domingo, 15 de marzo de 2009

SIGÜEIRO 3 - SILLEDA B 2


Este Sigu, SÍ
-
Con dez, o Sigu remontou un partido clave para evitar o descenso. Os goles de Toni, M. Juncal e Óscar, propiciaron a terceira victoria consecutiva.
-
Partidazo hoxe o vivido no Lino Balado. Un gran Sigüeiro que soupo tirar de casta para remontar un partido que se lle poñía costa arriba coa expulsión de Alberto Raña e co segundo gol visitante; pero o SFC non se enrrugou e despois de empatar, seguiría loitando por conseguir a victoria.
-
Comezou o encontro con moi poucos/as siareiros/as nas bancadas do campo do Sigu, pese ao bo clima que houbo na nosa aldea durante toda a tarde. Foi un inicio de partido lento e sen ocasións. Aos dez minutos de xogo, Álex non atina a atrapar un "sinxelo" balón dentro da área, a pelota recollea un dianteiro visitante, o seu lanzamento é "parado" por Xabi na mesma liña, pero no rexeitamento é imposible evitar o gol. A ledicia duroulles pouco aos de Silleda; Amancio "colga" ao área unha falta, Jose Ángel deixaa de cara e Toni "enchufaa" ao fondo das redes visitantes. Xa na recta final da primeira metade, chegaba unha das xogadas máis polémicas do encontro; a expulsión de Albeto Raña, logo de que o colexiado entendera que agredira a un rival.
-
Á volta do intermedio, Lelo daba movemento ao banco de suplentes; entraban M. Juncal e Paderne, e marchaban Toni e León. Munitis puido adiantar aos nosos, pero o porteiro do Silleda B evitábao; como tamén o faría Álex un par de minutos máis tarde. Dun bo movemento na área do dorsal número dezasete, chegaba o gol deste xogador visitante; que na súa celebración faría un xesto feo cara as bancadas do Lino. Entón Lelo daba entrada a Samuel e sacaba a Javi González, o dianteiro tería unha boa ocasión de cabeza aos trinta segundos de estar no campo. Pero sería M. Juncal, logo dunha boa carreira quen poñería de novo as táboas no marcador. Samuel tamén perforaría as mallas do Silleda B, pero axudándose da man, como así sinalaría o árbitro. Na seguinte xogada chegaba o terceiro dos nosos: Samuel, erraba diante do gardarredes, pero Óscar recollía o rexeite; fai un caneo e pon a pelota moi preto da escuadra, anotando o golazo da tarde. Ata o final, dúas ocasións para sentenzar: un gol mal anulado, porque o colexiado non aplicou a lei da ventaxe e decidiu pitar unha falta cando a pelota xa entrara; e despois, unha especie de man a man que non lograría transformar Iván. Pese a que ningunha das ocasións acabou co cuarto gol do Sigüeiro; o noso equipo, non sufríu e conseguíu tres puntos importantísimos contra un dos rivais directos, para evitar o descenso.
-
Xa co partido finalizado, un xogador do Silleda B non soupo admitir a derrota e no seu camiño cara os vestiarios "zapateou" e rompeu unha das tapas do sistema de rego do campo do Sigüeiro; formando así unha pequena tángana.
-
-No SFC xogaron:
-
Álex; Fran, Amancio, Xabi, Alberto Raña (Expulsado no m.37); León (Paderne), Munitis (Manu Regueiro), Jose Ángel, Javi González (Samuel); Toni ( M. Juncal) e Óscar (Iván).
-
-Semana de dous partidos:
-
Esta semana o Sigüeiro disputará dous partidos. O primeiro o xoves dezanove (día de San Xosé), fronte ao Vea no partido da xornada vinte e unha, aplazado polo "temporal". E o domingo vinte e dous, visitará ao Laro.

70 comentarios:

Anónimo dijo...

o segundo gol algo marrullero

Anónimo dijo...

moi ben equipo moi ben, demostramos ser un equipo pelexar ata o final e estar unidos.
pa mis destacar a lelo a marcos juncal e oscar.
agora pensar no vea que si gañmaos olvidamonos destes compricados postos que estamos saindo a flopè logo das 3 ultimas xornadas.
sempre sigu.

