domingo, 7 de diciembre de 2008

O PINO 2 - SIGÜEIRO 2


Falla de fortuna

Un Sigüeiro superior ó seu adversario non logra conseguir os tres puntos. O Sigu controlou o partido, pero a gran pegada do Pino fixo que os nosos tiveran que ir por detrás no marcador case todo o encontro.

O SFC saíu máis organizado, mellor posicionado e con menos presión ca semana pasada, o que posibilitou un xogo máis fluído e con máis calidade que o encontro contra o Grixoa. Hoxe, en fronte, un Pino mediocre, sen ideas e sen organización, pero increiblemente invicto en catorce xornadas de liga.

Os nosos saíron a dominar, tendo o balón, pero non gozando de ocasións. O Sigu era superior, ata que, rondando o minuto 25, chegaba o gol do Pino, logo dun bo control do xogador referencia dos locais que lle deixaba a un compañeiro a pelota no frontal da área que, cun golpeo por riba de Diego, poñía o primeiro. De aquí ó remate da primeira metade, pouco. O ritmo de xogo do SFC foi a menos, aínda que puido empatar cun disparo de León ó traveseiro despois dunha gran parada do porteiro local.

A volta do intermedio o Sigu volveu xogar. As ocasións comezaban a chegar con máis frecuencia e hoxe as oportunidades non pasaban por Toni, senón que a maioría por Óscar que non andivo entonado. Aínda así, foi el quen poñía o empate despois de canear a varios rivais e pegarlle case dende fóra da área. A ledicia durounos pouco porque, na xogada seguinte, prudúcese un saque de esquina favorable ós locais, que aproveitaron para adiantarse de novo. Despois deste gol O Pino meteuse nunha guerra co árbitro que rematou con dous xogadores e o adestrador expulsados. Cada vez máis chegadas dos nosos ata que, na recta final do encontro, Toni non perdoaba diante do gardaredes rival e empataba de novo o encontro. Nos últimos minutos, o partido quentouse e producironse varias entradas fortes, a destaca unha, sobre Óscar, que foi sancionada cun escaso cartón amarelo. Ó remate do encontro: un punto, que era o mínimo que podía sacar o Sigu despois dun gran esforzo.
-Valoracións:
Diego-Pouco traballo, pero ben solucionado. Quizáis no primeiro gol estaba un pouco adiantado.
Victor e Mejuto-Os dous laterais ben en defensa, pero con contadas subidas pola banda.
A. Raña e Fran-Moi concentrados os irmáns Raña e sen contemplacións á hora de sacar a pelota dende atrás. En xeral, a defensa non cometeu erros como os da semana pasada.
Jose Ángel-Entrou en xogo máis que contra o Grixoa. Foi o primeiro home na organización do equipo en ataque.
Paderne-Hoxe titular e aínda que pouco balón moveu, ofreceuse.
Óscar-Máis individualista do habitual. Non estivo tan fino no regate coma sempre, pero non se rendiu.
Munitis-Xogou un partido máis que respetable. Levou gran parte do ataque do Sigu na primeira metade.
León-O mellor no ataque. Encarou, sempre que puido, e as cousas sainronlle.
Toni-Curioso, o día que non goza de tantas oportunidades, marca. Reencontrouse co tan ansiado gol xa que dende a terceira xornada, contra o Cogalrodeiro, non marcaba o nove do SFC.
--------------------------------------------
Samuel e Marcos Vigo-Ambos saíron para intentar o empate, pero non tiveron ocasións.
Iván-Foi o que menos minutos tivo e un pase del supuxo o segundo gol do Sigu.



32 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois para min dos peores partidos da temporada.O mediocampo non existiu porque non lle deron un balon.

Anónimo dijo...

eu non sei que partido viches?

Anónimo dijo...

Vin O Pino - Sigüeiro e si onte xogou ben o sigüeiro...apaga e vamonos para 3ª regional.

