lunes, 22 de diciembre de 2008

SIGÜEIRO 2 - VILLESTRO 3


A gran pegada do Villestro deixa sen puntuar ó Sigu

Víronse goles, pero non ocasións. O Villestro logrou tres tantos antes do descanso que acabaron coas esperanzas do Sigüeiro.

Mal encontro o visto onte no Lino Balado. Un fútbol moi parado, sen ocasións e moi aburrido por momentos. Como xa fixera Marcial contra o Grixoa, Lelo tamén pretendeu especular co marcador ante un dos "galos" deste grupo cinco da segunda autonómica.
O Sigüeiro saíu, como xa era de esperar, coas liñas moi xuntas, dando un gran peso ó centro a hora de atacar e para presionar ó Villestro. Onte o Sigüeiro non decidíu utilizar tanto as bandas e Óscar apenas apareceu. En fronte un Villestro que defraudou, non argumentou porque está nos postos máis altos da clasificación e gañou o partido como "os grandes", na primeira metade: tres ocasións, tres goles.
O partido comezou co balón sen dono, voando, na maioría do tempo, sen que ninguén o controlase. Con este ritmo de partido, o encontro estaba bastante equilibrado. O Villestro non tiraba a porta, o que xa era un mérito para o SFC, xa que os rivais de onte, son os segundos máis goleadores da liga. En torno ó ecuador do primeiro tempo, prodúcese un saque de esquina absurdo, o Villestro saca na corta, ningún xogador dos nosos esta atento e tras un primeiro disparo rexeitado por Álex, outro xogador rival empurra o balón ó fondo das redes vermellas.
Poucos minutos despois, dun balón que procede do campo visitante, no que pode considerarse un contragolpe, o dianteiro visitante gáñalles as costas ós defensas, encara a Álex e logra coarlle o esférico por entre as pernas, nun gran xesto técnico. O dous a cero durou pouco no marcador, porque na xogada seguinte chegaba o terceiro logo dun lanzamento dende o borde da área que se metía polo pau de Álex. Coa ventaxa de tres goles favorable os visitantes, o partido foise ó intermedio.
A segunda parte comezou dun xeito similar a primeira, pero cun Sigu insistindo, de menos a máis, en xerar ocasións. Despois de que a pelota batéralle a un xogador do Villestro, o árbitro decide pitar penalti, por entender que se producira unha man, de máis que dudosa existencia. Tirábao e transformábao Jose Ángel, cun bo lanzamento arriba. De aquí ó final, o Sigu collía forza, pero non lograba rematar as xogadas. Xa co tempo cumprido, era Iván quen maquillaba o resultado final, logo de recoller a pelota dentro da área e definir de forma perfecta diante do gardarredes do Villestro.
Con esta derrota, o Sigu remata o ano en décima cuarta posición e non voltará xogar ata o catro de xaneiro, diante do Cacheiras, na xornada que cerrará a primeira volta da liga.
-O Sigüeiro por liñas:
Portería: estivo Álex na meta, como xa o fixera contra o Tabeirós. A pesar de recibir tres goles, apenas tivo traballo. A súa mellor intervención, acabou co rexeite que propiciaría o primeiro gol. Quizais no terceiro gol, puido facer algo máis.
Defensa: seguramente a peor liña no encontro de onte. O segundo gol prodúcese por un fallo de marcaxe e sincronización dos centrais. Os laterais tampouco andiveron moi atinados.
Mediocampo: bastante desaparecido e movéndose dun lado para o outro. As bandas non apareceron, nin á hora de atacar, nin a de defender.
Dianteira: non apareceron, pero probablemente polo plantexamento do partido por parte de Lelo. A saída de Toni(non coma punta puro), deulle vida e máis presencía aos nosos homes arriba.

32 comentarios:

Anónimo dijo...

Encántame que sempre que se perde un partido a liña defensiva é a peor, acaso os dianteiros non teñen a misma culpa??

Anónimo dijo...

Case sempre está valorada como a mellor, incluso cando se perde, por unha vez k se critike a liña defensiva non creo k sexa pa tanto. O partido está ahí, e a liña defensiva non estivo ben.

Anónimo dijo...

pois tampouco penso que se xogara tan mal,o que pasa e que non houbo ocasions

Anónimo dijo...

espabilado se non houbo ocasions moi ben non se xogou non?

Anónimo dijo...

jajajaja


O partido foi maaaaaaalo de carallo, quitando os goles apenas houbo ocasións (polos dous bandos ollo). penso que de ter un pouquiño de sorte putuaríamos cun dos mellores equipos, que non está mal.

E realmente a defensa estivo fatal, o segundo gol foi erro noso totalmente. No terceiro gol Álex pode facer máis aínda que non a espera.

