jueves, 19 de marzo de 2009

SIGÜEIRO 2 - VEA 1


Chegou a cuarta

O Sigu conseguíu a cuarta victoria consecutiva: A Baña, Recesende, Silleda B; e hoxe, Vea. Primerio José Ángel, e logo Óscar; marcaron para que os tres puntos non escapasen de Sigüeiro
-
Tres puntos, que se non aseguran a permanencia, deixan moi claro que este equipo vai polo camiño de non descender. Nun partido que se se disputara ao comezo ou a mediados da tempada, o Sigu non lograría marcar; pero nesta recta final da tempada, o Sigu non se rende; e bate unha vez e outra contra a porta rival, ata que se atopa coa recompensa do gol.
-
Ao inicio do encontro, o dominio foi vermello, aínda que non se transformara en ocasións. O perigo iría crecendo co paso dos minutos; aos dez, chegaba a primeira gran opotunidade, Marcos Vigo estaría a piques de abrir o marcador cun remate de cabeza á saída dun córner. Despois dúas nas botas de León: a primeira petaba no longueiro; e a segunda, o gardarredes visitante parabaa, pero non atinaba a atrapala. Á media hora, José Ángel comezaba un xogada ofensiva, abrindo á banda, e dende fora da área chegaba el mesmo, para finalizar a xogada, aínda que o seu disparo foi detido por un defensor na mesma liña de gol. Un pouco máis tarde, Munitis no primeiro pao, case logra marcar de tacón; pero unha vez máis faltou fortuna. Co empate a ceros o encontro íbase ao intermedio, parecía case increible que o Sigu non lograse marcar en toda a primeira metade; pola contra, os de Pontevea só disparan unha vez entre os tres paos.
-
Á volta do descanso, dous trocos: entraba Óscar no lugar de Marcos Vigo; e Juan, por Manu Regueiro. As oportunidades do Sigu, reducíronse; e só podemos destacar un lanzamento á porta do noso capitán, José Ángel. Rondando a media hora de encontro producíase unha falta na banda dereita; Óscar era o encargado de centrar, e José Ángel remataba ao fondo das maias do Vea. O un a cero, duraba pouco, porque tan só un minuto despois o Vea aprobeitaba un erro de comprensión entre Álex e Juan, para empatar. Xa cando o partido achegabase ao seu fin, ocorrería a xogada máis polémica do encontro; un xogador visitante queda mancado, pero fóra do terreo de xogo. O equipo rival decide botar o balón a saque de banda, o Sigu saca e como era lóxico (polo menos neste caso) non devolve o esférico; segundos despois a pelota perforaba a meta visitante, logo de que Ósacr golpeara cruzado. O segundo gol do Sigüeiro, non puido ser contrarestado por un Vea que dende o primeiro momento xogaba ao cerocerismo, apesares de estar colocado nos últimos postos da táboa clasificatoria.
-
Esta foi a oitava victoria da tempada, polo que o SFC, xa suma trinta e tres puntos, e está situado nunha posición, que fai un mes parecía imposible, que fose acadada. Esperemos que este domingo, en Laro, chegue a quinta victoria de forma consecutiva.
-
Hoxe no SFC: Álex; Fran, Amancio, Xabi e Manu Regueiro (m. 45, Juan); León (m. 74, Samuel), Munitis (m. 70, Iván), Paderne e José Ángel; Marcos Vigo (m. 45, Óscar) e Toni (m. 51, M. Juncal).

30 comentarios:

Anónimo dijo...

moito Sigü!

Anónimo dijo...

asi da gusto ir ver o Sigu¡¡¡¡¡
se o real madril gañou 10 partidos seguidos, porque nós non???

FORZA SIGU¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

moi ben loitado equipo, jose angel parecias algo desaparecido en ataque e volveches menudo partidazo. munitis podias meter ben 3 goliños cousa que non se menciona na cronica. e por ultimo tony merecia astar no mvp no sitio de amancio

Anónimo dijo...

Me llena de honor y satisfacion tener unas cuchillas del colectivo esloveno...,agora so queda darlle uso,xd.

Moitas gracias rapaces

Anónimo dijo...

de nada marcos. cuchillas tantos euros gasoi do coche para ir polas cuchillas 50 euros carne de socio do sigu 20 euros as tardes de gloria que nos deches, das e daras non teñen precio
xd
un saudo

Anónimo dijo...

Grande Juncal, felicidades!!!


Partidazo onte, sobretodo na primeira parte, onde brillou todo o equipo. Na segunda cesou o ritmo, pero houbo goles.