Anónimo dijo...

A verdade eke o mediocampo non existiu, kizais por falta de balón. Pero o partido foi moi bo, sobretodo a primeira metade na que o sigu non encontrou a sorte que tivo o rival, pero en xeral mereceuse levar este partido.

Anónimo dijo...

Enton disme k xogou ben o Pino logo? Porque na primeira parte nin bola tocaron...na segunda debido as circunstancias do partido pois estivose máis desordenados no campo e o pino con mayor peligro gracias os contratakes.

Anónimo dijo...

Non digo que O Pino xogara ben pero que digas que o sigüeiro si...pois non sei,esta claro que cada un vez o futbol a sua maneira,e respecto a tua opinion,pero xa che digo para min non xogou ben,xa que o balon estaba ou na defensa ou na dianteira e iso quere decir que non se tocou o balon porque para algo esta o mediocampo.

Anónimo dijo...

QUERIDO COLECTIVO ESLOVENO ESTADES DEIXANDO O BLOG UN POUCO DE LADO QUE E DO M.V.P QUE EDAS CLASIFICACIONS DAS PROXIMAS XORNADAS QUE E DOS RESULTADOS DOS DEMAIS EQUIPOS ¿? HAI QUE TER MAIS INFORMADOAS OS SIAREIROS

UN SAUDO

Anónimo dijo...

O das valoracions do blog é de risa, comezo a pensar que reakmente as fai un chosco ou alguen con moi poucas luces, porque ata un mosquito sería mais obxetivo, por iso aki van as miñas, visto que Tomas roncero tuvo que deixar de facelas pola censura recibida.

Diego- Impecable, nada que facer en ningún dos goles.
Victor e Mejuto- O primeiro xunto con Leon o mellor do partido. Mejuto na sua linea, un fallo cada cuarto de hora.
A. Raña e Fran- En tarefas defensivas os dous bastante ben, co balón nos pes mellor Alberto que Fran.
Jose Ángel- Desaparecido en combate I. (estivo desquiciado toda a segunda parte)
Paderne- Desaparecido en combate II.
Óscar- Necesita dous balóns, un pa el solo e outro po colega das cheas.
Munitis- Desaparecido en combate III.
Toni- Patético, o rei dos taconazos.

Os demais non os valoro porque non teñen culpa do que fixeron os outros once.

Anónimo dijo...

Ah!! esqueciaseme Leo, sen duda o mellor, facia tempo que non o vía xogar tan ben.

Anónimo dijo...

o anonimo das valoracions:

debes ser a nai de victor porque onte e o resto da tempada, pos unha estaca no seu sitio, e da mais pases o pe!

Anónimo dijo...

Weno eu non vou a entrar se o anonimo ese ten razón ou non nas valoracions pero o traballo defensivo de victor é enorme! Non será un defensor moi técnico pero polo que vexo o ekipo séntese seguro cando o balón nas botas dos contrarios discorre por esa banda, é un auténtico muro!

Anónimo dijo...

onte nn foi un partido ke se xogou o futbol,podese dar gracias polo empate,ke foi o ke se mereceu,x certo o primeiro gol do pino tiña ke tar nas mans do porteiro,ese gol na miña terra xamanya kantada

Anónimo dijo...

Cantada foi a de Casillas primeiro gol contra o sevilla e lateral malo é Marcelo non sabe poñer un centro e defensivamente é nulo.

Anónimo dijo...

que volva brais ten razon estades deixando o blog de lago chavales as clasificacions os resultados os partidos o mvp que pasa¿?
non deixedes de lado este blog tan completo que fixestes que agora parece unha merda aah MAIS FOTOS E VIDEOS

Anónimo dijo...

Ti si q eeres chosco tio, e esas son valoracions obxetivas???nn me fagas rir anda¡¡¡HAI MOITA ENVIDIA, PALAPASE JUJUJU¡¡¡

Anónimo dijo...