Anónimo dijo...

na foto do partido non distingo ken eh,pero talle metendo unha labrada a un do silleda...xDD

Anónimo dijo...

Noraboa! Da gusto levantarse e leer estas cousas! Non hai que baixar os brazos e confiarse, que os rivales do final de liga son todos moi duros, hai que facer ahora os puntos que nos den a salvación! GRANDE SIGU, GRANDE! 1 abrazo para todos!

Anónimo dijo...

partidazo do SIGU gran remontada e por riba cun menos.por certo penso ue os mellores do partido foron fran e oscar(este ultimo poderia estar nunha categoría moito mais alta)

Anónimo dijo...

para min os mellores foron samuel e oscar.samuel participou no segundo e no terceiro e estubo moi activo no tempo que xogou e oscar é oscar YMCA

Anónimo dijo...

da gusto ver entregarse asi os xogadores.noraboa por eles.

Anónimo dijo...

oscar é o mellor sin duda, e que fran estea ahí pois bueno...sodes amigos e colegas!!! Animo sigu, a seguir coa racha e intentar gañar todos os partidos!!!

Anónimo dijo...

Aquí sempre se menciona os mesmos,hay xogadores que onte entraron o campo e cambiaron o partido,como marcos juncal ou paderne asi coma samuel ,que non nomeades nin "alabades" como facedes con outros só porque marquen goles.No gol do empate roubo de paderne e gol de marcos,no gol da victoria roubo nunha gran presión dos dous nomeados anteriormente,pase pra samuel que non atina a rematar ben e si o fai oscar,pero todo ven dende "atras".Tamen destaco como loitaron estes 3 pra mantelo resultado o final no campo do silleda e así non pasar apuros.GRAN ACTITUDE DENDE O BANCO!!!!

Anónimo dijo...

moita razon ten o ultimo anonimo.o traballo sucio tamen forma parte do futbol.o que pasa e que a xente iso non o ve.Onte os que sairon dende o banco derono todo por gañar e viuselle ben porque lle puxeron ganas.

Anónimo dijo...

Pregunta para a semana: Creedes que Marcos Juncal debeu meter o gol ou tirar a pelota fora?

penso que é unha boa pregunta.

Anónimo dijo...

a pelota fora tirase cando ai alguen lesionado,non facendo na prea non como o individuo ese...e ademois foi el ken kixo sachar a paderne.ke se jodan!!e ke se meta a actor se kere.

Anónimo dijo...

aprte aki mecagondio sempre ai ke savarlle punta a todo!!ke mais da ken tea no mvp ke o segundo gol fora marrulero e ke oscar poida tar nunha categoria mais arriba??primeiro...oscar ta aki porke kere e porke seguramente te agusto e eso non ai cartos nin categorias ke o paguen asike dado o nivel ke ta xogando ultimamente deberiamos tar contentos de ke te con nos..e non andar kon esas tonterias....e o gol marrullero seria pero foi un golazo,porke dime ti aver ke delantero se pon a chuzar coma marcos nesta categoria e chega a porteria con defensa practicamente de mochila e marca?e estan estes xogadores no mvp porke os do colectivo baixo a sua opinion o creron combinte e se alguien ten outra opinion pos ke faora ali a grada e lle dixera mira poñede a este...ou senon ke faga outro blog o seu gusto.mira pamin os mellores do partido.TODOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
porke senon non oberamos remontado con 10 xogadores(ke non deberiamos aber kedado con 10 porke no momento ke alberto lle propina unha ostia na perna o do silleda el estaba a clabarlle os tacos en todo o pakete...asike ken agrediu primeiro a ken?

Anónimo dijo...

Eu penso o mesmo que Cañita Brava. O fútbol é un deporte colectivo, esto non é tenis, polo tanto creo que sin o esforzo de todos nada se houbera conseguido.

Anónimo dijo...

2 puntos x encima do montaos!!!!!

Anónimo dijo...

óscar selección!!!!

Anónimo dijo...

pois respecto o de tirar o balon fora pois penso que si o fixeran eles criticariamolos a morte(que non o negue nadie) pero como o fixo o noso equipo e saiu ben pois...

de todas formas tal como se andaban a tirar eles entendo que non se tirara o balon fora xa que no campo vivese doutra maneira

Anónimo dijo...

onte demostrouse que si se lle pon ganas,podese permanecer nesta categoria.

