domingo, 11 de octubre de 2009

SIGÜEIRO 2 - DUBRA B 1


O Sigü volta a remontar
-
Por terceira vez nesta tempada, o Sigüeiro comezou abaixo no marcador. Marco Vigo empatou o encontro e José Ángel, novamente de penalti, culminou a remontada
-

Seis partidos, cinco victorias; este é o balance do Sigüeiro 09/10, de momento, tan só o Agolada logrou rabuñarlle dous puntos aos nosos. Logo das victorias fronte ao Cacheiras, San Marcos, Tabeirós e Vilatuxe, onte era o turno para gañar diante do filial do Dubra e o equipo conseguíuno, polo que xa suma dezaseis puntos e é o segundo clasificado.
-
Reseñar que onte todos os nosos xogadores saíron ao campo cunha banda negra no brazo e gardouse un minuto de silencio antes de iniciarse o encontro en lembranza ao falecido socio 43, Pedro Mirás Gómez (D.E.P.) e o ex-xogador, José Liñares Nouche (D.E.P.).
-
Tamén é de comentar que o cambio de horario do encontro (16.30 H, en lugar de 17 H ou 18 H, como nas dúas xornadas xogadas no Lino Balado) trouxo consigo a peor entrada no que vai de ano a pesar de estar o liderato en xogo. Esta tempada os/as siareiros/as están acudindo máis ao campo que o pasado ano, en consecuencia (supostamente) polos bos números que o equipo está a facer neste comezo de campionato.
-
No tocante ao que o fútbol se refire, o Sigüeiro iniciou da forma máis prometedora: pasando a pelota preto da frontal da área e golpeando con perigo nun par de ocasións. Aos cinco minutos, Toni tivo a primeira oportunidade para adiantarnos, pero a pelota perdeuse preto do ferro esquerdo. Dunha triangulación nacería un golpeo de Xabi, que se perdería cerca da escadra dereita da porta visitante. O fol dos primeiros compases de encontro estábase a perder e o rival comezaba a aparecer no campo. Despois de media hora practicamente sen oportunidades, prodúcese unha falta favorable ao Dubra na fronte da área vermella, que o dorsal número once non desaproveitaría para lanzala por riba da barreira e colala no fondo das redes de Álex. Co un a cero chegaríase ao descanso.
-
Á volta do intermedio, era o Dubra B quen controlaba os tempos do partido e no primeiro minuto de segundo acto puido incrementar a diferenza, de non ser que a pelota se marchara preto da porta de Álex. Lelo, atinaría unha vez máis á hora de poñer un revulsivo no terreo de xogo, desta foi Marcos Vigo que substitíu a Javi González e colocouse na punta de lanza xunto a Toni. Aos oito minutos de estar no campo, o de Berdía; controlaba, xirábase e tiraba dende a frontal da área para empatar o encontro (minuto 65). Deste xeito Marcos Vigo, remataba cunha longa xeira sen marcar, que estamos seguros que non se repetirá. Quince minutos despois, Óscar intérnase na área, gaña a liña de fondo e dá un pase atrás para Toni, que é derrubado polo gardameta. O árbitro sinalou o punto de penalti (dubidosa existencia) e José Ángel convertíu a pena máxima (minuto 80) (clica aquí, para ver o lanzamento). Con este, O Capitán suma cinco goles, dous deles dende os once metros (de tres penaltis que lanzou). Tanto antes como despois do lanzamento penal, os xogadores do Dubra non pararon de incriminar ao árbitro, aínda que este non amosou ningún cartón máis que o vermello ao delegado visitante. O Sigü rematou o encontro sen sufrir e mesmo puido "matar" o partido á contra. Xa cos xogadores nos vestiarios, dende as bancadas escoitáronse ruídos provintes de alí e aínda que non se víu nada parecíase ouvir unha pequena tángana.
-
O vindeiro domingo, o Sigüeiro terá un longo desprazamento ata Laro para enfrontarse ao noveno clasificado que hoxe gañou en O Pino por dous goles a catro.
-
- O SFC fronte ao Dubra B:
-
- Álex: víuselle bastante seguro e cómodo. En xeral un bo partido, sobrio, como se lle debe pedir a un porteiro, pero temos a dúbida de se no gol podería facer algo máis. Bo partido.

