todo siga así e algún marche creo que esto vai ser unha especie de dominó...imos caer todos!! e logo a ver se o levanta a tan dichosa aficción!
E o planing semanal creo k se debe de poñer xk a xente cree k tamos no campo so pa divertirnos e non facer nada pero por detrás hai un traballo...cousa que con outros entrenadores non houbo traballo nin seriedade!!!

Anónimo dijo...

e evidente que falar dalguns aspectos levanta sarpullidos pero creo que non se me entendeu no comentaro do "planing". quero dicir que non ben a conto que o planing de adestramentos se colgue nesta paxina nin me parece correcto que o adestrador entre a velorar opinions en 1ª persona aqui escritas. por suposto que e de valorar que vaia tanta xente os adestramentos,(estou mais veces das que ti pensas)como tamen e de valorar a actitude dos xogadores , para o meu pensar moi positiva, pero non me parece correcto que se bote partidos e partidos xogando o patadon e ninguen o remedie, o adestrador ten que entrenar e correxir erros se é que os hai e deixalo resto para outras persoas. para o que di o de "ides conseguir". neste equipo nunca houbo xogadores cobrando, se acaso un par deles en 1ª, e moi, repito moi poucos entrenadores tamen asiq... non medigas ti como se fai un equipo.o sigüeiro estivo a un so paso de preferente sen pagar unha peseta a "ninguen" pero deso non creo que ti te acordes.tampouco sei a que ven o de fichar xogadores, non fixen ningun comentario en contra de ningun xogador,e mais, estou convencido de que hai equipo para estar entre os 8 primeiros sen problemas,creo que mais ben e unha reaccion alerxica de cando se fala do adestrador e as picaduras se non se curan a tempo...

por ultimo,¿o unico que sustenta o sigu son os xogadores?
que cada quen responda para si.

Anónimo dijo...

Primeiro: o entrenador non valorou ningun comentario en 1ª persoa, o contrario, posteou para decir k tiñamos akí a súa colaboración, NADA MAIS. E se non sube aki o comentario no k comentou ou criticou algo.
Segundo: fijo k se acorda o k escribiu ese comentario desa epoca do sigu si...
Terceiro: se estás máis do k pensamos polos adestramentos ves por alí e das a túa opinión, k fixo k será ben recibida.
Cuarto: o único que o sustenta son os xogadores si, xunto con Marcial, que axuda non ten ningunha! por si non o sabes...ata os xogadores laban a roupa...de risa!

Anónimo dijo...

Se queredes deixar algun comentario, en vez de poñelo como "Anonimo", escribides o voso nick en "Nombre/URL". Con tan so escribir o nick xa vale, non hai que dar o e-mail, nin ningun dato.

Anónimo dijo...

1.Lavan a roupa
2.Désplázanse cos seus coches.
3.PAGAN 100 euros por ter FICHA DO SIGU!
4.Limpamos o vestuario ó acabar cada adestramento (NOS)
5.Acórdome da época de Primeira (ou de Segunda,pódese case considerar, case como pecha-cancelas, non preferente, como dis ti), e todo por PAGAR A XOGADORES E ADESTRADORES, DESPEDINDO A XENTE DA CASA!!!
5.O runrún, ven de xente coma ti, k ven a facer runrún ós adestrametnos, pa eso, con todo o respecto, keda na casa, porque se ves ver e non aportas nada ó equipo.....pois limpa o vestuario, por examplo....
6.Seguimos???????
7.Fai ficha......

Anónimo dijo...

Estanse a facer as cousas ben, e de momento non se ten fortuna, pero todo chegará. Saudos para todos

Anónimo dijo...

O penultimo comentario ten razon, pero o sigu case ascende a preferente nos 80. A ultima etapa do sigu en 1ª, foi unha trampa, canto cobraba o Marcos Alvarez?(esta no grixoa no?)e aquel entrenador patetico... esos e o presidente daquel ano, foron os primeiros en intentar acabar co sigu.

Anónimo dijo...

para xa rematar esta "polemica" xurdida por opinions "molestas" quero contestar e polo tanto acabar con malos entendidos e contestar os sete puntos que antes escribiches:

1)lavala roupa, de risa, segun algun: medida presentada fai 2 anos na federacion por un gran numero de clubes para suprimir un gasto extra en equipos onde os ingresos son moi pequenos.

2)desplazanse nos seus coches: totalmente dacordo contigo


3)pagan 100 € para ter fichar: non merece a pena valorar esto, e unha autentica burrada e unha gran falta a verdade


4)limpalos vestuarios: o dubra ata o ano pasado tamen os limpaba e estan en preferente.non creo que supoña un gran esforzo.ah dixeches "limpamos" asiq entendo que tamen contribues a limpalos de mala gana. deberias de deixalo claro que che molesta se e que tan de frente vas. digo comunicarllo a directiva.