Para min destacar a todos os xogadores do sigü pero en especial os que entraron dende o banquillo porque sairon moi metidos no partido e loitaron como nunca.

NORABOA!!

Anónimo dijo...

todos temos dias bos e dias malos. animo alex de todos os erros se aprende. eres o mellor!!

Anónimo dijo...

Visto que xogadores coma Xavi ou o voso capitán vos sobran (xa que dende que coñezo o blog nunca fixeron un bo partido...según vos colectivo) decirlles que pola miña parte, como socio do montaos, teñen as portas abertas para xogar no noso equipo, que ainda que é dunha aldea trata os xogadores como se merecen.

Anónimo dijo...

estou dacordo con iso.o capi e xavi sempre estan dando o callo e aqui nunca se puxo nada.

unha cousa,o futbol non é solo goles,porque sin os gattuso,redondo,roy keane,makelele,mauro silva,mascherano...os equipos nos que estiveron estos grandes xogadores serian a metade do que foron.

Anónimo dijo...

as cronicas só redactan as ocasións do encontro.

tanto xabi, como jose angel apareceron dentro do mvp do partido algunhas veces...

Anónimo dijo...

as crónicas as veces venselle moito o plumero,amosando favoritismo cara algun xogador,deberian ser totalmente obxectivas.

Anónimo dijo...

en montaos tratades ben os xogadores??dekela por ke 2 xogadores segun eles se tan meditando vir po sigueiro?se eso e tratalos ben...digo eu ke non kererian marchar ben...aprte ken kere ir pa un ekipo o cal e sancionado con 60 euros porke un xogador intenta agredir a un arbitro cunha botella de auga e lle caen 5 partidos?si señor!un bo ekipo!e socio do montaos estate moi seguro do ke digo porke o sei de primeira persoa asike...

Anónimo dijo...

e montaos aver se deixamos de intentar fichar a algun dos nosos xogadors en verano chamando por detras e nin sekera falando con alguen do clube....ke aki sabese todo...

Anónimo dijo...

vamos a ver: as cronicas fannas os que inventaron esta paxina, os creadores deste blog, e teñen a potestade e o puto dereito de poñer o que lle salga dos collons, despois, ti, tamen tes o dereito de entrar nela ou facer a tua propia como tamen tes dereito a non entrar se che parece que hai favoritismos hacia algun xogador. xabi e jose angel teñen estado mais dunha vez no mvp

e que parece que aqui se non hai polemica, non se come a gusto, joder

Anónimo dijo...

ah outra cousa: co montaos non hai ningun problema, nunca existiu asiq deixade o tema por que..., eso... , non hai tema.

por outra parte, ninguen do montaos está meditando vir po sigüeiro porque antes deso lelo e directiva teñen que aprovalo e ninguen destes sabe nada

Anónimo dijo...

si veñen e melloran o equipo que veñan os que queiran senon que queden na casa

Anónimo dijo...

Se as cronicas pensades que estan mal ou haxa favoritismos podedes enviar a vosa opinion o seu correo electronico,que seguro que sera ben recibida.

Anónimo dijo...

Punto 1. Isto non merece chamarse blog de siareiros do sigu, isto é un club de fans. Dirixido por un fanboy enamorado de dous membros da plantilla do sigu.

Punto 2. Os coñecementos de futbol que pode ter o jefe da banda, valorando a sua experiencia como xogador (carreira fugaz) ou vendo os seus idolos futbolisticos(Hadji Diouf) quedan en entredito, mais ben todo apunta a que estamos diante dun friki, que como ben nos ensina a TV, estan moi de moda ultimamente. Chamar a atencion é o que se leva.

Punto 3. O peor de todo isto e que probablemente a proxima tempada, se produzca unha espantada masiva de parte do plantel do actual equipo, e despois acordaremonos dos catro parvos que corren mentres outros sacan a foto.

Punto 4. Que Oscar foi resolutivo nos ultimos partidos, sabeo él, sabeno os compañeiros e sabeno os siareiros, non creo que a polemica sea esa, o que pasa e que as valoracións son moi parecidas, por non dicir as mesmas, que cando non ha rasca. Que se intente animar pareceme perfecto, pero poderiase facer con todo o plantel.