- Fran: víuse superado en algunhas fases do partido polos homes do Dubra B, que tiñan certa calidade individual. De todas formas, sempre está concentrado ao cen por cen e pelexa ata o final, así que non podemos facer máis que darlle as grazas. En xeral, a defensa estivo bastante ben.
-
- Germán: non sobresaíu como noutros partidos, pero dende logo é un seguro por tódalas cualidades que atesora. A defensa semella entenderse moi ben, e iso fai que a aportación de todos suba.
-
- Borxa: ao igual que Germán, Fran e Amancio, forma parte dunha defensa compenetrada, que non deixa ocos nin permite que lle gañen as costas. Moi seguro.
-
- Amancio: a todo o dito hai que engadirlle unha dose de pundonor que fai que teña certo favor das bancadas. Tivo un "pique" cun adversario na segunda parte que ben puido significar "algo máis" para ambos. Un sobresaínte para toda a defensa. Aínda así hai que mirar o tema do considerable desborde que sofren ás veces os nosos laterais.

- Xabi: como se viña dicindo nos últimos tempos, a súa presenza no medio campo é un alivio para José Ángel, O Capitán, ao que xa non se lle ve tanto correndo detrás do esférico, máis preocupado de tarefas ofensivas. Xabi estivo francamente ben na faceta defensiva, sobre todo tácticamente, xa que non deixou ocos e soubo meterse entre os centrais, dando aínda máis estabilidade á nosa defensa. Ofensivamente, desapercibido, pero é que tampouco é a súa área de acción.
-
- Javi González: con Xabi no medio defensivo, segue actuando como "home enganche" entre a defensa e a mediapunta, pero ocasionándolle esta tarefa menos desgaste. Moita forza e empeño, agradécese, aínda que non tivo un partido especialmente sobresaínte.
-
- José Ángel: baixou un pouco o nivel respeto as últimas xornadas no que a participación no xogo se refire, e iso traducíuse en que nalgúns intres de encontro, o partido foi un "correrrúas". Volveu marcar de penalti e xa son cinco os partidos consecutivos nos que o noso capitán consegue facerse un oco no marcador.
-
- León: sen facer un partido brillante, desta vez sí que tivo incidencia no xogo e deu osíxeno por banda. Puxo un par de bos balóns na área rival. Vai en liña ascendente.
-
- Óscar: algo anubrado por momentos, non lle saíron de todo as cousas. Aínda así tivo tempo de facer un par de boas internadas por banda, na segunda parte, que ben puideron darnos vantaxe. Nunha delas, puxo "a bola" ao primeiro pau para que Toni provocara penalti. Vai collendo tono e espérase máis del.
-
- Toni: moi illado arriba, conseguíu crear perigo en varias ocasións. Algún bo tiro e un penalti provocado, son a súa bagaxe da tarde de hoxe, que se pode calificar de positiva.

- Marcos Vigo (substituíndo a Javi González no minuto 57): desta vez as cousas saíronlle e púidose ver a un Marcos enchufado, que entraba en contacto cas xogadas e que levaría perigo ás inmediacións da área. Meteu un bo gol, nun disparo seco dende a frontal da área grande. Tivo algunha boa oportunidade máis e pódese dicir que fixo un gran partido, do mellor dos nosos.
-
- Munitis (sunstituíndo a León no minuto 60): non foi o revulsivo doutros días, pero este rapaz é todo coraxe e pundonor. Pelexando canto balón ve, incluso desborda e mete centros. É fantástico neste rol, pero tamén está pedindo a gritos a titularidade. Se o puxesen de meta, cumpliría seguro.
-
- Juan (substituíndo a Óscar no minuto 82): Lelo voltou a poñelo lonxe da súa zona de acción, desta vez de interior dereito. Xoga onde o poñan, pero na defensa ou incluso no medio defensivo.
-
- Javi II (substituíndo a Toni no minuto 85): sen tempo de ter incidencia no encontro. Entrou co partido rachado e co Dubra buscando o empate.
-
Para ver o álbum de fotografías do encontro, clica aquí.

