lunes, 15 de diciembre de 2008

JUANITO SELECCIÓN

Colectivo esloveno pide a convocatoria de Juanito
-
O día 27 de decembro celebrarase na Coruña o encontro Galicia-Chile. A convocatoria para dito partido sairá nos vindeiros días e presumiblemente o noso paisano, Juanito, non estará nela. Sería un gran erro, xa que Juanito, agora no Narón Balompé, estalle a chegar o momento da súa retirada e o día do fútbol galego, sería unha máis que boa ocasión para rendirlle unha homenaxe a unha das lendas en activo do noso fútbol.
Juan Luís Amigo Ferreiro xogou sendo xuvenil varios anos no Sigüeiro FC, demostrando así o potencial que tiña a nosa canteira. Tamén militou en grandes equipos como: Deportivo da Coruña, Betis Balompé, SD Compostela e Racing de Ferrol, entre outros. Xa estivo presente o 29 de decembro de 2005 no Galicia-Uruguai, pero pouco tempo estivo no terreo de xogo, xa que se lesionou, aínda así tempo suficiente para dar a asistencia no segundo gol a Deus.
Colectivo esloveno xa se puxo en contacto ca Federación Galega de Fútbol e nos próximos días farao co coselecciondor, Fernando Vázquez(tamén exmilitante do SFC), para facerlle chegar o desexo da nosa aldea.
No video, podemos ver o gol de Juanito que enmudeceu o Camp Nou e eliminou ó Barça da Copa do Rei de 1994.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

si señor colectivo...

eu tamen o quero...

JUANITO SELECIÓN!!!!

Anónimo dijo...

juanito e un grandisimo xogador pero TONI DE BERDIA foi MELLOR !!!

Anónimo dijo...

Por suposto que ten que estar alí. Non podo esperar o momento de ver a Juanito outra vez coa camisola de Galiza, e máis agora, que está cada vez máis cerca da súa retirada.

JUANITO SELEZÓN

Anónimo dijo...

como juanito saia a xogar o 27 n riazor rompe o estadio, e o putisimo amo!!!!

Anónimo dijo...

e seguramente foi mellor juan manuel rico, jorge, amancio, tonecho,balsa, carnota, miguel, pablo paderne, e seguramente ruben maroño poderia chegar moi alto se quixera, e Dani mallo foi unha eterna promesa que nunca xurdiu, e poderiamos tar asi toda a vida se queredes.

juanito é quen é, e estivo onde estivo por meritos propios, inda que moitos digan que e por enchufe nose que...

ascendeu co compos a segunda,

militou en primeira division co super depor no que chupou banco por joseramon o irman de fran ejeeeeeem, ese si que era enchufado que nin no compos daba unha,

seguiu no betis conseguindo botar fora o barsa (vale cuman podia facer algo mais),

se non me equivoco tamen ascendeu co merida, volveu o compos, para o racin, e despois en segunda b os periodicos decian que era un luxo para a categoria.

señores podese entrar por enchufe pero se non vales non segues, e el ainda esta ahi os seus casi 40 anos, e é un xogador galego dos que fixo méritos pra poder ir convocado a selecion,

a demais ei de dicir que o ves pola rua e saludate coa sua timidez de sempre non como ruben rocha que en fin pouco mais e escupeche na cara, por ser campeon de europa xogando menos que karembeu.

cantos dos mencionados anteriormente poden dicir eso? por desgracia ningun

Anónimo dijo...

tamen estivo no levante e no toledo. co merida tamen ascenderan a primeira e cando chegou en pretemporada dixeronlle que non contaban con el.

Anónimo dijo...

comparar xente que non pasou de 1ª rexional con juanito creo que e un grandisimo erro. esta claro que para chegar a primeira pu a segunda fai falta tamen algo de sorte pero cando destacas moitisimo en terceira e por algo. juanito no compos de terceira xogaba el e pouco mais

Anónimo dijo...

Pois e unha putada pero non creo que Juanito vaia a ir, polo menos o partido fronte a Chile, pois a convocatoria xa ta feita.

Iso si, seria un bonito xesto por parte da Federación que invitaran a Juanito se non e a este partido que sexa ao proximo (non sei se se retira ao terminar esta tempada, pero ainda asi poderia xogalo).

Boa iniciativa Colectivo, si señor.

Anónimo dijo...

non sei de onde sacaches que a convocatoria para o partido estaba feita...

Toni de Bardia melllor ca Juanito, será unha broma?

Na outra noticia dise que Juanito non fai nada polo Sigu, fai agora moito Toni adestrando o Xuventude.

Pd.: Pidolle a familia de Toni de Berdia, que pare de falar del, vai polo segundo comentario.

Anónimo dijo...

Eu non vin xogar a Juanito no SIgüeiro pero os daquela epoca din que habia xogadores mellores que Juanito pero él era fillo de quen era.

Esperemos que vaian Nacho Novo e Cabanas,eses si que son uns fenomenos!!pena que non se nacionalice escoces Nacho!

Avante Galiza!

Anónimo dijo...

A convocatoria dérona hoxe pola maña e Juanito non está nela.

Anónimo dijo...

Podedes ver a noticia ahí:

http://agalegainfo.crtvg.es/videos/#

Anónimo dijo...

Weno noraboa ao colectivo pola sua iniciativa e eu tamen apoio a campaña a favor de que o noso paisano vaia a seleccion galega ainda que xogue 5 minutos pero polo menos que se despida da sua afeccion e asi lle poidamos agradecer todo o que fixo por Galiza

Unha aperta e a ver se o conseguimos

Anónimo dijo...

Se non recolledes firmas, polo menos mostrareis meu apoyo incluindo un enlace no meu facebook. Grande JUANITO, dos grandes que deu esta terra ó futbol. Debería estar na nosa seleccion de por vida...
Unha aperta
Jesus T. (cidade de santiago)