domingo, 8 de marzo de 2009

RECESENDE 0 - SIGÜEIRO 2


Pola senda da victoria

Por segunda semana consecutiva o Sigu consigue a victoria; como contra o A Baña dous goles de Óscar serviron para gañar.
-
Comezou o partido co balón voando polo campo do Recesende; aínda que xa nos primeiros minutos de xogo, o Sigüeiro avisaría ó equipo local; pero Óscar non lograría rematar. Antes dos primeiros quince minutos, o propio Óscar recibía un pase de Amancio, con moita forza e velocidade "plantábase" na área, o seu golpeo petaría na madeira e iríase ó fondo das maias locais. Dez minutos máis tarde, novamente Óscar non atina inexplicablemente a rematar un centro de Manu Regueiro; pero o mesmo autor do primeiro gol, recollerá o balón, regateará a tres defensores e coa súa perna menos boa, poñerá o dous a cero, cun lanzamento que se "colou" pola escuadra. Ata o descanso, León podería senteciar o encontro, pero a súa ocasión marcharía por fóra.
-
Na segunda metade o Recesende intetaría reducir a distancia, pero non o conseguiría; xa que na porta vermella estaba un Álex segurísimo. O Sigu tería algunha oportunidade á contra, non o acadaría, debido a que o gardarredes local tamén estaba atinado.
-
Con esta sexta victoria da tempada, o SFC suma 27 puntos; cos que xa empeza a distanciarse dos postos de perigo. Na vindeira xornada, a vinte e sete, o Silleda B visitará o Lino Balado, nun partido trascendental para a definición dos derradeiros postos da táboa clasificatoria.
-
O once inicial: Álex, Alberto Raña, Amancio, Juan, Xabi, Jose Ángel, Javi González, León, Manu Regueiro, Óscar e Marcos Juncal.
-
Tamén xogaron: Fran, Fuentes, Marcos Vigo, Samuel e Toni.

47 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi ben sigü!bo partido o de hoxe,seguide asi.

Por certo,o primeiro gol o pase senon me equivoco dallo Marcos Juncal.Penso que foi asi pero mesmo facedesme dudar.

AUPA SIGÜ!

Anónimo dijo...

veña sigü!! le vamos escopeteados cara a salvacion!!animo!!

Anónimo dijo...

Se seguios asi seguro que nos salvamos,pero claro agora os fillos de puta do montaos non entran no blog como saben que lle estamos pisando os talons.ANIMO SIGÜEIRO.

Anónimo dijo...

Os partido contra o silleda B é fundamental para intentar salvarse, senón ollade a próxima xornada...moitos enfrentamentos que poden resultar vitais para o sigu.Seguide poñendo as mismas ganas e se ganamos estaremos máis cerca dos obxetivos. Animo Sigu

Anónimo dijo...

Onde van as criticas a Lelo?

Anónimo dijo...

Sigoas mantendo, estes partidos tarde ou cedo íbanse gañar, fose con quen fose o adestrador!

Anónimo dijo...

Fixadevos na encosta agora ninguen pon que o sigu vai perder o proximo partido .ANIMO SIGU.

Anónimo dijo...

Eu son de montaos e imos por riba vosa 1 punto é 1 punto e na volta tamén vos gañamos no voso campo xk kntos foron en montaos? 3 pois en sigüeiro mais ainda jajajaja

Anónimo dijo...

grande Óscar grande
FORZA SIGU
MORTE XUVENTUDE
MONTAOS CAGÁDEVOS

Anónimo dijo...

pa o ano ai k fichar a Juanito pa k se retire no sigu k é o clube dos seus amores

Anónimo dijo...

eso k volva Juanito

Anónimo dijo...

samuel titular xa!

Anónimo dijo...

ahi home ahi facede coma sempre 2 partidos que ganamos e xa somos a polla e despois que pasa batacazo hai que ir pouco a pouco e tranquilizarse que ainda non estamos salvados imos polo bo camiño pero ainda hai moita liga e se seguimos asi non habra problemas pero non hai que poñerse a insultar a naide que ao mellor despois o montaos metenos outros 3 ou 4 e mandanos para terceira asi que tranquilidad

Anónimo dijo...

a salvacion está moi preto
FORZA SIGU
e tamen MORTE AO XUVENCÚ

Anónimo dijo...

ESO O MONTAOS IMOSVOS METER 5 E IDES IR PA 3ª DE NOVO A REUNIRVOS CO DEIXEBRE E NA VOLTA 5 DE JUAN LIÑARES JAJAJA

Anónimo dijo...

24 non te jode
sodes uns mierdas
o montaos non vale pa nada
parece q o voso titulo e gañarnos a nos
asiq esta temporada obxectivos cumpridos

FORZA SIGU!!!

Anónimo dijo...