Gustaríame pedila presencia na votación a MVP do encontro de Oscar, Toni e Paderne. A verdade é que a maioría mereceron estar.

A verdade é que me costa ver ese "partidazo" de Jose Ángel, eu vino máis ben desaparecido, mellorou na segunda parte e meteu o gol, certo, pero de ahí a estar no MVP, e que non esté Oscar, que ademáis do gol da victoria, foi u perigo constante, como sempre (e aínda sen estar moi atinado onte, seguiu a crear ocasións e desbordar)

Paderne tremendo na primeira parte, desgaste físico e varios pases de 8-10 metros a media altura que crearon ocasións para Munitis e Toni, que estivo tamen xenial, sempre ao límite do fora de xogo. Puido meter algún gol e sen dúbida privárono de algunha ocasión máis, porque lle pitaron unha chea de foras de xogo dos cales algún non era.

Fran e Amancio outra vez xenial en defensa, o debate dos laterais xa se acabou.

Hai que lamentar o gol do Vea, que foi un fallo noso, creo que máis do defensa que de Álex (o defensa era Juan non?)

Agora xa podemos xogar máis tranquilos, a salvación está preto.

Anónimo dijo...

ben sigü ben!si seguimos asi para o ano estamos en 2ª!destacar o segundo gol porque foi unha xogada de picardia,tanto o saque de banda fran,o desmarque de juncal e o gol de oscar.

parece que estes dous ultimos cando xogan xuntos entendese bastante ben.

forza sigü!

Anónimo dijo...

Destacar a victoria ante todo, onte foi un partido bastante espeso na segunda parte, con todo por decidir. Na xogada do segundo gol cabe aclarar que eles tiraron o balón fóra para atender a un xogador. A polémica xurde porque nós non lle devolvemos o balón. A picardía é que eles viñeron a sigu a non perder o partido, sen intentar xogar, e como fixeran todo o encontro estaban a perder tempo seguido. O xogador deles estaba fóra do campo e o encontro estábase disputando normalmente, pero o entrenador do vea intentaba levantar o seu xogador collendoo por debaixo dos brazos e metelo "medio no campo" para poder parar o partido. O sigu fixo ben en non picar e seguir xogando. Finalmente o mesmo entrenador do vea lle botou a bronca ós seus xogadores por tirar o balón fóra.
Forza sigu!!!

Anónimo dijo...

Afeccionados e afeccionadas apoiade a estes chavales, porque tarde ou temprano acabarán dando outra alegría o pobo. Voltaron o sigu a segunda, este ano probablemente consigan a permanencia e ainda non sabemos que faran na copa. A fichaxe de Lelo foi un acerto (debo recoñecelo, ainda que eu sexa un pro Ivan) esta logrando facer un equipo, onde todos son importantes. Probablemente estemos vendo nacer unha nova xeración de ouro do Sigüeiro, como eles viron a Balsa, Toni, Enrique, Carnota, Marcial, Maikel, Biurrun ...etc... nos estamos vendo a Jose Angel, Oscar, Juncal, Paderne, Xavi, Leo, Juan, Alex...etc de momento as comparacións son odiosas, pero estes chavales son moi novos e co animo da afición todo é posible.

Anónimo dijo...

Ole sigu.
a primeira parte foi un asedio constante a porteria contraria.poidemos acabar 4 - 0 o descanso tranquilamente.destaco o traballo de Muni e Toni.foron peligro constante e loitaron cada balon.e tamen o de marcos vigo pelexando sen escatimar esforzos.imos polo bo camiño.
A seguir asi.

Anónimo dijo...

a min pareceme q the punisher en lugar de antender ao partido atende as rapazas

Anónimo dijo...

Neste ultimo mes da gusto ir ver o noso SIGU ,estano a facer todos os xogadores moi ben .Como puxeron o outro dia os docolectivo`ESTE SIGU SI´FORZA SIGU.

Anónimo dijo...

calma pueblo! estano a facer ben e se siguen asi probablemente cheguen mellores resultados na copa e na liga para o ano que ven seguida asi e non habra problemas animo rapaces

Anónimo dijo...

"No nos precipitemos; ni antes eramos la última mierda que cago Pilatos, ni ahora somos el Bayern Leverkusen"

Anónimo dijo...