Punto 5. Non creo que o sigu este para dar exemplo de como se trata os xogadores, so con facer un par de preguntas entre os membros do plantel, sabense moitas cousas, auga fría...balóns sen aire...etc...etc

Anónimo dijo...

Respostando o comentario anterior:

1- Xa que ti non dis os nomes digos eu: oscar e juan. Son os hierro e raul do marca.

2- Ten moi poucos, pero está a facer un bo traballo, podería ter caído en peores mans...rapazada, que lle imos facer.

3- Metade do equipo para o ano non está, deso estou casi seguro, pero weno, kedará os xogadores que lle gustan a aficción, os máis vistosos.

4- Totalmente de acordo, as valoracións de este fin de semana e do pasado son as mesmas de toda tempada.

5- Ocorre xa dende fai tempadas polo que teño oído, xa non é novidade.

TOU DE ACORDO EN TODO CONTIGO! Alguén que di a verdade.

Anónimo dijo...

Un consello os eslovenos, se queredes que as cronicas reflexen o que pasa nos partidos, debedes polo menos velos, porque está moi ben iso de ir o partido...e non deixar de mirar as mozas dos xogadores, e claro entre mirada e mirada, no campo seguen xogando.
Entendo que tiran mais duas tetas que duas carretas, pero ou a unha cousa ou a outra.

Referente os comentarios anteriores, non hai forma mais clara de dicilo, isto cheira un pouquiño!!

Anónimo dijo...

moito falar e despois no Lino Balado hai mais xente no campo ca na grada.. en vez de animar o sigü porque carallo tedes tanta gana de leria???

FORZA SIGÜ¡¡¡
FORZA ESLOVENOS¡¡¡

Anónimo dijo...

xavi e jose quizais sean os 2 mellores pero aqui nuca se lle dixo nada a Juan e sempre esta ahi e deixade de protestar por todo que xa cansades que si hai que tirar o balon que si hai favoritismos que si non sei que, que solo se miran as mulleres.... facede vos un blog e quitade as horas que se pasa o que o fai o blog diante do ordenador e indo ver todos os partidos porque ese tempo poderia invertilo en estudar ou en durmir porque non sei si o sabedes pero o rapaz hai veces que esta de noite facendo a cronica el só para que vos cheguedes e lle digades que esta todo mal facede vos un blog si sodes tan fenomenos2 aposto que algun non sabe nin subir unha imaxe

Anónimo dijo...

Que existen favoritismos?

SÍ, como en todos os lados, senón non se podería poñer os nomes dos xogadores, nas camisolas dos afeccionados...

A inrención do que creou o blog, era boa, podedelo ter seguro...

Anónimo dijo...

en calquer medio de comunicación, resaltase aos que meten os goles, non os que construen o xogo; aínda que o traballo sexa o mesmo.

Anónimo dijo...

O Robiño do Gosende e bastante mokazas, pero hay que reconocer que o gol do domingo foi moi merecido.

Anónimo dijo...

para empezar x facer este blog ninguen esta cobrando nada
e estase a actualizar todas as semanas
pode q axa fallos pero non son profesionais
rapazada si, pero se non fora x esta rapazada non abria o blog
se non qeredes entrar non entredes pero criticar o q se se fai aqui creo q ten moitos huevos

animo colectivo a seguir asi!
esta visto q pa algo q se fai pasa sempre o mismo os payasos de sempre intentan jodelo

Anónimo dijo...

O que se vé e que os partidos ganaos un equipo pero penso que hai varios xogadores que son importantisimo neste equipo e curiosamente non é ningun de sigüeiro(oroso)...non lle estou quitando meritos os que son de oroso,pero sin os do arrabalde...as cousas non irian como agora...