Despois de ver como os amig@s defenden os aludidos polos comentarios do novo Tomás Roncero, decir que en algúns coincido con él sen ver o partido (xa que é o mesmo todos los fins de semana) pero como este fin de semana non puiden ver o partido, paso de valorar, pero quería propoñervos un problema (pero tranquilos “lo voy a explicar muy bien para que me lo entendáis todos, incluidos vosotros los del colectivo” (ya se que en esas edades las neuronas andan justitas).

Si un equipo de fútbol ten nun partido un 50% de posesión e dese 50% dentro do equipo dous individuos (individuo Nº1 e individuo Nº2) teñen o 90% da posesión (entendase posesión por ter o balón nos pes controlado, que se faga algo productivo con el deixámolo para outro día), quen creedes que marcará os goles dese equipo??

Solucións:
A. Os goles meterános os mellores xogadores.
B. O entrenador.
C. Os individuos.
D. O contrario en propia porta.

A solución é facil, se eres moza, mama, amigo, amiga a solución A é a tua resposta; se che costa pensar e entender a B sería unha resposta para ti (colectivo esta é a vosa); se ,como din por hai arriba, tes envidia (estes tios “gañarono” todo) a tua é a solución C; e por último a solución D, esta é para os que teñen moita confianza nos dous individuos.


Traducción:

Si o Sigüeiro ten nun partido un 50% de posesión e dese 50% dentro do equipo os colegas (Nº 10 e Nº 9) teñen o 90% da posesión (entendase posesión por ter o balón nos pes controlado, que se faga algo productivo con el deixámolo para outro día), quen creedes que marcará os goles do Sigüeiro??


Ánimo colectivo, o blog está de puta madre, pero por favor nas valoracións sede máis críticos, e pasade do amiguismo, polo que me contaron o outro día o equipo xogou moi mal, do peor que se viu en toda a tempada, e por encima co espectáculo dun par....

Anónimo dijo...

para o anonimo que "si" sabe valorar os xogadores:

1º a educacion enseñase en primaria e a tolerancia xa e cousa de cada un, digoo porq o colectivo valora por como viu el o partido,e o bo de todo isto e que ti podes replicarlle,pero con educacion e non metendo menosprecios tipo "mosquitos".

2º que o sigüeiro fose mellor ca o pino xa di bastante do equipo en xeral, pois o pino e cuarto clasificado e unico equipo invicto xunto co grixoa, eso a ti parece que non che di nada. o pino xogou mal , si , pero algun merito teriao o sigüeiro non?

3ºno primeiro gol, diego si puido facer algo, sabemolo todos menos ti, e se te pos, no segundo tamen, pouco despois sacaron outro corner identico ó do gol e diego si chegou a ela. con todo isto sigo dicindo que diego e dos mellores porteiros da categoria, pero que a verdade e a verdade

4ºun xogador pode gustar mais ou gustar menos pero de ahi a dicir que lle da o balon o compañeiro das cheas... en serio, penso que o teu problema e de alerxia contra algun xogador e... alerxia contra o sigu????

por certo, ¿ viches todo o partido ou marchaches ó acabar a primeira parte?

Anónimo dijo...

ah e por certo:

non sei se entendin ben o do comentario ese de as porcentaxes de do 50% de posesion ou non sei que carallo...

o certo e que se nun equipo os que teñen mais posesion de balon son os dianteiros.... ¡¡¡¡manda carallo como esta cambiando esto do futbol¡¡¡¡¡

¡¡¡animo fenomeno¡¡¡ metete adestrador que apuntas para cruyff¡¡¡

Anónimo dijo...

desde logo se non vichelo partido clas a boca e punto, se te guias polo que din a gran maioria que dis ti que ganaron todo....
todo que é? as copa de europa , liga e copa do rei?
se foras aficionado irias como fomos a velos os demais.

mira anda non fagas rir.

