viernes, 2 de octubre de 2009

Braulio número 8

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo VIII
-
O pasado domingo paseino ben na grada do Lino Balado vendo como a afección (maioritariamente o Colectivo Esloveno) vacilaban a un "guaperillas" e a moza del rebotábase na grada toda crecha cara os "colectivos". Sen embargo, paseino mal vendo o xogo do equipo, imos a ver, non se espera que xoguemos coma o Dream Team ou a Quinta do Buitre, pero xa de entrada sorprendeume a aliñación, decoñezo os motivos de Lelo para plantexar o partido desa forma, pero como dende que chegou ao clube é un "tipo" serio e correcto, voulle conceder o beneficio da dúbida.
-
Bojensaker (Borxa) volveu a completar un bo partido e José Ángel nunha liña máis que correcta, que comeza a ser moi habitual, preocúpame a Sigü-dependecia depositada no capitán, teño medo a unha lesión ou a unha sanción... Manu Regueiro máis que correcto e Toni e Óscar, aínda que sen tempo, mostraron cousas interesantes, Álex sobrio e acertado e Amancio segue nervoso, pero ben. En liñas xerais todo o equipo ben, salvo os mediocentros Javi II e Paderne que semellaban non dar entrado no partido.
-
Destacar tamén que coa a inminete xornada de Champions, non había partidos interesantes de Primeira á mesma hora que no Lino Balado. Loitabamos polo liderato e iso favoreceu a afluencia de público unha xornada máis; esperemos que o frío e a choiva non estropeen a fermosura dunha bancada chea. Atención especial ao gran número de "femias" que move o Agolada. Para o vindeiro domingo, imos a Vilatuxe, outra vez ao "quinto carallo", polo que me informaron teñen bo campo, pero son uns homes anti-fútbol e incluso violentos, coidado non vaia a ser que agora que voveu Maroño, nolo "escarallen"...
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu non entendo as criticas cara esta seccion, sempre e de agradecer unha opinion publica sobre as cousas que acontecen arredor do Sigüeiro, e non as opinions sempre con mala fe de xente que se esconde na proteccion de internet.


Eu ao equipo en xeral individualmente vexoos ben, pero o xogo ofensivo en equipo non se ve por ningun lado, e a misma tonica de sempre: en canto apañamos o balon escachamos a onde caiga, o importante e sacarnolo de enriba. Asi e dificilisimo por non decir imposible crear un xogo de ataque fluido e efectivo.


E eu, como Braulio, tamen vezo unha excesiva dependencia do capi, maldito o dia que teña que faltar... porque as imos pasar canutas.

Anónimo dijo...

Eu penso que o mellor e cerrar a seeción de Braulio...para decir tonterías é mellor poñer unha sección de chistes, porque as tonterías que di....pola xente que xogou o domingo....se queres contéstoche eu señor Braulio, qué queres que teñamos un equipo de 11 ou unha plantilla de 22? Se queres mandamos a 11 para a casa...porque a xente se está sempre no banquillo, entendo eu que se mosqueará e deixará o equipo...pero bueno...ti deberías saber máis desto (aínda que non o demostras).
Braulio? Cómo quedou o teu equipo o ano pasado de veteranos? Eras o entrenador, cómo plantexabas o fútbol? jajajajaja esto xa parece platos combinados, e eu de platos combinados só me quedo con MIRO...o resto palla!!!!!
Ala, a mamala!

Anónimo dijo...

Eu penso que o mellor e cerrar a seeción de Braulio...para decir tonterías é mellor poñer unha sección de chistes, porque as tonterías que di....pola xente que xogou o domingo....se queres contéstoche eu señor Braulio, qué queres que teñamos un equipo de 11 ou unha plantilla de 22? Se queres mandamos a 11 para a casa...porque a xente se está sempre no banquillo, entendo eu que se mosqueará e deixará o equipo...pero bueno...ti deberías saber máis desto (aínda que non o demostras).
Braulio? Cómo quedou o teu equipo o ano pasado de veteranos? Eras o entrenador, cómo plantexabas o fútbol? jajajajaja esto xa parece platos combinados, e eu de platos combinados só me quedo con MIRO...o resto palla!!!!!
Ala, a mamala!

Anónimo dijo...

ei anonimo dous ti eres un falton,non te coñezo de nada nin me gustaria solo pola tua forma de despedirse" ala a mamala".e considero que e unha falta de educacion por dous motivos,estas escribindo nun lugar publico,e estas dando unha opinion nun blong feito polo seu amor o sigüeiro f.c.o cal pode ser criticabel,pero con coerencia e respecto,que che falta moito.
un saudo cordial

casey stoner dijo...

Braulio adestrou ós veteráns en 12 xornadas non perderon, gañaron cinco e empataron sete, xoganddo todos máis ou menos o mesmo, e tendo en conta que son 25 fichas e que pagan por xogar, por certo o espírito dos veteráns é facer deporte e divertirse, xogaban normalmente cun 4-4-2, pero a tempada anterior moitas veces cun 5-4-1, e adecuandose a xente en cada partido. E POR FAVOR SEN DESCALIFICACIONS

Anónimo dijo...

...pero logo os maleducados somos os chavales o ke hai que oir

Anónimo dijo...

Como quedou o sigu?

Anónimo dijo...

vilatuxe 0-Sigüeiro 1

gol de penalti,marcou jose angel

Anónimo dijo...

de puta nai!!!

cantos penaltis nos pitan a favor, non? e cantos goles está metendo o capi!