Anónimo dijo...

solo joderia que kixeran cobrar

Anónimo dijo...

senon se pode criticar a xente que se dediquen a outra cousa,si vos poñedes tontitos e porque vos fode e si vos fode e por algo,criticarei cando cree que teña que criticar o que se fai aqui,estou no meu dereito,como vos a dar a vosa opinion.

ata outra

Anónimo dijo...

eu creo que o sentimento de "club de fans" do que alguen fala por ahi e reciproco. quero dicir, o que para alguns oscar e un fan para outros e todo o contrario, levanta sarpullido ver que se nomea para o mvp ainda que marcara 20 goles no mesmo partido. e dicir, que hai un grupo de xente que non sei ben por que, estan en contra dunha parte do sigüeiro. que marcha medio equipo para o ano? nin de coña. estou seguro que os que a dia de hoxe teñen pensado marchar,(se e que os hai) son os mesmos que querian marchar cando se foi iban.
¿que non se tratan ben os xogadores? estades de puta coña, vistedes o portomouro o outro dia? sen un puto chandal e levan 4 anos ca mesma equipacion. aqui o que pasa e que hai moita "señorita" ( no blog) que lle parece que estamos e primeira division e non , señores, estamos en segunda rexional, ¡¡¡a todolos efectos ostia¡¡¡

asique deixade de tirar merda e disfrutemos dunha mais que segura permanencia do sigüeiro en segunda e o que queira axudar que pague o carnet para o ano que ben, que estou seguro de que se todolos que entran aqui pagaran o carnet poderiase "tratar" moito mellor os xogadores do sigüeiro

Anónimo dijo...

Rompecollons, darlle un chandal cada temporada é o menos que se podía facer. Pero como teño oído, ducharse en auga fría en pleno inverno creo que non hai mellor maneira de coller catarros e de acabar ata os putos wevos. Polo da marcha, eu apostaría o que fose contigo a que non se van 2 ou 3, estou seguro que se van máis da metade, e dígocho porque llo teño oído amigo, aguantan agora por orgullo, que aínda que non se estea no equipo sábese todo! Pero o tempo o dirá! E aseguroche que para o ano o equipo descende porque non hai que queira vir a excepción dos 4 matados que sempre tiveron aki, e se deses 4 marchan 3 non hai...

Anónimo dijo...

Bueno xa temos outra vaca mais no millo, xa apareceu o mecanico especialista...Rompecollons co tema de sempre que Oscar por aquí, Oscar por ala. Que Oscar este a bo nivel é bo po equipo, polo tanto bo pos afeccionados dentro dos cales me incluo, asi que non busques debate Oscar, porque non o hai, e un gran xogador e ninguen o duda salvo os que non o coñecen, pero eu por sorte coñezo ben. Reafirmome
en que isto non é un blog de siareiros do sigu, senon que é un "club de fans", "Peña Robinho" ou como queiras chamarlle.

Referente a xente que está encontra dunha parte do plantel do sigu, no creo que niguen este encontra de ningún xogador so que na conciencia do afeccionado ainda está o grupo de xogadores que se dedicaron a facerlle a cama o anterior adestrador e seguramente ya volvan a facer o que agora os adestra cando se cansen, pero como son os protexidos dos que mandan no clube seguirán...

O da marcha de medio equipo, non é ningunha profecia é un feito, e os que mandan no clube teñen moita sorte e deberían tomar exemplo deses xogadores, os cales poderían largarse cando se foi Iván (eles saben porque se tivo que ir) pero están ahí facendolle un favor o equipo, e non son nin 2 nin 3, son 6 ou 7, pero pa tempada que ven xa se verá...

O do trato os xogadores xa é o colmo...non fai falla que compares o noso equipo con ningun outro...o do chandal é moi bonito, da imaxe de club e pouco mais, porque o problema da imaxe é ese moi bonito por fora pero podre por dentro. Repito auga fría, balóns sen aire, as cenas páganas os
propios xogadores, lavanse a roupa dos domingos... e por encima ainda teñen que aguantar que algún membro dos que manda no clube entre no blog a poñelos a parir, sen mencionar xa a socios recoñecidos que entran con seudonimos para rajar contra determinados xogadores. Si señor un trato excelente!!

O do carnet faime gracia, prefiro pagarlle unha cea a plantilla, ou regalarlle uns balóns, ou uns
bombins... e non pagar un carne do cal non vou saber a onde van os cartos, xa pago a entrada cando vou ver o equipo he chegalle de carallo.