1. e moi contradictorio que poñades a toni como que non rasca bola e agora que el forma parte dese 90% da posesion.
por certo, leo onte tocou moitisimo balon e tuvo moita posesion faltoulle marcar nada mais para completa ra sua boa actuacion.
pero claro se non vemolo partido.

os dianteiros e os medios son sempre os que o publico soe ver mais, por iso de esperar a que se meta un gol, e por iso son os que mais se destaca sempre e aos que mais se critica cando fallan, no partido foron os goleadores,poden facer outras cousas mellor, pero eles e os demais tamen.
por certo o equipo son 17 xog aprox.

2.que conten as ocasions que tivo cada equipo e logo dicimos quen foi mellor e como foron, menudos paradons que se sacou o porteiro do pino a leo e a toni.goles cantados.
xogando ben, mal ou como queiras.
3. nun campo pequeno e estreito, enlamado non se pode facer moito futbol polo que normalmente se opta polo patadon e os centrocampistas é normal que sufran.

4. empeza a joder o de oscar e o compañeiro das cheas, a ti a vida dos xogadores tenche que importar merda, criticar a forma de xogar bueno, pero para o resto mete un trapo na boca. esto vai para o que o puxo obviamente.

5.
non sei a idade que tes, pero desde logo o que parece que ten as neuronas afectadas es ti, ad+ deberias saber que canto + idade menos neuronas, son reglas biolóxicas mais que nada.
quen te crees que eres para decir iso, e para poñer á xente de ignorante aqui con ese qestionario de m.....

segun a tua teoria de m...., se o 90% da posesion a tiveran dous defensas serian eles os goleadores non?

revisa o teu nivel neuranal creo que estas quedando sin mielina,
( lo entendiste, si no lo entendite vete a la enciclopedia)

Anónimo dijo...

e eu continuo dcindo q hai moita envidia¡¡¡moitisima envidia¡¡ pero que se lle vai facer, eso pasa en todas partes¡¡

ah¡¡ non foches ver o partido nn??? pos non vaias mais q non fan falta persoas coma ti nas gradas¡¡tate na casiña e fai as tuas enqisas etc q seguro q che sale mais productivo¡¡¡

Q LISTIÑO ERES EH¡¡¡ pero douche as gracias por unha cousa, que me fixeches rir un pouco co teu super comentario intelectual¿?¿?¿?¿? porque eres mais listo¿?¿?retirate¡¡

Anónimo dijo...

Para o que non entendeu o problemiña (que conste que xa avisara, hoxe en día as neuronas está moi caras):

1º Ninguen falou de dianteiros, porque pa min ambos individuos non son dianteiros (un dianteiro manten un posición adiantada no campo) o que fan e correr dun lado para o outro sen sentido (eso si co balón nos pes, non vai a ser o demo que llo pasen a alguén e xa liamos, nos ves que xogan eles solos).

2º Que ti non sepas de futbol a min non me importa, que non sepas ver o que moita xente ve pero non di, problema teu. Pero se sigues tanto o sigüeiro ou sabes tanto do seu futbol, preguntalle a algún xogador da plantilla que pensan do que se fai os domingos ou mellor dito o que fan os teus colegas? (que non escriban no blog non quere dicir que esten de acordo, e senón tempo o tempo) Seguramente leves unha sorpresa. Repitoche que non digan nada non quere dicir que otorguen, so que o mellor teñen mais educación da que moitos pensan.

3º O do adestrador faime gracia, porque precisamente os teus colegas o que non queren e iso un entrenador, asi fan o que lle sae...

Aclarar a rob roy que eu o anonimo do problemiña non son o das valoracións, eu non vin o partido do domingo.