Logo tamén o mediocampo estivo totalmente inoperante. Non fixeron nada máis que correr como pollos sin cabeza, que diría Toshack. E arriba taméns e xogou mal, pero e que estos dianteiros son de segunda rexional, non temos ronaldos que poidan facerse o seu gol, e aquí dependen máis sobretodo do mediocampo.

Pero mal en xeral todo o equipo, case que non podería sinalar a ninguén como o mvp


pd: e o penalti que nos pitou a favor, totalmente inexistente, se chegamos a ir gañando ou empatando non o pitaba

Anónimo dijo...

ese colectivo en localia

espectacular

Anónimo dijo...

eu estiven no campo...e creo que o que non se pode facer e vender ao porteiro como fixeron os nosos defensas...ademáis un porteiro coma Álex, que luce pola sua regularidade e bo facer, creo que non pode ser criticado polo terceiro gol...que chega dun disparo inesperado no que a nosa cuestionada defensa perde o balon...

Anónimo dijo...

Alegrome pola volta de Juncal o equipo trala sua lesion.duro con eles!

Anónimo dijo...

Aqui hai un par de cousas importantes!Adefensa non estibo mal,Xavi foi o que estivo mal!O terceiro gol e todo culpa del,quere salir ca pelota dende atras comose fose Fernano Hierro e ragaloulla o contrario diante dos pes!Non se pode xogar con un home na banda esquerda de lateral que non da dado un pase siquiera solo da leña e cando os pilla!!Non sei se alguen conocia o arbitro peo o señor colegiado era tamen de villestro e eso ainda que a simple vista diremos nos,perdiamos igual,pode cambiar a cousas!O primeiro penalti non sei o que pasou pero houbo na segunda parte un tan claro que pensei ue sacaban o xogador do sigu pola liña de fondo!Mima vai empurron lle deron e o peor e que se viu perfectmente!Xa para remtar,non dubido da profesionalidad de alex pero todos sabemos que diego e mellor ou somos parvos,pois eso e un erro!Teñen que xogar os dous si peo non contra o villestro!!

O de onte colectivo en localia foi a ostia!!Fenomeno!

SAUDOS

Anónimo dijo...

COLECTIVO SODES UNS FENOMENOS .NORABOA POLA CAMPAÑA DE JUANITO SELEÇON .TIVECHEDES DE PUTA MADRE ONTE EN LOCALIA.

Anónimo dijo...

volvimos a regalar outro partido.

sen ningunha dubida tres erros nosos costaron dous goles.

o villestro ten xogadores bos de verdade, como alfonso o numero 4, que movia a palcer sen complicarse cara un lado cara o outro e funcionaba como central tamen.

jesus o catorce, polo seu lateral no paou un solo balon, por riba cortounas todas, se dar unha sola opcion de controlar un balon a oscar.

os tres dianteiros tamen son bos como o 22, ou o 15 para min son de destacar.

e xogaban cun claro obxetivo atras reventala cara as bandas a caida dos dianteiros, pero eso si se caia en medio campo xogabana ben.

a pesar diso diria que os tres goles son culpa nosa sen quitrlles meritos a eles.

1. primer gol.
ven dunha xogada de corner na que se nos veu como sen saber onde ten que estar cada un, a quen collo?, e claro pasou o balon por diante dos xogadores coma quen pasa cantando.

2.segundo gol.
patadon desde a defensa, xavi querella deixar a victor de cabeza, quedalle corta e xa sabedes o resto, pase o dianteiro que define xenial.

3.o terceiro tamen o sabedes de sobra. quere controlar salle largo e moi ben o 11 sen pensala pegalle de cine.

para rematar:
non tivemos a posesion doutras veces no medio campo e iso notouse moito, non se trenzaban ben as xogadas, e cado se trenzaban perdianse arriba. a verdade e que o sigu non estivo fino, pero loitou e iso sempre e bo,
na segunda parte xogouse algo mellor, pero inda se levou algun sustiño. de todas formas o villestro non foi tan perigoso como esperaba, porque lle regalmola victoria, pero e un bo equipo.

Anónimo dijo...

Pijusmagnificus deberías deixar de airear o que se fala no vestiario, o que alí se fala alí se queda.

Anónimo dijo...

1º anonimo: por casualidade pareime a ler o que puxeches e pareceme deprorable que apoies a defensa despois do partido tan desastroso que ilustraron o domingo, e eu aida creo que se lle criticou pouco...

Anónimo dijo...

ao que fixo a enquisa acerca do de Juanito: a selezon non e Galicia, e Galiza, a ver se te enteras e!

Anónimo dijo...

Galiza para os nacionalistas coma ti...para o resto do mundo é GALICIA!!

