domingo, 14 de diciembre de 2008

TABEIRÓS 1 - SIGÜEIRO 3

Cumpriuse a máxima
-
Os goles de Samuel, Toni e Iván firmaron a victoria no debut de Lelo no banco. Con esta, o Sigüeiro suma tres victorias en liga e adianta ó Tabeirós, rival hoxe.
-
Unha vez máis cumpriuse unha das máximas máis famosas do fútbol: "adestrador novo, victoria segura". Debutaba Lelo e o Sigu conseguiu os tres puntos.
Un SFC moi metido atrás ó inicio do encontro, provocou que o mediocampo do Tabeirós puidera mover o balón de forma fluída. Ainda así, o Sigu chegou en bastantes ocasións a xerar perigo, sobre todo pola banda de Óscar, aproveitando deste xeito a lentitude do lateral rival. Nunha destas internadas producese unha oportunidade clara para abrir o marcador, na que o balón paseouse por diante da portería sen que Samuel nin Munitis a aproveitaran. Por esta mesma banda, Toni facía unha boa xogada e pegáballe, o porteiro rexeitaba a pelota hacia o pao, pero dentro da área pequena, onde Samuel empurraba o fondo das redes rivais. Minutos despois empataba o Tabeiros, logo dun centro despois dunha falta inexistente. Coas táboas no marcador, iríase ó descanso.
Na segunda parte máis do mesmo, un Sigüeiro repregado e un Tabeirós intentando tocar, pero nesta parte viuse máis "garra" que na primeira; e cortouse o fútbol que quería facer o conxunto rival. Dunha recuperación de Jose Ángel chegaba o segundo do Sigu, logo de que Toni non errara no man a man. De aquí ó final, o SFC repregouse aínda máis e exerceu unha forte presión sobre o intento de xogo dos locais, que aínda así gozaron dalgunha oportunidade para empatar. Nos últimos intres de encontro, xa co tempo regramentario cumprido, Toni golpea á porta, o veterano gardaredes do Tabeirós non atalla e a pelota caelle a Iván, que poñía o tres a un definitivo.
O DATO:
Despois de catro xorandas consecutivas, Óscar, rematou hoxe ca súa xeira goleadora.

27 comentarios:

Anónimo dijo...

Con este mister xa pinta mellor a cousa.

Adiante Sigüeiro!!

Anónimo dijo...

Non puiden ir ó partido, que alguén poña a alineación e os cambios por favor!!! Da valoración xa nin falamos..., so pido alineacion
Graciñas

Anónimo dijo...

Diego
Mejuto
Xavi
Juan
Victor
Jose Angel
Paderne
Oscar
Munitis
Samuel
Toni

E os cambios non sei que xogadores foron por quen pero sairon do campo,Mejuto,Oscar,Samuel e Munitis.

Anónimo dijo...

...e bueno entraron Ivan,Marcos Vigo, Leon e Alberto Raña pero iso que non sei quen entrou quen por quen.

Espero que che sirva.

Anónimo dijo...

Outro erro mais,xogou Alex non Diego,perdon.

Anónimo dijo...

Queimade a jose angel hoxe que fixo un partido equilibrado en todos os sentidos,ou o compañeiro das cheas de oscar (que de boa tinta sei que nin un sabado sae para estar ben os domingos)que no pino doulle o primeiro gol a oscar e marcou o segundo.e dos tres de hoxe un marcouno e dous inventounos el.e matouse a correr.risa me da.van a calar a xente xogando.ben feito.ANIMO SIGU.

Anónimo dijo...

Rockefeler non vai haber criticas e sabes porque?Porque esas ratas que critican so saen cando o equipo perde,eses que se sinten parte da aficion...risa me da...

Esta semana a gañarlle o Villestro!!

Anónimo dijo...

noraboa a todos por esa gran victoria¡¡¡
somos o unico equipo xunto co grixoa que gañou en tabeirós¡¡¡

Anónimo dijo...

Onte o capi extraterrestre!!Cantos balóns recuperou?? 20, 30... Cantos balóns perdeu?? 1 ou ningún. De onde sairon os 3 goles? De recuperacións ou pases del (sen restarlle merito o resto). Parece ser que lle vai a ver que dar brasa pola semana, porque onte estivo de 10. Onte o equipo estaba unido, esperemos que dure.

Anónimo dijo...

para os que non puideron ver o partido:
1.
o equipo suponse que por instruccions do entrenador, decide que se aguante na liña de atras para evitar balons a espaldado lateral e centrales, en duas ocasions na que victor dae a presionar moi arriba caeron dous balons a espalda e logo rectificou, mejuto por no cerrar ben nunha ocasion pasoulle o mesmo.

2. balon recuperado balon a banda fose quen fose no medio campo e balon recuperado atras balon ao dianteiro.

3.
primer gol recuperacion do balon en medio campo caelle o balon a toni, dribla á marca entra na area golpea balon o pau e o rexeite aproveita samu.

4.empate do tabeiros, falta lateral, rexeita a nosa defensa cara o segundo pau, barullo impresionante ata parece que toca o 2 deles coa man.
sacase o balon sae a defensa deixando a 2 en fora de xogo meten o pase o arbitro non ve nada e gol.

