miércoles, 3 de diciembre de 2008

Ti opinas:

Que cambios notas no SFC dende que non está Ibán no banco?


Dende hai catro xornadas Ibán xa non está a dirixir ó Sigu. Nestos catro partidos o SFC conseguiu os mesmos puntos co resto da tempada e ademáis, o equipo parece xogar mellor. Por que?


Deixa a túa opinión, pinchando en comentarios, escribindo o que pensas e poñendo un "Nick" en "Nombre URL".

18 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu creo que a filosofía de xogo, pasouse dunha forma primitiva a intentar tocar, pero é case imposible que Marcial conseguira eso en 2 días, non?

Anónimo dijo...

O equipo xoga indudablemente mellor. É loxico pensar que Marcial ten moito que ver en eso

Anónimo dijo...

penso que,
home hai un cambio notorio no que se refire ó animo dos xogadores dende o partido do laro para aqui.
o xogo non era como para tirar coetes ou decir que xogaban mellor dende a marcha de iban.
pero si se nota outro ambiente, van a polo partido sempre xogando mellor ou peor e empezaronse a ver detalles bos e pouco a pouco colleron mais confianza. vese aos xogadores como mais liberados como se co anterior entrenador estiveran sumidos nunha tactica da que non debia sairse e que por certo non funcionaba pois pode que porque non fora a adecuada, porque os xogadores non a entendian ou porque se practicara mal. con iban achicaban bastante, o que lle costou o empate co sanmamede creo que remontaron un 0-1 e despois meteronse atras e pagaron,
foi unha das equivocacions que mais lle debeu pesar, porque xogando ben ou mal achucharon ó equipo contrario hata remontarlles arriscando a xogar con tres centrales e poñendo mais xogadores de caracter ofensivo, e cando remonta metese atras con ditos xogadores de caracter ofensivo, perdonade creo que non ten moito sentido. e un exemplo, con outros equipos sempre pretendia xogar á contra en segunda!!!! tendo un equipo con capacidade para tocar!!!, creaban moi poucas ocasions de gol....

dende o meu punto de vista o cambio veuse realmente no pasdo partido, e por desgracia ainda que ofixeron moi ben e é a liña que deben seguir, teran que seguir facendoo para demostrar que non foi producto da casualidade, xa se sabe que un dia estas no mais alto, e ao dia seguinte tas en crisis.
polos poucos entrenamentos que puiden ver, nos entrenamentos de marcial apenas se entrena as posiciosn que debe tomar cada un nas diferentes fases de partido ou situacions que se poidan crear, pero iso as veces e nefasto tamen porque alguns tomano cmo algo lineal e que ten que ser asi sempre e pode confundir os xogadores a hora de centrarse no partido e saber leelo, pois se un non esta acostumado ada a pensar " agora teño que tar aui, pero aquel queda libre" eso hai que ensaialo moito ata que sae de maneira mecanica, pero inda estan a tempo.
se se aprende ben aforras moitas forzas, se te colocas ben chegas a marca e aos apoios moito antes, e mais facil polo tanto entregalo balon sen perdelo, etc pero teñen que tela todos clarísima se non pode ser un caos.
agora si con marcial tocase moito o balon polo que vin en pachangas, rondos, algun circuito, tiros a porteria mais amenudo que antes, e iso estase notando.
sobre todo pachangas que hai que tomalas como se fora un partido, asi o equipo pode poñer en practica o que aconsella o entrenador.

penso que se pode facer moito mais con este equipo pero hai que lembrase de que a saber que cantidade de cousas tera marcial na cabeza, traballo, asuntos da directiva etc para preparar entrenamientos tan completos.

a miña resposta e que hai que dar tempo a marcial pode que se siga mellorando ou non de momento danos indicios, agora si, por números pois debe darselle a oportunidade.
animo rapaces eu sei que non é producto da casualidade irei ó pino a vervos, porque sei que o ides a facer ben tan ben ou mellor que o pasado domingo moita sorte.

Anónimo dijo...

Eu penso que antes o equipo non se sentia comodo xogando.Como se tivesen moita presion e agora veselles con mais tranquilidade e confianza.¡¡FORZA SIGU¡¡

Anónimo dijo...

O DOMINGO GAÑAMO NO PINO

Anónimo dijo...

HAI QUE SAIR COMO CONTRA O GRIXOA SEMPRE E VEREMOS COMO CONSERVAMOS A CATEGORIA!!