Pero na priemira volta non se empatara 0-0 e a volta foi o partido donde meteu os tres goles Juan liñares??

Anónimo dijo...

Aqui hai moito cizañento que non ten nin puta idea. Ese non e do sigu nin do montaos, un que non ten outra cousa que facer que meter cizaña para que dous equipos se poñan podres. Xa se xogaron os dous partidos da liga e agora mesmo os dous equipos depende de si mesmos. Nin Juan liñares nin a polla vai facer que o sigu descenda, dependemos de nos mesmos.

Anónimo dijo...

putos bloqueiros de mierda falade como a xente non inventedes o galego cada dia facedelo menos propio e mais portugues joder, non me veñades con galego portugues porque tamen poderiades falar en latin do cal derivan, sodes os que mais criticades ao que non o fala, pero sodes os que mais vos avergoñades del, parece que vos parece menos culto.
non me veñades co de que é porque esta castelinizado e por eso e dispar do portugues que iso é a excusa mais barata que poñedes, os extremos nunca son bos, DIXO, DIXO , DIXO, DIXO

Anónimo dijo...

chamase reintegrado fachilla reprimido

Anónimo dijo...

por xente como esta vanse pechar as galescolas...e por xente coma esta gana o puto pp as eleccions..enfin

Anónimo dijo...

amin os de montaos ke non me token moito os collos ke lojo enjanchollo beso o ebro,fendollo portal e besollo campo dadiante atras!!asike chiton...

Anónimo dijo...

Eu ainda que sexa rival de FRANKI e me leve mal con el doulle a razon.PUTO MONTAOS,ainda por riva de que son 4 casas ainda teñen mais que decir.

Anónimo dijo...

eu so quero dicir que bo partido do sigu e que a ver se conseguimos manter a linea que estamos amosando, polo menos ata que acabe a tempada pra acadar a permanencia ou quedar no medio da taboa.
Por certo a ese do comentario anterior dixirlle que pra facer ese tipos de comentarios é mellor que asista as reunions da opus e ali poida falar libremente do tema xa que isto é unha páxina de fútbol...
FORZA SIGU¡¡¡
FORZA ESLOVENOS¡¡¡
FORZA GALIZA¡¡¡

Anónimo dijo...

ONDE ESTAN OS QUE PEDIAN A MARCHA DE LELO????????

Anónimo dijo...

Que un equipiño dunha aldea de 4 casas compita na mesma liga que un equipo da "cidade" capital dun concello significa que neste último equipo estase facendo algo mal.
Se non queredes velo podedes seguir chupandovos as pirolas uns os outros e mirandovos o ombligo como tedes por costume e seguir competindo na misma liga que uns "aldeanos".
Que ó final non sodes mais que unha merda espetada nun pao.....pringaos!!!!

Anónimo dijo...

pero elojo cantos de montaos xogan no montaos?kreo recordar ke...3 como maximo pode ser?asike non sei ke cojones falas de equipo de aldeanos kando o 80 porcento do teu ekipo e da capitalisima da comarca(ordes)e alguns de oroso asike meu mellor cala a boca...eu nacin e montaos,e a mita da miña familia e de montaos co cal teria ke admirarbos e todo esto e eclipsado pola pouka educacion ke tedes a maioria da afeccion e da imaxe ke da o teu ekipo,ke non meu,porke o uniko ke facedes e andar por ai adiante repartindo leña e armando tanganas(e o frente deso todo o voso entrenador,lamas,santi,e non falemos xa de ramon do coxo(que menos mal ke non xoga polo ben da saude dos xogadores de toda a categoria)... asike eu prefiro comer pirolas ke ter a educacion ke ten a maioria da xente de ai,ke non toda....asike merdas espetadas nun paoseremos pero con orgullo.e cando ti me traias a cantidade de copas e ligas e ascensos e os anos de primeira rexional do primeiro equipo como ascensos e fases de ascenso das categorias inferiores...falamos dacordo?ti mentras seguete a contentar con ganarnos na vosa casa cando vos levades anos sen facelo en sigueiro e nos polo depronto o ano pasado xa vos ganamos ai.e tamen no punto ke nos levades(kedanche 5 dias po san mamed)tembla.....

Anónimo dijo...

colectivo porque cambiastes o idioma que tiñades nos menus?

explicademo porfavor

Anónimo dijo...

Porque non deixaba poñer unha URL nos comentarios, só os podias facer como anónimo.