Anónimo dijo...

sinto comunicarcho, pero pode que o pais se chame Galicia ou Galiza segundo sexas galeguista ou teñas outros ideais (que os respecto todos), pero o que e a selezon galega, queiras ou non, chamase GALIZA!!! asi que antes de falar intenta informarte un pouco espabilado

Anónimo dijo...

para un anonimo que critica a pijusmagnificus:

non son xogador, pero non me ten que decir o adestrador que este partido o perdeu o sigu, non o gañou o villestro. a redaccion dos erros de pijusmagnifucs é perfecta. o equipo estivo mal e non xerou perigo.
non vou debatir quen é mellor, se alex ou diego, os dous son MOI BOS, pero o domingo alex estivo mal.

Pd.: a min so me deixa ver a verificacion da palabra entrando dende o blog, dende a paxina non. a vos?

Anónimo dijo...

a min a palabra de verificacion apareceme tanto no blog como na paxina

Anónimo dijo...

a ver:
-primeiro ando con dous nicks.
-despois que decian de ficharme como entrenador.
-agora son xogador do sigu.
-¿cal é a proxima? son o alacalde?!!!!!

eu non xogo no sigu, e polo tanto non sei nin o que se fala nin o que se deixa de falar.

eu digo o que vexo e punto.

non sei por que dis iso, creo que a miña critica é do mais normal.

gracias doraemon

Anónimo dijo...

PIJUSMAGNIFICUS DI QUEN ERES E ASI A XENTE DEIXA DE INDAGAR. DEPASO EVITANSE CONFUSIONS.

Anónimo dijo...

fixadevos, e algo estraño, pero se sumades os por centos da enquisa non suman un 100%, se non un 99%, parece dos chinos

Anónimo dijo...

esto e un blog dun ekipo non unha enkisa de miles d persoas!

Anónimo dijo...

podesme explicar que ten que ver iso co que eu dixen???

Anónimo dijo...

pois que es un pailaroco!!

coidarse

Anónimo dijo...

asi me gusta, as ocusas claras xd

Anónimo dijo...

Para o listo do gatocan, por moi nacionalista que sexas hai unha normativa galega e un traductor oficial. www.xunta.es/tradutor/text.do

Haber de onde sacas o de selezon, tampouco te sentido chamarlle seleccion de galiza xa que se pode dicir perfectamente e ademais e tan galego ou mais Galicia como GAliza. os nacionalistas queredes diferenciar o galego do castelan e estadelo escarallando, pero non vos dades conta que o galego e mais antigo q o castelan e foron os castelans os q copiaron palabras nosas. GALICIA esta ben dita e ti chamalle como queiras a seleccion pero debe ser Galicia que e como o escribiu Alfonso X el sabio que algo mais q ti seguro q sabia.

Anónimo dijo...

todos os anuncios do partido pon:

GALIZA-IRAN

na tele din:

GALIZA-IRAN

na radio escoitas:

GALIZA-IRAN

o equipo é GALIZA para os do PP, para os do PSOE e tamen para os do BNG

Anónimo dijo...

E sobre todo para ti, polo q vexo en este blog a xente disfruta criticando o q din ou pensan os demais, antes cos doxuventude e agora por juanito e polo nome de galicia. Algun quere ser portugues, ala vos eu prefiro ser galego. Esta claro que este foro so vale para criticar e algunha xente disfruta asi, pois en vez do foro dos siareiros do sigu podemoslle chamar foro das para discutir tonterias e seguro q levaremos un premio guines.

Me parece a min q neste blog amigos ou siareiros dosigu hai ben poucos ou polo menos dos de verdad eses q van o campo choiva ou faga sol.

Anónimo dijo...

unha cousa nonimo: dis que o galego e anterior ao castelan, pero terias que saber que as terminazons como esta que acabo de poñer eran as usadas nese primeiro galego, inorante, que usas argumentos na tua contra...

Anónimo dijo...

Gatocan non te piques nin insultes ten mais razon o galeguista que ti, o de selezon non e normativo, deixade o galego en paz q de eso non se vive, parece que non queremos progresar. Gatocan dedicate a estudiar o galego que e o che gusta e deixanos tranquilos a nos cofutbol

Anónimo dijo...

Gatocan vaite a un foro de filoloxia e ahi divirteste co teu galeguiño que parece q sabes moito diso, pero aqui falamos no idioma q nos da a gana sempre q sea de futbol asi q deixanos tranquilos

Anónimo dijo...

É máis iGnorante aquel que escribe iGnorante sen "g", como por exemplo ti Gatocan...vaite a unhas probas de galego, escribes o teu estilo e xa verás que che din...e logo discuteslle o que queiras! Mono!