5)falas dunha entapa na que tes razon que se fixeron as cousas mal, eso sabemolo todos, e evidente que non te acordas de cando se estivo preto de preferente,eu si me acordo por suposto,ninguen cobraba,desplazabanse nos seus coches cando habia partidos cerca igual ca hoxe,nunca ninguen se queixou,ah e tampouco habia chandals,sudaderas, bolsas etc, solo unha equipacion e se alguen rompia as medias tiña que comprar outras do seu bolsillo. pero por sorte para todos o futbol cambiou moito.

6)seguimos???? non creo que empezaramos nada digo eu. simplemente eu dou a miña opinion e ti das a tua que parece un pouco molesta.
haber se queda claro dunha vez, estou totalmente identificado co equipo que hai, o adestrador e o culpable de que haxa 15 ou mais persoas 3 dias a semana como tamen tivo a sua importancia no ascenso do ano pasado pero como afeccionado para min tamen e responsable cando o equipo non xoga a nada ou cando en campos coma tordoia,portomouro ou algun outro dous compañeiros de equipo se poñen a discutir dentro do campo, molestelle a quen lle moleste. e por se non quedou de todo claro en ningun momento dixen que habia que cambialo asiq... reflexion

7)fai ficha: xa a tiven,xa limpei os vestuarios e tamen teño pagado a miña ficha e non me parece de risa,se se esta en 2ª rexional estase para todo

Anónimo dijo...

aclaracion-. no punto de lavala roupa quixen dicir que fai 2 anos foi presntada na federacion unha proposta para poder asignarlle a cada xogador un dorsal fixo para, entre outras cousas suprimir o gasto de lavanderia que para clubes de 3ª o 2ª rexional supoñen un gasto importante nada mais

Anónimo dijo...

Comentarche:

1. Habrá que ir po xuventude logo!!! A ver cando fan equipo modesto....:)! Porque no sigu, antes esto non pasaba!
2. Tamos nalgo dacordo!!
3. Pois direille a Marcial que me devolva os cartos....
4. Xa o sabe o PRESIDENTE e DIRECTIVA (non hai moitos máis)...pa axudar digo...ó mellor que poñan o nome si, ó mellor hai moitos!!!!
5. Vellos tempos!!! Tamén me acordo do sigu en 3 perdendo co Sionlla 1-5 ou algo así....
6. ..... Runrun ......noutras etapas só había amor no campo.....
7. Anímate, vendo como comentas, eu penso k ata podrías levar brazalete, e ó mellor aspirar a subir de categoría...aínda estamos a tempo!!!!

A coidarse.....

Anónimo dijo...

Opinando dos comentarios anteriores,pois penso que o de lavar a roupa pois non é moito gasto,pero o de pagar a ficha a min non me parece moi normal(opinion persoal)
Tratando o tema do runrun,pois na grada,o ano pasado e este,sempre hai criticas,xa se gane,se perda(por suposto),se xogue mal ou se xogue ben,ou as criticas son en xeral ou son individuales.A min como aficionado do Sigüeiro esto dame pena,pero bueno hai xente que é moi amiga de falar ata que se leva cun canto nos dentes como ano pasado cando o equipo ascendeu,penso que moitos tuveron que roer moito e ir a celebralo co equipo,moitos deles se tiveran algo de conciencia pois seguramente a repasarian,pero visto o deste ano non o deberon facer.
Respecto o partido de onte,pois viña o San Mamed 3º clasificado,e para min non son tanto equipo,tiveron 3 oportunidades e clavaron 2(a 3ª a do travesaño).Para min onte o sigüeiro fixo un bo encontro,sobre todo na 2ª parte.Xogando asi lograse a permanencia.
Espero que chegue a 1ª victoria do noso clube xa que iso motivaria mais os xogadores e dios queira que nesa 1ª victoria comeza unha racha de triunfos.

Sorte e animo rapaces!

Avante co blog!!

Anónimo dijo...

Xente.... Penso eu que si estamos todos a escribir neste blog, é poque todos temos un criterio e un fin común que fixamos cada un de nos no momento que nos facemos seguidores do equipo... Pornos a discrepar sobre actuacións ou sobre quen teña que limpar ou non os vestuarios solo é dar un paso atrás... Non é a mellor forma de salir adiante ista que estamos a tomar... Deixemos as discusións... O equipo empeza polos xogadores, e remata polos seareiros que o apoiamos cada fin de semana... MOI IMPORTANTE, DEBEMOS DE SER 1... se non, non chegaremos a ningures... Está ben que se fagan críticas... pero non busquemos loitar entre nos... A verdadeira loita ten que verse no terreo de xogo... E contra os verdadeiros rivais... Porque como xa dixen, nos estamos todos no mesmo bando...