Anónimo dijo...

o ke mais me jode inda por riba que nos chamen fachas a akeles ke pedimos que se manteña o noso idioma como realmente é, que akel ke non diga grazas non seña tratado como ignorante,que akeles que traballan a terra e o mar non señan tratados como gañans por usar un falar diferente ou mais brusco e polas costumes que teñen porque esas si son as mais enxebres e propias, que akel que realmente conoce o galego e se criou falando en galego e vivindo en pobos onde so se fala galego e que ademais non se esconderon cando se proibiu ainda de ser tratado como cans pola puta garda civil eh , señan tratados agora como ignorantes por non dicir galiza.
pk hai pobos onde so se fala galego poucos por desgracia pero hainos o que pasa e que hai que ir a eles, pobos onde se mencionan termos que nen sequera coñecedes e nen sequera estan recoñeciodos nesa merda de real academia galega que en vez de investigar vai ó pobo do lado a recoller vocablos e dicir que é reintegrado e por riba censurando porque non dan opcion a decilo doutro xeito, non e asi e acabouse, en vez de enriquecer destrue, que propio de democratas iso, debe ser por iso que a xunta non a acepta de todo e senon so tedes que ter o diccionario da real academia e ler no titulo o que pon.
E asi vos vai que perdestedes a maior porcentaxe dos votos porque vos deron as consellerias de medio rural e demais, e cando tivestedes a oportunidade de mirar polos galegos non fixestes nada nin sekera dimitiu o voso representante despois do resultado que tivo, dami igual un facha castelan que un facha galego, o ke namais mira por el e non mira polos demais e igual de asqueroso seña galego ou castelan, por desgracia agora si ke temos un partido ke nolo vai facer pasar peor ke mal, que so vai mirar polo privado, e polo de fora, cartos para o que ten cartos, que gañou as eleccions malmetendo e coaccionando coma sempre e iso pasa porque moita xente é unha ignorante, pola crise e porque o que tiña que mirar por eles non o fixo e tan incluidos o psoe tmen pero que non vos coman o tarro o bloque non mirou polos seus ou os que din que son seus. e falo en xeral constame que que hai xente dentro deses partidos que si o fai.
non vos avergoncedes do voso idioma coñecedeo pero coñecedeo de verdade saide das vosas casas e ide os sitios hai cousas que si ke estan mal ke non as din ningun partido, e hai cousas que estan ben e non lle interesan a ningun.

Anónimo dijo...

pero aki nn se fala do sigu? mecago na ostia.

Anónimo dijo...

pero de que cidade faladeso oh!!!!!

hai ke joderse oiches o salamanca o compos chegaron a primeira division entre cidades de verdade como barcelona ou madrid, ou sevilla.

hai ke joderse ca xente.

Anónimo dijo...

veña!!unha ronda de chupitos pa os do sigu e os de montaos ke entre os xogadores levanse vastante ben todos!!asike bo exmplo pa todos!!e se vos portades ven invito a unha a choios!!xDD

Anónimo dijo...

Os xogadores son bastante máis listos que toda a afección, entre eles lévanse ben, e mentres nos estamos a decir seguido burradas. Pensade un pouco antes de decir as cousas, reflexionada poruqe entre os dos equipos/pobos non hai nada, só rivalidade deportiva. Oxalá poidan estar os dous moitos anos en segunda para poder seguir vendo derbis. Saudos

Anónimo dijo...

"Montaos"... "Montaos"... non me zona
¿é perto de aquí?

Anónimo dijo...

Este fin de semana e crucial a victoria contra o silleda b .Se ganamos teremos case seguro a permanencia.FORZA SIGU

Anónimo dijo...

O cartelito esta de puta madre.FORZA SIGU

Anónimo dijo...

VIVA MONTAOS E VIVA O SIGU!!!!!!!!!!!!!
MORTE AO XUVENTUDE ese si k é a peste non o montaos nin o deixebre nin a ostia

Anónimo dijo...

Elogo hai salmons por esta zona? Os "peixes" do cartel de troitas teñen pouco....

Anónimo dijo...

non vos dades conta q o unico q facedes criticando ao xuventude e falar mal dos q seran nun futuro moi proximo os xogadores do sigüeiro?

Anónimo dijo...

o prblema é que non serán os xogadores do Sigu...

Anónimo dijo...

O caso do cartel que mais da que sexan troitas ou salmons,o que vale e a intencion e que todos vaiamos apoiar o SIGU neste encontro tan importante.

Anónimo dijo...

o cartel esta q te cagas o q pasa e q ti te vas de espabilao
pero xa q tanto sabes faino ti

Anónimo dijo...

VEÑA ESTE PARTIDO TODOS O LINO BALADO A APOIAR O SIGU¡¡¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

como quedou o sigü hoxe?e si houbo,quen meteu os goles?

Anónimo dijo...

SFC 3-2 silleda b. Empezou gañando o silleda despois empatou o sigu expulsaron a albeto raña e o final marcaron juncal e oscar(o primeiro foi en propia dun do silleda) O MELLOR PARTIDO DA TEMPADA

FORZA SIGU¡¡¡

Anónimo dijo...

vamos sigu este ano pola permanencia e pa o ano polo ascenso UPA SIGU¡¡¡