Anónimo dijo...

si señor , entendido , o chandal non e importante, non estaria de mais que llo dixeran os xogadores a directiva, poderianse gastar os cartos nas putas cheas.

asi e como se ten unha plantilla contenta, con cheas e auga quente, perfecto¡¡¡

mira, xa esta, non quero falar mais do tema por que xa sei con quen estou falando, con alguen que ainda segue doido dende a marcha de iban e entonces... como agora o equipo está gañando atacase por outro lado. o problema da auga quente existe na maioria dos campos onde hai moitos equipos adestrando, enton, a solucion igual e ir a entrenar outra vez o catro ventos ou a santomé e ... problema resolto. pero se total ter chandals, equipacions novas, eso so da imaxe para o clube para os xogadores non e importante ainda que lle saian os dedos fora das medias.¿pareceche abusivo o precio do carnet? non sabes para onde van os cartos? vas as asambleas? o ano pasado fixose e non foi nin dios¡¡¡¡. eso e o que lle preocupa o equipo ó 90% dos que aqui opinan, despois hai outro 6% que se dedican a botar merda e queda un 4% dos que si tratan de sacar algo positivo de todo isto e non sempre criticar

ah, e a directiva sempre, sempre defendeu os xogadores, repito para que quede ben clariño ¡¡¡SEMPRE¡¡¡

Anónimo dijo...

Tou de acordo co último comentario, ten razón absolutamente en todo.

Anónimo dijo...

Perdon, taba dacordo co anterior comentario, o de ATA OS COLLONS, xk este último pareceme unha gilipollez!

Anónimo dijo...

ata os collons¡¡¡ a que esperas¡¡¡

onde estan eses balons novos que lle vas regalar á plantilla?

rápido que se acaba a temporada¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

A ver "señor da directiva" (ke non entendo que fai un da directiva akí), pódeme dicir vostede cando será a próxima asamblea??
O da auga quente, se o campo é do sigu debería haber auga kente si ou si...non me veñas con lerias! Unha plantilla tense contenta escoitandoos, preguntando se hai algún problema, con auga kente si señore e facendo un pouco máis sinxelo a súa estancia no equipo, que para eso non cobran un peso.

Anónimo dijo...

non creo que che importe demasiado cando sexa a proxima asamblea,¿por que? pois porque as asambleas som para os SOCIOS, non me decatara de que ti non o eres.

ah, e non son da directiva pero si formei parte dalgunha , e sei o que se fufre ahi dentro asiq... eso o que queira axudar que arrime o hombro ostia¡¡¡

Anónimo dijo...

Si que son socio, e se non che importa podes decir cando é a próxima asamblea para que o sepan tódolos socios e así se poida asistir, importache dicirma data exacta??
Pois eso, eu quero ir as próximas asambleas e de paso intentar arrimar o hombro e se pode ser pertencer a directiva, non taría ben que houbese eleccións?

Anónimo dijo...

O das asambleas outra boa, a tempada pasada realizouse unha asamblea!!! Coño!!!Son socio e nin me enterei...xa entendo avisouse para a reunión na cantina do Lino Balado, non?? Non sei como non vos cae a cara de vergonza dicindo que a xente non vai as reunións se nin avisades, cando había directivos de verdade no club (Lino, María, Tonecho, Tala, Manolo...) enviabase a cada socio unha carta indicando a fecha das reunións e o estado de contas, a alguen lle soa eso???Pois si, e era o sigüeiro, non era o compostela, nin o ordes, si o SIGÜEIRO!!!Equipo humilde pero facendo ven as cousas, e gracias a esos directivos hoxe temos no primeiro equipo xogadores que comezaron dende pequeniños e que levan toda a vida no club e loitan por el, ainda que os que mandan no club nin miren pa eles.

E con respecto a marcha dos xogadores, o unico que dixo que marchaba cando destituiron a Iván foi Diego e permaneceu no club ata que tivo que marchar por motivos de traballo, e o capi tamen lle dixo a Marcial que sen un entrenador el non seguía, despois do partido do Pino. Asi que non me extrañaría que pa proxima tempada houbera espantada.

Anónimo dijo...

Que Jose Ángel, dixo no Pino que sen entrenador marchaba¿? Pois daquela xa se sabia, que viría Lelo, porque foi a aquel partido...

Anónimo dijo...

ata os collons¡¡¡ no comentario anterior dis que pagala entrada cando ves e agora dis que eres socio,
¡¡¡ haber a que andamos¡¡¡

Anónimo dijo...

e verdade¡¡¡¡ que patetico, non se, liaste si soiño chaval

Anónimo dijo...

mira chaval, levo sendo socio vinte anos e nunca me chegou unha carta das contas do clube a casa asique, non toquelos collons e non fales do que non tes nin puta idea, como ben di o do comentario anterior, ata te confundes ti soíño.