FORZA SIGU!!

Un saudo e disculpas pola extensión do comentario.

Anónimo dijo...

totalmente dacordo con sigu4ver.
tom-araya, os xogsdores non pagan a ficha, se acaso soamente poñen un deposito que se lles devolve a finais de temporada, nada mais, o certo que debemos tirar todos cara o mesmo lado, pero como afeccionado temos dereito a opinar e se se ve algo mal non e de recibo calar a boca, en calquera caso, forza sigu e a gañar na baña

Anónimo dijo...

1)A min pareceme increible, que as fichas costen 100€, se os arbitros cobran en cada partido, o resto dos cartos?...
2)Pensei que o San Mamed era algo mais, na segunda parte non podian cos huevos. Por favor o nº16 parecia o pai dalgun dos nosos.
3)Moita xente da que foi a Luaña o ano pasado, non apareceu polo campo en todo o ano, pero o dia de celebrar non faltan. As ligas non se gañan no ultimo partido, senon en todos os anteriores.

Anónimo dijo...

"os xogadores non pagan a ficha, se acaso soamente poñen un deposito que se lles devolve a finais de temporada, nada mais,"
Porque se teñen que dar eses 100€?viches a publicidade que ten o campo de futbol?pareceche pouca?hai xogadores que levan bastante tempo no equipo e penso que se deberia confiar neles,non creo que facendolle ficha marchen asi porque si como fixeron alguns dos artistas que descenderon o equipo a 3ª reg.
Estou contigo de que hai que tirar todos para o mesmo lado comezando polos xogadores e acabando pola afición,eu estou na grada e alguns parece que solo tiran polo seu fillo,criticando os demais...de pena!

Respecto o comentario de esloveno_12:
"3)Moita xente da que foi a Luaña o ano pasado, non apareceu polo campo en todo o ano, pero o dia de celebrar non faltan. As ligas non se gañan no ultimo partido, senon en todos os anteriores."
Decirche que tes toda a razón xa que para as celebracións sempre hai xente,para sair na foto,para dar ese dia un apoio de mentira e inexistente o resto da tempada...

Para o/os do blog pois decirche ou decirvos que o estades facendo ben e gustame o das votacións,moi boa idea.

Avante colectivo esloveno!

Anónimo dijo...

O do deposito da ficha que se fixese na época de: o gran david, alex(o rubio)... é normal porque destos personajes non te podes fiar nada...Pero agora o equipo esta formado por xente de sigueiro (ou dos arredores) de toda a vida... e con xogadores da casa é como chegan os exitos, polo tanto non creo que sexa necesario.

Anónimo dijo...

na epoca de david e compañia deberase de haber feito e non se fixo. eu creo que e unha medida para que a economia non se resinta, penso que nese sentido o que ben esta non se debe tocar. hai que pensar que 100€ para un equipo son moitos cartos para perder e para levar economicamente un equipo adiante fai falta aforrar ata o ultimo centimo.por outra parte quero recordar que non só marcharon daquela xente coma david ou alex,hai outros xogadores que se pensaba que eran "da casa" e tamen marcharon.de todas formas, por sorte para todos esa epoca xa forma parte do pasado e esperemos que nunca mais volva pasar.

Anónimo dijo...

Tío, estalo petando co blog. Vaia debate que se formou!


PD: Mágoa que faltei ao partido, pero xa tocaba ir vela SD. Para o próximo tédesme alí seguro!

Anónimo dijo...

En fin...eu digo que esto é de pena!!!Tendes armada unha tremenda parafernalia aquí, que bueno...en fin!!Se fixerades unha puta reunión, acabaríanse estos MAMONEOS!!Pero en fin...vós ó voso!!

1 saudiño a todos, e se ninguén se tira do barco...trankis que o Sigu queda en 2ª!!!

Anónimo dijo...

Quero aclarar unha cousa que a min pareceme importantisima...

o outro dia o sigüeiro fixo un bo partido porque por 1ª vez en toda a temporada na megafonia do campo non se puxo a Alex Ubago(chaval cunha infancia moi jodido,non hai k ver as suas cancions...)non quero decir que a musica fora boa,porque daba noxo pero para dar tanto noxo como Alex Ubago creo que hai poucos grupos que esten a altura como poden ser Mago de Oz,El canto del loco...Eu sigo decindo que unha boa idea era que os futbolistas do equipo escolleran unha cancion cada un xunto co mister,2ªmister e axudante e facer un CD,polo menos para non escoitar a bodrio ese...ou senon heredeiros como nos vellos tempos cando estaba Lino(D.E.P)

Saudos dende o vietnam

Anónimo dijo...