26 comentarios:

Anónimo dijo...

¿poderemos algún día gañar de dous goles? ¿chegaremos algun dia aos ultimos quince minutos gañando?

Anónimo dijo...

polos comentarios que se fan acerca de que o sigu non sabe a que xoga, decir que nunca nos ultimos anos tivo tan claro o que se xogaba.sera menos bonito ou o que queirades, pero teñen todos moi claro o que o entrenador quere e a que xogan.

Anónimo dijo...

o ultimo anonimo ten toda a razon do mundo. NON É BONITO, PERO SABEMOS O QUE FACEMOS

Anónimo dijo...

en hora boa a este sigu ten unha das mellores defensas da liga senon e a mellor ewstiven vendo o outro dia o partido e quede asombrado.seguide asi este promete.forsa siggguuuuuuuuuuuu

Esloveno dijo...

E que non somos ninguén para esixirlle nada a uns xogadores que fan isto por amor o arte e a unha camisola.

Seguide asi xogadores, que a afección esta moi orgullosa de vos!!

Anónimo dijo...

O que importa son os 3 PUNTOS, entendido todos??!! e se a maneira de conseguilos é esta maneira de xogar, pois xogaremos así, e o que queira criticar que critique ao Madrid, Barsa, ... que eses cobran e teñen que, ademáis de gañar, xogar ben.

Anónimo dijo...

teño escoitado por ahi que a posicion do grixoa na taboa e culpa da forte pretemporada feita polo equipo. ese problema tamen o ten o noso equipo, recoñecido por varios xogadores que a media hora se encontraban pesados. agora mirade a posicion do grixoa e mirade a do noso equipo. se o equipo se encontra pesado despois da pretemporada feita e este segundo na taboa... non quero pensar como podera estar o equipo na segunda volta que e cando as pretemporadas dan os resultados...


por todo o demais da gusto ver un equipo tan unido ( equipo, adestrador e directiva), e se ademais os resultados acompañan, mellor que mellor

Anónimo dijo...

por certo, a derrota do estudiantil,non vai quedar impune, adestrador e varios xogadores xa non forman parte da "pobre galaxia"

rumorease que o presi, no descanso do partido entrou no vestuario e chamoulles "mercenarios" os xogadores, a raiz diso non sei se o adestrador marcha ou o botan pero consigo marcharan varios xogadores, !!!!ver para crer¡¡¡¡

Anónimo dijo...

Pois para estar "pesados" hai que ver como corren os últimos vinte minutos... bravo xogadores!!

Anónimo dijo...

u penso que este e un dos mellores arranques ligueiros dende fai moitos anos.Estou orgulloso de ser do sigu.FORZA SIGU.

JAJAJA dijo...

o problema é que ainda non nos enfrentamos a un equipo dos denominados grandes ou favoritos e que salvo o Cacheiras o resto van a estar abaixo e o único que pode estar da metade para arriba vai ser o agolada e así nos foi, está ben gañar, pero hai que xogar, e por certo se os xogadores saben a que xogan por que nos crean cinco oportunidades claras de gol por partido, e non mo neguedes por Dios.

Anónimo dijo...

o ultimo anonimo non sei que partidos vas a ver?????????????

Anónimo dijo...

Falar por falar,o Agolada recen ascendido e como xogaba e o Vilatuxe con dez tubonos unha parte no noso campo pero claro se non se vai ver os partidos aqi pode falar calqera.O tema de pesados e normal,os xogadores seguen en pretempada e ata principios de diciembre finais de novienbre non a acabaran feito qe na segunda volta se notara moitisimo.

Anónimo dijo...

Estou de acordo co anterior comentario!