Anónimo dijo...

Bueno, non sei, síntome triste vendo como se está maltratando ós xogadores, afección, directivos,...bueno, unha sangría que para o meu punto de vista, non ven a conto.

Os xogadores do Sigu, son todos unhs desinteresados e todos son básicos nas victorias do equipo, derrotas, empates, etc. Pero non só os seguintes que vou decir. Alex, Juan, Fuentes, Fran, Xabi, Amancio, Manu R, Alberto, Jose Angel, Pade, Javi, Leo, Muni, Oscar, Iván, Toni, Samu, Vigo, Juncal, (espero non olvidarme de ninguén jeje) son xente como Manuel e Jose que van a entrenar e están todos intentando que o Sigu consiga a categoría. Estívose todo o ano criticando que se o equipo perdía, que se tal e tumba, e resulta que o equipo empeza a dar frutos, e ahora máis problemas? Eu, non sei, pero pido ser consecuentes e apoiar ó SIGU como intitución, porque o Sigu está por encima de xogadores, directivas, afeccionados e afeccionados, así que non vexo sentido a tal críticas. O que si aproveito é para felicitar a Lelo, porque aquí pediuse a cabeza del moito tempo, e os resultados ahora están chegando, e tamén é xusto recoñer os acertos a cada quen.

Non sei, dame pena ver tanta inestabilidade ó redor do Sigu, non se sabe o que un ten ata cando o perde, pero dígovos unha cousa, non creo que o Sigu encontre xente tan comprometida como os citados anteriormente, e seino, por experiencia propia que moita xente paso moi mal, pero moi mal, e só por defender as cores do Sigu, por eso, entendo que fagades comentarios e estades no voso dereito, pero hai que pensarse e leer duas veces as cousas antes de darlle a click e publicar.

Ahhh, felicidades a Oscar, que vexo que a nivel individual estanlle entrando os goles ahora, gran mérito de Lelo :). E a Oscar hai que exigirlle máis, como moitos outros da plantilla, non é xogador da cotegoría e tiña que estar máis arriba, pero bueno, :)

1 abrazo, e paz y MOITO SIGU

Anónimo dijo...

totalmente dacordo. sobran as palabras

Anónimo dijo...

un saudo dieguiño¡¡¡¡

buscanos un par de equipos para faser unha xira por asia ala para o veran¡¡¡¡

Anónimo dijo...

dEI8XADE DE DISCUTIR POR ESAS JILIPPOLLECES E PENSAR XA NO PARTIDO DE MAÑA CONTRA O PORTOMOURO QUE TEMOS QUE GAÑAR.FORZA SIGU,A AFICCION ESTA CON VOS ANIMO OSTIA.

Anónimo dijo...

Un apunte, o partido de maña é contra o Vea.

Anónimo dijo...

Vamos a ver, claro que hai que estar co equipo e apoialo para manter a categoría, pero iso non quita que as cousas non se están a facer todo o ben que se debería (aínda que Marcial suficiente ten co que fai). Para que un clube funcione ten que haber unha organización considerable e traballar en moitos ámbitos, o cal non o pode facer só unha persoa. O principal problema que temos é que non hai xente, e iso é o que fai falta, xente comprometida que queira axudar, non xente que se desentenda doutras cousas e só lle preste atención aos partidos.

Respecto aos xogadores, non creo que haxa que esixir máis no que a compromiso se refire, basta con ver como corren e como pelexan os balóns. Ou sen ir máis lonxe a última victoria. Apoio as palabras de Diego totalmente, fai falta estabilidade fora do campo.

Que che vaia ben Diego, esperemos que voltes algún día!!

Anónimo dijo...

HOXE TODOS AS 4:30 NO LINO BALADO PRA ANIMAR O SIGU


FORZA SIGU¡¡¡¡

Anónimo dijo...

esta ben eso de que tedos se sacrifica esta claro pero este equipo non e unha ONG xa lle fixeron a ficha a samuel que vaia por dios da puta lastima velo arrastrarse polo campo cun medo o balon digno dun rapaz de 5 anos agora so faltaba que lle fixesen ficha a jose e a manuel.ai que ser serios e se tentamos ter un equipo en 2ª hai que ter xente que sirva.samuel retirate xa

Anónimo dijo...