Anónimo dijo...

para o que mais neuronas ten de todo este blog:

que ti teñas algo en contra de dous xogadores non me fai a min, por defendelos, supercolega, mais ben eu defendo un equipo, xa antes de hoxe teño defendido a outros xogadores de especimenes coma ti, pois se ben non foches velo partido que ben que farias en calar a boca e gardar as tuas innumerables neuronas para utilizalas outras veces as que si vaias velo se e que algunha vez vas o campo, e mentres tanto toca calar.

volvo a dicir, señor johan,decir que o 90% da posesion a teñen os 2 dianteiros e que o futbol debe estar cambiando moito, e digo dianteiros por que de eso xogan ainda que para unha persoa tan experta e de tanto futbol coma ti non o vexa asi.

Anónimo dijo...

kando vai a salir a noticia do novo entrenador¿?

Anónimo dijo...

queda un acojonado ca de expertos que temos na aficcion cada domingo no partido. uns falan de porcentaxes,de tacticas, de numeros eu que sei,e que en serio que e unha lastima que non haxa collons para poñer nome porq asi xa se teria buscado adestrador bastante antes.

non e moito mais facil pensar que se xogou mellor ca o pino na sua casa que estan de 4º?

pois non, aqui o que vale e tocar as pelotas e seguir buscando peros a todo. eu estou na grada todolos domingos e non vexo que se estea a facer tan mal, se acaso, para min o peor partido foi o da estrada aninda que tamen se deron circunstancias alleasó xogo que tamen inflúen na concentracion dos xogadores (opinion persoal).

e sigo dicindo que seguindo nesta linea non se pasaran apuros para salvar a categoria.

volvo a dicir, eu estou todololos domingos na grada e non sei onde carallo estan todos estes expertos, asiq, xogadores, ANIMO A TODOS E A SEGUIR LOITANDO, sen facer puto caso as criticas, pois ainda que gañedes todolos partidos que restan diran que foi por culpa do contrario que estaba coxo ou lle doian os collons.

Anónimo dijo...

Estou de acordo con rob roy,se segimos asi consegiremos a permanencia,ademaisconseguimos un punto contra os cuartos, que puideron ser 3.

Anónimo dijo...

Sabe alguén si esta semana xoga Juncal?

Anónimo dijo...

Querido rob roy a ignorancia e moi atrevida… mira que atrevida é que ti riste da tua propia, pero bueno é normal xa que os teus comentarios apuntan a LOU.

Primeiro , eu non teño nada encontra deses dous xogadores nin doutros, o que pasa e que as verdades pican, e se te chamo colega e porque defendes o indefendible, porque debes ser dos poucos que non ve que estes dous xogan só para eles (senon acercate pola cantina os domingos e escoita que din os socios, que comentan… eses non van vir escribir o blog, pero son os que poñen a pasta ) ou preguntalle a algún antigo entrenador deles a ver que pensa…

Segundo o das neuronas encantouche, tranquilo que de vez encando xa che enseñarei algunha palabra nova, cando poida…
Falas de ir os partidos, ti claro vas a un campo coma o do Pino e ves tanta xente e pensas que van a verte a ti, compañeiro non recordo verte picando no catro ventos o ano que se fixo.

Terceiro o de johan, non sei se sabes o que é o patadón, nin sei se sabes o que é unha hiperbole, pero tranquilo que cho explico. O patadón e o futbol que fai o sigu e consiste en petarlle pa diante (ven sexa dende porteria ou ven dende a defensa) cara os mais adiantados (os teus colegas), saltandose a línea do medio campo, polo tanto se o que despexa lle da un toque o balón para quen irá? Ou para o contrario ou para os adiantados, non si? (Tamén pode ir para fora) Polo tanto quen tocará mais balón nun equipo que xogue o patadón os dianteiros ou o mediocampo??
A hiperbole consiste en esaxerar algo (90%), por que? para facer falar xente coma ti, que entra a matar (coma un sabichón) pero non ve o Toro e leva nas cachiñas.