Anónimo dijo...

Calquer comentario que non teña que ver co tema ou que insulte a outro participante do foro, borrarase.

Anónimo dijo...

colectivo esloveno pareceme que acertas moito nesa decisión, espero que sega habendo o mesmo num de comentarios, apoio esa decision.

Anónimo dijo...

Boas:
Estou en desacordo co tema que me propón Chuster, os xogadores deo sigüeiro, tocana dende sempre porque foi o que mamaron dende pequenos, recordo que son todos ou case todos da casa e que así aprenderon a xogar aquí, polo tanto só houbo que permitirllo, pero poño un exemplo e con isto non quero ofender a ninguén, vaia isto por diante:

PARTIDO:SIGÜEIRO-RECESENDE
XOGADOR: Víctor de Budiño
ACCIÓN: balón controlado na banda, leve presión do contrario, tres opcións de pase moi claras, Xabi, Juan e Raña ...
RESPOSTA: patadón largo que sae fóra do Lino Balado
DÍ O MÍSTER (Ibán): ¡¡¡¡Bien, bien, vale Víctor buena, buenísima neno!!!!.
O tema de Neno para aqui e neno para alá xa é grave, pero que lle premie o escachala desda maneira con tres opcións en corto tan claras, coño di moito de a que estabamos a xogar.
BRAULIO VEIGA

Anónimo dijo...

Houbo melloras, pero hai que seguir. Aqui algunhas suxerencias:

-Toni caendo máis as bandas e de segundo dianteiro(por detrás do punta).
-Maroño na punta.
-Xabi no medio.
-Jose Angel máis adiante, quizais de media-punta.
-Máis minutos para Fran no lateral.

Anónimo dijo...

Este tema ralla un pouco xa...

Domingo 7, 16:00h da tarde: hai que rebentar o campo do Pino, todos a animar o Sigu!!

Anónimo dijo...

Dacordo co último comentario.O domingo hai que gañar.Pasiño a pasiño imos lograr a permanencia.

Anónimo dijo...

a fotografía "nova" que puxo o Colectivo é xenial!!!
Absolutamente magnifica.
Un toque retro ESPECTACULAR

Anónimo dijo...

"pijus" tés un rollo de...carallo
(¿"carallo" pódese decir Colectivo?)

Anónimo dijo...

Cambios noto moitisimos:

1. Desorden a hora de presionar, utilizase a vella tactica de presión "presiona ti que a min dame a risa".

2. Desorden defensivo, pasouse de defender todo o equipo (excepto contados xogadores, que non defendían antes nin o fan agora)a defender so 5 (os 4 de atrás mais o mediocentro de turno).

3. Ataques deslabazados, podo entender que o principio desta tempada non se atacaba moito, pero a tempada pasada atacabase bastante mais e con orden, non como agora. Agora o ataque do sigu limitase a coller o balón e chupar. Solo que claro moitos valoran o xogo ofensivo do sigu pola segunda parte contra o grixoa.

Non sigo, pero podería porque os fallos en futbol vense moi fácil, sobre todo se miramos con claridade e non cegados polo amiguismo.

Por poñer un exemplo, quería recordarlles a todos eses ventaxistas, que o ano pasado contra o luaña no Lino Balado deuselle un baño de futbol, e eso que eramos ultra defensivos. O que pasa e que a maioría de vos non estivo no vestiario, escoitando o que o mister pedía e o que os xogadores facían no campo, e eso e un problema, porque moitos xogadores que estaban a disgusto con Iban saian o campo sen ganas ou con menos ganas do habitual, e agora notouse ese cambio dentro do equipo, por que?? Porque son mais a sumar, (están os que xa lle poñían ganas antes, mais estes agora) y eso e o que vedes no campo. Asi que a min non me vale eso de que todo o que se fai agora e maravilloso, e o de antes unha merda. O feito, feito está, pero o traballo do anterior adestrador hai que agradecerllo.

Anónimo dijo...

Para o ultimo comentario do anonimo:

estou en de acordo en todo o que dixeches!moi ben falado!

amen

Anónimo dijo...

Pienso ke marcial
no es el culpable
de ke el sigueiro
empieze
a ganar
pienso ke ai un cambio de actitud
de los jugadores
y ta se esta viendo en los ultimos partidos

Anónimo dijo...

el siweiro 2-2 en o pino