Eu vexo relativamente innecesario formar debate por nada... Ainda que ás veces non é malo... Pero formar debate pola música que poñan no campo... É INCREÍBLE... ( cando menos ) Se o que queres é escoitar a música que che gusta leva un mp4 que agora están moy de moda e xa esta... Pero a min o que me importa é ver xogar ao Sigu...
Eque é como se digo que non entendo como a xente que vai ao campo a ver o partido leva pantalons vaqueiros e non de pana... Pareceme a min que ay bastantes cousas das que falar máis importantes como por exemplo o tema das fichas dos xogadores e non ter que falar desas chorradas... E logo din por ahí que o dos entrenamentos é totalmente irrelevante... pois isto... non che digo...

Un saúdo...
FORZA SIGU !

Anónimo dijo...

Eu creo q o comentario de "John Rambo" non vai moi desencamiñado. Quizais un pouco subrealista, pero acertado nalgunhas cousa. Por exemplo o da música no quencemento, pode chegar a influir moito, o máis importante no comezo dun partido é a forza psicológica e hai música que che prepara para eso (está demostrado). Pero máis lonxe ainda, recuperar a memoria de Lino, onde o máis importante era o grupo. Uns colegas que xogaban un encontro, e despois ian todos xuntos ían tomarlle unhas cañas ó Nouche cos siareiros, ese grupo q viaxaba en aoutobus e chegaba a encher outro de afeccionados. Ese equipo chamaba pola xente pq eran modestos. Neste equipo hai xente que anda moito á súa bola, que non é malo, pero eso non axuda a crear un bo clima ca afección. Xente q andivo esparcida por equipos por ahi adiante e non chegan a sentir o vermello coma unha cor propia, a cor do sangue, a cor das nosas brigadas.

Forza Sigu

Anónimo dijo...

O Sigüeiro está onde está gracias ó traballo desinteresado de 2 persoas (irmáns) que sempre acompañan ó sigüeiro, vaia on de vaia.

FORZA VITUCO E PEPON

Anónimo dijo...

Sigü4ever hai musica que che durme como a que poñen cada dia no campo,para eso que non poñan nada...supoño que te sentiras ofendido porque ti seguro que eres un deses que lle tiran as braguitas cando vai ver el canto del loco...e como hai musica que durme pois tamen hai musica que te concentra ou que che da forza...polo tanto totalmente dacordo John Rambo.

Anónimo dijo...

Como vos vexades... Pero creo que nos estamos a desviar do tema principal... A ACTITUDE DO EQUIPO NO CAMPO... E todo o que a esta lle afecte... ( con esto non quero nin moito menos decir que sexa mala... pois entendo que o equipo estase a comportar bastante ben nestas últimas xornadas... e o mellor e que se nota a progresión... )A e por certo xa que o comentas... NON ME GUSTA O CANTO DEL LOCO NIN NINGUNHA DESTAS PATRAÑAS... E o último que quereria seria descalificar nin nada polo estilo ó compañeiro john rambo... Pena que de todos non se poida deci-lo mesmo... Solo quería decir que creo que se poden tratar temas máis importantes aquí.
Saúdos

Anónimo dijo...

Á e o subrrealista do comentario é o de: "...o equipo fixo un bo partido pola música da megafonia..."
Asique xa sabedes xogadores... Non fai falla que bos matedes a correr nin tampouco vaiades a entrenar durante a semana... poñede boa música que o ascenso está asegurado...

Anónimo dijo...

Supoño eu que influiran máis cousas... en parte ten razón sigu4ever... a musica non gaña partidos, un saudo

Anónimo dijo...

Non hai mellor quencemento que o que se fai escoitando Heredeiros, tanto para 'meter aos xogadores mentalmente no partido' como para animar a afición.

É un tema máis importante do que poida parecer...

Anónimo dijo...

Non se trata que a música gañe ou non deixe de gañar partidos, por suposto que non os gaña. Pero da gusto que poñan música decente...que che suba o ánimo para xogar e que entres coas máximas ganas o campo!! SO ESO...todo tema relativo o sigu entra dentro deste blog e cada un debeo respetar, é algo que influe o ekipo e punto.

Anónimo dijo...

o equipo faltalle elgo para disputar esta categoria.o domingo demostrouse.