Cuarto o de expertos, expertos non pero experiencia unha pouca, e se falamos do sigüiero mais. Porque claro ti despois de empatar contra o Pino foches a Sionlla o fojeteiro a buscar unhas bombas, mi madriña un empate contra o cuarto, buff!! Que animalada!! O outro día case lle gañamos o grixoa e agora o empate co Pino,isto é a epoca dorada do sigüeiro!! Sabes o que lle facían as categorías inferiores do sigüeiro os do Pino? pasabanlles por encima, preguntalle a plantilla cantos perderón algún partido co Pino nas categorías inferiores? E se o Pino vai cuarto nos tiñamos que ir terceiros.

Non sei se viches outro equipo de modestos do Sigüeiro (con Balsa, Toni, Enrique, Biurrun…), pero aseguroche que non se parece en nada a este, para conseguir algo hai que ser unha piña e estes xogadores non a son, ti viches como celebran os goles?? Algún incluso escapa dos compañeiros… Nin se miran a cara, danlle un pase malo e non fan mais que refunfuñar. O que ves no campo todolos domingos e un grupo de moi bos xogadores, probablemente tan bos coma os antes mencionados, pero cunha chea de prexuizos entre eles, por que?? Por que a tele fixo moito mal, compañeiro e estes (principalmente os teus colegas) so queren sair nas fotos e que lles aplaudan as chicas. Non fai falta estar no vestiario para sabelo, so hai que ser paciente é observar, hai pequenos detalles que o din todo. Con dicirche que xogan mellor os veteranos que os modestos (por espabilados non son Braulio).

Decirche que non vou entrar en mais polemicas contigo nin con ninguen, limitareime a dar as miñas opinións igual de validas que as de calquera, nin mais nin menos e o do problemiña era unha pequena broma, pedir desculpas a quen molestara.

Un saudo, un socio moi observador.

Anónimo dijo...

para o das neuronas( ou neurotico):

1)non piquei no catro ventos,si teño entrenado moito e de seguro, mais ca ti.se ti picaches ali pois ole as atuas pelotas, se queres seguir picando, pois ole as tuas pelotas tamen, e problema non vai haber ningun por parte da directiva e polo pico e pala recomendoche BELLOTA a mellor marca do mercado

2)o teu problema e que a pesar de ter tan innumerable numero de neuronas as veces ca falta de uso podense acabar atrofiando, asiq, intenta usalas antes de botala lengua a pastar ou e que tes estriñimento mental COLEGA?.

3)para min todolos xagadores son colegas, para ti son pulgas, sarna, piollos, carrachos,por que hai que ter unhas pelotas ben grandes para poñer a parir todo o equipo sen ir ver o partido. para min que tes algunhas frustracions persoais na tua vida,e moita mala ostia e a pagas con estes chavales, que si, que non son monxas e teñen piques entre eles pero despois salen o campo e uns animan os outros ( viuse en o pino por exemplo, que lastima que non estiveras), e se tan de mala ostia te pon vaite velo compos, santiago ou leva uns pompons e unha minifalda e vas animalos veteranos,¿ou e que tampouco vas?

4) de futbol xa nin che comento nada por q me perdo tio, que se porcentaxes ,que se para ti o dianteiro xoga de non sei que...
que se para o outro o que ti lle chamas dianteiro el chamalle porteiro.... mira... o mellor e a tactica de berdia... O PORTEIRO NA PORTERIA¡¡¡ e o carallo,

5)o que pensan os socios? vasme dicr a min o que pensan os socios?
eu son socio chaval,e pago por un cartel que teño no campo asiq non fales de todos por q eso e totalmente falso, que hai moitas opinions? e certo, pero de ahi o que ti dis hai unha diferencia de carallo

6)o domingo tabeiros, animate que se e polos cartos a entrada pagocha eu, imaxinate cantas critacas poderas verter aqui se vas velo partido? eu deixoche o blog todo para ti soiño, pero vente o partido CORAZON.