THE PUNISHER: a xeracion de tony e balsa eso tardara bastantes anos en voltar tamen o futbol cada vez vai a menos, non digo que haxa mal equipo que haino e moi bo xente como jose angel, marcos junca, oscar, leo, alex, tony...
e repetir o da copa quen nos dera a ogalla pero amigo a xeracion de tony, balsa e estes non ma compares esa xeracion estara nos corazons da afeccion toda a vida.
e este ano con este equipo podemos lograr moitas cousas no futuro inda que po meu gusto fai falla un medio pa acompañar a jose angel, e un central.
sempre sigu

Anónimo dijo...

esta xeracion estaselle a dar unha importancia de merda.os xubenis fai 4 anos gañadores da liga e xogan a fase de ascenso con pouka sorte,e despois de 5 anos en terceira e ken debolbe xunto coa xente ke estaba de atras ke sempre aguantou pese o aire de peñente ke habia e novas incorporacions o ekipo,e tamen posiblemente manteña o equipo en segunda...e no mural que esta na cantina nin aparecen na historia do sigueiro.Eu creo ke nos ultimos 6 foi o mellor ke nos pasou a todos ter esta xente aki,asike apreciar o ke ai porke non seran toni nin balsa ke eso claro ke no bou discutir pero
merecen o mesmo aprecio

Anónimo dijo...

Totalmente dacordo con cuchila de afeitar... estes rapaces nunca seran valorados, salvo que consigan traer una copa do sar ou un ascenso a primeira, porque o ascenso a segunda para parte dos afeccionados non ten merito, era unha obligación dos rapaces, pero non se dan conta que antes de xuntar este grupo pasaron 4 anos de proxectos pateticos e agora que parece que hai un grupo xeitoso, un adestrador que sabe o que fai, cada vez vai menos xente o campo...non sei se gañaran a copa este ano ou a liga o ano que ven, pero o que si sei e que o nome do sigüeiro quen o manteñen son estes rapaces, senon fora por eles avería Sigüeiro?? Non o teño eu moi claro... vos pensades que se Oscar se marchara cando puido, ou se Jose Angel e Marcos non volveran, o igual que Diego e o mesmo Xavi ou Alex, parecevos que o Sigu estaría en segunda?

Credes que os que menciono e algun mais son xogadores de 2 rexional?? Parecevos que non terían sitio en algún equipo de primeira rexional ou mesmo de preferente?? Ou é que no Dubra, Lamela, Santiago de Compostela, Calo teñenos moito mellores?? Recordovos que no Sigüeiro Jueveniles Piru non era dos que mais destacaba e xoga no Dubra de preferente... están aquí e será por algo pero son grandisimos xogadores e demostrano os domingos as veces con mais sorte outras con menos... non sexamos tontos e apoyemolos, que non nos acorde cando xa non esten.

Anónimo dijo...

ESTO XA PARECE UN BLOG DO SIGU.MOITO SIGU E A SEGUIR ASI RAPACES.

Anónimo dijo...

moito SIJU É

Anónimo dijo...

se mo interpretaches asi cichilla de juncal non quixen dicir eso le ben meu comentario e estou moi contento co equipo actual so doxen que a aquela xeneracion ia ser moi dificil de volver a vela. e as cousas entendeas como che pareza e as comparacions ai a xente que lle gustan e a xente que non a min depende o que se refira.
ah e no mural si hay unha foto dos xuvenis que gañaron a liga haber se nos fixamos

Anónimo dijo...

non vamos a discutir por eso rocky balboa..akela xerancion tes razon ke sera ineskecible,asike aver se estes chabales nos seguen dando alegrias xa que son moi novos e teñen moito ke apreder e madurar nesta categoria.Polo de agora tan loitando pa permanecer nela e nun futuro ken sabe...agual pode ser algo mais.animo a todos os xogadores!!ke non se rindan nin se deixen intimidar polos ekipos darriba ke nos kedan porke se seguen con este empeño non vai haber ke nos deite.

Anónimo dijo...

the punisher, the punisher, que che vou decir eu a ti que non sepas.eres un pouquiño pícaro.tas moi salido.ai q ir ver o partido por que non atendes e despois dis as burradas que dis.seguramente no proximo comentario escaparasche que habia duas tetas que corrian moi ben a banda.

asi que non fales dos chavales que ben te vimos todos

un saudo sr.M.

Anónimo dijo...

dacordo totalmente cuchilla

Anónimo dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=0nfFi-_Hb2A

You never Walk alone SIGU!!

Anónimo dijo...

como quedou o sigu?

Anónimo dijo...

Laro 2 - Sigüeiro 1

Anónimo dijo...

vaia canteira oxe....ir gañando 0-1 o descanso e perder asi...

Anónimo dijo...

dous golazos,non lle hai que facer a eso,e despois o arbitro casero,casero,mais co queixo!!

Anónimo dijo...

ai ai...esa actualizacion!!

Anónimo dijo...

actualizacion xa!!!!