Anónimo dijo...

todo o que queirades, pero hai que estar a muerte cos xogadores e co entrenador e ca directiva. temos a mellor defensa dos ultimos anos e hai que aproveitala, e tampoco e que teñamos un equpo feito para xogar ben o futbol. un entrenador ten que saber sacarlle partido o tipo de xogadores que ten e se lelo que seguro que sabe mais ca nos, e os ve entrenar cada semana e sabe quen esta mais preparado, cree que amarrando os partidos o equipo rendira mais, adiante, porque e o mais cualificado para tomar esa decision.

ademais, non sei que criticades, cando o noso equipo esta situado segundo, algo impensable para moitos a principio de temporada, tras gañarlle entre outros a un dos gallitos, o cacheiras e na sua casa. e a anterior temporada tamen nos salvou da loita por non descender, levandonos a parte alta da clasificacion, cando o que tiñamos era un equipo hundido tanto en xogo como en resultados e como en moral

de momento, a labor de lelo e de 10. e os xogadores tamen. cando un xogador se esforza a mais non poder durante todo o tempo que esta no campo cando corre detras de todos os balons cando o da todo polo equipo, non se lle pode pedir mais. e gracias a dios temos un equipo de vinte e tantos xogadores asi.


asi que deixade de criticar o xogo do equipo por favor, tedes que estar de lado dos xogadores e do entrenador para lograr a victoria

Anónimo dijo...

Estou co anonimo de arriba.Apollar os xogadores ao maximo.FORZA SIGU

Anónimo dijo...

cando volta marcos juncal?

Anónimo dijo...

Eu calculo que lle deben quedar un par de partidos.

Tamén estou dacordo co anónimo da 'parrafada', jaja. A verdade é que ten razón en case todo.

Moito Sigu e Forza Sigu!!

Anónimo dijo...

Poe certo sabe alguen qe pasou con Manu Regueiro e Carballido¿?

Anónimo dijo...

Este clube gaña os 3 puntos peo o que unha afeccion quere e disfrutar vendo o ben que xoga o seu clube,cousa que demomento non o esta a facer,se a meirande parte da afeccion esta contenta co clube moito disto hai que agradecerllo os rapaces ke sempre van animar o sigueiro,polo demais creo ke ainda hai moito ke mellorar en canto o xogo e penso que isto co tempo conseguiremolo entre todos,pero tamen hai ke decir que e un gran comezo de tempada en canto os puntos.Ánimo!!

Anónimo dijo...

Unha afección disfruta vendo o seu equipo xogar ben, si, pero ante todo disfruta véndoo gañar partidos.

Eu tamén estou cos xogadores!!

Camara profesional dijo...

Eu nonsei que partido vistedes pero o Sigu xogou bastante mal , bo foi que ganou pero o xogo debe mellorar moito para os xogadores que hai.

Anónimo dijo...

Pero alguén dixo que xogaramos ben?? Precisamente decimos que non se está a xogar o ben que se debería, pero que o que aquí importa son os puntos e as victorias, que é o que queda a final de temporada e o que nos serve para estar contentos e manter ao equipo unido.

Camara profesional dijo...

Non me refiro tanto o que decides vos nos comentarios como o que leo no resumen da paxina principal do colectivo , o final resulta que ninguen o fixo mal porque gañanmos xa que segun eles todos moi ben. E despois en Toni poñen moi illado arriba , pois claro que esta illado como non vai estar se entre as lineas hai unha separacion da ostia , se no medio estan xogadores como Jose Angel ou Xabi e o balon sempre vai en balonazo cara arriba. Eu creo que o problema do sigu e de concepto nonsei que lles diro o entrenador pero se tocaran o balon un pouco mais , se cambiaran de banda , se quixeran levar o control do partido gañarian por mais goles e xogarian mellor. Eu incluso si vira un partido con toque , con posesion , etc etc e perderan saldria mais contento do que salin o outro dia.

Anónimo dijo...

Ah, entón estou totalmente dacordo.

De todas formas no colectivo din que o equipo non xogou ben, aínda que sí creou ocasións (cousa que sen bo xogo non pasará a miúdo). O que pasa é que cando pasas a valorar a actuación individual de cada xogador ao final do partido, sáeche que ninguén o fixo mal e que a maioría realizaron un bo encontro (como así sucedeu), cada un dentro da súa forma e das súas posibilidades (vamos, que non se podería valorar de igual forma a Kaká que a Drenthe).

Anónimo dijo...

Xa que aqui saen os nomes de Kaka e Drenthe,ambos xogadores do Real Madrid,podese decir ke este clube e identico o Real madrid,ten vos xogadores,non esta a xogar ben pero gana que e o que importa de verdade a un clube