Anónimo dijo...

ah e unha cousa espabilao:

balsa, toni, victor, perri, quintela, miguel, jose... todos eran uns xogadorazos, sabes quen era o adestrador, e o preparador fisico? se queres digocho eu, por que? pois por que eu estaba ali.
sabes o que adestraban o ano da copa? os martes unha horiña e os venres botaban a pachanga e pouco mais. quero dicir que si, eran moi bos todos, pero non polo que entrenaran e ese merito a estes xogadores de hoxe hai que darllo todo, estan sempre 14 ou 16 ou incluso mais adestrando.

un consello, balsa, toni biurrum e compañia xa non xogan nos modestos asiq baixa a terra e arrima o hombro para axudar o que hai ou faite socio do sionlla que ali si que hai merda para botar en cara.

Anónimo dijo...

Queridísimo Rob Roy, sigo pensando que a ignorancia e moi atrevida, e por encima se faltas a verdade, pois que queres que che diga, non sei se entendes o que lees ou lees o que entendes, pero está claro que o que ti dis que eu digo non é, o mellor escribo en inglés e non me dou conta...

Pero mira non che vou contestar a sarta de paridas que soltaches, pero uns consellos vouche a dar:
o de aprender a contar non che viría nada mal ou e que era unha hiperbole (agora que sabes o que é igual xa a utilizas).
Non escribas cegado pola ira, non ves que non che deixa ver, e se non che gusta que che leven a contraria...non escribas.
Fas moi ben dandolle pasta o clube, sigueo facendo, o que non vale pa outra cousa polo menos que poña pasta.
Douche a razón, de futbol mellor non digas nada é un puzzle moi complicado, mellor empeza polas caixas de cereais, se os xuntas todos hai unha imaxe.

Escuso dicirche mais, ti soiño te descalificas, non vou estar aquí eu dandoche comba, abogado de causas perdidas.

Anónimo dijo...

estou flipando co anonimo este, tio vaiseche a pinza moitisimo¡¡¡vaite pa casa e deixa en paz ó sigüeiro que con xente coma ti non vale a pena contar¡¡¡

Anónimo dijo...

querido,estudiado,home de mundo... en fin... queridisimo NEURONAS(ou neurotico):

parece que estamos a pasar de falar do sigüeiro a outras cousas( non saquei nada productivo o respecto no ultimo comentario), sigo decindo que o teu problema e persoal, e se este persiste deberias acudir a axudas medicas, casos coma o teu se se agudizan acaban moi mal...

en fin... non sei...que mais dicirche por que do sigüeiro e que xa non falas nada, parece que o que buscas e nada mais que discutir e botar a pasear a tua gran "sabiduria" ( de futbol non tes nin zorra).

bueno, pois eso, dicir a favor deste grupo de xogadores que: colegas e non colegas, amigos e non tan amigos que forman esta plantilla, todos estan arrimando o hombro para aportar, pouco ou moito, pero todos estan ahi.
toni sae de traballar de noite e ven ó campo, marcos de berdia igual,diego canto mais entrena mis quere entrenar...oscar non sae os sabados...alex ven desde vilagarcia, joder, chaval haber se aprecias un pouco mais o que hai e deixas de mirar cara fora.

ah e unha cousiña, que parece que todo dios pasa por alto, a diferencia de estar en primeira a estar en terceira e moi pequena.¿por que? todo e futbol aficcionado e por que a sensacion de equipo e o que debe perdurar por encima de todo o resto, e eso agora mesmo si existe, que e o mais importante en todo esto.

en fin, acabar con esta discusion, xa que de futbol non falas non merece a pena seguir con esto, simplemente,as persoas a min enseñaronme a catalogalas por persoas e non polo seu nivel academico(se acaso colga o teu curriculum e comparamos) de todas formas deixame que dude da tua, e se e que tes 3 carreiras e outros tantos masters... escribe a saber y ganar,e mentres tanto non tocas as pelotas aqui.