5.desempate na segunda metade.
pase dende a defensa contraria cara o seu dianteiro, controla ben con mejuto encima, aguantalle ben facendo que se vaia cara o centro entra joseagngel como unha bala que lle rouba o balon mete o pase en profundidade cara toni o balon toca nun rival e toni en claro fora de xogo todo hai que decilo marca definnindo moi ben.

quero puntualizar que e para min a xogada que mellor define o futbol, aguantar mejuto, axuda jose, roubo e contragolpe que acaba en gol e si non acabase xogadon señores xogadon.

6.
marca iban.
toni rompelle a cintura a un xogador na liña de fondo golpea e no rechace aparece iban gol.

ala agora toni que decides, viña tocaba e marchaba, e no un cotra un de espaldas toleabaos, ese e o toni que eu coñezo, e a partir de agora vai calar moitas lenguas de trapo. tanto el como os que sempre criticades.

Anónimo dijo...

con este adestrador non creo que descendamos parece que o fai ben...

Anónimo dijo...

parece

Anónimo dijo...

Pijusmagnificus se te ve el plumero!!! Y deja de hacer propaganda de tus colegas, que pareces un cartel publicitario, la campaña electoral aun no empieza por ahora!!

Anónimo dijo...

que pasa te jode que se gane, y que de los mejores sean los que habitualmente se les critica?

eu non fago publicidade de ninguen, pero creo que cando o fan ben tamen hai que decilo e non vexo ainda ningun dos que os poñen podres a reo, todos os dias que aparezcan por aqui.

e se a fixera estou no meu dereito asi como aqueles que lle fan mala propaganda.

Anónimo dijo...

grande lelo como o equipo o que adestras

Anónimo dijo...

Como vai a xente que xa leva tempo lesionada?Manuel e Juncal?Porque xa levan tempo sobre todo este ultimo.
Esperemos que se recuperen pronto,a Manuel pouco o vin xogar pero pode dar nivel a este equipo e a Juncal pois penso,non por mal,que dende aqueles Juveniles que ganaron a liga(para min un equipazo)non está rendindo como pode,non sei si está desganado,non lle ilusiona xogar...O ano pasado empezou a temporada dormido e esta parecia que empezara con algo mais de ganas pero a lesión relegouno o descanso,tamen hai que decir que a 2ª volta do ano pasado deste rapaz foi bastante regular,facendo bos partidos e anotando goles.Eu xa fai que o coñezo,dende que era un renacuajo,e penso que se lle debe esixir mais porque o pode dar,demostrouno,asi que espabilademe a este rapaz porque pode ser de gran axuda, pero tamen espabilade a todo o equipo que penso que coa xente que hai podemos estar da mitade para arriba.

E isto todo sin ánimo de ofender.

Contextademe a pregunta porfavor.

Anónimo dijo...

Eu creo que se se criticaba a Iban por plantexalos partidos de forma defensiva, non se debe alabar tanto agora a Lelo por gañar un partido xogando a defensiva. Esta ben que o primeiro e gañar, pero con Marcial intentabase ir arriba.

So e unha opinion, hai que ser un pouco consecuentes co que se di.

Polo demais pareceme excelente o cambio de mister, pero iso si, queremos ver un sigu ofensivo.
non¿

Anónimo dijo...

samuel mira que e malo non sei como lle gusta a xente ademais e un chulo e non digades en defensa sua que non o conozo por que o conozo de sobras por desgracia

Anónimo dijo...

non sei como pode haber xente que puxera non na votacion de juanito, incrible

morte os enxendros!

Anónimo dijo...

pois eu votei que si pero a xente que votou que non entendoa por que xa e basatante maior 39 ou 40 anos e nunca desde que e profesional mostrou agarimo hacia o SFC e por certo toni de berdia era mellor ca juanito pero juanito chegou arriba por enchufe e unha cousa non discuto que sea malo que non o eh pero que vaia juanito e que esten dudando en levar a dani abalo o do celta por favor...

Anónimo dijo...

será porque a dani abalo lle quedan moitos anos de football nas pernas... e juanito retirarase este ano... digo eu eh!

juanito é um crac, e em tódolos equipos nos que está dao todo e loita cada minuto e cada balón, pero o día do galiza - chile, o que menos importa é o resultado, senón agradecerlle á xente do football galego o que fixo por el!

tamén ó primeiro partido em San Lázaro convocaran a Otero e invitaran a Nacho, nom por que estiveran em bo momento xustamente...

saúdos!

Anónimo dijo...

Juncal será grande outra vez, non o debemos nin dudar!!!!!

Anónimo dijo...

Que grande Toni, sabiao, tiña confianza nel e xa leva marcando nos ultimos encontros algun goliño. Falta nos fai que siga asi.

Vamos Sigu joder!!!

Anónimo dijo...

Juanito forever!!!
Noraboa Colectivo. Outro acerto más e van... moitos.
Bó Nadal siareiros!!!

Anónimo dijo...

Animo ekipo se segimos asi ganaremoslle o villestro.Marea vermella o LINO BALADO,¡¡FORZA SIGU¡¡

Anónimo dijo...

ANIMO LELO E ANIMO SIGU

Jorge Vilela dijo...

Juanito selección. Sin lugar a dudas.No olvidamos las maravillosas tardes de futbol que nos dió en Santa Isabel y en San Lázaro.
Ejemplo de profesionalidad y saber estar.
Adelante Juanito y forza Compos.