jueves, 29 de octubre de 2009

Undécima columna de Braulio

"Falta Maroño, pero hoxe non ven..." - Capítulo XI
-
Ás 14:00 do domingo acerqueime a xantar ó restaurante Mirás de Sigüeiro para degustar unhas troitas cos meus amigos Miguel, Manolo e cía. de Rodeiro, bo viño na mesa (o nunca ben ponderado Tarsus rva. 1999), boa conversación, anécdotas, “batallitas” e un sinfín de recordos da dureza dunha directiva de equipos humildes de fútbol afeccionado con recursos moi limitados, que si este ano queren pelexar por estar arriba… que que xogadorazo era “Estrella”, (actual adestrador do Cogalrodeiro, irmán do meta de Osasuna, Roberto Fernández)…, que hai anos perderan por catro no Lino Balado…, que se anulara un partido pola neve…, un pracer poder quedarse con amigos do paso por unha directiva, para a volta prometeron un cocido, daremos conta del sen ningún tipo de dúbida.
-
O partido na súa liña, xogamos mal, empezamos gañando e cando xa firmamos o resultado pois sorpréndennos, ou empatando, ou gañando (Laro por exemplo).Podería dicir mil cousas do xogo, pero deixo esa labor para o Colectivo, eu só quero destacar que nos partidos do Sigüeiro abúrrome, abúrrome moito, de non ser por unha promesa ó Colectivo de asistir e escribir esta columna, comezaría a pensar en algo que facer os domingos pola tarde… creo que é unha oportunidade única para crear unha afección, ata o de agora fixo bo tempo, non coincidiron partidos bos na tele, e os resultados acomapañaron… todo isto pouco a pouco vai caendo, os resultados colócannos na dura realidade unha vez máis, no medio da táboa, cando non se xoga ben é imposible ter tanta sorte como ata agora, o cambio de hora fará que os días duren menos e se aproveiten máis as horas de luz para outros labores, e non todas as xornadas hai Champions para que o Madrid e o Barça non sexan os domingos. Aviso a navegantes, o xogo co que cada tarde de domingo nos presentamos no Lino Balado só sería digno se o obxectivo da tempada fose a permanencia, se isto é así, non teño nada que dicir.
-
Braulio Veiga (ex-presidente do Sigüeiro FC).

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando o Barsa e o Madrid xogan a champions, e e de noite e chove e se esta ben na casiña un mercores vendo o partido,estes rapaces igual pasan por diante das casas de mais de un correndo e mollandose por amor o arte.seria a ostia que fixesen un futbol de mil marabillas, pero non dudo de que fan todo o que poden.animadeos e punto por dios.

Anónimo dijo...

creo que a critica de braulio non vai cara os xogadores nin moito menos...

Javier dijo...

Creo que Braulio non citica a niguén , Braulio só opina

Anónimo dijo...

Eu tamén vou opinar. O primeiro comentario ten moita razón...eu por min se aficcionados coma ti non viñesen non pasaría nada...aproveita o tempo que tes os domingos para facer outras cousas.
Por certo, alguén dixo que o obxectivo era ascender??? Eu creo que hai equipo para estar entre os 5 primeiros, pero non para ascender (hai o mesmo equipo que o ano pasado loitou por non descender con algunha incorporación), asique relax! E menos mal, porque se se ascende e se conta co mesmo apoio que este ano o equipo vai bo...

Anónimo dijo...

Braulio pois mira sinceramente a tua opinion importa unha miserable mierda a todo dios non te das cuenta k a xente non te kere? joder vaite o cine, vaite comer troitas,etc hay mil cousas k podes facer asi k xa sabes

Anónimo dijo...

E para que sirve quedar entre os 5 primeiros?? Menuda celebración nos imos pegar na fonte cando quedemos quintos!! vai ser histórico!!

Claro que temos equipo para ascender. Se os do domingo van a estar arriba, nos estamos dous ou tres escalóns por riba desos... E a difenza entre pelexar polo quinto posto e polo segundo é mínima...

sr.jinbao dijo...

O tema é que hai bo equipo. Os xogadores están moi comprometidos e gozan do favor dos siareiros, 100%. A posición final a determinará moitos factores, como lesións, sancións, baixóns físicos, problemas de inestabilidade... ou grandes momentos de forma, xeiras goleadoras e cousas así. E isto aféctalle a tódolos equipos, así que hai un factor sorte que inflúe moito.

Pero nós estamos cos xogadores! Moito Sigu!!!

un seguidor de verda dijo...

Claro ... agora estamos cos xogadores,na anterior entrada chamastelle de todo a Carballido,Paderne,Manu,Xavi,... e agora resulta que tamos cos xogadores.

Se somos un equipo somolo todos.

Colectivo facede o favor de cerrar o blog que xa vastante dano lle fixestes o Sigueiro FC como para seguir facendollelo.

Anónimo dijo...

Eres un puto demagogo de merda! Aquí os únicos que non puxeron a parir aos xogadores fomos nós, así que calade a puta boca porque non tedes nin idea. Joder, que asco dades, é que precisamente sempre somos nós os que os defendemos!!!

Anónimo dijo...

putos desagradecidos, non digo máis

Anónimo dijo...

Os xogadores están moi comprometidos e gozan do favor dos siareiros, 100%...

o de que os xogadores están comprometidos non o dubido pero o outro...non digas tonterias,eu sei de xogadores que por eles si meteran algun gol subirian a grada a apalear a mais de un...é non creo que se sintan así si fora como ti contas.

Anónimo dijo...

pois pola miña parte tamen estou a tope cos xogadores non sei a quen lle teran tantas gañas

Braulio Veiga, Socio número 69 dijo...

Eu xa empezo a estar algo farto, todos sabedes que me sento sempre ps domingos nos asentos novos, detras do cartel das brigadas bermellas, se alúén quere dicirme algo estou ali cada dúas semanas e se non tamén saberedes on de vivo ou onde encontrarme...