O ultimo anónimo, non sabe o que di: que Samuel non está ben físicamente ben, é verdade; pero dende que chegou Lelo non xogou máis de 20 minutos en case ningún partido... Esta carencia física, contrarresta moi ben: desmarcandose de forma perfecta e facendo unha presión intelixente.

Anónimo dijo...

hay que tocarse os wevos.
primeiro no clube hai unhas condicions, o que entra sabe o que hai dende o primeiro dia, sabe os problemas que hai de ante man asi ke despois non se pode protestar. xa se sabe que vas ter que pagar o gasoil pa ir xogar, levar o chandal de algun que marchou, ir pa a casa a ducharte que poucos se duchan en auga fria, etc eso sabese joer.
e sabese porq o clube non se move como antes para facer socios, porque hay outro clube que si o fai, e eso resta money e sin money non hay medios, se non hay medios hay auga fria, non hay bus etc etc


a diego subironselle os fumes, como a outros da plantilla cando botaron a iban.

que pasa era imprescindible?
vamos como se lle sobraran equipos onde ir, iria pa mesma categoria noutro equipo con problemwas similares as que ten o sigueiro, a ver é segunda rexional ostia.

quen é el para esixir nada a ninguen, se non estas contento arrancas e punto non hai mais, non debe nada a ninguen, e falar as cousas e punto, a ver se pensades que veu lelo por que el se non marchaba. os demais tamen ian a entrenar o que pasa e que cando un esta comodo co entrenador rebentalle que o boten, algun e no era diego xogaba sen entrnar, levantaban a voz e non pasaba nada, protestaban ó entrenador os entrenamentos.... con iban facian alguns o que lle saia das pelotas, e outros acataban o que habia e logo tiveron a recompensa co tempo . como foi iban, manu , paderne, mejuto, samu eses tamen se duchaban en auga fria e non protestaron tanto.

se botan a un entrnador e decision da directiva, e punto,
botarono porque non estaba a facer ben o traballo e punto, se me dis que foi por manias, malos rollos, etc
é mais se fora por rollos terian que ter botado xogadores e non a iban pero naquel momento fichar xogadores era mais dificil que pillar un entrenador e creo que foi mais por iso que por outra cousa, porque habia moi mal rollo e viase no campo que non chegaban as mans no campo de milagro insultandose etc.
incluso teño visto reunions de presi entrenadores, e capitan, mentres os demais entrenaban, e logo non se lle comunicaba nada os xogadores.
agora que eso cambiou vese que esta dando resultado, e tan saindo do pozo do que moitos dixeron que non sairian, so faltaba orden porque calidade habia e ouboa sempre a pesar de ducharse en auga fria etc, que os xogadores estan por xobi, porque queres competir, etc non pa facer que o sigu chegue a primeira division.

Anónimo dijo...

Amiguiño mira que sodes cizañeros tano Iban como Diego xa non están no Sigüeiro.
Iban foi o entrenador que quitou o Sigüeiro de terceira rexional.
Fixo coa xente da casa,coa xente que ia entrenar..despois na segunda rexional seguiu traballando moito e ben pero por desgracia non o acompañaron os resultados e a directiva decidiu botalo.
Diego foi outro os que se lle pode agradecer estar en segunda xa non solo polas suas paradas e a sua experiencia no mundo do futbol,se non por ser un rapaz que fai moito vestuario igual que Marcos vigo,Jose Angel..(por citar alguns)

Se todos queremos o mellor para o Sigü debemos ser unidos,debemos apoiar o adestrador,a directiva e os xogadores que non teñen ánimo de lucro e xogan porque lle gusta o futbol.
Deixemonos de darlle boltas a tortilla e aportemos ideas constructivas!!!

FORZA SIGÜ!!!!

Anónimo dijo...

pa criticar a samuel, antes deso intentao superar, q se te pos ti no campo haber o q farias
pD: vai pao anonimo q crticou a samuel

Anónimo dijo...

victoria do SFC 2-1 GOLES DE J.ANGEL E DE OSCAR(o d oscar un golazo)

Anónimo dijo...

darlle lapra ai coa actulizacion colectivo!!