martes, 24 de marzo de 2009

A RECTA FINAL

Este domingo, ás 18.00 horas, o Sigüeiro enfrontarase ao Sporting Estrada, con tres puntos por medio que poden dar un paso de xigante para acadar o obxectivo da permanencia. Restan seis xornadas para o remate da liga e a táboa clasificatoria está moi apretada. Só catro equipos (Grixoa, Villestro, San Mamede e Cacheiras) terán asegurada a praza nesta segunda autonómica grupo 5. Os outros trece conxuntos teñen posibilidades matématicas de descender, aínda que o Portomouro e o Cogalrodeiro, e salvo "catástrofe" non deberían ter ningún problema. Polo que serán once quenes teñan que pelexar pola salvación; xa que entre o séptimo e o penúltimo só hai dez puntos. O que sí parece que está condeado a xogar na terceira para a vindeira tempada é o Sp. Estrada, rival do Sigu este domingo.
-
Comezará o Sigüeiro esta recta final, contra o rival máis sinxelo aparentemente, o Sp. Estrada. Visitará ao invicto líder, o Grixoa, que de gañar esta semana fronte ao O Pino, poderíase proclamar campión de liga no partido contra o Sigu. Despois do Grixoa, dous encontros na casa de forma consecutiva; o primeiro fronte ao O Pino, e o segundo fronte ao Tabeirós. Logo o SFC xogará na casa do segundo clasificado, o Villestro. E rematará a liga na casa, contra o Cacheiras. A suma de puntos que o Sigu acadou contra estos seis adversarios na ida foi de sete (victorias contra: Sp. Estrada e Tabeirós; e empate fronte ao O Pino), repetir este mesmo número parece suficiente para permanecer.
-
Favorable para o Sigu é que ten un partido menos. O rival é o Portomouro, e o encontro terá que disputarse no Lino Balado. Este partido foi suspendido o día quince de febreiro, por indisposición do árbitro.
-
Os partidos que lle restan ao Sigu: Sp. Estrada (L) (29/3), Grixoa (V) (05/04), O Pino (L) (12/04), Tabeirós (L) (19/04), Villestro (V) (26/04), Cacheiras (L) (01/05), *Portomouro (L) (-/-).
-
-Enlaces:

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo que o partido domingo e as 6 da tarde.un saudiño

Anónimo dijo...

Si, confirmado, é as 6 da tarde. Así aparece na páxina da federación.

Anónimo dijo...

seis.....seis.....seisss ajetivos en la puerta rompio!!

Anónimo dijo...

ese colectivo
digan o que digan estadelo a currar moito chabales
seguide asi

moito sigu e moito colectivo!!

Anónimo dijo...

Biurrun xogará na portería o domingo

Anónimo dijo...

as 6 a que se debe eso?
o de biurrum e certo?

Anónimo dijo...

Lelo vai de viaxe e non pode chegar antes das 6.
O de Biurrun é totalmente certo, domingo queda el que Alex non está.

Anónimo dijo...

alex marcha maña para polonia...

boa iaxe alex

Anónimo dijo...

Moito viaxan este ano os nosos porteiros..jeje
Boa viaxe Alex e a Biurrun teremos que recibilo como se merece...

DIEGO MATA dijo...

Moita sorte Biurrum e boa VIAXE ALEX! (pronto debutarei xogando en Shenzhen :)). Vou ter facer fichaxes do Sigu para ascender este equipo, jajaja!

1 saúdo, e moita sorte